Memoria Do Avance Do Plan Especial De Dotación E Infraestructuras As Costeiras (Pe-4) Do Pxom De Baiona
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
MEMORIA DO AVANCE DO PLAN ESPECIAL DE DOTACIÓN E INFRAESTRUCTURAS AS COSTEIRAS (PE-4) DO PXOM DE BAIONA EQUIPO REDACTOR: JOSÉ LUQUE VALDIVIA, PEDRO GONZALEZ SOUTO, IZASKUN ASEGUINOLAZA BRAGA, CARLOS DÍAZ DELGADO, NUÑO MARDONES FERNÁNDEZ DE VALDERRAMA, ARQUITECTOS ASISTENCIA AMBIENTAL: JON ASEGUINOLAZA BRAGA, BIÓLOGO-PAISAXISTA ÍNDICE 1. OBXECTO E ÁMBITO DO PLAN ESPECIAL 3 2. CONTEXTO SOCIOECONÓMICO DO ÁMBITO 3 2.1 POBOACIÓN DA RÍA DE VIGO, ESPECIALMENTE DE BAIONA-NIGRÁN-GONDOMAR 3 2.2 PAPEL DESEMPEÑADO POLO TURISMO 4 3. AFECCIÓNS URBANÍSTICAS E TERRITORIAIS 6 3.1 DIRECTRICES DE ORDENACIÓN TERRITORIAL (DOT) 6 3.2 PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL 6 3.3 PXOM DE BAIONA 6 3.4 PLAN DE ORDENACIÓN DO MONTE VECIÑAL 8 3.5 LEI DE AUGAS 8 3.6 LEI DE ESTRADAS 8 4. PROGRAMA DO EQUIPAMENTO PREVISTO 9 4.1 ANÁLISE XERAL DAS DOTACIÓNS DEPORTIVAS E RECREATIVAS DA ÁREA DE INFLUENCIA 9 A) Pistas deportivas 9 B) Piscina recreativa cuberta ou descuberta 9 C) Actividades ecuestres 9 D) Curros (Rapa das Bestas) 10 E) Deportes Aéreos 10 F) Rutas sendeirismo e ciclismo 10 4.2 ANÁLISE DOS CAMPOS DE GOLF EXISTENTES NA ÁREA 11 4.3 IDENTIFICACIÓN DO PROGRAMA 12 5. POTENCIALIDADE DO ÁMBITO PARA AS DOTACIÓNS PREVISTAS 14 5.1 APTITUDE DAS DISTINTAS ZONAS 14 5.2 NECESIDADES HÍDRICAS Y ENERXÉTICAS, E A SÚA RESOLUCIÓN 15 A) Abastecemento de auga 15 B) Saneamento 16 C) Enerxía eléctrica 16 6. AVANCE NORMATIVO 16 6.1 ALTERNATIVAS E ZONIFICACIÓN 16 A) Descripción, ventaxas e inconvintes das alternativas estudadas 17 B) Alternativa 1 17 C) Alternativa 2 18 D) Alternativa 3 19 MEMORIA DO PLAN ESPECIAL AS COSTEIRAS - 1 ÍNDICE E) Opción elexida e o seu posible desenrolo 19 6.2 ÁREAS PAISAXÍSTICAS 19 6.3 AVANCE DAS CONDICIÓNS DE USO, OCUPACIÓN E CONSTRUCCIÓN EN CADA UNHA DAS ZONAS E ÁREAS PAISAXÍSTICAS 20 MEMORIA DO PLAN ESPECIAL AS COSTEIRAS - 2 ÍNDICE 1. OBXECTO E ÁMBITO DO PLAN ESPECIAL De acordo co establecido no Artigo 269 do PXOM de Baiona (o Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas das Costeiras (PE-4), en adiante PE de As Costeiras), o PE As Costeiras ten como obxecto "desenvolver unha área deportiva extensiva compatible con valores naturais de ámbito ordenado". Atendendo o seu obxecto será de aplicación o establecido no Artigo 71 da Lei 9/2002, do 30 de decembro de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia no que se determina a finalidade e documentación dos plans especiais de infraestruturas e dotacións. 2. O Artigo 86 da citada lei establece a tramitación que debe seguir a elaboración e aprobación de estes plans, e no apartado 86.1.g) a tramitación relativa a súa avaliación ambiental estratéxica. 3. O Ámbito do Plan Especial de As Costeiras queda definido na documentación gráfica do PXOM: plano nº 0.2.05 (escala 1:5.000) y nº 0.5.05 de Estrutura xeral e Orgánica do Territorio (ambos de escala 1:5.000). 4. A documentación gráfica do plano reflexa esta delimitación en escala 1:2.500, tendo en conta o amolloamento realizado pola Comunidade do Monte Veciñal de Baredo, no seu límite co termo municipal de Oia; e os elementos físicos: estrada e camiños que limitan o ámbito. 