Descargar En Szeged.Hu/1209/3/Pethoszilvia Tesisdoctoral Esp.Pdf TAGÜEÑA LACORTE, Manuel (2005): Testimonio De Dos Guerras, Barcelona, Planeta

Total Page:16

File Type:pdf, Size:1020Kb

Descargar En Szeged.Hu/1209/3/Pethoszilvia Tesisdoctoral Esp.Pdf TAGÜEÑA LACORTE, Manuel (2005): Testimonio De Dos Guerras, Barcelona, Planeta OS EXILIOS IBÉRICOS: UNHA OLLADA COMPARADA Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza Edita © CONSELLO DA CULTURA GALEGA, 2017 Pazo de Raxoi · 2º andar · Praza do Obradoiro 15705 · Santiago de Compostela T 981 957 202 · F 981 957 205 [email protected] www.consellodacultura.gal Imaxe da cuberta Bandeira do Consello de Galiza, que se conserva na Real Academia Galega, co seguinte lema: «Esta bandeira foi adequirida pol-os Galegos de Bos Aires i entregada a Don Alfonso R. Castelao como ofrenda â sua Patria e para que flamee n-ela o día da ansiada Liberdade. 28-6-1946» Imprime Grafisant, S.L. Depósito Legal: C 1735-2017 ISBN 978-84-92923-88-5 Coa colaboración do Grupo de Investigación Historia Política e dos Nacionalismos (Hispona) da USC RAMÓN VILLARES XOSÉ M. NÚÑEZ SEIXAS EDITORES OS EXILIOS IBÉRICOS: UNHA OLLADA COMPARADA Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza actas Presentación eúnense neste volume os textos presentados e obxecto de debate no marco do simposio Os Exilios Ibéricos en Clave Comparada, que co gallo do 70 aniversario da fundación en Montevideo do Consello de Galiza foi realizado en Santiago de Compostela os días 14 e 15 de novembro de 2014, coorganizadoR polo Consello da Cultura Galega e o Grupo de Investigación da USC Historia Política e dos Nacionalismos (HISPONA). O conxunto de experiencias aquí reflectidas, de estudos de casos e mais de reflexións conceptuais que se presentan ao público lector constitúen, ao noso entender, un achegamento orixinal, calidoscópico e cheo de suxestións teóricas e metodolóxicas que sen dúbida han arrequecer o debate internacional, fieis á fórmula de enxergar a historia de Galiza como unha célula de universalidade, e a historia do exilio galego como un laboratorio acaído para o tratamento de cuestións máis amplas, que se remiten ás novas olladas historiográficas sobre os exilios e as migracións. Un primeiro obxectivo do encontro foi analizar a executoria e características do galeguismo exiliado, e nomeadamente as circunstancias que levaron á constitución do Consello de Galiza, a súa evolución e mais as súas características diferenciais dentro do exilio republicano español, tema que aborda o texto de Ramón Villares. A seguir, nunha primeira sección, dedicada aos debates conceptuais, tentamos inserir a experiencia do exilio galego e galeguista de 1939 dentro dun contexto teórico, historiográfico, xeográfico e conceptual máis amplo. Iso implicou, en primeiro lugar, abordar as categorías analíticas asociadas aos conceptos de exiliado e emigrante, as súas mudanzas a través do tempo e mais os seus cambios de significado, como recolle o texto de Fernando Devoto (Universidad Nacional San Martín / Universidad Católica Argentina, Bos Aires). Pero tamén reavaliar algunhas das definicións clásicas do que son as diásporas, os exilios e a emigración, así como as fronteiras, non sempre nidias, 7 entre elas, á luz de paradigmas coma o da historia transnacional, como abordan Xosé M. Núñez Seixas (LMU, Múnich / Arquivo da Emigración Galega) e, centrándose neste caso na paralela historia dos exilios latinoamericanos da segunda metade do século XX, Pablo Yankelevich (Colegio de México). Nunha segunda sección é a quenda das análises transversais sobre os exilios, quer dende a perspectiva dunha familia política transnacional e as súas experiencias en diferentes países ou contextos de acollidas, quer dende a perspectiva dun grupo xeográfico determinado e a súa andaina por diversos