Actas Simposio Carlos Casares Fu N D a C I Ó N Ca R L O S Ca S a R E S
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Actas Simposio Carlos Casares FUNDACIÓN CARLOS CASARES Actas Simposio Carlos Casares Fundación Carlos Casares Coordinación editorial Xosé M. Soutullo Revisión lingüística Leandro García Bugarín Deseño e maquetación zumoestudio ISBN 978-84-613-3642-9 Depósito legal C 2504-2009 Imprime Tórculo Actas Simposio Carlos Casares Fundación Carlos Casares Edición Camiño Noia Olivia Rodríguez Dolores Vilavedra Índice Camiño Noia / Olivia Rodríguez / Dolores Vilavedra 9 Presentación María Teresa Bermúdez Montes 11 Ecos e lecturas da narrativa europea contemporánea na obra de Carlos Casares Luísa Blanco 31 Ourense ao fondo en O sol do verán de Carlos Casares Ana I. Carballal 51 Ilustrísima e a novela española do grupo do 98 Xavier Carro 71 Xoguetes para un tempo prohibido, unha novela clave na narrativa casariana Xosé M. Dasilva 103 Carlos Casares como autotradutor. Deus sentado nun sillón azul en castelán Manuel Forcadela 125 Novela e política en Galicia de 1968 á fin de século: ficción e ideoloxía en Carlos Casares Arcadio López-Casanova 151 Tempo de procura. Carlos Casares en Compostela Carmen Mejía Ruiz 165 Imaxinación e memoria en Deus sentado nun sillón azul (1996) María Xesús Nogueira Pereira 177 Contra a traxedia da esencia humana. A lectura de Cunqueiro por Carlos Casares Eva Ocampo 189 Teoría e técnica nos relatos de Vento ferido Montse Pena Presas 199 Carlos Casares, tradutor diverso e editor entregado de literatura infantil e xuvenil Olivia Rodríguez González 213 Carlos Casares e a Xeración Nós Xosé Luís Sánchez Ferraces 239 Os mortos daquel verán vinte anos despois da súa publicación Presentación Camiño Noia Olivia Rodríguez Dolores Vilavedra En decembro de 2007 celebrouse en Ourense, vila literaria por definición, o Simposio In- ternacional Carlos Casares, pasados xa cinco anos do seu pasamento, que non fixeran máis que pór claramente de manifesto o valor da súa obra literaria e a singularidade da súa persoanalidade humana e intelectual. O obxectivo da Fundación ao promover dito evento, e do Comité Organizador formado polas asinantes, profesoras das tres universidades ga- legas, era pular o estudo das diversas facetas da obra casariana, do seu labor intelectual e da súa actividade na esfera pública galega ao longo de varias décadas. Así, ao relanzarmos o interese do ámbito académico internacional pola súa figura e a súa obra aspirabamos a, por unha banda, profundizar no coñecemento de determinados aspectos de ambas as dúas dimensións e, por outra, a suscitar o debate daquelas cuestións que máis o precisasen. O programa do Simposio tentou reflectir a polifacecia casariana. Naturalmente, o pro- tagonismo correspondeulle á súa obra literaria e, dentro desta, á súa produción narrativa, á que se lle dedicou unha mesa redonda na que participaron os profesores Xavier Carro (Universidade de Alacant) e Carmen Mejía (Universidade de Madrid), e varias comunica- cións centradas nalgunhas das súas obras máis importantes, como as dos profesores da Universidade de Vigo Xosé Luís Sánchez Ferraces (que debullou Os mortos daquel verán) e Luísa Blanco (dedicada a O sol do verán); a de Eva Ocampo, que analizou os relatos de Vento ferido, ou a de Ana I. Carballal, da Universidade de Nebraska, que nos ofreceu novos parámetros de interpretación de Ilustrísima. O Casares xornalista non podía estar ausente do noso programa, e foron Iago Martínez e Xosé A. Neira Cruz os que nos achegaron a esa faceta mentres que outras menos coñecidas como as de tradutor ou creador e promotor de literatura infantil e xuvenil foron obxecto dalgunhas achegas verdadeiramente escla- recedoras: Xosé M. Dasilva centrouse no Carlos Casares tradutor de si mesmo, mentres que Blanca-Ana Roig trazou na súa conferencia un exhaustivo percorrido polas obras de Casares dedicadas aos máis novos, e Montserrat Pena analizou as súas estratexias pio- neiras como editor nese ámbito. Pola súa banda, Arcadio López-Casanova evocou maxis- tralmente a vida do escritor na súa etapa compostelá, un tempo de procura que ambos compartiron, e Manuel Forcadela diseccionou a relación entre ficción e ideoloxía na obra de Casares contextualizándoa no que nese mesmo plano estaba a suceder na narrativa ga- lega das últimas décadas do século XX. Olivia Rodríguez conferenciou sobre un tema tan fundamental como é o da relación de Casares coa Xeración Nós e, finalmente, a amplitude de lecturas do escritor ficou de manifesto nas achegas de Teresa Bermúdez, centradas na narrativa europea do seu tempo, e de María Xesús Nogueira, dedicada a Cunqueiro. No ámbito das actividades non académicas, o Simposio promoveu unha lectura dra- matizada, ao coidado desa extraordinaria actriz que é Mabel Rivera, dunha selección de textos de O sol do verán. A velada, celebrada nun dos salóns do Liceo, foi un dos actos máis emotivos do programa. Tamén no Liceo, e no marco do programa de actividades do Sim- posio, a Editorial Galaxia presentou neses días varios tomos de Á marxe, un proxecto en varios volumes cos que pouco a pouco se vai avanzando na compilación da obra xornalística completa de Casares. Co