A COMUNICACIÓN LITERARIA Autoras

Total Page:16

File Type:pdf, Size:1020Kb

A COMUNICACIÓN LITERARIA Autoras 3 COMUNICACIÓN A COMUNICACIÓN LITERARIA Autoras: Rosa María Cazón Fernández María Jesús Fernández Fernández Pilar Ponte Patiño Mª Soledad Puente de Montoya Revisión Lingüística: Roxelio Xabier García Romero Pilar Ponte Patiño Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Educación Secundaria a Distancia para Persoas Adultas Depósito legal: C. 648/2000 ISBN: 84-453-2581-7 ISBN: 84-453-2759-3 INTRODUCCIÓN A COMUNICACIÓN LITERARIA A Palabra A realidá esiste porque esiste a palabra. Si non sabes decir longa é a noite tampouco saberás que esiste a alba. Para ser libre o home ten que saber decir creo na espranza. Celso Emilio Ferreiro.Onde o mundo se chama Celanova. A lingua, esa capacidade de expresármonos por medio de símbolos, é sen dúbida a característica que mellor nos define e diferencia ós seres humanos. Como individuos sociais que precisamos vivir en comunidade, os humanos usamos a lingua para comunicármonos entre nós, e non só para contar cómo as cousas son ou cómo foron, tamén para imaxinar cómo poderían ter sido, e cáles son os sentimentos, desexos ou temores que nos suscitan. Pero ademais os seres humanos temos necesidade de beleza, de recrear a realidade e producir arte. Así o son se converte en Música, o movemento en Danza, a pedra en Escultura, as cores en Pintura... e a palabra en Literatura. Ó longo dos séculos de historia da humanidade, mesmo antes da aparición da escrita, os homes e as mulleres gozan co poder suxeridor da palabra, co pracer estético que produce crear utilizando a lingua como materia artística e sendo receptores das creacións doutros. Este libro pretende ser unha axuda para incrementar o interese e o goce persoal que proporciona a comunicación literaria mediante o coñecemento das súas peculiaridades e recursos e o achegamento ás obras literarias, ós seus autores e á época histórica na que foron escritas. O mesmo ca nos cuadrimestres anteriores, o libro está distribuído en catro unidades, unha por mes. Cada unha destas unidades consta de dúas partes denominadas respectivamente Comunicación Literaria e A Literatura Galega. No apartado de Comunicación Literaria fálase das características e recursos da lingua literaria, coméntanse textos de autores e autoras que serven de exemplos, e fanse propostas para a utilización destes recursos na creación de composicións propias. Na parte titulada A Literatura Galega lévase a cabo un achegamento á historia da obra literaria galega desde as súas orixes ata a actualidade, enmarcándoa no contexto sociocultural de cada época e salientando a vida e obra daqueles autores e autoras sobranceiros. Tamén se propón a lectura comentada de textos literarios que se consideran representativos. Como complemento deste módulo contas cun caderno anexo no que se recolle unha Escolma de textos para que goces coa súa lectura. É moi importante que teñas en conta que todos os textos literarios que figuran neste libro están reproducidos respectando na medida do posible a maneira como foron escritos polos seus autores e autoras, por esta razón atoparás neles con frecuencia solucións ortográficas, morfolóxicas e léxicas que non se corresponden coas que hoxe estipula a Normativa vixente de uso da lingua que, como sabes, foi acordada no ano 1982 e modificada no ano 1995. Igual que nos módulos anteriores, este libro está previsto que sexa material suficiente para axudarte a acadar os obxectivos de aprendizaxe que aparecen expresados ó comezo de cada unidade. Nas súas páxinas, ademais de información sobre os Contidos específicos, atoparás propostas de actividades que te axudarán a reflexionar e a aplicar os coñecementos adquiridos e a levar autocontrol do proceso de aprendizaxe. Ó remate do libro figura unha Clave de corrección que che permitirá saber se as túas respostas son