A COMUNICACIÓN LITERARIA Autoras

A COMUNICACIÓN LITERARIA Autoras

3 COMUNICACIÓN A COMUNICACIÓN LITERARIA Autoras: Rosa María Cazón Fernández María Jesús Fernández Fernández Pilar Ponte Patiño Mª Soledad Puente de Montoya Revisión Lingüística: Roxelio Xabier García Romero Pilar Ponte Patiño Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Educación Secundaria a Distancia para Persoas Adultas Depósito legal: C. 648/2000 ISBN: 84-453-2581-7 ISBN: 84-453-2759-3 INTRODUCCIÓN A COMUNICACIÓN LITERARIA A Palabra A realidá esiste porque esiste a palabra. Si non sabes decir longa é a noite tampouco saberás que esiste a alba. Para ser libre o home ten que saber decir creo na espranza. Celso Emilio Ferreiro.Onde o mundo se chama Celanova. A lingua, esa capacidade de expresármonos por medio de símbolos, é sen dúbida a característica que mellor nos define e diferencia ós seres humanos. Como individuos sociais que precisamos vivir en comunidade, os humanos usamos a lingua para comunicármonos entre nós, e non só para contar cómo as cousas son ou cómo foron, tamén para imaxinar cómo poderían ter sido, e cáles son os sentimentos, desexos ou temores que nos suscitan. Pero ademais os seres humanos temos necesidade de beleza, de recrear a realidade e producir arte. Así o son se converte en Música, o movemento en Danza, a pedra en Escultura, as cores en Pintura... e a palabra en Literatura. Ó longo dos séculos de historia da humanidade, mesmo antes da aparición da escrita, os homes e as mulleres gozan co poder suxeridor da palabra, co pracer estético que produce crear utilizando a lingua como materia artística e sendo receptores das creacións doutros. Este libro pretende ser unha axuda para incrementar o interese e o goce persoal que proporciona a comunicación literaria mediante o coñecemento das súas peculiaridades e recursos e o achegamento ás obras literarias, ós seus autores e á época histórica na que foron escritas. O mesmo ca nos cuadrimestres anteriores, o libro está distribuído en catro unidades, unha por mes. Cada unha destas unidades consta de dúas partes denominadas respectivamente Comunicación Literaria e A Literatura Galega. No apartado de Comunicación Literaria fálase das características e recursos da lingua literaria, coméntanse textos de autores e autoras que serven de exemplos, e fanse propostas para a utilización destes recursos na creación de composicións propias. Na parte titulada A Literatura Galega lévase a cabo un achegamento á historia da obra literaria galega desde as súas orixes ata a actualidade, enmarcándoa no contexto sociocultural de cada época e salientando a vida e obra daqueles autores e autoras sobranceiros. Tamén se propón a lectura comentada de textos literarios que se consideran representativos. Como complemento deste módulo contas cun caderno anexo no que se recolle unha Escolma de textos para que goces coa súa lectura. É moi importante que teñas en conta que todos os textos literarios que figuran neste libro están reproducidos respectando na medida do posible a maneira como foron escritos polos seus autores e autoras, por esta razón atoparás neles con frecuencia solucións ortográficas, morfolóxicas e léxicas que non se corresponden coas que hoxe estipula a Normativa vixente de uso da lingua que, como sabes, foi acordada no ano 1982 e modificada no ano 1995. Igual que nos módulos anteriores, este libro está previsto que sexa material suficiente para axudarte a acadar os obxectivos de aprendizaxe que aparecen expresados ó comezo de cada unidade. Nas súas páxinas, ademais de información sobre os Contidos específicos, atoparás propostas de actividades que te axudarán a reflexionar e a aplicar os coñecementos adquiridos e a levar autocontrol do proceso de aprendizaxe. Ó remate do libro figura unha Clave de corrección que che permitirá saber se as túas respostas son correctas. Dependendo do tipo de actividade as respostas que aparecen nesta clave terán nuns casos carácter pechado, como única posible solución, outras veces as solucións poden ser múltiples e a que se che ofrece ten unicamente valor orientativo. Con frecuencia as actividades fan propostas de creacións persoais, nestes casos, e sempre que teñas necesidade de axuda, poderás contar co apoio do teu profesor ou profesora. O obxectivo fundamental do que partimos para a elaboración deste libro é o de fomentar o interese e o gusto pola Literatura. Agardamos que sexa un instrumento ameno e eficaz que facilite a consecución deste obxectivo. 3 ÍNDICE Páxina UNIDADE 1 . 10 A COMUNICACIÓN LITERARIA . 13 y Características da comunicación literaria . 13 y A mensaxe literaria no marco da comunicación . 15 y Formas de organizar e presentar a mensaxe literaria: os xéneros literarios . 16 - Xéneros clásicos: . 17 O xénero lírico . 17 O xénero narrativo (a novela, a novela curta e o conto). 17 O xénero teatral (a traxedia, a comedia e o drama) . 18 - Xéneros modernos: . 18 O ensaio. 18 A crítica literaria . 19 O xornalismo . 19 - Xéneros mixtos: . 19 O cómic . 19 O cine . 19 A televisión . 19 y O xénero lírico. 19 y Características do xénero lírico. 24 y Recursos literarios propios da linguaxe poética. As figuras retóricas . 24 - Recursos fonéticos. 25 Aliteración . 25 Onomatopea . 25 Paranomasia . 25 Similicadencia . 26 - Recursos semánticos . 28 Comparación . 28 Metáfora . 29 Antítese . 29 Metonimia . 30 Sinestesia . 30 Personificación . 30 Hipérbole . 31 Alegoría . 31 Ironía . 32 - Recursos morfosintácticos . 36 Enumeración de substantivos . 37 Anáfora. 37 Asíndeto . 38 Polisíndeto . 38 Concatenación . 38 Hipérbato . 38 Paralelismo . 39 4 Páxina A LITERATURA GALEGA. 46 y Etapas históricas da literatura galega . 46 - A Idade Media . 47 - Os Séculos Escuros . 47 - O Rexurdimento . 47 - O Século XX . 48 y A literatura galega no século XIX. Precursores e Rexurdimento . 50 - Contexto histórico. 50 - Rosalía de Castro . 53 A súa vida . 53 A súa obra . 54 Cantares Gallegos (1863) . 54 Follas Novas (1880) . 56 Obra galega en prosa . 56 A lingua. 57 - Eduardo Pondal . 61 A súa vida . 61 A súa obra . 62 A poesía cívica . 62 A poesía lírica . 63 A lingua. 63 - Manuel Curros Enríquez. ..

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    356 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us