lugares. Exiliados antifascistas europeos, tanto españois como alemáns, austríacos e italianos, que coexistiron e interaccionaron en Bos Aires e en México entre 1936 e 1945, como expón Andrea Acle-Kreysing (LMU Múnich / Universität Leipzig). Pero tamén os outros exiliados despois da II Guerra Mundial, os nazis, fascistas e colaboracionistas europeos que fuxiron a través de diversas rutas cara a América, cuxa andaina presenta máis dun punto en común coa dos antifascistas, como sinala Federica Bertagna (Università di Verona). Ou os exiliados comunistas galegos, que atravesaron diferentes continentes e tiveron perfís prosopográficos variados, inseridos nunha experiencia global, a do movemento comunista internacional, como analiza Víctor Santidrián (Fundación 10 de Marzo). Nunha terceira sección abórdanse diversos casos de exilios ibéricos. De entrada, as diferentes vagas dos exilios antisalazaristas durante o Estado Novo portugués, na América e na Europa, analizados por Víctor Pereira (Université de Pau). Pola súa banda, Emilio Grandío (USC) trata polo miúdo un caso singular, o republicano galego Salvador de Madariaga e a súa temperá opción por unha incorporación plena da España peregrina e os seus proxectos políticos ao horizonte da unificación europea. Tamén é a quenda dos exilios ibéricos que presentaron características en boa medida semellantes ás do exilio galego, ao estar presentes neles pulsións identitarias diferenciais: os exilios vascos, obxecto do texto de Oscar Álvarez Gila (Euskal Herriko Unibertsitatea), e mais os cataláns, centrándose neste caso no primeiro exilio catalanista, analizado por Àngel Duarte (Universitat de Girona). Un contributo específico, que une o exilio galego, portugués e brasileiro, é achegado polos traballos de Alberto Pena (Universidade de Vigo) e por Heloisa Paulo (Universidade de Coimbra). O primeiro deles está centrado na 8 PRESENTACIÓN presenza de expatriados e emigrantes no Portugal de Salazar e o seu apoio ao bando franquista na Guerra Civil española; o segundo está dedicado a indagar as relacións entre Castelao e o grupo selecto de republicanos portugueses (os Budas Cortesão, Morais, Moura Pinto) que logo acabaron sendo exiliados no Brasil. Trátase de estudos que non foron expostos no encontro realizado en Santiago de Compostela, senón noutra reunión que, sobre temática análoga, tivera lugar na Universidade de Coimbra algúns meses antes, pero que resultan moi acaídos para esta publicación. Ademais dos contidos analíticos propios dos artigos e das fontes orixinais que manexan, queremos chamar a atención sobre a edición de varias cartas de Castelao con estes exiliados portugueses que, sen dúbida, arrequecen o noso coñecemento da figura de Alfonso R. Castelao, pois non figuran no epistolario editado hai anos, ao coidado de X. M. Núñez Seixas (Obras de Castelao, vol. VI, 2000). As súas relacións con exiliados portugueses, vascos e cataláns, tanto na América como na Europa, mostran que o guieiro galego procuraba encontrar referentes políticos para un futuro republicano e iberista da Península Ibérica. Como adoita acontecer neste tipo de encontros, diversos son os temas tratados e diferentes son as perspectivas de análise, así como os ámbitos xeográficos abordados. Porén, o público lector atopará unha gran complementariedade das olladas. Boa parte das preguntas que figuraron no frontispicio do simposio (Que é un exiliado? Como se pode delimitar a súa experiencia da dos emigrados? Existen características comúns aos diversos exilios ibéricos, antifascistas, fascistas, comunistas ou nacionalistas? É posíbel atoparmos un terreo conceptual común e superarmos o positivismo acrítico que adoito afecta os estudos sobre os exilios?) son respondidas, de maneira implícita ou explícita, polos textos aquí recollidos. Queremos agradecer a todos