correctas. Dependendo do tipo de actividade as respostas que aparecen nesta clave terán nuns casos carácter pechado, como única posible solución, outras veces as solucións poden ser múltiples e a que se che ofrece ten unicamente valor orientativo. Con frecuencia as actividades fan propostas de creacións persoais, nestes casos, e sempre que teñas necesidade de axuda, poderás contar co apoio do teu profesor ou profesora. O obxectivo fundamental do que partimos para a elaboración deste libro é o de fomentar o interese e o gusto pola Literatura. Agardamos que sexa un instrumento ameno e eficaz que facilite a consecución deste obxectivo. 3 ÍNDICE Páxina UNIDADE 1 . 10 A COMUNICACIÓN LITERARIA . 13 y Características da comunicación literaria . 13 y A mensaxe literaria no marco da comunicación . 15 y Formas de organizar e presentar a mensaxe literaria: os xéneros literarios . 16 - Xéneros clásicos: . 17 O xénero lírico . 17 O xénero narrativo (a novela, a novela curta e o conto). 17 O xénero teatral (a traxedia, a comedia e o drama) . 18 - Xéneros modernos: . 18 O ensaio. 18 A crítica literaria . 19 O xornalismo . 19 - Xéneros mixtos: . 19 O cómic . 19 O cine . 19 A televisión . 19 y O xénero lírico. 19 y Características do xénero lírico. 24 y Recursos literarios propios da linguaxe poética. As figuras retóricas . 24 - Recursos fonéticos. 25 Aliteración . 25 Onomatopea . 25 Paranomasia . 25 Similicadencia . 26 - Recursos semánticos . 28 Comparación . 28 Metáfora . 29 Antítese . 29 Metonimia . 30 Sinestesia . 30 Personificación . 30 Hipérbole . 31 Alegoría . 31 Ironía . 32 - Recursos morfosintácticos . 36 Enumeración de substantivos . 37 Anáfora. 37 Asíndeto . 38 Polisíndeto . 38 Concatenación . 38 Hipérbato . 38 Paralelismo . 39 4 Páxina A LITERATURA GALEGA. 46 y Etapas históricas da literatura galega . 46 - A Idade Media . 47 - Os Séculos Escuros . 47 - O Rexurdimento . 47 - O Século XX . 48 y A literatura galega no século XIX. Precursores e Rexurdimento . 50 - Contexto histórico. 50 - Rosalía de Castro . 53 A súa vida . 53 A súa obra . 54 Cantares Gallegos (1863) . 54 Follas Novas (1880) . 56 Obra galega en prosa . 56 A lingua. 57 - Eduardo Pondal . 61 A súa vida . 61 A súa obra . 62 A poesía cívica . 62 A poesía lírica . 63 A lingua. 63 - Manuel Curros Enríquez. ..
Recommended publications
  • Vida Oficial Da RAG
    V Vida oficial da RAG A ACADEMIA NA ACTUALIDADE CRÓNICA DA ACADEMIA (2016) Boletín da Real Academia Galega Núm. 377, pp. 403-406 © 2016. Real Academia Galega ISSN: 1576-8767 A ACADEMIA NA ACTUALIDADE (ANO 2016) Dende o 20 de abril de 2013, a Comisión Executiva da RAG está formada polos seguintes membros: • Presidente: D. Xesús Alonso Montero • Secretario: D. Xosé Henrique Monteagudo Romero • Vicesecretario: D. Andrés Torres Queiruga • Arquiveira-Bibliotecaria: D.ª Margarita Ledo Andión • Tesoureira: D.ª Rosario Álvarez Blanco Relación dos actuais académicos numerarios 1. Excmo. Sr. D. Andrés Torres Queiruga. Ingreso: 20 de xuño de 1980. 2. Excmo. Sr. D. Manuel González González. Ingreso: 7 de febreiro de 1992. 3. Excmo. Sr. D. Salvador García-Bodaño Zunzunegui. Ingreso: 25 de novembro de 1992. 4. Excmo. Sr. D. Xesús Alonso Montero. Ingreso: 30 de outubro de 1993. 5. Excmo. Sr. D. Xesús Ferro Ruibal. Ingreso: 4 de maio de 1996. 6. Excma. Sra. D.ª Luz Pozo Garza. Ingreso: 29 de novembro de 1996. 7. Excmo. Sr. D. Xosé Ramón Barreiro Fernández. Ingreso: 14 de febreiro de 1997. 8. Excmo. Sr. D. Xosé Luís Franco Grande. Ingreso: 3 de xullo de 1998. 9. Excmo. Sr. D. Antón Santamarina Fernández. Ingreso: 24 de outubro de 1998. 10. Excmo. Sr. D. Ramón Lorenzo Vázquez. Ingreso: 7 de maio de 1999. 11. Excmo. Sr. D. Andrés Fernández-Albalat Lois. Ingreso: 28 de maio de 1999. 12. Excmo. Sr. D. Francisco Fernández Rei. Ingreso: 25 de setembro de 1999. 13. Excma. Sra. D.ª Xohana Torres Fernández. Ingreso: 27 de outubro de 2001.
