E VIÑOS Viñedos E Viños De Galicia DE GALICIA En VIGNOBLES ET VINS DU NORD-OUEST D E L´ E SPAG N E De Alain Huetz De Lemps
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
VIÑEDOS E VIÑOS Viñedos e viños de Galicia Viñedos DE GALICIA en VIGNOBLES ET VINS DU NORD-OUEST D E L´ E SPAG N E DE ALAIN HUETZ DE LEMPS VIÑEDOS E VIÑOS DE GALICIA en VIGNOBLES ET VINS DU NORD-OUEST D E L´ E SPAG N E de Alain Huetz de Lemps XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural AGACAL Santiago de Compostela 2019 Edita: Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural. AGACAL Lugar: Santiago de Compostela Tradución: Manuel Ferreiro Asesoramento lingüístico: Antonia Vega Ano: 2019 Imprime: Gráficas Garabal DL: C 1472-2018 PRESENTACIÓN Percorrer Galicia, é percorrer paisaxes de vales, de escarpadas ladeiras, beiras de ríos e mares, montañas e canóns salpicados de viñedos e vides. Percorrer as páxinas deste libro cargadas de coñecemento da man do seu autor, Alain Huetz de Lemps, e mais do seu tradutor, Manuel Ferreiro, é unha regalía para todos aqueles amantes do viño e da súa cultura, xa que nos permite reconstruír o desenvolvemento experimentado polos viñedos de Galicia a través dos séculos, dende a Idade Media ata a metade do século XX. Esta obra, de consulta obrigada, constitúe aínda hoxe unha ferramenta de traballo de incuestionable valor para comprender a evolución histórica do viñedo na nosa Comunidade Autónoma. O sector vitivinícola soubo aguantar os avatares ao longo da súa historia, pero hoxe en día goza de boa saúde, é un sector emerxente que en pouco tempo se situou como referente de toda Europa, onde os nosos viños son moi demandados e coñecidos debido ao seu alto nivel de calidade. O pulo comercial e tecnolóxico das áreas vitivinícolas froito dun esforzo modernizador do sector fai que o viñedo viva hoxe un momento de auxe tanto en canto á produción como á comercialización. Sentímonos moi satisfeitos de ter axudado a sacar á luz esta edición en galego das pasaxes referidas a Galicia da tese de doutoramento de Alain Huetz de Lemps que, sen dúbida, contribuirá a que coñezamos máis e mellor o gran legado da nosa cultura vinícola. José González Vázquez Conselleiro do Medio Rural NOTAS DO TRADUTOR A tradución O azar dispuxo que un tradutor ocasional, case profano en vides e viños, convertese ao galego aquelas partes da extensa tese de doutoramento de Alain Huetz de Lemps Vignobles et vins du Nord-Ouest de l´Espagne, nas que se fai referencia a Galicia. Ora ben, a casualidade esta vez non veu soa, chegou da man do meu amigo Juan Francisco López Fernández, enxeñeiro agrónomo, que menciono aquí por non estar xa presente, sabendo que coa súa humildade non me tería permitido nomealo. Foi el quen me achegou os dous volumes da tese e me recomendou a súa lectura. Con relativo receo mergulleime en tan avultada obra, mais a miña reticencia inicial axiña se esvaeceu, introducinme nun mundo para min case descoñecido, e fun sorprendido polo achado da historia dos viñedos e viños de Galicia, desde que existen noticias ata chegar a mediados da década dos 60 do século pasado. Da obra, impresiona a infinidade de referencias, narracións de episodios concretos, descrición de costumes, etc., todo escrito de xeito ameno, didáctico e ao tempo con rigor. Hai que dicir, claro está, que antes desta tradución, a obra orixinal de Alain Huetz de Lemps xa era un referente esencial para uns poucos estudosos do viñedo e do viño en Galicia. Pasado un tempo desde o meu contacto inicial coa tese, e de xeito sutil, meu amigo suxeriume que traducise a parte que estuda a Galicia vitícola. Aquela achega de tal responsabilidade superábame, gardei un respectuoso silencio, mais logrei esquecer o meu temor primeiro, retomei os dous volumes da obra, e moitos meses máis tarde xurdiu un texto traducido, moi achegado ao redactado polo autor, pero que aínda resultaba áspero. Con meticulosidade foi necesario ir labrándoo para elaborar un contido que sintonizase ben coa nosa lingua, aínda permitíndonos a licenza de non ser literais co orixinal, iso si, sempre respectando con escrúpulo os conceptos que o autor expoñía. Para este traballo contamos coas imprescindibles achegas da filóloga de lingua galega Antonia Vega Prieto e de Ricardo Rivas Barros, enxeñeiro agrónomo. A obra Do texto orixinal tómanse varias clases de contidos: a. Específicos de Galicia. Este libro inclúe unha parte da tese de doutoramento, que no orixinal está ben diferenciada. b. Diseminados por toda a obra figuran fragmentos que mencionan Galicia, aínda que estean incluídos en capítulos referidos a outras zonas do noroeste de España. c. De entre o material doutras rexións, faise escolma de feitos ou costumes, que sen ser de uso en Galicia, poden axudar a interpretar a situación propia deste país e amosan a