Contra a Morte Das Linguas: O Caso Do Galego
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Facultade de Filoloxía Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral Contra a morte das linguas: o caso do galego TESE DOUTORAL Miguel Moreira Barbeito Santiago de Compostela 2011 Facultade de Filoloxía Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral Contra a morte das linguas: o caso do galego Tese de doutoramento realizada por Miguel Moreira Barbeito baixo a dirección da Dra. Teresa Moure Pereiro Asdo. Miguel Moreira Barbeito Vº e pr. Dra. Teresa Moure Pereiro Santiago de Compostela, 2011 Creerán algús que porque, como digo, tentéi falar das cousas que se poden chamar homildes, é por que me esprico na nosa léngoa. N’é por eso. As multitudes dos nosos campos tardarán en ler estos versos, escritos a causa deles, pero só en certo modo pra eles. O que quixen foi falar unha vez máis das cousas da nosa terra e na nosa léngoa […]. Rosalía de Castro, prólogo de Follas Novas. Esta tese doutoral realizouse ao abeiro do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Icite (2006-2010), da Consellaría de Economía e Industria, concretamente no Programa María Barbeito de axudas a contratos predoutorais de formación de doutores (DOG de 13 de agosto de 2008 e DOG de 8 de outubro de 2010), entre decembro de 2008 e xuño de 2011. O presente traballo inscríbese, asemade, dentro do Proxecto de Investigación GI-1944 Linguaxe, retórica e ideoloxía, cuxo investigador principal é o Dr. J. J. López Rivera. Non podo deixar expresar a miña gratitude á Dra. Teresa Moure e agradecer todo o labor desenvolvido por ela, sobordando con moito o que cabería agardar da dirección dunha tese de doutoramento, achaiando as pexas que se presentaban no camiño e acompañándome en todas as súas etapas. O seu consello, a súa axuda, o seu propio exemplo e, en suma, a súa amizade, contribuíron á conformación deste traballo, que de seguro non existiría de non ser ela a miña mentora. Asemade, esta tese doutoral é o resultado dun proceso de aprendizaxe que arrincou no terceiro curso da licenciatura, cando nas súas aulas fiquei abraiado dun xeito, para min novidoso, de facer lingüística. Por todo isto, este agradecemento non se limita á presente investigación —que tamén, claro—, senón que abrangue as etapas previas que determinaron, sen dúbida, este traballo. Tamén me gustaría agradecer á miña nai, María, e ao meu pai, Miguel, por apoiar sempre e en todas as acepcións da palabra esta tese de doutoramento; pois foron —e son— o asento, o fundamento e a base, en que esta descansa. Mesmo nos momentos máis difíciles, cando o desánimo propiciaría o abandono dunha tarefa como a investigadora, tan apaixonante como complexa e, por veces, escura. Actuaron desde o comezo como firmes promotor@s da investigación, dando unha auténtica lección ás institucións sobre o verdadeiro significado do concepto de compromiso. Vaia por diante o meu agradecemento á miña compañeira, Gema, porque non sempre é doado compartir a vida cunha persoa embarcada na elaboración dunha tese de doutoramento, por ser este un traballo absorbente que non entende de horarios. Ao aceptar o roubo de parte do noso tempo, demostrou, sobradamente, que a paciencia é unha gran ciencia. Tamén ás miñas irmás, Natalia e Carmen, e á miña familia toda, un verdadeiro clan onde as persoas máis vellas aprendéronme o cariño polo que é noso, e as máis novas mostráronme que hai razóns abondas para sermos optimistas. A miña gratitude ás persoas queridas e ás verdadeiras amizades que xurdiron neste percorrido tanto dentro como fóra da facultade. Mais tamén quería agradecer a aqueloutras que, sen o saberen, contribuíron a que esta tese sexa como é por medio de conversas, confidencias, discusións, debates ou foros para matinarmos as ideas; colaborando, en fin, no proceso de fornecemento de novo coñecemento, que constitúe o xermolo de toda investigación. A todas elas vai dedicada esta tese de doutoramento. Finalmente, fago constar que todos os erros, incongruencias e lapsus linguae, que de seguro se detectarán neste traballo, son unicamente responsabilidade miña. Índice Resumo 15 Introdución 21 1. Como afronta a lingüística, como ciencia, a perda da diversidade lingüística. Perspectiva histórica e posibilidades de actuación reais 27 1.1 Estado da cuestión. A epistemoloxía lingüística a debate: a lexitimación da lingüística teórica para intervir no proceso de perda da diversidade lingüística 27 1.1.1 Doxa e episteme 27 1.1.2 A lexitimación da lingüística 31 1.1.3 As pexas do sistema 33 1.1.4 A investigación científica 38 1.1.5 O método