<<

LISTADO DE FILMES DO CICLO DO 50 ANIVERSARIO / CCPF

22set20 / 18 e 21 h.

O Sur El Sur. España, 1983. Cor, 93 min. Drama | Dirección e guión: Víctor Erice | Fotografía: José Luis Alcaine | Música: Enrique Granados | Intérpretes: Omero Antonutti (Agustín), Icíar Bollaín (Estrella), Lola Cardona (Julia), Rafaela Aparicio (Milagros), Germaine Montero (Rosario), Aurore Clément (Irene) | Produción: Chloe Productions, TVE - VOSE

“A Gaivota” é un caserón situado nos arredores dunha cidade do norte de España. Nela viven Agustín, médico e zahorí; a súa muller, mestra represaliada polo franquismo, e a súa filla Estrella. A nena, desde a súa infancia, sospeita que o seu pai oculta un segredo.

23set20 / 18 e 21 h.

M, o vampiro de Düsseldorf M. Alemaña, 1931. B/N, 111 min. Thriller | Dirección: Fritz Lang | Guión: Thea von Harbou, Fritz Lang | Fotografía: Fritz Arno Wagner | Música: Edvard Grieg | Intérpretes: Peter Lorre (Beckert), Otto Wernicke (Lohmann), Gustaf Gründgens (Schränker), Theodor Loos (Grober), Ellen Widman (Frau Beckmann) | Produción: Nero Film - VOSE

Un asasino de rapazas ten atemorizada toda a cidade. A policía búscao desesperadamente, detendo a calquera persoa sospeitosa. Pola súa banda, os xefes do crime, furiosos polas redadas que están a sufrir por culpa do asasino, deciden buscalo eles mesmos.

24set20 / 18 e 21 h.

Mystery Train Mystery Train. Estados Unidos, 1989. Cor, 105 min. Dramedia | Dirección e guión: | Fotografía: Robby Müller | Música: John Lurie | Intérpretes: Masatoshi Nagase (Jun), (Mitsuko), Nicoletta Braschi (Luisa), Cinqué Lee (botóns), Screamin' Jay Hawkins (recepcionista) | Produción: JVC Entertainment Networks - VOSE

A cidade de Memphis é o escenario das tres historias que conforman esta película. Lonxe de Yokohama segue a dous mozos xaponeses cuxo soño é visitar Graceland, a casa de Elvis Presley. En Unha pantasma, unha italiana fácil de convencer vese estancada nesa cidade esperando o avión que lles leve a casa a ela e ao cadáver do seu marido. E en Perdidos no espazo, tres homes son perseguidos pola lei como consecuencia de actos realizados baixo efectos do alcol. Tres historias que teñen máis que ver entre si do que parece a primeira vista.

7out20 / 18 e 21 h.

Con saias e a rachar Some Like It Hot. Estados Unidos, 1959. Cor, 120 min. Comedia | Dirección: Billy Wilder | Guión: Billy Wilder, I.A.L. Diamond | Fotografía: Charles Lang | Música: Adolph Deutsch | Intérpretes: Marilyn Monroe (Sugar), Jack Lemmon (Jerry), Tony Curtis (Joe), George Raft (Spats), Pat O'Brien (Milligan) | Produción: United Artists, Ashton Productions - VOSE

50 anos cineclubepf - 1 (15) Premios Oscar 1959: Mellor Vestiario | Globos de Ouro 1959: Mellor Película (Comedia), Actor e Actriz | Premios BAFTA 1959: Mellor Actor Estranxeiro

Época da Lei Seca. Joe e Jerry son dous músicos que se ven obrigados a fuxir tras testemuñar un axuste de contas entre dúas bandas rivais. Como non atopan traballo e a mafia os persegue, deciden vestirse de mulleres, Josephine e Daphne, e tocar nunha orquestra feminina. Para conquistar a Sugar Kane, a cantante do grupo, Joe finxe ser un magnate impotente; mentres tanto, a Jerry faille as beiras un millonario.

8out20 / 18 e 21 h.

Nosferatu Nosferatu, eine Symphonie des Grauens. Alemaña, 1922. B/N, 91 min. Terror | Dirección: F.W. Murnau | Guión: Henrik Galeen | Fotografía: Fritz Arno Wagner | Intérpretes: Max Schreck (Orlock), Gustav von Wangenheim (Hutter), Greta Schröeder (Ellen), Alexander Granach (Knock), GH Schnell (Harding) | Produción: Prana-Film GmbH - VOSE

En 1838, Hutter, un axudante de notario, é enviado até Transilvania para concluír unha venda co dono dun castelo dos Cárpatos. Despois de atoparse con funestos presaxios ao longo do camiño, Hutter é recibido polo estraño conde Orlock. Ao día seguinte, Hutter érguese cunhas marcas no pescozo, que interpreta como picaduras de mosquito. Unha vez asinado o contrato, descobre que o conde é a reencarnación do vampiro Nosferatu. Ao velo partir cara ao seu novo fogar, Hutter teme pola súa esposa Ellen.

9out20 / 18 e 21 h.

A ventá indiscreta Rear Window. Estados Unidos, 1954. Cor, 110 min. Thriller | Dirección: Alfred Hitchcock | Guión: John Michael Hayes | Fotografía: Robert Burks | Música: Franz Waxman | Intérpretes: James Stewart (Jeffries), Grace Kelly (Lisa), Thelma Ritter (Stella), Raymond Burr (Thorwald), Wendell Corey (Doyle) | Produción: Paramount Pictures - VOSE

Un reporteiro fotográfico vese obrigado a permanecer en repouso cunha perna escaiolada. A pesar da compaña da súa noiva e da súa enfermeira, procura escapar ao tedio observando desde a xanela do seu apartamento cuns prismáticos o que ocorre nas vivendas de en fronte. Debido a unha serie de estrañas circunstancias, empeza a sospeitar que un veciño é un asasino que matou á súa muller.

11out20 / 18 h.

O padriño The Godfather. Estados Unidos, 1972. Cor, 175 min. Musical | Dirección: Francis Ford Coppola | Guión: Francis Ford Coppola, Mario Puzo | Fotografía: | Música: Nino Rota | Intérpretes: Marlon Brando (Vito Corleone), Al Pacino (Michael), James Caan (Sonny), Robert Duvall (Hagen), Diane Keaton (Kay), John Cazale (Fredo), Talia Shire (Connie) | Produción: Paramount Pictures, Alfran Productions - VOSE

Premios Oscar 1972: Mellor Película, Actor e Guión Adaptado | Globos de Ouro 1972: Mellor Película (Drama), Dirección, Actor, Guión e Banda Sonora

Anos 40. Don Vito Corleone é o respectado e temido xefe dunha do cinco familias da mafia de Nova York. Ten catro fillos: Connie, o impulsivo Sonny, o pusilánime Fredo e Michael, que non quere saber nada dos negocios do seu pai. Cando Corleone, en contra dos consellos de Tom Hagen, se nega a participar no negocio das drogas, o xefe doutra banda ordena o seu asasinato. Empeza entón unha violenta e cruenta guerra entre as familias mafiosas. 13out20 / 18 e 21 h.

