VIGO EN FESTAS 2018 Do 12 De Xullo Ao 12 De Agosto
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
VIGO EN FESTAS 2018 do 12 de xullo ao 12 de agosto CONCERTOS NO AUDITORIO AO AIRE LIBRE DE CASTRELOS LITTLE STEVEN & THE DISCIPLES OF SOUL 12 de xullo – 22:30 horas Man dereita de Bruce Springsteen, membro do selecto club de artistas lendarios que foron incluídos no Rock’n’Roll Hall of Fame, alma da E Street Band e un dos guitarristas máis carismáticos do rock estadounidense, Little Steven chega a Vigo, rodeado dunha abraiante banda de 14 músicos, os seus Disciples of Soul. Nos seus directos fan un repaso á historia do rock, reivindicando a figuras que marcaron a música con maiúsculas. Prezos: 6,00 euros (máis gastos) en venda anticipada e 8,00 euros o día do concerto. (De pé) JOAN MANUEL SERRAT 21 de xullo – 23:00 horas Fai case medio século, Joan Manuel Serrat embarcou na súa odisea en busca de novos horizontes e, como Ulises, despois de ter sobrevivido a aventuras e perigos na súa travesía, volve á casa. No seu novo espectáculo “Mediterráneo da capo” (termo musical de orixe italiana que significa “volver ao principio”), o artista retoma grandes éxitos do seu disco “Mediterráneo” de 1971: “Lucía”, “Aquellas pequeñas cosas”, “Pueblo blanco”, “Barquito de papel”, “Mediterráneo” e algunha sorpresa musical de novo cuño. Prezos: 5,00 euros (máis gastos) en venda anticipada e 7,00 euros o día do concerto. (Con cadeiras) MANÁ 23 de xullo – 23:00 horas O cuarteto integrado por Fher Olvera, Alex González, Sergio Vallín e Juan Calleros, fundado en Guadalajara (México) en 1986, posúe o impresionante historial de nove álbums número 1 e dez singles número 1, máis que calquera outra banda na historia da lista Hot Latin Songs de Billboard. Maná combinará en Vigo os maiores éxitos da súa traxectoria cos últimos temas, líderes nas listas musicais, do álbum “Cama incendiada”, galardonado co Grammy latino. Prezos: 10,00 euros (máis gastos) en venda anticipada e 12,00 euros o día do concerto. (De pé) DORIAN + ZOÉ 27 de xullo – 22:30 horas Zoé e unha das bandas máis brillantes e explosivas da escena latinoamericana actual. Xurdidos do underground na Cidade de México durante a década dos dous miles, estes alquimistas do rock cósmico acadaron un merecidísimo éxito masivo a nivel continental, que lles valeu o Grammy en 2011, premio que obtiveron polo seu “MTV Unplugged”. A súa actual xira conta como “teloneiros” coa banda de Barcelona Dorian, que lanza esta primavera “Justicia universal”, o seu novo álbum de estudo tras cinco anos sen temas novos. Prezos: 5,00 euros (máis gastos) en venda anticipada e 7,00 euros o día do concerto. (De pé) MORAT 31 de xullo – 23:00 horas Morat é unha banda nova que atesoura maxia, talento e cabeza. Formada por Juan Pablo Isaza (guitarra e voz), Juan Pablo Villamil (guitarra, baixo e voz), Martín Vargas (percusión e coros) e Simón Vargas (baixo e coros); catro colombianos cunha media de idade de 22 anos. Tras os temas “Cómo te atreves” e “Cuanto me duele”, co seu novo single “Amor con hielo” Morat experimenta unha notoria reacción dos seus fans nos seus concertos, marcando unha nova etapa na súa carreira. Prezos: 5,00 euros (máis gastos) en venda anticipada e 7,00 euros o día do concerto. (De pé) RAPHAEL 2 de agosto – 23:00 horas Raphael volve a Vigo dentro da súa xira ´Loco por