os participantes naquel encontro a dilixencia con que entregaron os seus textos que, pola nosa parte, non logramos dar a lume con semellante rapidez, debido sen dúbida á complexidade dos materiais que agora editamos e para o que foi esencial o traballo de Begoña Tajes, responsable editorial do Consello da Cultura Galega. Pero temos a certeza de que o obxectivo central daquel encontro foi alcanzado e probablemente non existe mellor homenaxe á memoria daqueles que, en novembro de 1944, tentaron manter viva nas beiras do Río da Prata a memoria da Galiza ideal e antifascista, que reconstruír a súa historia no marco das 9 experiencias que os vencellaban, e ás veces os arredaban, das de moitos outros trasterrados en Europa e nas Américas. Trátase basicamente dunha historia de exiliados, pero non de persoas illadas. Todas elas soñaban un futuro mellor para Galiza e a España desgarradas pola Guerra Civil e algo daqueles soños está presente nas páxinas deste libro. Ramón Villares Xosé M. Núñez Seixas 10 Índice actas 6 PRESENTACIÓN Ramón Villares e Xosé M. Núñez Seixas 15 O Consello de Galiza na estratexia dos exilios ibéricos, 1939-1950 Ramón Villares 95 DEBATES TEÓRICO-CONCEPTUAIS 97 El exiliado y el emigrante. Nociones, ideas, problemas Fernando J. Devoto 123 Da historia política á análise transnacional: algunhas reflexións sobre os exilios no século xx Xosé M. Núñez Seixas 145 Experiencias de exilio en la historia reciente de América Latina Pablo Yankelevich 169 OLLADAS TRANSVERSAIS SOBRE OS EXILIOS 171 Exiliados europeos y cultura antifascista en Ciudad de México y Buenos Aires (1936-1945). Algunas hipótesis de trabajo Andrea Acle-Kreysing 193 El exilio de nazis, fascistas y colaboracionistas (1945-2014) Federica Bertagna 223 O caso galego dentro do exilio comunista internacional Víctor Manuel Santidrián Arias 249 EXILIOS IBÉRICOS 251 O exílio dos comunistas portugueses em França (1950-1974) Victor Pereira 267 Exilio, europeísmo y republicanismo: Salvador de Madariaga Emilio Grandío Seoane 293 ¿Exilio vasco, exilios vascos? Imágenes y debates entre la historia y la memoria Óscar Álvarez Gila 329 «Dolça Catalunya. Pàtria del meu cor!». Glosas al exilio catalanista de primera hora Ángel Duarte 355 ANEXO 357 Galeguismo, franquismo e salazarismo. A
Recommended publications
  • O Nacionalismo Galego (O Percurso Político E Literário Do Século XIX À Década De 1950)
    Universidade de Évora Departamento de Linguística e Literaturas Escola de Ciências Sociais O Nacionalismo Galego (o percurso político e literário do século XIX à década de 1950) Dissertação apresentada à Universidade de Évora para obtenção do grau de Mestre em Estudos Ibéricos por: Maria de Fátima Santos Duarte Figueiredo. Orientação do Professor Doutor António Cândido Valeriano Cabrita Franco Outubro, 2010 1 Universidade de Évora Departamento de Linguística e Literaturas Escola de Ciências Sociais O Nacionalismo Galego (o percurso político e literário do século XIX à década de 1950) Dissertação apresentada à Universidade de Évora para obtenção do grau de Mestre em Estudos Ibéricos por: Maria de Fátima Santos Duarte Figueiredo. Orientação do Professor Doutor António Cândido Valeriano Cabrita Franco Outubro, 2010 2 Ao Povo Galego 3 ÍNDICE Agradecimentos...........................................................................................................................5 Resumo........................................................................................................................................6 Abstract........................................................................................................................................7 INTRODUÇÃO...........................................................................................................................8 1- O Século XIX........................................................................................................................10 1.1- O Provincialismo