Cleo de 5 a 7 Cléo de 5 à 7. Francia, 1962. B/N, 90 min. Drama | Dirección e guión: Agnès Varda | Fotografía: Jean Rabier | Música: Michel Legrand | Intérpretes: Corinne Marchand (Cleo), Antoine Bourseiller (Antoine), Dominique Davray (Angèle), Dorothée Blanck (Dorothée), Michel Legrand (Bob) | Produción: Rome Paris Films - VOSE

Cleo, unha cantante, decide vagar dúas horas por París á espera dos resultados dunha biopsia. O temor a ter cancro asáltalle a mente unha e outra vez. Tratando de ocupar o seu tempo, crúzase coa súa adiviña, toma café, visita a unha amiga e coñece un soldado a piques de partir para loitar na contenda de Alxeria, ao que confía o seu temor á morte.

14out20 / 18 e 21 h.

O sabor das cereixas Ta'm e guilass. Irán, 1997. Cor, 98 min. Drama | Dirección e guión: Abbas Kiarostami | Fotografía: Homayon Payvar | Intérpretes: Homayoun Ershadi (Badii), Abdolrahman Bagueri (Bagheri), Safar Ali Moradi (soldado), Afshin Khorshid Bakhtiari (soldado) | Produción: Abbas Kiarostami Prod., Ciby 2000, Kanoon Festival de Cannes 1997: Palma de Ouro (ex aequo) - VOSE

Badii é un home canso da vida, quere suicidarse pero non pode porque vive nun país no que está moi mal visto. A súa única preocupación é atopar alguén que lle enterre. Badii ponse a buscar quen o faga a cambio dunha gran suma de diñeiro. O único que se ofrecerá será un taxidermista que necesita os cartos para curar ao seu fillo.

15out20 / 18 e 21 h.

Plácido Plácido. España, 1961. B/N, 85 min. Comedia | Dirección: Luís García Berlanga | Guión: Rafael Azcona, Luis García Berlanga, J.L. Colina, J.L. Font | Fotografía: Francisco Sempere | Música: Miguel Asins Arbó | Intérpretes: Cassen (Plácido), José Luis López Vázquez (Gabino), Elvira Quintilla (Emilia) | Produción: Jet Films - VOE

Nunha pequena cidade provinciana, a unhas burguesas ociosas ocórreselles a idea de organizar unha campaña do Nadal cuxo lema é: "Sente un pobre á súa mesa". Trátase de que os máis necesitados compartan a cea de Noiteboa con familias acomodadas e gocen da calor e o afecto que non teñen.

16out20 / 18 e 21 h.

A princesa Mononoke Mononoke-hime. Xapón, 1997. Cor, 133 min. Aventuras | Dirección e guión: Hayao Miyazaki | Música: Joe Hisaishi | Intérpretes: Yôji Matsuda (Ashitaka), Yuriko Ishida (San), Yuko Tanaka (Lady Eboshi), (Jiko-bô), (Kouroku) | Produción: Studio Ghibli, Dentsu, Nibariki, Nippon TV, TNDG, Tokuma Shoten - VOSE

Premios da Academia Xaponesa 1997: Mellor Película

No século XV, o bosque xaponés, protexido noutro tempo por animais xigantes, está a ser arrasado por culpa dos humanos. Un xabaril transformado nun demo destrutor ataca de súpeto a aldea de Ashitaka, futuro

50 anos cineclubepf - 3 (15) xefe do clan Emishi. Ferido polo xabaril ao que matou, Ashitaka vese obrigado a partir na procura do deus Cervo para que levante a maldición que lle gangrenou o brazo.

18out20 / 18 h.

O gatopardo Il gattopardo. Italia, 1963. Cor, 186 min. Drama | Dirección: Luchino Visconti | Guión: S Cecchi d'Amico, P Festa Campanile, M Franciosa, E Medioli, L Visconti | Fotografía: Giuseppe Rotunno | Música: Nino Rota | Intérpretes: Burt Lancaster (Fabrizio), Claudia Cardinale (Angelica), Alain Delon (Tancredi), Paolo Stoppa (Calogero), Rina Morelli (Maria Stella), Romolo Valli (Pirrone), Terence Hill (Cavriaghi) | Produción: Titanus, SGC - VOSE

Festival de Cannes 1963: Palma de Ouro

En 1860, na época da unificación de Italia, a vida de Don Fabrizio, Príncipe de Salina, e da súa familia vese alterada tras a invasión de Sicilia polas tropas de Garibaldi. Para afastarse dos disturbios, a familia refúxiase na casa de campo que posúen en Donnafugata en compañía de Tancredi, sobriño predilecto de Don Fabrizio e simpatizante do movemento de Garibaldi.

20out20 / 18 e 21 h.

Ladrón de bicicletas

Ladri di biciclette. Italia, 1949. B/N, 93 min. Drama | Dirección: Vittorio de Sica | Guión: C Zavattini, V de Sica, G Gherardi, S Cecchi d'Amico, O Biancoli, A Franci, G Guerrieri | Fotografía: Carlo Montuori | Música: Alessandro Cicognini | Intérpretes: Lamberto Maggiorani (Antonio), Enzo Staiola (Bruno), Lianella Carell (Maria), Gino Saltamerenda (Baiocco), Vittorio Antonucci (ladrón), Giulio Chiari (mendigo) | Produción: Produzioni De Sica - VOSE

Festival de Locarno 1949: Premio Especial do Xurado | Premios Oscar 1949: Mellor Película Estranxeira | Globos de Ouro 1949: Mellor Película Estranxeira | Premios BAFTA 1949: Mellor Película

Na Roma da posguerra, Antonio, un obreiro en paro, consegue un sinxelo traballo pegando carteis a condición de que posúa unha bicicleta, xa que ten que percorrer grandes distancias. Dese xeito, a duras penas consegue mercar unha, pero no seu primeiro día de traballo róubanlla. Antonio denuncia os feitos ás autoridades pero estas non fan nada por axudalo, de modo que Antonio e o seu fillo Bruno comezan a procura por recuperar a súa bicicleta.

21out20 / 18 e 21 h.