    [Show full text]
  • Letras Galegas 12
    Biblioteca de la Diputación de A Coruña Cando ti volvas... Bebeteca NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA, LETRAS GALEGAS 2012 que dende a Torre de Hércules ao Miño un facho acenderá por cada illa, cando ti volvas polo mare; de toxo unha fogueira en cada monte; cando ti volvas polo mare; dos castros na coroa unha cachela, cando ti volvas polo mare; unha loura candea en cada pino, cando ti volvas polo mare; o seu cirio de frouma os alciprestes, cando ti volvas polo mare; luces de ardora branca en cada mastro, cando ti volvas polo mare; un farol mariñeiro en cada dorna, cando ti volvas polo mare; veliñas á xanela en cada casa, cando ti volvas polo mare; e as pérolas das bágoas derramadas, cando ti chegues polo mare; cando ti chegues polo mare... Valentín Paz Andrade (1898 –1987) (Pranto matricial , Valentín Paz Andrade) ¿Quen foi homenaxeado? Rosalía de Castro (1963), Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón Paz, Curros Enríquez, López Cuevillas, Antonio Noriega Varela, Valladares Núñez, Gonzalo López Abente, Valentín Lamas Carvajal, Manuel Lago O Plenario da Real Academia Galega, reunido en González, Viqueira Cortón, Manuel Pintos Villar, Ramón sesión ordinaria o día 4 de xuño de 2011, acordou Cabanillas, Antón Vilar Ponte, Antonio López Ferreiro, dedicar o Día das Letras Galegas de 2012 ao xurista, Manuel Antonio, Alfonso X O Sabio, Vicente Risco, Luis xornalista, académico, conferenciante, político, poeta, Amado Carballo, Manuel Leiras Pulpeiro, Cotarelo ensaísta e empresario Valentín Paz Andrade Valledor, Antón Losada Diéguez, Aquilino Iglesia (Pontevedra, 1898 - Vigo, 1987). Alvariño, Francisca H. Garrido, Ramón Otero Pedrayo, A RAG, na que ingresou en 1978, destacou “o seu Celso Emilio Ferreiro, Luis Pimentel, Álvaro Cunqueiro, compromiso co país” plasmado tanto no ámbito político, Fermín Bouza-Brey, Blanco-Amor, Luis Seoane, Rafael empresarial como literario.
    [Show full text]
  • Valentín Paz Andrade
    VALENTÍN PAZ-ANDRADE Unha vida longa, polifacética sempre con Galicia Son Valentín Paz Andrade e neste ano recórdaseme porque vivín por e para a miña TERRA, para esta nosa Galicia que tanto nos necesitaba, tanto como precisa agora de vós, dos galegos de corazón, neste escuro presente. marcou un fito na prensa galega: un Nacín no Lérez, en Pontevedra, a pa- xornal independente, galeguista e mo- rroquia que acolle os meus restos, can- derno que foron asfixiando economi- do faltaban dous anos para acabar o camente ata facelo desaparecer cando século XIX e non debeu ser casual levaba 4 anos de vida. Eu non descan- que fose no Día do Libro, porque den- saba, traballo e traballo: como avoga- de sempre as letras foron a miña pai- do, “sempre fun un namorado da to- xón. Fun moi feliz ata os oito anos co- ga”, como xornalista e como político, as miñas irmás e meus país, pero Ma- por iso non é de estrañar que sufrira un tilde, a miña amadísima nai, deixounos primeiro atentado, o 3 de xaneiro de orfos, sos, envoltos nunha aceda som- 1932 en Vigo. Pero recupereime e se- bra de tristura, nun baleiro que xa ía guín na loita intensa neses anos de ilu- permanecer para sempre. Os meus pri- 2012 LETRAS GALEGAS sión. Mais logo de plebiscitarse o Es- meiros Mestres e guías foron miña tía tatuto, a ledicia converteuse en angus- Dolores Cimadevila e o meu adorado tia, terror e desolación coa chegada de tío, Xoán Bautista, co que me adentrei xullo de 1936: compañeiros e amigos no xornalismo, ao que dediquei moitas nas cunetas, medo, fuxidas nas que das horas da miña vida.
