Entroido Gastronómico
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
entroido gastronómico 2017 ENTROIDO GASTRONÓMICO 7 Santiago de B Compostela Touro Boqueixón Vila de Teo Cruces Vedra Padrón A C A Estrada Silleda Lalín Cuntis E O Barco de 6 Valdeorras 4 Vilaboa 8 Manzaneda Maceda 3 5 D Viana 9 do Bolo 1 Laza Vilariño de Conso Xinzo de Limia 2 Verín FESTAS DO ENTROIDO DE GALICIA DE INTERESE TURÍSTICO FESTAS GASTRONÓMICAS DE INTERESE 1 Entroido de Xinzo de Limia 6 Entroido de Manzaneda OURENSE OURENSE TURÍSTICO RELACIONADAS CO ENTROIDO Feira do Cocido de Lalín Entroido de Verín 7 Entroido dos A 2 LALÍN, PONTEVEDRA OURENSE Xenerais da Ulla A CORUÑA - PONTEVEDRA B Festa da Filloa de Lestedo Entroido de Viana do Bolo LESTEDO - BOQUEIXÓN, A CORUÑA 3 8 Entroido de Maceda OURENSE Festa do Lacón con Grelos de Cuntis MACEDA - OURENSE C Entroido de Cobres CUNTIS, PONTEVEDRA 4 Entroido de ILABOA ONTEVEDRA 9 Festa da Androlla de Viana do Bolo V , P Vilariño de Conso D VIANA DO BOLO, OURENSE Entroido de Laza OURENSE 5 Festa do Botelo OURENSE E O BARCO DE VALDEORRAS, OURENSE Edita: Turismo de Galicia. Estrada Santiago-Noia, km 3 - 15897 Santiago de Compostela • Tel.: 981 542 500 / Fax: 881 995 323 Textos: Manuela Soto - Programas facilitados polos concellos Fotografía: Adolfo Enríquez, Miguel Souto, Alberto Trabada-Viú Foto, Arquivo de Turismo de Galicia D.L.: C 150-2017 • Imprime: Gráficas Lasa, S.L. 4 FESTAS GASTRONÓMICAS DE INTERESE TURÍSTICO RELACIONADAS CON ENTROIDO 9 OUTRAS FESTAS GASTRONÓMICAS RELACIONADAS CON ENTROIDO 10 PROGRAMACIÓN FESTAS DO ENTROIDO DE GALICIA DE INTERESE TURÍSTICO 13 ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES NO ENTROIDO GASTRONÓMICO e a boa mesa é un dos sinais de identidade de S Galicia, o Entroido non o é menos. Por iso cando se unen, Entroido e gastronomía forman unha parella irresistible que dá as mellores festas do ano. A cocina tradicional do Entroido galego xira en torno aos atractivos do porco. Despois da matanza en novembro e dun par de meses de curación, as chacinas alcanzan o seu punto óptimo coincidindo co Entroido. É o momento de levar á mesa o mellor da casa: lacón, androlla, chourizo, orella, cacheira (ou cachucha), botelo... Todo ben acompañado de patacas, grelos, garavanzos, galiña... FESTAS GASTRONÓMICAS DE INTERESE Para os máis larpeiros, o Entroido sabe a gloria. Un non TURÍSTICO RELACIONADAS CO ENTROIDO sabe por onde comezar: filloas doces ou salgadas, soas ou cun toque de mel, chocolate, castañas... Tamén, orellas, flores, bica... E imprescindibles, uns bos groliños de xastré e de licor café. Que non falte nada! En Galicia a abundancia é unha norma de cortesía. Se ben é certo que do porco se aproveita todo, en Galicia ademais festéxase todo: hai Festa do Botelo, Festa da Androlla, Festa da Cachucha ou Festa do Lacón con Grelos. En moitos lugares, estas festas gastronómicas multitudinarias son a grande atracción do Entroido; celebracións nas que non faltan degustacións gratuítas, banquetes, showcooking, música, baile, comparsas e moita, moita diversión. 3 Galicia ten catro grandes festas gastronómicas relacionadas co Entroido e declaradas de “interese turístico”: Festa do Cocido de Lalín, Festa da Filloa de Lestedo, Festa do Lacón con Grelos de Cuntis e Festa da Androlla de Viana do Bolo. Festa de Interese Turístico Nacional DATA: Domingo anterior ao Cocido de Lalín Domingo de Entroido cocido galego é o máis variado e consistente dos LUGAR: O cocidos que dan fama á gastronomía española. E Lalín (Pontevedra) en Lalín, no corazón de Galicia, é ademais un prato tan PARA NON PERDER: sublime que se fai unha festa na súa honra, unha festa na Desfile de carrozas que se saborea a chegada do Entroido. e comparsas Verdadeiro expoñente da cociña feita con produtos de proximidade, o cocido galego é unha exaltación dos atractivos do porco e acompáñase de tenreira, galiña, verduras e garavanzos. Por iso o grande escritor e gastrónomo Álvaro Cunqueiro dicía que para servir un bo cocido, sempre en compañía duns bos amigos, fan falta tres fontes “... que nunha vai a carne de porco, noutra a galiña coa carne fresca, e na outra as patacas con chourizos e garavanzos”. E pan, pan de Lalín. A celebración de Lalín, que se achega ao seu 50 aniversario, inclúe un variado programa cultural e gastronómico; e por suposto desfile de carrozas, comparsas e verbena. O seu atractivo é tal que á edición do 2013 acudiron unhas 60.000 persoas. 