Irmandades Da Fala: Oratoria E Prosa Non Ficcional. Antoloxía
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Centenario das Irmandades da Fala Irmandades da Fala: oratoria e prosa non ficcional. Antoloxía Edición de Henrique Monteagudo Antoloxías da Academia 2 Irmandades da Fala: oratoria e prosa non ficcional. Antoloxía 1 © da introdución, edición e notas Henrique Monteagudo © da presente edición Real Academia Galega Deseño da colección Pepe Barro Maquetación e impresión Mazaira grafismo, sl ISBN: 978-84-87987-96-0 D.L.: C 1106-2016 Irmandades da Fala: oratoria e prosa non ficcional. Antoloxía Henrique Monteagudo (Editor) ÍNDICE 11 Limiar Henrique Monteagudo 23 I. Un tempo novo: agromar das Irmandades (1916-1920) 25 1. A bandeira ergueita (1916) Antón Vilar Ponte 29 2. Discurso ao fundarse a Irmandade en Santiago (1916) Lois Porteiro Garea 45 3. Teoría do nacionalismo galego (1918) Vicente Risco 51 4. Arte e galeguismo (1919) Alfonso D. R. Castelao 69 II. A afirmación: das Irmandades a Nós (1920-1930) 71 5. Teoría do nacionalismo galego (1920) Vicente Risco 95 6. Arte nova (1920) Vicente Risco 117 7. Divagacións enxebristas (1920) Johán Vicente Viqueira 131 8. Dos nosos valores (1920) Antón Vilar Ponte 145 9. O sentimento da terra na raza galega (1920) Vicente Risco 161 10. Dos nosos tempos (1920) Florentino López Cuevillas 167 11. [A paisaxe e a aldea. Para unha estética da paisaxe. Unha aldea da Bocarribeira] (1922) Ramón Otero Pedrayo 185 12. Máis alá! (1922) Manuel Antonio / Álvaro Cebreiro 193 13. Verbo da prosa galega (1924) Antón Lousada Diéguez 201 14. Da renacenza galega. A evolución do galego e os seus críticos (1926) Vicente Risco 205 15. Sobre o tempo de hoxe (1928) Ramón Otero Pedrayo 215 16. O idioma galego na nosa vida e na nosa cultura (1928) Vicente Risco 225 17. Romantismo. [Unha esculca nas súas orixes] (1929) Ramón Otero Pedrayo 247 18. As aguias do imperio e a barca apostólica (1930) Ramón Otero Pedrayo 257 III. Recobrando o pulo (1930) 259 19. A significación espiritual do Día da Galiza (1930) Ramón Otero Pedrayo 265 20. O galeguismo na arte (1930) Alfonso D. R. Castelao 273 21. A nosa definición autonomista (1930) Valentín Paz Andrade 287 IV. Epílogo: balance, reformulación e controversia (1933-1935) 289 22. Nós, os inadaptados (1933) Vicente Risco 309 23. Verbas de chumbo (1935) Alfonso D. R. Castelao 337 24. O que vai de 1916 a 1936 (1935) Antón Vilar Ponte 341 Referencias 343 Bibliografía ampliada Limiar Henrique Monteagudo “A nosa cultura está nun período constituínte. Primeiro es- tudemos a realidade galega, despois sistematizarase. Por iso, estas notas ceibes que irei expoñendo cando me cadre e poi- da, só como ensaios as publico, porque non son froito dun estudo metodizado”. Lois Peña Novo, “Ensaios”, A nosa terra, nº 37, 20-novembro- -1917, 7. o marco da celebración do centenario da fundación das N Irmandades da Fala (1916), a Real Academia Galega pro- move a publicación dunha serie de antoloxías da obra literaria en lingua galega vencellada de xeito máis ou menos estreito a este vizoso movemento de reivindicación da lingua, a cultura e a identidade política de Galicia. Dentro da devandita serie non podía faltar un volume dedicado á prosa non ficcional, non só pola importancia intrínseca que esta tivo naquel período –xa que a través dela se foi definindo o proxecto político e cultural das Irmandades e foi tomando corpo a súa definición de Galicia como nación–, senón porque os persoeiros das Irmandades son tamén os fundadores da prosa galega moderna, o que practicamente equivale a dicir do galego culto dos nosos días. Antes de 1916, o galego vivía reducido á condición de lingua falada no coloquio informal polo pobo miúdo que, desde o Rexurdimento, fora cul- tivada unicamente na poesía. 14 │ Limiar Desde o punto de vista da historia lingüística do noso país, o período das Irmandades é o da reivindicación do galego como idioma nacional, isto é, como elemento fulcral dunha identidade colectiva orixinal e distintiva e como vehículo de expresión dun- ha sociedade e unha cultura propias, que se pretendía converter en modernas e desenvolvidas. Os impulsores das Irmandades (nomeadamente, Antón Vilar Ponte), eran plenamente cons- cientes de que a clave da dignificación social e cultural do idioma non residía xa no seu cultivo poético (sempre afirmando o valor deste), senón no seu emprego en tódolos ámbitos da actividade. En particular, entenderon que o prestixio do galego dependía en boa parte da súa difusión na vida pública, polo que fomentaron o seu uso oral en conferencias, mítins, xuntanzas e solemnidades cívicas, e a súa difusión escrita a través dos medios de comunica- ción de masas: prensa, revistas, literatura de quisco… Todo isto abocaba á forxa dun galego culto, apto para a oratoria e mais para a prosa, tanto literaria (novela, relato, teatro e ensaio) canto non literaria (didáctica, xornalística, doutrinal). Significativamente, nun dos instrumentos máis relevantes para a difusión do ideario das Irmandades, o boletín A nosa terra (aparecido en novembro de 1916), lemos afirmacións coma