    [Show full text]
  • A Derrota Do Scórpio. Un Paseo Por Santiago Con Ricardo Carvalho
    A DERROTA DO SCÓRPIO Un paseo por Santiago con Ricardo Carvalho Calero A DERROTA DO SCÓRPIO Un paseo por Santiago con Ricardo Carvalho Calero No ano 2020 dedícase o Día das Letras Galegas a Ricardo Presentación Carvalho Calero, ferrolán de gran compostelanidade, e o Con- cello de Santiago quere renderlle homenaxe coa publicación deste breve itinerario comentado. Os paseos pola nosa cidade formaban parte da súa vida. Desde a mocidade, cando ía pasear pola Ferradura ou pola rúa do Vilar ao saír do Seminario de Estudos Galegos, até os seus últimos anos, cando realizaba o traxecto diario entre a Carrei- ra do Conde e a antiga Facultade de Filoloxía. Serve este for- mato para pór en relación a súa vida e a súa obra con Santiago de Compostela dun xeito participante e ameno. Moito se ten escrito e dito xa sobre Carvalho Calero. Nes- ta ocasión quérese dar voz tanto ás personaxes da súa obra Scórpio, que transcorre parcialmente en Santiago, como a el mesmo, recollendo declaracións súas publicadas en diversos libros de conversas. Este percorrido ofrece datos, pero non todos, mostra portas, que non sempre abren, mais tamén abre xanelas. Trátase, en fin, dun conxunto de pistas que nos inciten a coñecer mellor o autor e a nosa cidade. Este percorrido pode lerse tanto desde a perspectiva de pasearmos Santiago da man de Carvalho, como á inversa, como un paseo por Carvalho da man de Santiago. Por tanto, incitamos á lectura desta pequena homenaxe en calquera das (des)ordes posíbeis. Sempre baixo o auspicio do Escorpión. Edita: Concello de Santiago de Compostela Praza do Obradoiro, Pazo de Raxoi, 1 5705 Santiago (A Coruña) Depósito legal: C 2469-2019 Producido en Compostela Coordinación da publicación: MAOS Innovación Social, S.
    [Show full text]
  • A Voz En Espiral Datos Para Unha Análise Da Primeira
    A VOZ EN ESPIRAL DATOS PARA UNHA ANÁLISE DA PRIMEIRA DÉCADA (1991-2001) DE EDICIÓNS ESPIRAL MAIOR Teresa Seara No ano 2001 a editorial Espiral Maior cumpría a súa primeira década de vida e, celebrando este feito, xa de por si relevante, analízase o papel xogado por ela nestes anos, a súa consolidación no mercado, a traxectoria ascendente da súa oferta así como a acollida crítica da propia empresa e das obras por ela editadas. Malia a vinculación inicial exclusiva co xénero poético (do cal acada o meirande catálogo editorial da nosa historia literaria), a diversificación da súa oferta permite un percorrido polas distintas coleccións que foron vendo a luz co anagrama do selo e que, para unha maior clareza, se engloban cos epígrafes de poesía (“Poesía”, “A Illa Verde”, “Alba Longa”, “Auliga” e “Opera Omnia”), ensaio e estudio (“Ensaio”, “Didáctica”, “Novo Prelo”, “Historia e documentos”), “Narrativa” e outras coleccións (“Imaxes no tempo”, “Visual”, fóra de colección e edicións especiais). O artigo complétase co catálogo de obras publicadas entre 1991 e 2001onde se percibe o avance dinámico na edición e o movemento ascendente dunha voz en espiral. “Parecia que todos os campos quedaban cubertos no panorama editorial, cando a notícia faciase libro de man dun dos nosos máis importantes poetas de hoxe, o chairego Miguel Anxo Fernán Vello. Tomando o referente de Paul Klee (“A espiral é a forma máis pura do movimento”), a editora fai seu un nome que en palabras do seu fundador “fai referéncia no caso da espiral a un símbolo de importante tradición na nosa cultura e no de maior a un carácter de nocturnidade, movimento e transparéncia.” (X.