cantar´, coa que ademais de recorrer parte da xeografía española tamén chegará a diversos países americanos. Sobre o escenario, o cantante xienense presentará temas do seu último disco “Infinitos bailes”, que inclúe composicións de artistas como Iván Ferreiro ou Vanessa Martin e lembrará algunhas das súas cancións máis míticas e coñecidas como “Yo soy aquel” ou “Mi gran noche”. A historia de Raphael é impresionante, como o testemuñan os seus 326 discos de oro, 49 de platino e o único de uranio entregado a un cantante de fala hispana no mundo, por vendas de máis de 50 millóns de copias. Prezos: 5,00 euros (máis gastos) en venda anticipada e 7,00 euros o día do concerto. (Con cadeiras) LORI MEYERS 5 de agosto – 23:15 horas O grupo de indie rock español Lori Meyers, integrado por Antonio López (voz e guitarra), Alejandro Méndez (voz e guitarra), Alfredo Núñez (batería), Miguel López (baixo e coros), J. J. Machuca (teclados) e Javier Doria (guitarra), vén de lanzar “20 años, 21 canciones”, unha insuperable colección de clásicos e xoias inéditas cos que o grupo granadino celebra 20 anos desde a súa formación. Prezos: 5,00 euros (máis gastos) en venda anticipada e 7,00 euros o día do concerto. (De pé) JUANES 8 de agosto – 23:00 horas A superestrela colombiana Juanes, gañador de varios premios Grammy e Grammy Latinos, volve a Vigo, para presentar o seu novo álbum “Mis planes son amarte”, onde detalla a busca do amor duradeiro que vai máis aló do tempo e do espazo. O ''ex-coach'' de La Voz España ofrecerá un concerto único no noso país, onde amosará as súas cancións de hoxe e de sempre, co seu particular son pop-rock de guitarra eléctrica, que porá o público a bailar cos seus ritmos contaxiosos. Prezos: 6,00 euros (máis gastos) en venda anticipada e 8,00 euros o día do concerto. (De pé) AITANA, ANA GUERRA, CEPEDA, MIRIAM e ROI en concerto 10 de agosto – 22:30 horas Os concursantes do programa televisivo Operación Triunfo 2017 Aitana, Ana Guerra, Cepeda, Miriam e Roi reúnense en Vigo para ofrecer un espectáculo único a todos os seus seguidores. Desde o seu paso polo programa, cada un destes artistas ten aumentado o seu número de fans ademais de acadar grande éxito cos seus singles (como é o caso de “Lo malo”, con Aitana e Ana Guerra) ou ben de iniciar a composición e gravación dos seus primeiros traballos en solitario. Prezos: 5,00 euros (máis gastos) en venda anticipada e 7,00 euros o día do concerto. (De pé) CORAL CASABLANCA 28 de xullo – 23:00 horas Acceso libre ata completar a capacidade do recinto (Con cadeiras) ESPECTÁCULOS INFANTÍS “CATIVO MUSICAIS” Espectáculos de pequeno formato no escenario do Auditorio de Castrelos. Acceso libre ata completar a capacidade do recinto (Con cadeiras) ROCK EN FAMILIA – 3 de agosto – 20:00 horas Neste espectáculo, as cativas e os cativos poderán descubrir as figuras lendarias do rock como Bon Jovi, Bruce Springsteen ou Ramones. CANTAJUEGO – 4 de agosto – 20:00 horas Cantajuego trae a Vigo a súa nova xira “Yo tengo derecho a jugar”. Nesta ocasión, os “Cantajuegos” despregan toda a súa enerxía a través das súas cancións máis populares, incluíndo os hits de “Viva mi planeta”, o seu último traballo nominado aos Grammys latinos. XURÁSICO, A ILLA PERDIDA – 6 de agosto – 20:00 horas O intrépido veterinario de especies tropicais, Paco Cuesta, verase interrompido na presentación