Rashomon Rashômon. Xapón, 1950. B/N, 88 min. Intriga | Dirección: Akira Kurosawa | Guión: Akira Kurosawa, Shinobu Hashimoto | Fotografía: Kazuo Miyagawa | Música: Fumio Hayasaka | Intérpretes: Toshirô Mifune (Tajômaru), Machiko Kyô (Masako), (Takehiro), (leñador) | Produción: Daiei Studios - VOSE

Festival de Venecia 1951: León de Ouro | Premios Oscar 1951: Mellor Película Estranxeira

Xapón, século XII. En Kioto, baixo as portas do derruido templo de Rashomon, gorécense da torrencial choiva un leñador, un sacerdote budista e un peregrino. O tres discuten sobre o xuízo a un bandido, acusado de dar morte a un señor feudal e violar á súa esposa. Os detalles do crime son narrados desde o punto de vista do bandido, da muller, do señor feudal (coa axuda dun médium) e do leñador, única testemuña dos feitos.

22out20 / 18 e 21 h.

O piano The Piano. Nova Zelandia, 1993. Cor, 121 min. Romance | Dirección e guión: | Fotografía: Stuart Dryburgh | Música: Michael Nyman | Intérpretes: Holly Hunter (Ada), Anna Paquin (Flora), Harvey Keitel (George), Sam Neill (Alistair), Kerry Walker (Morag), Geneviève Lemon (Nessie) | Produción: Ciby 2000, Jan Chapman Productions - VOSE

Festival de Cannes 1993: Palma de Ouro, Mellor Actriz | Premios Oscar 1993: Mellor Actriz, Actriz Secundaria, Guión Orixinal | Globos de Ouro 1993: Mellor Actriz (Drama) | Premios BAFTA 1993: Mellor Actriz, Vestiario, Deseño de Produción | Premios César 1993: Mellor Película Estranxeira

1851. Ada, que é muda desde nena, acaba de enviuvar. Un matrimonio concertado polo seu pai obrígaa a deixar a súa Escocia natal e viaxar a Nova Zelandia, acompañada da súa filla Flora, coa que se comuncia por lingua de signos, e do seu piano. Alí coñece a Alistair, o seu futuro marido, un próspero granxeiro que a obriga a abandonar o piano na praia e posteriormente llo vende a un veci-o, George Baines. Este establecerá un estraño pacto con Ada: el deixaralle tocar o piano a cambio de que ela se deixe tocar. Entre eles, sen mediar palabra, empeza a xurdir unha conexión especial.

23out20 / 18 h.

Fantasía Fantasia. Estados Unidos, 1940. Cor, 120 min. Musical | Dirección: Ben Sharpsteen, James Algar, Samuel Armstrong, Ford Beebe, Norman Ferguson, Jim Handley, T. Hee, Wilfred Jackson, Hamilton Luske, Bill Roberts, Paul Satterfield | Guión: Joe Grant, Dick Huemer | Música: Bach, Beethoven, Stravinsky, Tchaikovsky, Dukas, Schubert, Mussorgsky | Produción: Walt Disney Pictures -

Premios Oscar 1941: Premios Honoríficos a Música e Son

Colección de interpretacións animadas de grandes obras de música clásica. N'O aprendiz de bruxo (P. Du- kas), Mickey Mouse métese nun gran envurullo, pois os seus coñecementos de maxia son moi limitados. A consagración da primavera (Stravinsky) conta a historia da evolución, desde os seres unicelulares até a extinción dos dinosauros. A danza das horas (Ponchielli) é un fragmento dun ballet cómico interpretado por elefantes, hipopótamos, crocodilos e avestruces. Unha noite no Monte Pelado (Mussorgsky) e Ave Maria (Schubert) describen o enfrontamento entre a escuridade e a luz.

25out20 / 18 h.

Luces de escena Limelight. Estados Unidos, 1952. B/N, 145 min. Drama romántico | Dirección, guión e música: Charles Chaplin | Fotografía: Karl Struss | Intérpretes: Charles Chaplin (Calvero), Claire Bloom (Terry), Nigel Bruce (Postant), Sydney Chaplin (Neville), Norman Lloyd (Bodalink), Buster Keaton (pianista) | Produción: United Artists - VOSE

Premios BAFTA 1952: Mellor Promesa (Claire Bloom) | Premios Oscar 1972: Mellor Banda Sonora

Londres, Primeira Guerra Mundial. Un vello pallaso ve como a súa carreira está en decadencia por mor da situación que vive o país. Despois de evitar o suicidio dunha moza bailarina con depresión, acóllea na súa casa e ocúpase de ensinarlle todo o que sabe do mundo do teatro para facela triunfar.

50 anos cineclubepf - 5 (15) 27out20 / 18 e 21 h.

Cabaret Cabaret. Estados Unidos, 1972. Cor, 123 min. Musical | Dirección: Bob Fosse | Guión: Jay Presson Allen | Fotografía: Geoffrey Unsworth | Música: John Kander | Intérpretes: Liza Minnelli (Sally), Michael York (Brian), Helmut Griem (Maximilian), Joel Grey (MC), Fritz Wepper (Fritz) | Produción: Allied Artists, ABC Pictures - VOSE

Premios Oscar 1972: Mellor Dirección, Actriz, Montaxe, Actor Secundario, Fotografía, Deseño de Produción, Canción Orixinal, Son | Globos de Ouro 1972: Mellor Comedia/Musical, Actriz Comedia/Musical, Actor Secundario | Premios BAFTA 1972: Mellor Película, Dirección, Actriz, Fotografía, Banda Sonora, Dirección Artística

Berlín, anos 30. O partido nazi domina unha cidade onde o amor, o baile e a música mestúranse na animada vida nocturna do Kit Kat Club. Un refuxio máxico onde a moza Sally Bowles e un divertido mestre de cerimonias fan esquecer as tristezas da vida.

28out20 / 18 e 21 h.

O home da cámara Chelovek s kino-apparatom. Unión Soviética, 1929. B/N, 67 min. Documental | Dirección e guión: Dziga Vertov | Fotografía: Mikhail Kaufman | Música: P Henry, N Humberstone, K Listov, M Nyman | Produción: VUFKU - VOSE

Dziga Vertov amósanos neste filme con ton documental a vida do día a día na cidade de San Petersburgo. A través da súa cámara, que actúa coma o propio ollo, Vertov capta a esencia do escenario, querendo plasmar as relacións sociais dos cidadáns a través dunha análise marxista. Como única trama, o director tenta plasmar a rutina dun operador de cámara soviético que ten que filmar a cidade desde que amence ata que se oculta o sol.

29out20 / 18 e 21 h.