    [Show full text]
  • Día Das Letras Galegas 2012
    qwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfgh jklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiop asdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertLETRAS GALEGAS 2012 50 ANOS celebrando o Día das Letras Galegas yuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnm 17/05/2012 qwertyuiopasdfghjklzxcBibliotecavbnmqwertyuiopasdfghjklzxc Intercentros de Lugo vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfgh jklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiop asdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwert yuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnm rtyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklz xcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdf ghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqw ertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvb nmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjkl zxcvbnmrtyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghj klzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopa sdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwerty uiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcv bnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghj klzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopa sdfghjklzxcvbnmrtyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuio LETRAS GALEGAS 2012 ANO HOMENAXEADO/A SIGNATURA TÍTULO 1963 Castro, Rosalía de (1837-1885 ) GAO.LT-V 28 Cantares gallegos 1964 Castelao (1886-1950) GAO.LT-P 142 Sempre en Galiza 1965 Pondal, Eduardo (1835-1917) GAO.LT-V 44 Queixumes dos pinos GAO.L-C 107 Pondal
    [Show full text]
  • IX Xornadas Sobre Lingua E Usos. Lingua E Tradución
    1 2 3 Lingua e Tradución IX Xornadas sobre Lingua e Usos Edición a cargo de Xesús M. Mosquera Carregal A Coruña 2013 Servizo de Normalización Lingüística Servizo de Publicacións Universidade da Coruña 4 Lingua e Tradución. IX Xornadas sobre Lingua e Usos Edición a cargo de Xesús M. Mosquera Carregal A Coruña, 2013 Universidade da Coruña Servizo de Normalización Lingüística, Servizo de Publicacións Entidade colaboradora: Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia Cursos_Congresos_Simposios, núm. 134 292 páxinas 17 x 24 cm. Índice: páxinas 5-6 ISBN: 978-84-9749-557-8 Depósito legal: C 1326 - 2013 Materia: 80: Lingüística, Filoloxía. 806.99: Lingua galega Edición: Xesús M. Mosquera Carregal Servizo de Normalización Lingüística, Servizo de Publicacións http://www.udc.es/snl http://www.udc.es/publicaciones Universidade da Coruña Distribución: Galicia: CONSORCIO EDITORIAL GALEGO. Estrada da Estación 70-A, 36818 A Portela, Redondela (Pontevedra). Tel. 986 405 051. Fax: 986 404 935. Correo electrónico: [email protected] España: BREOGÁN. C/ Lanuza 11, 28022 Madrid. Tel. 917 259 072. Fax: 917 130 631. Correo electrónico: [email protected] http://www.breogan.org Deseño da cuberta: Julia Núñez Calo Imprime: Lugami Artes Gráficas Este volume está ao teu dispor baixo os termos dunha licenza Creative Commons de recoñecemento, non-comercial, sen obras derivadas 3.0 sen adaptar. http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/deed.pt 5 Índice Limiar ................................................................................................................. 7 Presentación do reitor ........................................................................................ 9 Presentación do secretario xeral de Política Lingüística .................................. 13 Presentación da directora do Servizo de Normalización Lingüística ............... 15 Dora Sales Salvador Traducir literaturas transculturais ...............................................................
    [Show full text]
  • “Transfer” XV: 1-2 (2020), Pp. 483-492. ISSN: 1886-554
    “Transfer” XV: 1-2 (2020), pp. 483-492. ISSN: 1886-554 FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Áurea (Universidade de Vigo, UVigo). Reseña del libro: ÁLVAREZ MANEIRO, Gemma & BORRIERO, Gio- vanni. (eds.). (2018). La letteratura galega. Autori e testi. Roma: Carocci editore (col. “Lingue e Letterature Carocci”, 254), 407 págs. En los últimos años diferentes lectores y lectoras de culturas diversas han podido conocer en su propia lengua la singularidad de la literatura gallega accediendo a autores y textos de genera- ciones diferentes en compilaciones dedicadas a la poesía, teatro o/y al género narrativo. Las antologías han sido uno de los recursos más explotados desde una perspectiva crítica e histórica para introducir en otras culturas ―especialmente en lengua inglesa― la producción literaria gallega. Casi la mitad de las anto- logías son recopilaciones seleccionadas desde dentro o/y desde fuera de la propia cultura. Por el número de antologías publicadas tanto de poesía como de narrativa podemos concluir que nuestra literatura despierta un enorme interés fuera de las fronteras administrativas del gallego. Si bien hay que señalar que el valor que le concede la cultura de partida a estas recopilaciones no es el mismo que el que puede manifestar eventualmente el lector o lectora de la cultura receptora. Sobre las antologías traducidas se han pronunciado diferentes investigadores. Para el caso del galle- go hacia el castellano se ha interesado en el tema Luna Alonso (2016: 27), teniendo en cuenta el público destinatario, la editorial y el lugar de publicación. Por ello conviene no perder de vista que tan importante como el público receptor y el traductor/a, resulta esencial saber quién es el iniciador o iniciadora del proyecto para conocer el papel que desempeñan las antologías1 a la hora de introducir o proyectar la literatura, lengua y cultura gallegas en el exterior.