do primeiro laboratorio transxénico para especies grandes pola famosa presentadora de TV, Cassandra Ramires, que nun descuido liberará aos dinosauros. Cuesta e a súa equipo coa indispensable axuda do público deberán ir na súa busca. OS MUNDOS DE PEPPA PIG E BEN & HOLLY – 7 de agosto – 20:00 horas Unha marabillosa excursión polos mundos destas dúas prestixiosas serie de televisión. Viaxa con Ben, Holly, Nana, o Vello Trasno e Gastón meténdote no pequeno reino máxico onde se está a preparar a Festa do inverno. A excursión continúa coa raíña Peppa Pig e todos os seus amigos, as princesas Suzy Sheep e Candy Cat, o pequeno George mailos piratas Danny Dog e Pedro Pony. OUTROS CONCERTOS FESTA DA CULTURA Actuacións de Grupos da Agrupación de Centros deportivos e culturais e doutros artistas na Porta do Sol (máis Pasacalles desde a rúa Príncipe) 13 de xullo – de 19:00 a 20:35 horas: Grupos folclóricos 21:00 horas: TEO CARDALDA 22:30 horas: EL PELOTÓN DE LOS TORPES 23:30 horas: LOSTO KINSKY 14 de xullo – de 11:00 a 13:20 e de 18:00 a 20:25 horas: Grupos folclóricos 22:30 horas: WÖYZA 24:00 horas: SKANDALOGZ A NOITE DAS PERSEIDAS Orquestra clásica de Vigo Monte do Castro 11 de agosto – 21:30 horas Acceso libre XXIV FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL Grupos participantes: Grupo PARAGUAY MÚSICA Y DANZA (Paraguai) Grupo UNIVERSIDAD CAYETANO HEREDIA (Perú) BALLET DAKAR (Senegal) Grupo folclórico VALDEMEDEL (Badaxoz – Estremadura) Asociación folclórica CORISCO, LEMBRANZAS GALEGAS e Banda de gaitas XARABAL ACTUACIÓNS EN BARRIOS* – do 17 ao 22 de xullo – 21:30 horas 17de xullo: PARAGUAY MÚSICA Y DANZA e UNIVERSIDAD CAYETANO HEREDIA – Alameda de San Andrés de Comesaña 18 de xullo: BALLET DAKAR e PARAGUAY MÚSICA Y DANZA – Auditorio CVC de Valladares 19 de xullo: UNIVERSIDAD CAYETANO HEREDIA e BALLET DAKAR – Centro cultural Helios de Bembrive 20 de xullo: BALLET DAKAR e VALDEMEDEL – Centro cultural de Beade 22 de xullo: VALDEMEDEL e BALLET DAKAR – Auditorio CCR Becerreira Cabral * entrada libre ata completar capacidade do recinto ANIMACIÓNS EN RÚAS – 12:00 horas 18 de xullo: PARAGUAY MÚSICA Y DANZA – Rúa Príncipe (diante do MARCO) 19 de xullo: UNIVERSIDAD CAYETANO HEREDIA - Rúa peonil do Calvario 20 de xullo: BALLET DAKAR – Mercado de Teis ACTO CENTRAL con DESFILE – 21 de xullo 20:00 horas: Desfile de grupos polas rúas García Barbón (desde Santiago de Vigo) e Policarpo Sanz 21:30 horas: ACTO CENTRAL** - Auditorio Afundación: TODOS OS GRUPOS ** acceso mediante invitacións que se repartirán no recinto 2 horas antes do inicio da función. FESTAS GASTRONÓMICAS – con sabor a mar Festas de exaltación de produtos típicos da gastronomía local FESTA DO POLBO Monte do Pozos (Valadares) 12 de agosto - a partir das 11:00 horas. FESTA DA SARDIÑA Carballeira da Guía 18 e 19 de agosto – a partir das 10:00 horas FESTA DO MEXILLÓN Parque de Castrelos 2 de setembro – a partir das 11:00 horas OUTROS EVENTOS FESTIVAL POÉTICO PIROMUSICAL Bouzas 15 de xullo – a partir das 23:00 horas ANIMACIÓNS INFANTÍS POR BARRIOS Obradoiros e actividades infantís..- de 17:00 a 20:00 horas Teis – 23 de xullo Zona peonil do Calvario – 24 de xullo Praza da Independencia – 26 de xullo Bouzas – 27 de xullo Navia – 28 de xullo VIKUL Actuacións de Danza urbana de Vigo Porta do Sol 26 e 27 de xullo - 20:00 horas “O MARISQUIÑO” - 17ª Edición.