A historia oficial

La historia oficial. Arxentina, 1985. Cor, 110 min. Drama | Dirección: Luis Puenzo | Guión: Aida Bortnik, Luis Puenzo | Fotografía: Félix Monti | Música: Atilio Stampone | Intérpretes: Norma Aleandro (Alicia), Héctor Alterio (Roberto), Hugo Arana (Enrique), Guillermo Battaglia (Jose), Chela Ruiz (Sara), Patricio Contreras (Benítez) | Produción: Historias Cinematográficas, Progress Communications - VOE

Festival de Cannes 1985: Premio do Xurado Ecuménico e Mellor Actriz | Festival de Toronto 1985: Mellor Película (Premio do Público) | Festival de Berlín 1986: Premio Interfilm - Premio Otto Dibelius Film | Premios Oscar 1985: Mellor Película de Fala Non Inglesa | Premios Globos de Ouro 1985: Mellor Película de Fala Non Inglesa | Premios David di Donatello 1986: Mellor Actriz Estranxeira

Bos Aires, 1983. Nos últimos anos da ditadura militar arxentina, Alicia, unha acomodada profesora de historia comeza a tomar conciencia do ocorrido nese período. As súas sospeitas sobre os escuros asuntos do seu marido e unha Avoa de Praza de Maio que busca á súa neta son os motivos que a levan a reformularse "a historia oficial".

30out20 / 18 e 21 h.

Benvidos a Belleville Les triplettes de Belleville. Francia, 2003. Cor, 78 min. Comedia | Dirección e guión: Sylvain Chomet | Música: Benoît Charest | Produción: Prod. Champion, Vivifilm, France 3, Les Armateurs - VOSE

Premios César 2003: Mellor Música

A idea xenial da Señora Souza de regalar unha bicicleta ao seu sobriño Champion excedeu as súas expectativas. Cun rigoroso adestramento, Champion está preparado para participar na carreira ciclista máis famosa do mundo: o Tour de Francia. Con todo, durante a competición dous misteriosos homes vestidos de negro o secuestran. A Señora Souza e o seu fiel can Bruno emprenden a súa procura, que os leva á enorme cidade de Belleville, onde as famosas Trixemelgas deciden acollelos baixo a súa protección. Poderán combater os diabólicos plans da mafia francesa?

1nov20 / 18 h.

A lanterna vermella

Da hong Deng long Gao gao Gua. China, 1991. Cor, 125 min. Drama | Dirección: | Guión: Ni Zhen | Fotografía: Zhao Fei, Yang Lun | Música: Zhao Jiping, Naoki Tichikawa | Intérpretes: (Songlian), Jin Shuyuan (Yuru), Cao Cuifen (Zhuoyun), He Caifei (Meishan), Ma Jingwu, Qi Zhao (governanta) | Produción: ERA International, Salon Films, Century Communication - VOSE

Festival de Venecia 1991: León de Prata - Mellor Dirección | Premios David di Donatello 1991: Mellor Película Estranxeira 1991 | Premios BAFTA 1992: Mellor Película de Fala Non Inglesa

China, anos 20. Tras a morte do seu pai, a moza de 19 anos Songlian vese forzada a casar con Chen Zouqian, o señor dunha poderosa familia. El é un home de 50 anos e ten xa tres esposas, cada unha das cales vive nunha casa independente dentro dun gran castelo. Songlian deberá facerse forte para conseguir competir contra elas. Todas as noites, o vello Zuoqian elixe con cal vai pasar a noite. A elixida sabe que é ela cando ve na súa casa unha vella lanterna vermella acesa.

3nov20 / 18 e 21 h.

Persona Persona. Suecia, 1966. B/N, 81 min. Drama | Dirección e guión: | Fotografía: | Música: Lars Johan Werle | Intérpretes: Liv Ullmann (Elisabeth), Bibi Andersson (Alma), Gunnar Björnstrand (Vogler), Jörgen Lindström (fillo) | Produción: Svensk Filmindustri - VOSE

Premios Guldbagge 1967: Mellor Película e Actriz

Elisabeth, unha importante actriz teatral, é hospitalizada tras perder a voz durante unha representación de Electra. Despois de someterse a unha serie de probas, o diagnóstico é bo. Con todo, como segue sen falar, debe permanecer na clínica. Alma, a enfermeira encargada de coidala, tenta romper o seu mutismo falándolle sen parar. A irrupción do marido de Elisabeth complicará a relación das dúas mulleres.

4nov20 / 18 e 21 h.

Tres cores: Azul Trois couleurs : Bleu. Francia, 1993. Cor, 98 min. Drama | Dirección: Krzysztof Kieś lowski | Guión: Krzysztof Piesiewicz, Krzysztof Kieś lowski | Fotografía: Slawomir Idziak | Música: Zbigniew Preisner | Intérpretes: Juliette Binoche (Julie), Benoît Régent (Olivier), Florence Pernel (Sandrine), Charlotte Vêry (Lucille), Hélène Vincent (xornalista) | Produción: MK2 Productions, CED Productions, France 3, Studio Filmowe TOR

50 anos cineclubepf - 7 (15) Festival de Venecia 1993: León de Ouro (Mellor Película), Actriz e Fotografía | Premios César 1993: Mellor Actriz, Montaxe e Son - VOSE

Nun accidente de coche, Julie perde ao seu marido Patrice, un prestixioso compositor, e á súa filla Anna. Ao recuperarse das súas lesións, decide comezar unha nova vida, independente, solitaria e anónima, afastada dos privilexios que antes gozaba. Olivier, o axudante de Patrice, namorado dela desde hai moitos anos, tenta sacala do seu illamento, e acaba convencéndoa para que remate o «Concerto para Europa», unha ambiciosa obra inacabada de Patrice.

5nov20 / 18 e 21 h.

O anxo exterminador El ángel exterminador. México, 1962. B/N, 90 min. Fantástico | Dirección: Luis Buñuel | Guión: Luis Buñuel, Luis Alcoriza | Fotografía: Gabriel Figueroa | Música: Raúl Lavista | Intérpretes: Silvia Pinal (Leticia), Enrique Rambal (Edmundo), Jacqueline Andere (Alicia), José Baviera (Leandro), Augusto Benedico (Dr. Conde), Claudio Brook (Julio), César del Campo (Álvaro) | Produción: Producciones Alatriste - VOE

Despois dunha cea na mansión dos Nóbile, os convidados descobren que, por razóns inexplicables, non poden saír do lugar. Ao prolongarse a situación durante varios días, a cortesía no trato deixa paso ao máis primitivo e brutal instinto de supervivencia. Unha parábola sobre a descomposición dunha clase social encerrada en si mesma.

6nov20 / 18 e 21 h.