    [Show full text]
  • Letras Galegas 2011. Lois Pereiro Xosé Ramón
    Letras Galegas 2011. Lois Pereiro Xosé Ramón Pena (coordinador) Formas de citación recomendadas 1 | Por referencia a esta publicación electrónica * Pena , X osé Ramón (cooRd .) (2011 [2011] ). “Letras Galegas 2011. Lois Pereiro”. Vigo: Faro de Vigo, suplemento “Faro da cultura”, 17 de maio. Reedición en poesiagalega.org . Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura . <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1235>. 2 | Por referencia á publicación orixinal Pena , X osé Ramón (cooRd .) (2011 ). “Letras Galegas 2011. Lois Pereiro”. Vigo: Faro de Vigo, suplemento “Faro da cultura”, 17 de maio. * Edición dispoñíbel desde o 27 de setembro de 2011 a partir do arquivo en PDF de libre acceso disposto por Faro de Vigo no seu web en maio de 2011. O GAAP e o equipo do proxecto agra - decen a colaboración de autores e editores. © O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou editores orixinais. Nº 373 I MARTES, 17 DE MAIO DE 2011 Coordina: Xosé Ramón Pena Pídeme Xosé Ramón -Moncho- Pena que conte no FA- Ao día seguinte, e na terraza do café Madrid, sempre to:a creación dun Premio Nacional de Poesía –dos de RO DA CULTURA como vivín o primeiro Día das Letras en Lugo,Ánxel Fole acusounos aos participantes no acto Madrid,por suposto– en galego.Formaron parte do xura- Galegas.Intentarei compracelo de contado. das Letras de colaboracionistas.Contesteille coa dureza do Carballo Calero e Alonso Montero. Resultou premia- En 1963 cumpríanse cen anos da publicación de Can- que esixía o seu insulto. do o libro Entre o si e o non ,de Xosé Luís Franco Grande.
    [Show full text]
  • Eventos, Noticias E Recomendacións Culturais De Lugo Xuño 2020 Programa Do 18/06 Ao 24/06
    LUGO - INFORMACIÓN CULTURAL EVENTOS, NOTICIAS E RECOMENDACIÓNS CULTURAIS DE LUGO XUÑO 2020 PROGRAMA DO 18/06 AO 24/06 CONCELLO DE LUGO Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua LUGO - INFORMACIÓN CULTURAL EVENTOS, NOTICIAS E CONCELLO DE LUGO Concellería de Cultura, RECOMENDACIÓNS CULTURAIS Turismo e Promoción DE LUGO da Lingua XUÑO 2020 | PROGRAMA DO 18/06 AO 24/06 AXENDA MURALLEANDO SEN PARAR VENRES 19 Das 20:30 h. ás 22:00 h. • HOLY DAMN - Porta de San Fernando • THE WIRELESS - A Mosqueira • KALI LA NEGRA - Porta Miñá SÁBADO 20 Das 20:30 h. ás 22:00 h. • IRIA ESTÉVEZ - Rúa Teatro. Ronda da Muralla • TROUPELEAR - Bispo Aguirre • SUDA KS - Rúa Nova. Ronda da Muralla DOMINGO 21 Das 20:30 h. ás 22:00 h. • CARTA DE AJUSTE- Porta Miñá • MESA PARA DOUS - A Mosqueira • WICKED WORLD - Porta de San Fernando CLUB CLAVICÉMBALO XOVES 18 – 22:30 h. En concerto: CORA VELASCO VENRES 19 – 21:00 e 23:00 h. En concerto: MARCOS PIN TRÍO E INVITADOS | 10 € con cervexa 1906 incluída SÁBADO 20 – 23:00 h. En concerto: SKINTIGHT OUTROS VENRES 19 • Apertura ao público da exposición “Arte en cuarentena” na Galería La Catedral (Bolaño Rivadeneira 17 e Bispo Basulto 12) • Reapertura dos cines Yelmo – As Termas SÁBADO 20 • Xornada viaxeira #RedescubrindoPiornedo con Guido Guía. Inscricións no correo: [email protected] • Reapertura do Museo Universitario A Domus do Mitreo. Horarios: de martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, e domingos de 11.00 a 14.00 horas. EN INTERNET • Concerto en liña do grupo lucense Candorka Trío o xoves 18 ás 20:30h https://apontestudio.com/tickets-candorka • Visita guiadas on line ás salas do Museo Provincial de Lugo https://www.facebook.com/redemuseisticaprovincial • Actores e actrices (algúns de Lugo) contan o conto “Conta- xio” para UNICEF: https://youtu.be/ICczD0AKxLM • Segue aos lucenses Barbarian Prophecies.