diferenciación existente entre as diversas zonas. Pode sorprender a inclusión do Bierzo nun texto sobre Galicia. Non é unha inxerencia pola nosa parte, xa que o autor no seu estudo non quixo disociar esta zona de transición entre o viñedo castelán-leonés e a bacía de Valdeorras como introdución a Galicia, sen fracturar unha unidade xeolóxica e climática e con semellanzas incluso no parcelario da propiedade. O autor Alain Huetz de Lemps, nacido en 1926, é xeógrafo, botánico e economista francés, profesor emérito da Universidade de Bordeos -Michel de Montaigne, doutor honoris causa pola Universidade de Valladolid e membro da Académie des Sciences, Belles-Lettres et Arts de Bordeos. Con máis especificidade estudou, no marco do Centre d’Etudes et de Recherches sur la Vigne et le Vin (CERVIN), a xeografía e historia do viño e ten publicadas diversas obras sobre as bebidas máis alá do viño. As súas publicacións abranguen un extenso repertorio: economía, clima, xeografía, agronomía, etc. Alain Huetz de Lemps é ademais unha persoa humilde. Mentres se realizaba a xestación deste libro, estableceuse contacto con el, localizando previamente o seu fillo Xavier, profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Niza-Sophia Antipolis. Direi que vista a envergadura da obra, un teme que o acceso ao autor tamén resulte propor- cionalmente dificultoso e que incluso se poida sentir agraviado por ter traducido a obra sen inicialmente contar co seu beneplácito. Da resposta obtida do seu fillo, na que nos expresaba a satisfacción de seu pai polo traballo que emprenderamos, concluímos que o camiño quedaba expedito. A gratitude que nós puidemos outorgar ao autor por gozar deste traballo seu queda superada polo agradecemento del cara nós. Permítaseme transcribir o último correo recibido do autor no mes de setembro deste 2018: ...Agradézolle a súa mensaxe do 23 de agosto último, que me permite calibrar o salientable traballo que vostedes teñen feito coa tradución ao Galego da miña obra sobre Vignobles et Vins du Nord Ouest de l’Espagne. ...Quedo feliz ao saber que os especialistas da viticultura de Galicia estean interesados na miña obra, grazas a vostedes poderán apreciar o froito das miñas investigacións na súa propia lingua. Agradézolles moito o coidado que se tomaron coa tradución do meu texto e por facer todas as verificacións necesarias para a perfecta compresión en lingua Galega... Mais, retrocedamos no tempo, España, década dos anos 60 do século pasado, o autor e a súa dona visitando multitude de arquivos, transcribindo documentos a man, non sempre de fácil acceso e non sempre en bo estado. Viaxando cun Renault 4-4, que direi, para os lectores máis novos, que non se parecía en nada a un 4X4 actual. Todo isto por estradas dun país, certamente, aínda moi atrasado. A medida que avanzaba na lectura sentía certa angustia cavilando nas dificultades polas que tivo que pasar esta persoa para lograr estruturar tan admirable e complexo traballo. O futuro daquela... A tese de doutoramento, publicada no ano 1967, amosa unha situación nese intre na que o cultivo da vide vai en retroceso, e ademais a calidade do viño declina. A introdución de viños foráneos é habitual, e incluso en Galicia se elaboran e embotellan ou comercializan viños de cuestionable calidade: Coes, Savín, Viñalar, etc., denominados “viños comúns” ou “viños de mesa”. A pesar desta situación pesimista, o prognóstico do autor non ía desatinado, manifestaba certa posible redención da situación que se estaba a vivir e anunciaba a apertura a un mundo posible e prometedor arredor do viño: ...os habitantes de Galicia están moi atados ás tradicións vitícolas do seu país e non é fácil que abandonen os viños de Ribadavia, de Valdeorras ou de Verín, en favor de viños anónimos de proveniencia do resto de España. É así posible agardar a que a tendencia actual á uniformación e industrialización desta actividade secular non fará desaparecer completamente a diversidade rexional... O presente hoxe... A situación dos viñedos e viños de Galicia empezou a mudar, con cautela, aproximadamente 30 anos atrás, e nos últimos 20 anos é cando se inicia un desenvolvemento exponencial tanto no cultivo da vide con variedades de calidade como na exquisita elaboración do viño. Pero isto xa é doutro capítulo, con material de sobra para que alguén que teña algo daquel vigor de Alain Huetz de Lemps decida escribir a “Historia recente dos viñedos e viños de Galicia”. ÍNDICE Prefacio .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. 19 Introdución .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. 21 TOMO I PRIMEIRA PARTE A LOCALIZACIÓN ACTUAL DOS VIÑEDOS DO NOROESTE DE ESPAÑA Introdución . .29 CAPÍTULO I. A DISTRIBUCIÓN DO CONXUNTO DO VIÑEDO .. .. .. .. .. .. .. .. .. .. ..31 A. O NOROESTE ATLÁNTICO . .32 I. O Bierzo .. .