Por O Anterior Catálogo De Recompilación Das Mencións Fúnxicas
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Mykes 14: 13-38. 2011 ACTUALIZACIÓN DO CATÁLOGO MICOLÓXICO GALEGO (PEZIZOMYCOTINA , ASCOMYCOTA ) por J. RODRÍGUEZ -V ÁZQUEZ et M.L . CASTRO * RODRÍGUEZ -V ÁZQUEZ , J. et CASTRO , M.L . 2011. Actualización do catálogo micolóxico ga - lego ( Pezizomycotina , Ascomycota ). Mykes 14: 13-38. RESUMO Este traballo é o catálogo actualizado de citas bibliográficas dos macromicetos (Pezizomycotina , Ascomycota ) que non foron citados en Galicia (N.O. da Penín - sula Ibérica) na derradeira actualización de SOLIÑO et CASTRO (2005). Palabras clave : Pezizomycotina , Ascomycota , Galicia, coroloxía . RODRÍGUEZ -V ÁZQUEZ , J. et CASTRO , M.L. 2011. Update of the Galician macromycetes check-list ( Pezizomycotina, Ascomycota ). Mykes 14: 13-38. SUMMARY This is a compilation of all taxa of Pezizomycotina (Ascomycota ) gathered and published in Galicia (NW Spain) which do not appear in the latest check-list of SOLIÑO et CASTRO ’s (2005) macromycetes . Key words : Pezizomycotina , Ascomycota , Galicia, chorology . INTRODUCIÓN O anterior catálogo de recompilación das mencións fúnxicas galegas foi publicado no ano 2005 (SOLIÑO et CASTRO ). Este catálogo recolle todos os datos corolóxicos e fenolóxicos dos taxons ( Ascomycota e Ba - sidiomycota ) que se publicaron en Galicia entre 1850 e 2002. Víase así cumprido un dos obxectivos plantexados na tese de doutoramento de SOLIÑO (2004) e , constituíu un dos fitos máis importantes nos estudos * Laboratorio de Micoloxía. Facultade de Bioloxía. Campus As Lagoas-Marcosende. Universidade deVigo. E-36310-Vigo. e-mail: [email protected] ; [email protected] 13 Mykes 14: 13-38. 2011 de coroloxía e biodiversidade fúnxica que se estaban a levar a cabo en Galicia dende o laboratorio de Micoloxía da Universidade deVigo . A ampla presenza de representantes do Reino Fungi na comunidade galega púidose comprobar coa realización dunha exhaustiva recompila - ción bibliográfica . Os resultados quedaron plasmados nunha serie de traballos publicados nos últimos anos SOLIÑO et al. (1999, 2000, 2001), RODRÍGUEZ -V ÁZQUEZ et al. (2002), SOLIÑO et CASTRO (op. c. )eRODRÍ - GUEZ -V ÁZQUEZ et CASTRO (2006, 2011). Nesta mesma liña de traballo inscríbese o presente artículo ao completar e presentar a actualización dos datos corolóxicos galegos dos representantes fúnxicos pertencentes ao subphyllum Pezizomycotina O.E.Erikss. et Winka (Ascomycota Caval.-Sm. ). METODOLOXÍA Para a recompilación dos datos bibliográficos seguíronse os crite - rios de clasificación propostos en KIRK et al. (200 8). Descartáronse as referencias a representantes dos subphylla Saccharomycotina Schiønning e Taphrinomycotina O.E.Erikss. et Winka. En canto aos fungos perten - centes ó subphyllum Pezizomycotina O.E.Erikss. et Winka establecéronse tamén uns limites: recolléronse os datos corolóxicos dos representan - tes dos taxons Eurotiomycetidae , Leotiomycetes , Orbiliomycetes , Pezizomy - cetes (non Erysiphales ) e Sordariomycetes (non Diaporthales ). Tampouco se tiveron en conta os fungos liquenizados. Para a elaboración deste novo catálogo unicamente se consideran as mencións fúnxicas galegas que non apareceran na recompilación de SOLIÑO et CASTRO (op. c. ). Para os taxons xa publicados con anteriori - dade tan só aportamos os datos relativos á ampliación da súa área de distribución . Destacamos cun asterisco aqueles que son novos para Ga - licia ou que non apareceron no listado de SOLIÑO et CASTRO (op. c. ). Neste catálogo tamén se procurou excluir as citas que fan referencia a un material publicado anteriormente. Por outra parte, tan so se tiveron en conta as citas a nivel provincial, ao considerar que as referencias por enriba deste nivel non achegaban información precisa e relevante ao pre - sente catálogo. Finalmente descartáronse todas aquelas publicacións que, como mínimo, non tiveran claramente especificado o seu código de De - 14 Mykes 14: 13-38. 