O home que matou a Liberty Wallance The Man Who Shot Liberty Valance. Estados Unidos, 1962. B/N, 119 min. Western | Dirección: John Ford | Guión: James Warner Bellah, Willis Goldbeck | Fotografía: William H. Clothier | Música: Cyril J. Mockridge | Intérpretes: John Wayne (Doniphon), James Stewart (Ransom), Vera Miles (Hallie), Lee Marvin (Valance), Edmond O'Brien (Peabody), Andy Devine (Appleyard), John Carradine (Starbuckle) | Produción: Paramount Pictures - VOSE

Ransom Stoddard, un ancián senador do Congreso dos Estados Unidos, explica a un xornalista por que viaxou coa súa muller para asistir ao funeral do seu vello amigo Tom Doniphon. A historia comeza moitos anos antes, cando Ransom era un novo avogado do Leste que se dirixía en dilixencia a Shinbone, unha vila do Oeste, para exercer a avogacía e impor a lei. Pouco antes de chegar, foi atracado e golpeado brutalmente polo temido pistoleiro Liberty Valance.

8nov20 / 18 h.

A viaxe dos comediantes O Thiassos. Grecia, 1975. Cor, 230min. Drama | Dirección e guión: Theodoros Angelopoulos | Fotografía: Giorgos Arvanitis | Música: Loukianos Kilaidonis | Intérpretes: Eva Kotamanidou (Elektra), Aliki Georgouli (Clytemnestra), Vangelis Kazan (Aegisthus), Stratos Pahis (Agamemnon), Maria Vassiliou (Chrysothemis), Petros Zarkadis (Orestes), Kiriakos Katrivanos (Pylades) | Produción: Papalios Productions - VOSE

Durante a Segunda Guerra Mundial, Grecia sofre a ocupación das tropas nazis. Nesas circunstancias, unha compañía teatral realiza unha xira polo país, aínda que as súas representacións se ven continuamente interrompidas polos conflitos políticos. Por outra banda, unha das actrices tenta vingarse da súa nai á que responsabiliza da morte do seu pai. O seu irmán, un partisano, axudaraa a satisfacer os seus propósitos. 10nov20 / 18 e 21 h.

En construción En construción. España, 2001. Cor, 125 min. Documental | Dirección e guión: José Luis Guerín | Fotografía: Álex Gaultier | Participantes: Iván Guzmán Jiménez, Juan López, Santiago Segade, Juan Manuel López Pedro Robles, Abdelsalam Madris, Pere Lluís Artigas, Jordi Martínez | Produción: Ovideo - VOE

Festival de San Sebastián 2001: Premio Especial do Xurado, Premio FIPRESCI | Premios Goya 2001: Mellor Documental Premios Forqué 2001: Mellor película

Documental que plasma o cambio producido nun emblemático barrio popular de Barcelona tras aprobarse un novo plan urbanístico. A película fai un paralelismo entre a transformación física do lugar e os cambios que se producen en varias persoas que viven alí: un vello mariñeiro que anda dun lado para outro buscando pensión para durmir, unha prostituta que vive co seu noivo neste barrio e un grupo de marroquís que traballan no distrito e que seguen fielmente o Islam.

11nov20 / 18 e 21 h.

A noite americana La Nuit américaine. Francia, 1973. Cor, 115 min. Dramedia | Dirección: François Truffaut | Guión: François Truffaut, Jean-Louis Richard, Suzanne Schiffman | Fotografía: Pierre-William Glenn | Música: Georges Delerue | Intérpretes: François Truffaut (Ferrand), Jean-Pierre Léaud (Alphonse), Jacqueline Bisset (Julie), Nathalie Baye (Joelle), Alexandra Stewart (Stacey), Jean-Pierre Aumont (Alexandre), Valentina Cortese (Séverine), Dani (Liliane) | Produción: Les Films du Carrosse, PECF, PECF - VOSE

Premios Oscar 1973: Mellor Película de Fala Non Inglesa | Premios BAFTA 1973: Mellor Película, Dirección e Actriz Secundaria

Un director de cinema loita para completar a súa película mentres fai fronte a unha infinidade de dificultades, persoais e profesionais, dos actores e os membros do equipo técnico.

12nov20 / 18 e 21 h.

Ordet (A palabra) Ordet. Dinamarca, 1955. B/N, 125 min. Drama | Dirección e guión: Carl Theodor Dreyer | Fotografía: Henning Bendtsen | Música: Paul Schierbeck | Intérpretes: Henrik Malberg (Morten), Emil Hass Christensen (Mikkel), Preben Lerdorff Rye (Johannes), Cay Kristiansen (Anders), Brigitte Federspiel (Inger) | Produción: Palladium Films - VOSE

Festival de Venecia 1955: León de Ouro (Mellor Película) | Premios Globos de Ouro 1955: Mellor Película Estranxeira

Cara a 1930, nunha aldea de Iutlandia, vive o vello granxeiro Morten Borgen. Ten tres fillos: Mikkel, Johannes e Anders. Mikkel está casado con Inger, ten dúas fillas e espera o nacemento do seu terceiro fillo. Johannnes estudou Teoloxía e, por imbuírse das ideas de Kierkegaard e identificarse con Xesucristo, é tomado por un tolo. Anders está namorado da filla do xastre, líder intransixente dun sector relixioso rival. Tal circunstancia revitaliza a discordia que sempre existiu entre as dúas familias, xa que ningunha ve con moi bos ollos que os seus fillos contraian matrimonio.

13nov20 / 18 e 21 h.

Grey Gardens

50 anos cineclubepf - 9 (15) Grey Gardens. Estados Unidos, 1975. Cor, 100 min. Documental | Dirección: Albert Maysles, David Maysles, Muffie Meyer, Ellen Hovde | Fotografía: Albert Maysles, David Maysles | Participantes: Edith "Big Edie" Bouvier Beale, Edith "Little Edie" Bouvier Beale, Brooks Hyers | Produción: Portrait Films - VOSE

Grey Gardens é unha mansión mercada en 1923 por Phelan e Edith Bouvier Beale, tios da famosa Jackie Kennedy. Tras unha serie de circunstancias, Edith foi desherdada e abandonada polo seu marido. Nos anos 70, Edith nai ten 80 anos e Edith filla 60, e levan décadas vivindo na mansión destruída, na máis secreta reclusión e na marxinalidade social, ata que uns xornais amosan a vida decadente destas dúas mulleres.

15nov20 / 18 h.