    [Show full text]
  • Valdi Guieiros.Pdf
    Xosé Val Díaz HEITOR PICALLO, AUTOR DA CAPA Heitor plasma a Valdi nun obradoiro alumeado polos tres cabalos do Coro do Mestre Mateo (Compostela), un bosquexo do capitel cun tritón da igrexa de Breixa de Silleda e o tímpano, que Valdi está a tallar, do templo de Cereixo de Ponte do Porto Moi recoñecido nas publicacións de Xermolos, Heitor Picallo agasállanos con esta aproximación a Valdi. A nosa Asociación e os seus lectores agradecen o xeito persoal que ten este artista de transmitir a grandeza e a particularidade de cada persoa nas súas caricaturas. Non só comunica o perfil físico, fai falar coa ollada ó homenaxeado, contaxianos da tenrura e xenerosidade de Valdi, transmite os seus sen- timentos e emocións. Heitor, observador sutil, arrinca a luz de cada persoa, convertida en cores e trazos relucentes, co seu enxeño máis agudo. Dende fai anos agardamos a súa arte na Festa das Nosas Letras, porque fomos apreciando que a súa caricatura era a que mellor acertaba e difundía a persoalidade do escritor, despois de descubrir a de Xaquín Lorenzo no Diario de Pontevedra (2004), ou as capas dedicadas a Lorenzo Varela e Lois Pereiro en Galicia Hoxe (2005 e 2011), e Paz Andrade en El Correo Gallego (2012). Sempre nas ás dunha formación humanística propia dos xenios do renacemento, é capaz de facer vibrar calquera criatura ************************ Héitor Picallo Fuentes (Cuntis 18-X-1974) estudou Enxeñería Técnica Naval na UDC (Campus de Ferrol), pero a súa escrita e plástica abrolla amplos coñecementos de historia, arte, lingua e literatura… Pero non é un teórico, illado da realidade… A súa arte está ó servizo do pobo, da loita pola dignidade: en defensa do patrimonio histórico-artístico (mámoas, aras, petroglifos, edificios senlleiros da contorna caldense, Burgas de Cuntis…), na defensa de intelectuais coma Isaac Díaz Pardo..., na recuperación da Memoria Histórica.
    [Show full text]
  • Año 5 Número 22
    Proyecto2:Maquetación 1 29/04/11 12:32 Página 1 AÑO 5 NÚMERO 22 Proyecto2:Maquetación 1 29/04/11 12:32 Página 2 EDITORIAL MAGDALENA DEL AMO FERNÁNDEZ Directora [email protected] esde su primera edición, Ourense Siglo XXI ha ido jalonando sus páginas con fotos y textos alusivos a las sobradas bellezas, potencialidades y recursos turísticos de la provincia. Así, vestigios prehistóricos representados en mámoas y petroglifos, como en Maus de Salas y PresPres- queira; restos romanos de calzadas, mansiones, miliarios y puentes, en Portoquintela, Lovios, San Xoan de Río y Trives; iglesias románicas y góticas impregnadas de oraciones y plegarias; cruceiros y petos de ánimas representativos del sentir de Galicia; monasterios con notas can- tarinas en sus coros, como Santa María de Oseira; viñedos y bolos graníticos; y manantiales termales emanando sin parar sus vapores mágicos, en Laias, Baños de Molgas, Arnoia y las charcas al lado del Miño. Pero Ourense, aparte de la visibilidad de lo enunciado, tiene además un componente profun- do, llamémosle intelectual-artístico-espiritual que se sustancia en un elenco de mentes avanza- das que han sabido combinar lo cercano y próximo con todo un universo de lejanos horizontes. El halagüeño título de La Atenas de Galicia del que hacen gala quienes practican el deporte de la ourensanía se debe a este panel de hombres y mujeres que han destacado en los ámbitos más importantes de la cultura. La gaita y la zanfona de Faustino Santalices, los discursos de Otero Pedrayo, los grabados de Prieto Nespereira, los oleos de Quessada, las películas de Velo o los textos de Cuevillas son sólo una muestra de este mosaico ourensano de arte e intelectualidad.