afán de homenaxear ao escritor, e tamén de ampliar a difusión das contribucións pre- sentadas e debatidas no Simposio, unha selección destas foi publicada no Anuario de Estudos Literarios Galegos 2007. Poñendo arestora todos os textos que finalmente puidemos arrecadar á libre disposición dos interesados na web da Fundación, cremos estar a dar un paso adiante fundamental na consecución dos obxectivos que nos fixaramos ao organizar o Simposio. Como ramo destas liñas, fique constancia da nosa gratitude ás diversas institucións que fixeron posible o desenvolvemento do Simposio, nomeadamente á Universidade de Vigo, pola cesións dos espazos no campus de Ourense onde se desenvolveron as sesións de tra- ballo; e ao Liceo de Ourense, o outro fogar do escritor na cidade, que acolleu varias das conferencias plenarias e a lectura dramatizada. E por suposto, a Marcos Valcárcel, o noso guía no saudoso roteiro literario casariano que clausurou o Simposio, mestre e animador infatigable, sempre xeneroso para coa Fundación e coa lembranza de Casares. 10 Ecos e lecturas da narrativa europea contemporánea na obra de Carlos Casares María Teresa Bermúdez Montes Universidade de Vigo Neste traballo ocuparémonos das dúas primeiras obras de Carlos Casares, aquelas que inauguran a súa carreira literaria, a colección de contos Vento fe- rido e a novela Cambio en tres. Ambas foron redactadas e publicadas durante a etapa franquista, nunha época de represión e censura e, como contestación contra iso, de resistencia cultural galeguista. Ambas obras están consideradas unanimemente pola crítica como portadoras de valores de innovación. En relación con estas dúas obras, cómpre poñer de manifesto que Casares rexeitou en repetidas ocasións a súa adscrición a movemento ningún no ámbi- to da literatura galega. E foi máis alá no cuestionamento dunha nova narrativa ao negar a vinculación dunha atmosfera de influencias compartidas por mem- bros de xeracións próximas (Casares 1974-2000: 125). A opresión, a violencia, o alleamento, o absurdo son temas presentes en Vento ferido e en Cambio en tres, e para Casares débense máis á súa vivencia persoal e á súa óptica parti- cular que a un espírito da época. Di: “Eu vivín nese ambiente de violencia e repugnábame. [...] Eu tiña un instinto contra isto, e supoño que de aí vén unha parte da miña literatura, dese desprezo cara ao dogmatismo” (Bermúdez 2002: María Teresa Bermúdez Montes CXIII). En todo caso, resulta cando menos paradoxal que se insista en colocar a Casares baixo unha etiqueta (“nova narrativa galega”) coa que el mesmo non se identificaba. 1. A literatura na Europa da época Perante o desolador panorama político e cultural da posguerra, non é de estrañar que os autores da Península orientasen as súas olladas á produción literaria estranxeira, e fundamentalmente a europea ou norteamericana. No interior do Estado español, a literatura, como a cultura, a política e a activi- dade pública en xeral, sobrevivía nunha penuria absoluta, presa da censura, da escaseza de libros e da dificultade de acceso a eles (Asensio 1997: 10-11). A isto súmase que as traducións chegaban con dificultades, sometidas tamén ao férreo control censorial. Debíanse adoito a editoriais iberoamericanas (capitaneadas pola bonaerense Losada, logo aliada da barcelonesa Alianza) e soían resultar caras. Neste ambiente, interesou moito a literatura italiana no contexto da Pe- nínsula. Galicia non foi unha excepción, aínda que as olladas se inclinaban máis cara ás letras francesas e norteamericanas. A técnica predominante na literatura italiana foi o obxectivismo (isto é, a técnica “behaviorista”), pro- cedente do xornalismo e de raíz norteamericana, logo adaptado á realidade italiana. Considérase, así, que “de feito, a literatura neorrealista —así como algúns documentos cinematográficos— intentou suplir unha prensa que non reflectía a realidade do momento; isto tamén será válido para España” (Asen- sio 1997: 45). Dado o éxito do realismo obxectivista en Italia, algúns propuxé- ronse adoptar o modelo, fundamentalmente “para encamiñar a denuncia que se impuxeron comunicar os novelistas fronte aos problemas sociais” (Asensio 1997: 45). A medida que se coñecían os textos dos narradores italianos, fóron- se atopando aspectos comúns entre a situación social da Italia dos anos trinta e a provocada pola ditadura franquista, co matiz de maior gravidade e dureza no caso do Estado español. De aí a asimilación da experiencia italiana no ámbito peninsular, que se debeu en parte a esas coincidencias históricas e circunstan- ciais (Asensio 1997: 48). 12 Ecos e lecturas da narrativa europea contemporánea na obra de Carlos Casares Entre os autores italianos, os máis admirados foron Cesare Pavese1, Vasco Pratolini2 e Elio Vittorini3. Pavese escribiu sobre a actividade clandestina e a guerra partisana así como sobre a sociedade burguesa de posguerra, sempre con ollada profunda e crítica. Por outra banda, a penetración destes autores italianos (tradicionalmen- te relacionados co neorrealismo4) supuxo ademais o reforzamento da pegada da literatura anglosaxona, e nomeadamente norteamericana, pois tanto Pave- se como Pratolini e Vittorini mostraron un vivo interese por ela.