2001: Unha odisea do espazo 2001: A Space Odyssey. Reino Unido, 1968. Cor, 139 min. Cinecia ficción | Dirección: Stanley Kubrick | Guión: Stanley Kubrick, Arthur C. Clarke | Fotografía: Geoffrey Unsworth | Música: Richard Strauss, Johann Strauss, György Ligeti, Aram Khachaturyan | Intérpretes: Keir Dullea (Bowman), Gary Lockwood (Poole), William Sylvester (Floyd), Leonard Rossiter (Smyslov), Margaret Tyzack (Elena), Robert Beatty (Halvorsen), Sean Sullivan (Michaels) | Produción: Metro-Goldwyn-Mayer, Stanley Kubrick Production - VOSE

Premios Oscar 1968: Mellores Efectos Visuais | Premios BAFTA 1968: Mellor Banda Sonora, Fotografía e Dirección Artística | Premios David di Donatello 1968: Mellor Produción Estranxeira

Hai millóns de anos, antes da aparición do "homo sapiens", uns primates descobren un monólito que os conduce a un estadio de intelixencia superior. Millóns de anos despois, outro monólito, enterrado nunha lúa, esperta o interese dos científicos. Por último, durante unha misión da NASA, HAL 9000, unha máquina dotada de intelixencia artificial, encárgase de controlar todos os sistemas dunha nave espacial tripulada.

17nov20 / 18 e 21 h.

Aguirre, a cólera de Deus Aguirre der Zorn Gottes. Alemaña, 1972. Cor, 94 min. Aventuras | Dirección e guión: | Fotografía: Thomas Mauch | Música: Popol Vuh | Intérpretes: Klaus Kinski (Aguirre), Helena Rojo (Inez), Del Negro (Carvajal), Ruy Guerra (Ursua), Peter Berling (Guzmán), Cecilia Rivera (Flores) | Produción: Werner Herzog Filmproduktion - VOSE

Premios do Cinema Alemán 1972: Mellor Fotografía

En 1560, unha tropa de conquistadores españois descende da montaña en busca de El Dorado. Pero parte do equipo sepárase nos pantanos. Constitúen unha expedición máis pequena, baixo o control de Pedro de Ursua e do seu segundo, Lope de Aguirre. Aguirre, aventureiro ambicioso e brutal, manipularao todo habilmente para proporlles aos seus compañeiros un novo xefe, Fernando de Guzmán.

18nov20 / 18 e 21 h.

Veludo azul Blue Velvet. Estados Unidos, 1986. Cor, 120 min. Neo-noir | Dirección e guión: | Fotografía: | Música: Angelo Badalamenti | Intérpretes: Kyle MacLachlan (Beaumont), Isabella Rossellini (Dorothy), (Booth), Laura Dern (Sandy), Dean Stockwell (Ben), George Dickerson (Williams) | Produción: De Laurentiis Entertainment Group - VOSE

Festival de Sitges 1986: Mellor Película e Fotografía | Festival de Montreal 1986: Mellor Actor | Premios Independent Spirit 1986: Mellor Actriz

Unha mañá despois de visitar ao seu pai no hospital, Jeffrey Beaumont atopa entre uns arbustos unha orella humana. Gárdaa nunha bolsa de papel e lévaa á comisaría. A súa amiga Sandy, filla do detective Williams, cóntalle detalles sobre unha muller sospeitosa chamada Dorothy que pode estar conectada co caso. Curioso, Jeffrey inicia a súa propia investigación.

19nov20 / 18 e 21 h.

Sábado noite, domingo mañá Saturday Night and Sunday Morning. Reino Unido, 1960. B/N, 89 min. Drama | Dirección: Karel Reisz | Guión: Alan Sillitoe | Fotografía: Freddie Francis | Música: John Dankworth | Intérpretes: Albert Finney (Arthur), Shirley Anne Field (Doreen), Rachel Roberts (Brenda), Hylda Baker (Ada) | Produción: Woodfall Film Productions - VOSE

Festival de Mar de Plata 1961: Mellor Película | Premios BAFTA 1960: Mellor Filme Británico, Actriz Británica e Promesa

Arthur Seaton é un mozo inglés de carácter rebelde que traballa nunha fábrica de Nottingham. Trata de fuxir da súa rutineira e aburrida vida bebendo e divertíndose canto pode as fins de semana. Esa é a única meta da súa vida: pasalo o mellor posible. Ten un romance con Brenda, a muller dun compañeiro de traballo, e simultaneamente comeza unha relación con Doreen, unha muller solteira máis da súa quinta. Todo se complica cando queda embarazada.

20nov20 / 18 e 21 h.

A lei do desexo La ley del deseo. España, 1987. Cor, 100 min. Drama | Dirección e guión: Pedro Almodóvar | Fotografía: Ángel Luis Fernández | Música: Bernardo Bonezzi | Intérpretes: Eusebio Poncela (Pablo), Carmen Maura (Tina), Antonio Banderas (Antonio), Micky Molina (Juan), Fernando Guillén (policía), Nacho Martínez (Martin) | Produción: El Deseo, LaurenFilm S.A - VOE

Pablo e Tina son dous irmáns, dedicados ao mundo do espectáculo, que están marcados para sempre pola separación dos seus pais e, sobre todo, por un escuro segredo de Tina. A vida dos irmáns vivirá un cambio abrupto, e mesmo violento, cando Pablo coñeza a Antonio, un mozo atractivo e intenso con graves problemas psicolóxicos.

22nov20 / 18 h.

A morte tiña un prezo Per qualche dollaro in più. Italia, 1965. Cor, 132 min. Western | Dirección: | Guión: Sergio Leone, Luciano Vincenzoni | Fotografía: Massimo Dallamano | Música: Ennio Morricone | Intérpretes:Clint Eastwood (Manco), Lee Van Cleef (Mortimer), Gian Maria Volonté (Indio), Mara Krupp (Mary), Luigi Pistilli (Groce), Klaus Kinski (Juan Wild) | Produción: Produzioni Europee Associati - VOSE

O Manco e o Coronel Mortimer son dous cazadores de recompensas que buscan ao mesmo home, un malfeitor alcumado o Indio. Deciden unir as súas forzas para atopalo e repartir a recompensa a partes iguais, aínda que as razóns que os moven son completamente diferentes.

24nov20 / 18 e 21 h.

O triunfo da vontade Triumph des Willens. Alemaña, 1935. B/N, 110 min. Documental propagandístico | Dirección: Leni Riefenstahl | Guión: Leni Riefenstahl, Walter Ruttmann | Fotografía: Sepp Allgeier | Música: Herbert Windt,

50 anos cineclubepf - 11 (15) Jacques Offenbach | Participantes: Adolf Hitler, Josef Goebbels | Produción: Leni Riefenstahl-Produktion - VOSE

Alemaña, 1934. Adolf Hitler acababa de chegar ao poder un ano antes. En Nuremberg, o partido nacionalsocialista celebra un triunfalista e patriótico congreso no que se exaltan os valores do pobo alemán e a raza aria.

25nov20 / 18 e 21 h.