    [Show full text]
  • Número 66 Do Xornal O Provisional
    O Provisional Xornal de Información Xeral do Instituto de Educación Secundaria "María Sarmiento" Ano XXIV - Número 66 Viveiro, 23 de xuño de 2017 PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS - CURSO 2003-04 TRES MATRÍCULAS DE HONRA NO BACHARELATO Miriam Timiraos Díaz, Gisela Martínez Dovale e Julia Ramil Palmeiro, acadaron senllas matrículas de honra no Bacharelato (páxina 23) Entrevista a ESOESO studentsstudents inin LondonLondon Jessica Lash (páx. 4) II Congreso de Innovación (páx. 6) Encontro Interxeracional (páx. 9) As palabras máxicas (páx. 8) ___ Correlínguas 2017 (páx. 10 e 11) ___ Entre o 16 e o 20 de maio, trinta e sete Nas seguintes xornadas da viaxe non faltou Nivel xeral de alerta e alumnos de 4º de ESO fixeron unha viaxe un paseo pola tenda de xoguetes Hamley’s atención selectiva lúdico-cultural, fin de etapa educativa, á ca- (unha das máis grande do mundo) ou a Pyc- (páx. 12 e 13) ___ pital británica acompañados dos profesores cadilly Circus. Campionato junior de Trifina García Méndez, Isaac Valiña Lema, Outras visitas, moi valoradas tanto polos baloncesto feminino (páx. 18) Álvaro Cal Rodríguez e por Angélica Otero propios alumnos como polas súas familias e Fernández. profesorado, foron a National Gallery, o nú- Despois de chegar ao London Stansted mero 10 de Downing St., os Bobbies, o fa- dende o aeroporto de Asturias, visitaron o mosísimo Big-Beng, a Abadía de Wesminster British Museum que, ademais de ser un dos e o pazo de Buckingham. máis antigos do mundo, alberga unha das co- De regreso, os alumnos manifestaron que O paseo fluvial do río Landro (páx.
    [Show full text]
  • Día Das Letras Galegas
    Guía de lectura mayo 2013 17 mayo Letras gallegas 17 maio Letras galegas Galicia ha dado un buen puñado de escritores que figuran con letras de oro en la historia de la literatura. Por eso, y con motivo del Día de las Letras Gallegas , queremos rendir homenaje, no sólo a los poetas, novelistas, dramaturgos, etc., que escriben tanto en español como en gallego, sino a toda Galicia: sus paisajes, su vida cotidiana, su gastronomía, su música y, en general, a toda una región llena de historia y cultura. ¡Va por ellos! SSSUMARIO ::: 1. Día das Letras Galegas. 2. Figuras homenajeadas hasta hoy. 3. Día das Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño. 4. Rosalía, Emilia, Valle, Gonzalo, Camilo y Manuel. 5. La música gallega. 6. Para endulzarnos: tarta de Santiago. 7. Lo gallego en el Catálogo BRS. 1. Día das Letras Galegas ... Desde 1963, cada 17 de mayo, se conmemora en Galicia el Día de las Letras Gallegas (Día das Letras Galegas). Con esta celebración se rinde homenaje cada año a un escritor o escritora cuya contribución al idioma gallego haya sido significativa. ¿Por qué el 17 de mayo? La fecha de celebración de este evento se debe a que en tal día como ése, en 1863, se publicó en Vigo el primer ejemplar de la obra Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría el inicio del Rexurdimento o renacimiento cultural del gallego. Cada año se dedica a una personalidad diferente, escogida por la Real Academia Gallega (RAG), teniendo en cuenta que se exigen al menos diez años desde su fallecimiento.
    [Show full text]