2. CONTEXTO SOCIOECONÓMICO DO ÁMBITO 2.1 POBOACIÓN DA RÍA DE VIGO, ESPECIALMENTE DE BAIONA-NIGRÁN-GONDOMAR Considerando o carácter do equipamento que se formula en As Costeiras, resulta oportuno analizar o medio socioeconómico da bisbarra na que se encontra emprazado, e non exclusivamente o medio humano de Baiona. Neste sentido parece axeitado tomar como campo de estudo a área urbana que as Directrices de Ordenación Territorial de Galicia identifican dentro da Rexión urbana das Rias Baixas: trátase do tramo formado polos municipios de Redondela, Vigo, Nigrán e Baiona. A poboación total desta área no último censo de 2011 é de 355.380 habitantes, dos que o 295.623 corresponden a Vigo (o 83,18% do total), e 11.940 a Baiona (o 3,33%). A poboación da área urbana mantivo un ritmo ascendente nos últimos decenios, aumentado aínda máis entre 2001 e 2011. incremento incremento 1991 2001 2011 1991-2001 2001-11 Baiona 10.122 10.931 7,99% 11.940 9,23% Nigrán 14.182 16.110 13,59% 18.870 10,92% Gondomar 10.551 11.631 10,24% 13.973 20,14% Redondela 28.014 29.003 3,53% 29.947 3,25% Vigo 276.109 280.186 1,48% 295.623 5,51% Total área urbana 328.426 336.230 2,38% 355.380 5,70% As cifras mostran por unha parte, o alto crecemento de Nigrán, posiblemente por absorber parte da demanda residencial de Vigo; e por outra, o ritmo sostido e crecente do aumento de poboación de Baiona. MEMORIA DO PLAN ESPECIAL AS COSTEIRAS - 3 O modo no que a poboación activa se distribúe na área entre os distintos sectores económicos é tamén significativa, apuntando o papel que desempeña o turismo na zona Sector Baiona Nigrán Gondomar Redondela Vigo Agricultura e pesca 3,45% 2,13% 2,11% 3,39% 0,79% Industria 15,71% 17,34% 17,90% 20,83% 16,35% Construción 7,00% 8,02% 23,98% 7,42% 4,43% Servizos 73,84% 72,51% 56,01% 68,36% 78,43% 2.2 PAPEL DESEMPEÑADO POLO TURISMO Unha orientación de acordo co impacto que pode producir o equipamento deportivo que se formula en As Costeiras sobre a actividade económica da área, virá de comprobar que peso supón nesta área e en cada un dos municipios do sector turístico. O Anuario Económico de España 2014, preparado por La Caixa, proporciona uns datos que inclúen xunto coa poboación e extensión, o número de actividades restauración e bares, o índice turístico e o índice de actividade económica. Actividades Índice Poboación Extensión Municipio restauración e Índice turístico actividade 2012 (km2) bares económica Baiona 12.063 34 98 22 11 Nigrán 17.840 35 92 10 14 Gondomar 13.954 75 47 1 13 Vigo 297.355 109 1.960 328 674 Redondela 30.015 52 156 3 28 Total 357.273 230 2.306 363 727 MEMORIA DO PLAN ESPECIAL AS COSTEIRAS - 4 A comparación do índice turístico co de actividade económica, permite comprobar o peso relativo que ten o turismo en cada un dos municipios da área urbana estudada. Ademais, para comparar este peso turístico coa media nacional, débense poñer en relación eses índices coa poboación correspondente; obtense así un índice relativo: Índice relativo da actividade turística = 1.000 X Índice turístico / poboación Na seguinte táboa reflíctense estes índices en cada