Amorodo e chocolate

Fresa y chocolate. Cuba, 1993. Cor, 111 min. Drama | Dirección: Tomás Gutiérrez Alea, Juan Carlos Tabío | Guión: Senel Paz | Fotografía: Mario Garcia Joya | Música: José María Vitier | Intérpretes: Jorge Perugorría (Diego), Vladimir Cruz (David), Mirta Ibarra (Nancy), Marilyn Solaya (Vivian), Joel Angelino (alemán) | Produción: IMCINE - VOE

Festival da Habana 1993: Mellor Película | Festival de Berlín 1994: Oso de Prata - Premio Especial do Xurado | Festival de Sundance 1995: Premio Especial do Xurado | Premios Goya 1994: Mellor Película Latinoamericana

David é un comunista convencido que estuda Socioloxía na Universidade da Habana. Diego é un artista homosexual acosado pola homofobia do réxime castrista. A pesar das abismais diferenzas que os separan, entre eles xorde unha profunda amizade.

26nov20 / 18 e 21 h.

Bailar na escuridade Dancer in the Dark. Dinamarca, 2000. Cor, 140 min. Drama musical | Dirección e guión: Lars Von Trier | Fotografía: Robby Müller | Música: Björk | Intérpretes: Björk (Selma), (Kathy), David Morse (Bill), Peter Stormare (Jeff), Jean-Marc Barr (Norman), Cara Seymour (Linda) | Produción: Fine Line Features, Zentropa Productions - VOSE

Festival da Cannes 2000: Palma de Ouro, Mellor Actriz | Premios do Cinema Europeo 2000: Mellor Película Europea e Actriz | Premios Independent Spirit 2000: Mellor Película Estranxeira | Premios Goya 2000: Mellor Película Europea

Selma Jezkova, inmigrante checa e nai solteira, traballa nunha fábrica da América rural e só atopa consolo na súa paixón pola música, especialmente nas cancións e coreografías dos musicais clásicos de Hollywood. Selma oculta un terrible segredo: está a perder a vista, e o seu fillo Gene correrá a mesma sorte se ela non consegue, a tempo, o diñeiro suficiente para pagarlle unha operación. Por riba, un veciño desesperado acusa falsamente a Selma de roubarlle os seus aforros.

27nov20 / 18 e 21 h.

Trainspotting Trainspotting. Reino Unido, 1996. Cor, 90 min. Drama | Dirección: Danny Boyle | Guión: John Hodge | Fotografía: Brian Tufano | Música: vv.aa. | Intérpretes: Ewan McGregor (Renton), Robert Carlyle (Begbie), Jonny Lee Miller (Sick Boy), Ewen Bremner (Spud), Kelly MacDonald (Diane), Kevin McKidd (Tommy), Peter Mullan (Swanney) | Produción: Film4 Productions, Figment Film - VOSE

Premios BAFTA 1995: Mellor Guión Adaptado

Mark Renton, un mozo de Edimburgo, e os seus amigos son adictos á heroína, o que significa que viven fóra da realidade, nun mundo aparte. Todos eles teñen a intención de loitar na vida contra os terribles efectos das drogas, pero as tentacións son moi grandes e a súa forza de vontade un tanto escasa.

29nov20 / 18 h.

A delgada liña vermella The Thin Red Line. Estados Unidos, 1998. Cor, 163 min. Bélica | Dirección e guión: Terrence Malick | Fotografía: | Música: Hans Zimmer | Intérpretes: Sean Penn (Welsh), Jim Caviezel (Witt), Nick Nolte (Tall), Ben Chaplin (Bell), John Cusack (Gaff), Adrien Brody (Fife), George Clooney (Bosche) | Produción: 20th Century Fox, Phoenix Pictures - VOSE

Festival da Berlín 1999: Oso de Ouro e Mención de Honra (John Toll)

1942. Na Segunda Guerra Mundial, os homes que compoñen a compañía Charlie deben participar na batalla de Guadalcanal, no Pacífico. Un exército xaponés combaterá cos Charlie para quedar cun estratéxico outeiro. Conseguirán derrotar os americanos ás tropas xaponesas?

1dec20 / 18 e 21 h.

A batalla de Chile La batalla de Chile (Parte I): La insurrección de la burguesía. Chile, 1975. B/N, 100 min. Documental | Dirección: Patricio Guzmán | Guión: Patricio Guzmán, Jose Bartolome, Pedro Chaskel, Federico Elton, Xullo García Espinosa | Fotografía: Jorge Müller Silva | Participantes: Salvador Allende, Abilio Fernández | Produción: Equipo Tercer Año - VOE

Salvador Allende pon en marcha un programa de profundas transformacións sociais e políticas. Desde o primeiro día a dereita organiza contra el unha serie de folgas salvaxes mentres a Casa Branca o asfixia economicamente. A pesar do boicot (en marzo de 1973) os partidos que apoian a Allende obteñen o 43,4% dos votos. A dereita comprende que os mecanismos legais xa non lles serven. De agora en diante a súa estratexia será o golpe de estado.

2dec20 / 18 e 21 h.

Cidadán Kane

Citizen Kane. Estados Unidos, 1941. B/N, 119 min. Drama | Dirección: Orson Welles | Guión: Orson Welles, Herman J. Mankiewicz | Fotografía: Gregg Toland | Música: Bernard Herrmann | Intérpretes: Orson Welles (Kane), Joseph Cotten (Leland), Everett Sloane (Berstein), George Coulouris (Parks), Dorothy Comingore (Susan), Agnes Moorehead (Mary), Paul Stewart (Raymond) | Produción: RKO, Mercury Theatre Productions Premios Oscar 1941: Mellor Guión Orixinal - VOSE

Un importante magnate estadounidense, Charles Foster Kane, dono dunha importante cadea de xornais, dunha rede de emisoras e dunha inimaxinable colección de obras de arte, morre en Xanadú, o seu fabuloso castelo de estilo oriental. A última palabra que pronuncia antes de expirar, "Rosebud", cuxo significado é un enigma, esperta unha enorme curiosidade tanto na prensa como entre a poboación. Así, un grupo de xornalistas emprende unha investigación para desentrañar o misterio.

3dec20 / 18 e 21 h.

O pantano

50 anos cineclubepf - 13 (15) La ciénaga. Arxentina, 2001. Cor, 102 min. Drama | Dirección e guión: Lucrecia Martel | Fotografía: Hugo Colace | Música: Herve Guyader, Emmanuel Croset | Intérpretes: Mercedes Morán (Tali), (Mecha), Martín Adjemián (Gregorio), Leonora Balcarce (Verónica), Silvia Baylé (Mercedes), Sofía Bertolotto (Momi), Andrea López (Isabel), Daniel Valenzuela (Rafael) | Produción: Eyeworks Cuatro Cabezas, TS Productions, 4k Films, Wanda Visión - VOE

Festival de Berlín 2001: Premio Alfred Bauer | Festival de Sundance 2001: Mellor Guión | Festival da Habana 2001: Mellor Película En febreiro, nos pantanos do noroeste de Arxentina, a sufocante calor mestúrase con choivas tropicais. Dúas familias (unha de clase media urbana e outra de produtores rurais en decadencia) entrecrúzanse no sopor provinciano dunha Salta caótica e inmutable, onde nada sucede pero todo está a piques de estalar. Un día todo cambia cando un accidente une estas dúas familias.