    [Show full text]
  • Democracy and European Emerging Values: the Right to Decide
    DEMOCRACY AND EUROPEAN EMERGING VALUES: THE RIGHT TO DECIDE COORDINATED BY GERARD BONA LANGUAGE REVIEW BY EMYR GRUFFYDD CENTRE MAURITS COPPIETERS 2015 Contents Foreword 6 Introduction 8 LAKE OR RIVER 14 THE POLITICAL CARTOONING OF CORNISH SELF-DETERMINATION 22 SELF-DETERMINATION AND WALES 44 TOWARDS SOVEREIGN FAROE ISLANDS 54 ABOUT TRANSYLVANIA 62 THE UDBYOUTH : HOW TO BE YOUNG, BRETON AND LEFT-WING WITHOUT AUTONOMY? 72 THE AUTONOMY GENERATION 80 SELF-DETERMINATION AND THE SILESIAN ISSUE 84 THE VALENCIAN COUNTRY AND THE RIGHT OF SELF-DETERMINATION 96 LIBERTY FOR BAVARIA 106 SOVEREIGNTY TO BUILD A GALIZA WITH THE PROMISE OF WORK AND A FUTURE FOR OUR YOUNG PEOPLE 112 “UNTIL ECONOMIC POWER IS IN THE HANDS OF THE PEOPLE, THEN THEIR CULTURE, GAELIC OR ENGLISH, WILL BE DESTROYED” 124 FLANDERS: ON THE ROAD TO BELGIAN STATE REFORM NUMBER 7 132 THE RIGHT OF SELF-DETERMINATION IN THE CATALAN COUNTRIES: 146 THE RIGHT TO DECIDE OF THREE COUNTRIES AND THEIR NATION This publication is financed with the support of the European Parliament (EP). THE MORAVIAN RIGHT TO SELF-DETERMINATION 154 The EP is not responsible for any use made of the content of this publication. The editor of the publication is the sole person liable. THE ROLE OF INFORMATION TECHNOLOGY IN THE SELF-DETERMINATION PROCESS OF ARTSAKH 164 This project has been funded with support from the European Commission. THE YOUTH, PIONEERS IN THE SELF-DETERMINATION OF SOUTH TYROL? 178 This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information CENTRE MAURITS COPPIETERS 188 contained therein.
    [Show full text]
  • Boletim Da Academia Galega Da Língua Portuguesa, 1
    ARQUIVO DIGITAL ACADEMIA GALEGA DA LÍNGUA PORTUGUESA http://arquivo.academiagalega.org Conjunto Documental: 2008 - Boletim da Academia Galega da Língua Portuguesa, 1. Título: Boletim da Academia Galega da Língua Portuguesa, 1. Data: 2008. Revista: Boletim da Academia Galega da Língua Portuguesa. Número: 1. Paginas: 260 [PDF sem as páginas 236-239 e 242-243, correspondentes às partituras musicais, por motivos de direitos autorais]. Editora: Academia Galega da Língua Portuguesa. Cidade: Padrão. Meio Original: Documento eletrónico em PDF, 258 p. de 14,8 x 21 cm. + 2 p. da capa e da contracapa de 32,17 x 21,63 cm. Proveniência: Joám Evans Pim. Direitos: Este material foi licenciado com uma licença Creative Commons, podendo ser copiado, distribuído, exibido e executado com atribuição da fonte, desde que seja para fins não comerciais, não podendo criar derivações da mesma. (CC-BY-NC-ND) 3.0, 2011. ESTUDOS 11 OnomedaGaliza J. Martinho Montero Santalha Síntese do reintegracionismo 35 contemporâneo Carlos Durão Um ponto de inflexão na reivindicação 57 nacional: 1916, a Irmandade da Fala Ernesto Vázquez Souza Estado, Nação e Tríade Lingüística: 89 Teorização leve sobre factos graves António Gil Hernández Categorias gramaticais e dicionários: 105 para uma didática dos advérbios Maria do Carmo Henríquez O hexâmetro dactílico greco-latino e a sua 117 adaptação à métrica galaico-portuguesa Ângelo Brea Hernández Galiza, terra e mãe 133 Mulheres e exílio na obra de Luis Seoane Bárbara Kristensen NOTAS SobreoconceitodeNotáveisnaobra 153 sociolinguística de António Gil Xavier Vilhar Trilho Um (assombrado) Complexo de Bartleby: 165 Isto [não] éumlivroe Eu [não] sou […] Álvaro J. Vidal Bouzon Revendo as noções de ‘Lusofonia’.