un dos municipios da área urbana, e a súa comparación coa media nacional. Índice turístico / Índice Índice relativo da actividade Ámbito económico turística Baiona 2,00 1,82 Nigrán 0,71 0,56 Gondomar 0,08 0,07 Vigo 0,49 1,10 Redondela 0,11 0,10 Total área urbana 0,50 1,02 España 1,00 2,05 Deste conxunto de datos conclúese: a) Que Baiona é o municipio no que o turismo ten proporcionalmente un maior peso na área urbana estudada, seguido de Nigrán e Vigo. Ese peso relativo do turismo respecto ao conxunto da actividade económica dobra á media nacional, e cuadriplica a media da área estudada.. b) Ó mesmo tempo, compróbase que, poñendo en relación o índice turístico coa poboación, Baiona continúa situándose por diante dos demais municipios da área urbana, pero por debaixo da media nacional, o que supón que o turismo é un campo no que Baiona pode aínda avanzar considerablemente. MEMORIA DO PLAN ESPECIAL AS COSTEIRAS - 5 3. AFECCIÓNS URBANÍSTICAS E TERRITORIAIS 3.1 DIRECTRICES DE ORDENACIÓN TERRITORIAL (DOT) As Directrices para as Planificacións Rexionais foron aprobadas polo Decreto 19/2011, do 10 de febreiro. No que respecta ao Sistema de Liquidación, o DOT inclúe Baiona na rexión urbana das Rías Baixas. Nesta rexión urbana identifica catro seccións, a máis meridional é limitada por Vigo coa súa desembocadura en Baiona. O conxunto DOT (parágrafo 2.1.4) criterios e directrices básicas para a formulación do Plan de Integración Territorial da rexión urbana. Ademais, segundo 2.1.5 e 2.1.6, mentres o PTI non é desenvolto, os obxectivos do DOT deben considerarse determinacións exclusivas para o plan municipal, que tamén debe ter en consideración as relacións comerciais, residenciais e servizos entre asentamentos que fan cada área. Neste sentido, a súa relación coas competencias no ámbito do Plan Especial quere salientar os seguintes obxectivos: a) Para orientar a localización de novas instalacións ou servizos de rango do conxunto de rexión urbana en lugares que ofrecen accesibilidade adecuada das cidades centrais e das áreas de influencia supramunicipal. b) Analizar o grao de dotación de espazos urbanos para a rexión urbana destinados o desfrute social da poboación, e prever as reservas de solo necesarias, para que os instrumentos do plan urbanístico municipal materialicen a súa obtención e execución. c) Determinar as áreas ou elementos que, polos seus valores e funcións ambientais (incluíndo os culturais), deban ser protexidos, garantindo a correcta integración nas áreas estratéxicas globais de conservación e en todos os ámbitos de interese do patrimonio cultura. Formentarase a formación de corredores ecolóxicos e indicarase a atención sobre áreas naturais, zonas costeiras e elementos do patrimonio cultural. Aínda que estes criterios xa foron atendidos polo PXOM a través das determinacións xerais, estes criterios deben ser considerados nas determinacións propias da ordenación detallada que e confiada ao Plan Especial. 3.2 PLAN DE ORDENACIÓN DEL LITORAL Polo Decreto 20/2011, de 10 de febreiro, foi aprobado o Plan de Ordenación do Litoral; producidos e procesados en paralelo co DOT, as súas determinacións son de especial interese no Plan Especial As Costeiras.