4 Festa de Galicia de Interese Turístico DATA: Domingo seguinte ao Filloa de Lestedo Martes de Entroido s filloas son a sobremesa por excelencia dos LUGAR: A carnavais galegos. Así que en Lestedo, na Lestedo, Boqueixón comarca do Ulla, despiden as celebracións do Entroido (A Coruña) dedicándolle un día de festa. PARA NON PERDER: O atranque dos As filloas tradicionais adoitan tomarse soas ou con Xenerais da Ulla mel, aínda que nalgunhas zonas de Galicia son tamén típicas as filloas salgadas, elaboradas con caldo de cocido. Hoxe as filloas doces acompáñanse de crema de chocolate, de castañas, de marmelo e, as salgadas, de setas, lacón... Cuestión de gustos. Na festa de Lestedo, entre música e comparsas, pódense degustar filloas á pedra, feitas como manda a tradición sobre unha pedra plana e quente; e tamén as feitas nunha máquina inventada por un pasteleiro local, a un ritmo de 1.500 por hora! Un invento que fai as delicias de nenos e maiores. A festa ten outro prato forte: O atranque dos Xenerais do Ulla. Trátase dunha divertida batalla dialéctica entre dous xenerais, personaxes representativos do Carnaval desta zona, que a cabalo e pomposamente vestidos, satirizan sen piedade a actualidade política e social. 5 Festa de Galicia de Interese Turístico DATA: Domingo seguinte ao Lacón con Grelos Domingo de Entroido LUGAR: de Cuntis (Pontevedra) Cuntis untis, unha recolecta localidade famosa polas PARA NON PERDER: súas augas termais e as súa camelias, celebra a O enterro do Chapante C fin do Entroido cunha contundente festa gastronómica dedicada ao lacón con grelos. Dous nobres ingredientes da gastronomía galega que nesta época do ano se xuntan para formar unha exquisita parella, á que adoitas acompañar cachelos e chourizo; de sobremesa, unhas deliciosas filloas. A festa está aberta a todo o mundo, con degustacións gratuítas de tapas e talleres gastronómicos; e nas rúas, a alegría das comparsas do Carnaval. O broche final é un brillante enterro: O Enterro do Chapante. Unha variante do enterro da sardiña que se recuperou despois de anos no esquecemento e que fai referencia aos chapantes, alcume que reciben os habitantes de Cuntis, a grandes lupandas. 6 Festa de Galicia de Interese Turístico DATA: Domingo de Entroido Androlla de LUGAR: Viana do Bolo do (Ourense) Viana Bolo iana do Bolo leva a gastronomía adherida ao PARA NON PERDER: seu nome. Un sinal de identidade que se mostra Desfile de folións, acom- V pañados polos boteiros, o espléndida coa chegada dos carnavais, un dos máis Domingo Gordo (Domingo antigos e auténticos de toda Galicia. Gastronomía e de Carnaval). Entroido fúndense na denominada Festa da Androlla e do Entroido. A androlla é un embutido de porco típico da zona de Viana. Faise con tripa gorda (non co estómago) e reénchese de costela adubada. Logo, afúmase durante uns dez días e déixase curar durante un par de meses... ata a chegada do Entroido. Nese momento a androlla é un manxar. O Domingo Gordo é o día da androlla, con degus- tacións de petiscos gratuítas e un gran banquete no que ademais hai caldo, grelos, lacón, cordeiro e bica. É tamén o día grande do Entroido de Viana, con boteiros e folións. O boteiro é a máscara emblemática deste Carnaval; personaxe delirante e fascinante que recorre as rúas nunha procesión ritual acompañando o folión, unha comparsa que toca con estraños instrumentos. A diversión está servida. 7 Festa de Galicia de Interese Turístico DATA: Finais de xaneiro Botelo LUGAR: Esta é unha festa gastronómica que anticipa xa O Barco de Valdeorras as delicias do Entroido. (Ourense) E PARA NON PERDERSE: O botelo é un embutido de porco cunha curación O gran xantar colectivo moi curta; isto convérteo nun manxar perecedoiro e moi cotizado, xa que só está no seu punto durante uns días. No xantar colectivo que se celebra cada ano na festa, cómese con repolo, chourizo, patacas e un bo tinto da zona, berce da D.O. Valdeorras. E de sobremesa, a torta de roxóns Na elaboración do botelo utilízase o estómago do animal como contedor e é o máis grande de todos os embutidos. Ten outras denominacións como butelo ou bitelo. Malia existir unha proximidade evidente, o botelo do Barco non é exactamente o mesmo co seu parente berciano, que viría sendo máis ben o que nesta bisbarra se coñece como pigureiro. 8 Pero a celebración da boa mesa non acaba. Aquí está a proba. (Navia de Suarna, Lugo) Tradición, festa e gastronomía nunha contorna natural espléndida, en plena montaña lucense. Ademais dunha auténtica androlla pódense desgustar outros embutidos (Laza, Ourense) típicos como o botelo. Laza celebra o Entroido por todo o alto e o Terceiro Venres de Folión é un dos días grandes. Desde a mañá hai charangas animando as rúas e degustacións gratuítas das delicias locais. Pola noite, unha multitudinaria festa gastronómica (Sober, Lugo) coa cachucha como prato estrela. E a partir de medianoite, Celébrase o sábado de Entroido, despois do desfi le de un espectacular folión. carrozas. Hai degustación gratuíta de cachucha e dos excelentes tintos da zona, encadrada na D.O. Ribera Sacra. Tamén, premios aos mellores disfraces e por suposto, moito baile. (Allariz, Ourense) O Luns de Entroido, Allariz celebra unha gran cea de Entroido que reúne a veciños e visitantes. Todo o mundo é benvido. O prato estrela é a saborosa cachucha e (A Fonsagrada, Lugo) de acompañantes, lacón, touciño, chourizo, bica..