científico 44 1.2 Mitos e realidades manipuladas 50 1.3 Discusión conceptual 55 1.3.1 Desacordo terminolóxico e causas da morte de linguas 55 1.3.2 A linguo-diversidade nas enciclopedias, manuais e atlas lingüísticos 58 1.3.3 As causas reais da substitución lingüística 63 1.3.3.1 T. Skutnabb-Kangas 63 1.3.3.2 C. Junyent 65 1.3.3.3 R. M. W. Dixon e a análise da linguo-diversidade desde as antípodas 69 1.3.3.4 N. C. Dorian e o concepto de semi-falante 70 1.3.3.5. C. Hagège 72 1.3.3.6 O criterio numérico 77 1.3.3.7 O concepto de derradeir@s falantes 79 1.4 A morte das linguas e a(s) postura(s) da lingüística 81 1.4.1 Visións contrarias á perda da diversidade lingüísitca 82 1.4.1.1 O dominio do inglés 82 1.4.1.2 Os universais da linguaxe 86 1.4.1.3 Bio- e linguo-diversidade 94 1.4.1.3.1 O dilema da persoa prisioneira 99 1.4.1.4 O lingüicidio 106 1.4.2 Visións proclives á perda da diversidade lingüística 116 11 1.4.2.1 A ilexitimidade do ataque á diversidade 116 1.4.2.2 Revisión das causas da morte de linguas 120 1.4.2.2.1 Desaparición natural dunha lingua: os casos das provincias de Saundum (Papúa Nova Guinea) e Nariño (Colombia) 121 1.4.2.2.2 Desaparición motivada dunha lingua: o caso do haitiano 122 1.4.2.2.3 A cosmovisión e a hipótese de relatividade lingüística 124 1.4.2.2.4 Identidade lingüística e nacional 127 1.4.2.3 S. S. Mufwene e o argumento da creación de novas linguas 131 1.4.2.4 A terminoloxía da morte 136 1.4.2.4.1 O paradigma da morte das linguas 138 1.4.2.4.2 O paradigma do xenocidio lingüístico 140 1.4.2.4.3 O tema da morte na lingüística galega 141 1.5 Linguo-diversidade e economía 153 1.5.1 O carácter antieconómico das linguas minoritarias 153 1.5.2 Novos principios económicos 163 1.5.3 O imperialismo lingüístico 166 1.5.4 A economía da linguaxe, a rotura do hermetismo social e a teoría dos vasos comunicantes 169 1.6 Conclusión 172 2. Dereitos lingüísticos 175 2.1 O dilema da persoa persoa falante dunha lingua minorizada 175 2.1.1 A necesidade dunha ética das linguas 176 2.2 A interpretación tradicional dos dereitos (humanos e lingüísticos) 180 2.2.1 A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos 186 2.2.1.1 Consideracións iniciais: moderación e eurocentrismo 186 2.2.1.2 A territorialidade dos dereitos lingüísticos na DUDL 191 2.2.1.3 Dereitos individuais inalienábeis e dereitos colectivos na DUDL 192 2.2.1.4 As linguas minoritarias e o status de oficialidade na DUDL 194 2.2.1.5 A vinculación da DUDL coa Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias 201 2.2.1.6 O multilingüismo na Unión Europea 203 2.2.1.7 O caso de Austria 217 2.2.1.8 Confusións terminolóxicas 218 12 2.2.1.9 O trato da topoantroponimia, a etiquetaxe e a publicidade na DUDL 219 2.2.1.9.1 A controversia da toponimia e o caso de A Coruña 219 2.2.1.10 A DUDL como punto de partida 224 2.3 Presentación dun novo paradigma máis abarcador 226 2.3.1 Unha nova re-interpretación do concepto de individual 226 2.3.2 Unha nova re-interpretación do concepto de nación 231 2.3.3 Unha nova re-interpretación do concepto de dereito lingüístico 235 2.3.3.1 A ilexitimidade do dereito-a-non-falar unha lingua 237 2.3.3.2 W. Kymlicka e os dereitos individuias diferenciados en función do grupo 239 2.3.4 Un novo paradigma 243 2.3.4.1 Novos conceptos 245 2.3.4.2 A discriminación positiva 246 2.3.4.2.1 A desigualdade do liberalismo capitalista 248 2.3.4.2.2 O racismo ou a discriminación da poboación negra 249 2.3.4.2.3 O sexismo ou a discriminación das mulleres 250 2.3.4.2.4 A teoría da antidiscriminación 251 2.3.4.2.5 As medidas de acción positiva en contextos de conflito lingüístico 252 2.3.4.2.6 Resulta tan positivo aplicarmos medidas de acción positiva? 256 2.3.4.3 As linguas como elementos básicos de cohesión social 261 2.3.4.4 O caso da antropóloga 263 2.3.4.5 A hipótese da linguo-diversidade 265 2.3.4.5.1 As hipóteses refutatadas 265 2.3.4.5.2 A formulación da hipótese definitiva 266 2.3.4.5.3 A lexitimación do trato desigual e as medidas de acción positiva 268 2.3.4.5.3.1 A importancia do entusiasmo 274 2.3.4.5.3.2 A cuestión da lingua: un tema de opinión social 276 2.3.4.5.4 O individual fronte ao colectivo: dúas realidades complementarias 285 2.3.4.5.4.1 A problemática do colectivo 287 2.3.4.5.4.2 As xeracións de dereitos humanos 294 2.3.4.5.5 O emprego ilexítimo dos dereitos lingüísticos 297 2.3.4.5.6 O mito do español 303 2.3.4.5.7 A opción mixta 306 2.3.4.5.8 O galego e a inmigración 311 13 2.3.4.5.9 Os dereitos positivos e negativos e a interpretación do individuo como minoría cultural 316 2.4 Os dereitos lingüísticos e os movementos altermundistas.