    [Show full text]
  • Descargar Libro
    Subvenciona: Publica: Dirección e coordinación Xosé González Martínez Carme Pérez Vaquero Edita: Fotografía: Pío García Imprime: En galego, agora e sempre Atribúeselle a Albert Einstein esta feliz frase: “Nós, os mortais, logramos a inmor- talidade nas cousas que creamos en común e que quedan despois de nós”. ¿Existe mellor creación común realizada por cada un dos galegos e galegas individualmente ca a lingua de noso? Abofé que non, e por tal motivo, nun acto ben consciente da finitude bioló- xica da súa existencia, cento tres persoas de orixe ourensá queren deixar nestas páxinas constancia firme e por escrito do seu dese- Prólogo xo de cederen en herdanza a lingua que os antergos lles legaron e que eles abicadaron e enriqueceron mentres viviron. E por medio desta manda están a prolongar o seu ser, que permanecerá vivo nos seus fillos e fillas, e nos netos e netas que deles saíren ata a morte do derradeiro deles. Quede aquí tamén constancia da miña grati- tude a todas estas persoas por acolleren con tanto entusiasmo esta afortunada e propicia 9 En galego, agora e sempre En galego, agora e sempre iniciativa da Asociación de Funcionarios para Un ano máis publicamos este libro de a Normalización Lingüística de Galicia; unha mandas a prol da lingua galega co que por- iniciativa que constitúe a expresión dun acto fiamos na procura dos obxectivos que nos de amor infinito pola lingua de cento tre fillos moveron desde a súa primeira edición no e fillas das terras de Ourense. 2002: salientar a importancia da transmi- Valentín García Gómez sión interxeracional do noso idioma e cha- Secretario Xeral de Política Lingüística mar a atención sobre o uso do galego nos documentos xurídicos e, en concreto, nas escrituras públicas.
    [Show full text]
  • Milena Kojić MODEL of the REGIONAL STATE in EUROPE
    University of Belgrade University La Sapienza, Rome University of Sarajevo Master Program State Management and Humanitarian Affairs Milena Kojić MODEL OF THE REGIONAL STATE IN EUROPE - A COMPARATIVE ANALYSIS WITH FOCUS ON THE REPUBLIC OF SERBIA Master Thesis Belgrade, August 2010 University of Belgrade University La Sapienza, Rome University of Sarajevo Master Program State Management and Humanitarian Affairs Milena Kojić MODEL OF THE REGIONAL STATE IN EUROPE - A COMPARATIVE ANALYSIS WITH FOCUS ON THE REPUBLIC OF SERBIA Master Thesis Members of the Commission: Assoc. Prof. dr. Zoran Krstić, Mentor Prof. Emer. dr. Marija Bogdanović, President Prof. dr. Dragan Simić, Member Defense date: __________________ Mark: __________________ Belgrade, August 2010 TABLE OF CONTENTS INTRODUCTION…………………………………………………………………......…1 PART I 1. Key terms and basic theoretical categories .....................................................................4 2. Basic models of state organization .................................................................................7 a) Consociational state .............................................................................................7 b) Unitary state – simple state ................................................................................10 c) Federation – complex state ……………………………………........................11 d) Regional state – tertium genus ………………………………...........................14 PART II 1. Republic of Italy……………………............................................................................18
    [Show full text]
  • 'Galiza Qualidade' Leva a Confusom Aos Mercados Em Detrimento Das
    NÚMERO 33 DE 15 DE AGOSTO A 15 DE SETEMBRO DE 2005 1 € "Sabotagens como a do dia 23 tenhem sido habituais em datas próximas do Dia da Pátria, sem a transcendência mediática desta ocasiom" Joám Bagaria, responsável nacional de Organizaçom da AMI PÁGINA 17 Ainda nom se conhecem mudanças na política contra incêndios do novo governo A quantidade de incêndios e de superfície queimada convertem este Verao no mais destrutivo da última década REDACÇOM / O novo conselhei- vençom continua sem existir, a ro do Meio Rural considerou formaçom das equipas de extin- umha "temeridade" mudar o dis- çom é nula e em muitos concel- positivo contra-incêndios em hos galegos o pessoal que fai plena campanha de extinçom. parte das brigadas é nomeado 'Galiza Qualidade' leva a confusom Em contrapartida, prometeu polo próprio presidente da transparência na difusom dos cámara, existindo umha crescen- dados para que os cidadaos e te preocupaçom e desconfiança aos mercados em detrimento das cidadás tomem consciência real na sociedade por este modo de do problema. Porém, à vista dos gerir a política florestal, sobretu- números já conhecidos, nom do tendo em conta que mais de denominaçons de origem parece que venha a ser difícil a 99% dos incêndios da CAG 'tomada de consciência' em rela- estám vinculados directa ou O SELO COMERCIALIZA COMO GALEGOS PRODUTOS QUE NOM O SOM çom ao problema: até o dia 7 de indirectamente à 'actividade Agosto já arderam na Comu- humana', percentagem muito REDACÇOM / Nom é a primeira zido, transformado e elaborado sentem incomodados com a con- nidade autónoma 15.217 hecta- superior à estatal.