4dec20 / 18 e 21 h.

O camiño Yol. Turquía, 1982. Cor, 114 min. Drama | Dirección: Yilmaz Güney, Serif Gören | Guión: Yilmaz Güney | Fotografía: Erdoan Engin | Música: Sebastian Argol Kendal | Intérpretes: Tarik Akan (Seyit), Serif Sezer (Ziné), Halil Ergün (Mehmet), Meral Orhonsoy (Emine), Necmettin Çobanoglu (Ömer), Sevda Aktolga (Meral) | Produción: Güney Film, Cactus Film, France 2 -VOSG

Festival de Cannes 1982: Palma de Ouro (ex-aequo) e Premio FIPRESCI

Cinco prisioneiros dun cárcere turco reciben permiso para viaxar ás súas casas durante unha semana. Cada un deles ten os seus propios problemas, preocupacións e nostalxias. Rigorosas leis, escritas e non escritas, e un sistema brutal son unha carga que pesa sobre eles. Sofren violencia e exercen violencia. As vacacións, comezadas con esperanza, terminan con dor.

6dec20 / 18 h.

Fellini, oito e medio 8½ (Otto e mezzo). Italia, 1963. B/N, 140 min. Dramedia | Dirección: Federico Fellini | Guión: Tullio Pinelli, Federico Fellini, Ennio Flaiano, Brunello Rondi | Fotografía: Gianni Di Venanzo | Música: Nino Rota | Intérpretes: Marcello Mastroianni (Guido), Claudia Cardinale (Claudia), Anouk Aimée (Luisa), Sandra Milo (Carla), Rossella Falk (Rossella), Barbara Steele (Gloria), Mario Pisu (Mezzabotta), Guido Alberti (produtor) | Produción: Cineriz, Francinex - VOSE

Premios Oscar 1963: Mellor Película de Fala Non Inglesa, Vestiario

Guido Anselmi é un prestixioso director de cinema que se atopa en metade dun proxecto imposible de acabar. O realizador está a atravesar unha crise de inspiración e a presión exercida polos que o rodean non lle axuda a saír do ensimismamento. Nesta situación, empeza a pasar revista aos feitos máis importantes da súa vida e a lembrar a todas as mulleres ás que amou.

18dec20 / 18 e 21 h.

Arroutada Arrebato. España, 1979. Cor, 110 min. Intriga | Dirección e guión: Iván Zulueta | Fotografía: Ángel Luis Fernández | Música: Grupo Negativo | Intérpretes: Eusebio Poncela (Sirgado), Cecilia Roth (Ana), Will More (Pedro), Marta Fernández-Muro (Marta), Carmen Giralt (Carmen), Helena Fernán-Gómez (Gloria) | Produción: Nicolás Astiarraga P.C. - VOE Festival Fantasporto 1981: Premio da Crítica, Mellor Actor e Guión

Tras finalizar da súa segunda longametraxe, o cineasta José Sirgado séntese profundamente insatisfeito coa súa vida ao entrar na trintena. Debátese entre a insatisfacción que lle causa a súa carreira cinematográfica, as secuelas da súa adicción á heroína e a nostalxia da súa relación con Ana, que fora a protagonista da ópera prima. Un día, ao volver a casa, atópase coas dúas tentacións, a heroína e Ana, á súa disposición. Tamén recibe un misterioso paquete enviado por Pedro, un personaxe inquietante, que lle manda unha película gravada en Super 8 onde José atopará tanto unha vía de escape como o camiño sen retorno ao maior dos infernos.

20dec20 / 18 e 21 h.

A semente do diaño Rosemary's Baby. Estados Unidos, 1968. Cor, 136 min. Terror | Dirección e guión: | Fotografía: William A. Fraker | Música: Christopher Komeda | Intérpretes: Mia Farrow (Rosemary), John Cassavetes (Guy), Ruth Gordon (Minnie), Sidney Blackmer (Roman), Maurice Evans (Hutch), Ralph Bellamy (Dr. Sapirstein) Victoria Vetri (Terry), Patsy Kelly (Laura) | Produción: Paramount Pictures, William Castle Productions VOSE

Premios Oscar 1968: Mellor Actriz Secundaria | Premios Globos de Ouro 1968: Mellor Actriz Secundaria | Premios David di Donatello 1968: Mellor Dirección e Actriz Estranxeira

Guy e Rosemary Woodhouse, un matrimonio neoiorquino, múdanse a un edificio situado fronte a Central Park, sobre o cal, segundo un amigo, pesa unha maldición. Unha vez instalados, fanse amigos de Minnie e Roman Castevet, uns veciños que os colman de atencións. Ante a perspectiva dun bo futuro, os Woodhouse deciden ter un fillo; pero cando Rosemary queda embarazada, o único que lembra é facer o amor cunha estraña criatura que lle deixou o corpo cheo de marcas. Co paso do tempo, Rosemary empeza a sospeitar que o seu embarazo non é normal.

22dec20 / 18 e 21 h.

Happy Together Chun gwong tsa sit. Hong Kong, 1997. Cor, 98 min. Drama | Dirección e guión: Wong Kar-Wai | Fotografía: | Música: Danny Chung | Intérpretes: Leslie Cheung (Po-Wing), Tony Leung Chiu-Wai (Yiu-Fai), Gregory Dayton, Chen Chang (Chang) | Produción: Block 2 Pictures, Jet Tone Production, Prénom H Co, Seowoo Film - VOSE

Festival de Cannes 1997: Mellor Dirección

Yiu-Fai e Po-Wing levan un tempo xuntos moi namorados e deciden viaxar desde Hong Kong a Arxentina para empezar unha nova vida de cero. A chegada ao novo país parece transformar as cousas e Po-Wing abandona a Yiu-Fai, que comeza a traballar nun bar de tango para conseguir o diñeiro dun billete de volta a casa. Un día Po-Wing reaparece, pero esta igual que sempre e Yiu-Fai busca estabilidade na súa vida.

TODAS AS PROXECCIÓNS SON NA CASA DA CULTURA (Rúa concello núm.11 de Ourense)

Lendas:

VOSE – Versión orixinal subtitulada ao castelán VOSG – Versión orixinal subtitulada ao galego VOE – Versión orixinal en castelán

50 anos cineclubepf - 15 (15)