as seguintes: “Nós queremos máis que rexionalismo de folclore; queremos máis que fatelos típicos, gaitiña, cantigas e versos, xa que non comprenderemos que se poida entender que linguaxe que ser- ve para a poesía […] non sirva o mesmo ou mellor para a pro- sa” (A. Vilar Ponte, A nosa terra, nº 2, 1916, p. 5). “A mellor homenaxe aos poetas e aos músicos é lelos e coñecelos, non tomándoos por fenómenos de barraca de feira. Ai, se eles vol- taran á vida! Serían os primeiros en pedirnos que fixésemos prosa. Porque o que lle interesa a Galicia non se pode encarce- rar en oitavas reais” (A. Vilar Ponte, A nosa terra, nº 14, 1917, pp. 1-2). Henrique Monteagudo │ 15 Ese interese específico das Irmandades polo cultivo do galego na prosa viña ao encontro por unha banda do papel que as súas figuras máis importantes xogaron na conformación da ideoloxía galeguista / nacionalista (na construción discursiva de Galicia como nación), e por outra banda do auxe do xénero ensaístico na Europa e a España coétaneas. Aqueles foron tempos de prota- gonismo dos intelectuais, unha figura pública novidosa que viña a subliñar o activo papel social dos creadores e traballadores da cultura (profesores, artistas, xornalistas… que moitas veces vi- ñan sendo simultaneamente as tres cousas). Un protagonismo, por outra banda, inseparable tanto da crecente difusión do mate- rial impreso propiciada pola extensión da alfabetización masiva canto da ampliación da esfera pública: de aí a importancia da prosa non ficcional. Esta noción non debe confundirse coa de prosa non literaria, pois existen xéneros e modalidades textuais que son ao tempo non ficcionais e non literarios (prosa didácti- ca, informativa, académica …), a carón da prosa literaria non fic- cional: este é precisamente o caso do ensaio, tamén denominado prosa de ideas. En efecto, o ensaio foi o xénero privilexiado para a divulga- ción das novas ideas que traían os intelectuais. Xénero versátil e proteico por excelencia, é difícil –e talvez escusado– definilo con precisión. Acabamos de afirmar que o ensaio é un xénero li- terario non ficcional: nel alíanse unha intención comunicativa de ideas (máis ca de ficcións) cunha vontade de estilo persoal máis ou menos poderosa, o que o distingue da prosa non literaria. O ensaio non ha de definirse polo seu tema, que pode ser moi va- riado (político, literario, sociolóxico, histórico, especulativo, fi- losófico, estético, científico…), senón porque, sexa cal for este, o tratamento é máis ben subxectivista, especulativo e divulgativo (o ensaio busca ampliar os lindeiros do público culto) e porque adoita posuír unha forte carga ideolóxica e vir revestido por unha 16 │ Limiar roupaxe formal elaborada. Así e todo, resultaría forzada a tenta- tiva de tracexar fronteiras nidias do ensaio propiamente dito co artigo de opinión, o tratado, o programa ou o manifesto. Mesmo textos de definida índole doutrinal, como a emblemática Teoría do nacionalismo galego, de V. Risco (1920), teñen un marcado carácter ensaístico. Nunha obra que o fixo célebre, Benedict Anderson definiu as nacións modernas como comunidades imaxinadas, construídas en boa medida a través de coalicións de lectores, artelladas arre- dor de determinadas obras impresas, nomeadamente publica- cións periódicas. Pero non debe esquecerse o papel –subliñado por Habermas– doutras instancias de sociabilidade, coma as aca- demias, os casinos, círculos, sociedades e todo tipo de asociacións (sindicatos, partidos, clubes recreativos…) coas súas publicacións, xuntanzas, celebracións e solemnidades, que constitúen o trama- do da “esfera pública” que define as sociedades modernas. Neses ámbitos, que ofrecían palestras privilexiadas –auténticos altavo- ces– aos intelectuais, non só importaban os textos escritos, senón tamén a comunicación oral. As propias Irmandades da Fala, coa súa polifacética actividade, son un bo exemplo disto; ao igual que –moitas veces en conexión con elas– o Círculo de Artesanos da Coruña, a Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, a Real Academia Galega, etc. De aí a importancia do discurso públi- co formal, isto é, a oratoria. Do que acabamos de dicir deducirase a razón de que na pre- sente antoloxía axuntemos a prosa non ficcional (tanto a litera- ria, como o ensaio, canto a non literaria: xornalística, divulgativa ou doutrinal) coa oratoria, xénero este en xeral moi pouco aten- dido na historiografía literaria. Ao facérmolo así non soamente pretendemos reivindicar a importancia de ambas as modalidades de discurso e o valor do contributo das Irmandades da Fala ao seu cultivo na nosa lingua, senón que tamén desexamos salientar Henrique Monteagudo │ 17 que, de feito, o galego culto contemporáneo se estreou en ambos os rexistros de xeito practicamente simultáneo. Ou mellor aínda, que a prosa culta e a oratoria en galego xemolaron xuntas, fecun- dándose mutuamente. Moitas foron as conferencias e alocucións coidadosamente preparadas por escrito que logo eran pronuncia- das nun ou varios actos públicos para finalmente pasaren aos pre- los con vistas a unha difusión impresa máis ampla.