    [Show full text]
  • Irmandades Da Fala: Narrativa. Antoloxía Edición De Ramón Nicolás
    Centenario das Irmandades da Fala Irmandades da Fala: narrativa. Antoloxía Edición de Ramón Nicolás Antoloxías da Academia 5 Irmandades da Fala: narrativa. Antoloxía 1 © da introdución, edición e notas Ramón Nicolás © da presente edición Real Academia Galega Deseño da colección Pepe Barro Maquetación e impresión Mazaira grafismo, sl ISBN: 978-84-946005-5-5 D.L.: C 348-2017 Irmandades da Fala: narrativa. Antoloxía Ramón Nicolás Introdución, edición e notas ÍNDICE 11 Limiar Ramón Nicolás 23 1. Contos da forxa (1916) Euxenio Carré Aldao 53 2. Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros (1919) Vicente Risco 77 3. O deputado por Beiramar (1919) Gonzalo López Abente 121 4. Queixumes / Home viaxeiro / Conto sinxelo (1920) Antón Losada Diéguez 129 5. Un ollo de vidro (1922) Alfonso Daniel Rodríguez Castelao 145 6. O vello mariñeiro toma o sol, e outros contos (1922) Euxenio Montes 175 7. O sol…, o vento (1922) Ramón Cabanillas 179 8. O que o solpor calaba / As irremediábeis melancolías (1922) Manoel Antonio 185 9. O serán (1922) Xoán Vidal Martínez 189 10. A costureira (1922) Nicolás García Pereira 229 11. A i-alma de Mingos (1922) Francisca Herrera Garrido 247 12. Pantelas, home libre (1925) Ramón Otero Pedrayo 269 13. Cabalgadas en Salnés (1925) Fermín Bouza Brey 289 14. Os pobres de Deus (1925) Luís Amado Carballo 321 Referencias 323 Bibliografía ampliada Limiar Ramón Nicolás O espírito dun novo Rexurdimento o primeiro número publicado pola colección ¡Terra a Nosa!, N incorporado a xeito de limiar da noveliña Contos da forxa (1919) de Euxenio Carré Aldao, incluíase un texto anónimo baixo o título de “Dous verbes”.
    [Show full text]
  • Juliana Bardella Fiorot a Utopia Monárquica Sueva: A
    JULIANA BARDELLA FIOROT A UTOPIA MONÁRQUICA SUEVA: A CONSTRUÇÃO DE UM REINO IDEAL (SÉCULOS V e VI) ASSIS 2021 JULIANA BARDELLA FIOROT A UTOPIA MONÁRQUICA SUEVA: A CONSTRUÇÃO DE UM REINO IDEAL (SÉCULOS V e VI) Tese apresentada à Universidade Estadual Paulista (UNESP), Faculdade de Ciências e Letras, Assis, para a obtenção do título de Doutora em História (Área de Conhecimento: História e Sociedade). Orientador: Drº Ruy de Oliveira Andrade Filho ASSIS 2021 AGRADECIMENTOS Há quatro anos, eu iniciei a escrita desta tese e lembro com carinho do exato momento em que os primeiros parágrafos foram concluídos. A sensação era de que havia muito trabalho pela frente, mas eu também tinha a plena certeza de que tudo daria certo ao final. De fato, foram anos muito difíceis preenchidos com dias, noites, tardes, feriados e finais de semana de muita dedicação. Em alguns períodos deste doutoramento, eu tive quatro empregos diferentes ao mesmo tempo que me trouxeram muitas experiências, mas também um cansaço excessivo. Ainda assim, tenho orgulho de dizer que esta tese não ficou um momento sequer esquecida. O doutorado era um sonho e caberia a mim vivenciá-lo e terminá-lo da melhor forma possível. Nesta jornada, eu tive a sorte de contar com o imensurável carinho de pessoas que foram e sempre serão importantes para mim. Graças à todo este sentimento, eu consegui chegar até aqui com a plenitude de alguém que passou a acreditar em si devido às incontáveis mensagens e demonstrações de apoio durante este processo. Eu sempre tive muita dificuldade para acreditar que eu fosse capaz de realizar algo com competência, e a minha exigência de concretizar tudo com um grande nível de qualidade faziam com que as cobranças mentais acabassem com minha autoestima.
    [Show full text]
  • No Nacionalismo Galego De Anteguerra
    Boletín da Real Academia Galega Núm. 381, pp. 13-28 © 2020. Real Academia Galega https://doi.org/10.32766/brag.381.784 NO NACIONALISMO GALEGO DE ANTEGUERRA CARBALLO CALERO AND PRE-CIVIL WAR GALICIAN NATIONALISM Justo Beramendi Universidade de Santiago de Compostela Resumo: Descrición da ideoloxía e da acción política de Ricardo Carballo Calero no seo da ala esquerda do nacionalismo galego entre 1926 e 1936: activista universitario, membro da Asociación Nacionalista de Santiago e de Esquerda Galeguista en 1930-1931, redactor do proxecto de Estatuto de Auto- nomía do Seminario de Estudos Galegos e dirixente do Partido Galeguista en 1931-1936. Abstract: This is a description of Ricardo Carballo Calero’s ideology and his political activity as a left-wing Galician nationalist from 1926 to 1936: as an activist in the University of Santiago de Compostela, member of the Santiago Nationalist Association and the Galicianist Left (1930-1931), co-author of the Home Rule Statute proposed by the Galician Studies Seminar and prominent militant of the Galicianist Party (1931-1936). Palabras chave: Ricardo Carballo Calero, nacionalismo galego, esquerda gale- guista, Partido Galeguista, autonomía de Galicia. Key words: Ricardo Carballo Calero, Galician nationalism, Galicianist Left, Galicianist Party, Galician Home Rule. Ricardo Carballo Calero (1910-1990) pertence á primeira xeración dos que, en analoxía coa expresión actual nativos dixitais, podemos chamar nativos nacio- nalistas galegos. Os membros da xeración precedente, a protagonista da trans- formación do rexionalismo en nacionalismo, chegaron ao galeguismo partindo doutros esquemas ideolóxico-políticos que tiveron que abandonar total ou par- cialmente: Antón Villar Ponte dende o republicanismo federal, Lois Porteiro dende o republicanismo rexeneracionista, Johán Vicente Viqueira dende o krau- sismo, Luís Peña Novo dende o agrarismo socialcatólico, Antón Losada Diéguez © 2020.
    [Show full text]
  • Os Orzamentos De 'Feijoy'
    Prezo 3,50€ Número 18 Ano 0 Sexta feira, 5 de outubro de 2012 Setembro do 72, a folga que mudou o país. do 72, a folga Setembro tradición para vender viño de calidade. coa Vendimar Pemex. As mentiras sobre a Bieito Lobeira. Entrevista PÁx. 10-11 PÁx. PÁX. 7 PÁX. PÁx. 18-19 PÁx. PÁx. 12-13 PÁx. Os orzamentos de 'Feijoy' O papel utilizado para a impresión deste semanario conta co selo FSC e foi fabricado e partir de fragas e plantacións xestionadas cos máis altos estándares ambientais, garantindo un tratamento dos recursos sustentábel para o medio ambiente e beneficioso para as persoas. Sermos Galiza asegura, asemade, a reutilización do papel excedente e convida, após a lectura, á reciclaxe das páxinas ou exemplares que non se arquivaren. 2 EDITORIAL 5 de outubro de 2012 EDITORIAL Ricos para pagar, pobres para merecer Comeza a campaña electoral. Por A dereita logrou tirar por obxectivos, dos gobernos de Rajoy toda a sociedade se considere clase diante, 360 horas de exposición pú- e o de Feijóo. media. Un éxito ideolóxico. blica ás mensaxes con que as for- terra toda a terminoloxía Galiza non pode nin debe renun- Mais ese mundo que debuxan, on- macións políticas concorrentes ten- da esquerda e fixo que ciar ao que lle pertence, porque -e de non hai nin pobres nin ricos, se- tarán atraer a vontade cidadá para retornamos a Castelao- “ se o pagou, nón solidariedade compartida en slo- que o 21-O os votos corran ao seu toda a sociedade se se axuda a enxugar unha anualida- gan da Consellaría de Educación, nin rego.
    [Show full text]