2011 pósito Legal, ISBN ou ISSN . A revisión bibliográfica abrangue os traballos publicados antes de finais de decembro do ano 2011. En cada taxon, utilizamos as correspondentes obras monográficas específicas para facilitar os datos nomenclaturais : binomen específico actualizado , seguido dos autores correspondentes e os datos bibliográ - ficos relativos á primeira obra de publicación . As abreviaturas dos au - tores establécense en base ao indicado por BRUMMITT et POWELL (1992). Para as abreviaturas dos libros e das publicacións periódicas, síguense as indicacións establecidas nos Taxonomic Literature (STAFLEU et COWAN , 1976-1988; STAFLEU et MENNEGA , 1992-2000) e nos Botanicum-Periodi - cum-Huntianum (LAWRENCE et al. , 1968; BRIDSON et SMITH , 1991). Nalgúns casos tamén se complementou a información coa consulta das bases de datos nomenclaturais on-line : Mycobank (ROBERT et al. , 2005) ou o Index of Botanical Publication do Harvard University Herbaria (2011). No caso de consideralo necesario, a continuación do binomen ac - tualizado recóllense os sinónimos cos que foi citado cada taxon na bi - bliografía referida a Galicia. A continuación , figuran os datos corolóxicos para as catro provincias galegas, obtidos da revisión bibliográfica . Para alixeirar o catálogo asignouse a cada traballo un código , elabo - rado a partir do ano da súa publicación seguido dunha letra. Ao final do catálogo indícase a referencia completa. RESULTADOS A revisión bibliográfica permitiu rexistrar os datos procedentes de 55 publicacións nas que aparecen mencionados representantes do subphyllum Pezizomycotina nalgunha das catro provincias galegas. Os 428 rexistros obtidos conforman un catálogo de 19 5 taxons distribuídos en 109 xéneros. Por provincias, atopáronse 12 6 taxons na Coruña, 65 en Lugo, 50 en Ourense e 67 en Pontevedra. Comparando cos resultados obtidos por SOLIÑO et CASTRO (2005), 112 taxons xa foran publicados anteriormente para Galicia . Os 83 ta - xons restantes son novas achegas ao catálogo galego. Os taxons atopados foron os seguintes: 15 Mykes 14: 13-38. 2011 Pezizomycotina O.E.Erikss. et Winka (1997 ) Eurotiomycetes O.E.Erikss. et Winka (1997 ) Eurotiales G.W.Martin ex Benny et Kimbr. (1980 ) Elaphomycetaceae Tul. ex Paol. (1889 ) Elaphomyces Nees (1820 ) Onygenales Cif. ex Benny et Kimbr. (1980 ) Onygenaceae Berk. ,1857 ) Onygena Pers. (1800 ) Leotiomycetes O.E.Erikss. et Winka (1997 ) Helotiales Nannf. ex Korf et Lizoň (2000 ) Dermateaceae Fr. (1849 ) Mollisia (Fr.) P.Karst. (1871 ) Pseudopeziza Fuckel (1870 ) Pyrenopeziza Fuckel (1870 ) Tapesia (Pers. ) Fuckel (1870 ) Trichobelonium (Sacc.) Rehm (1891 ) Trochila Fr. (1849 ) Helotiaceae Rehm (1886 ) Ascocoryne J.W.Groves et D.E.Wilson (1967 ) Bisporella Sacc. (1884 ) Chlorociboria Seaver ex C.S.Ramamurthi, Korf et L.R.Batra (1958 ) Cudoniella Sacc. (1889 ) Discinella Boud. (1885 ) Heterosphaeria Grev. (1824 ) Hymenoscyphus Gray (1821 ) Neobulgaria Petr . (1921 ) Ombrophila Fr. (1849 ) Pezizella Fuckel (1870 ) Hyaloscyphaceae Nannf. (1932 ) Arachnopeziza Fuckel (1870 ) Dasyscyphella Tranzschel (1898 ) Dasyscyphus Nees ex Gray (1821 ) Lachnum Retz. (1795 ) Polydesmia Boud. (1885 ) Proliferodiscus J.H.Haines et Dumont (1983) Phacidiaceae Fr. (1849 ) Phacidium Fr. (1815 ) Rutstroemiaceae Holst-Jensen, L.M.Kohn et T.Schumach. (1997 ) Lanzia Sacc. (1884 ) 16 Mykes 14: 13-38. 2011 Rutstroemia P.Karst. (1871 ) Sclerotiniaceae Whetzel (1945 ) Ciboria Fuckel (1870 ) Ciborinia Whetzel (1945 ) Mitrula Fr. (1821 ) Vibrisseaceae Korf (1990 ) Vibrissea Fr. (1822 ) Leotiales Korf et Lizoň (2001 ) Bulgariaceae Fr. (1849 ) Bulgaria Fr. (1822 ) Leotiaceae Corda (1842 ) Leotia Pers. (1794 ) Rhytismatales M.E.Barr ex Minter (1986 ) Cudoniaceae P.F.Cannon (2001 ) Spathularia Pers. (1797 ) Rhytismataceae Chevall. (1826 ) Coccomyces De Not. (1847 ) Colpoma Wallr. (1833 ) Lophodermium Chevall. (1826 ) Marthamyces Minter (2003) Rhytisma Fr. (1818 ) Orbiliomycetes O.E.Erikss. et Baral (2003 ) Orbiliales Baral, O.E.Erikss., G.Marson et E.Weber (2003 ) Orbiliaceae Nannf. (1932 ) Orbilia Fr. (1836 ) Pezizomycetes O.E.Erikss. et Winka (1997 ) Pezizales J.Schröt. (1894 ) Ascobolaceae Boud. ex Sacc. (1884 ) Ascobolus Pers. (1796 ) Discinaceae Benedix (1962 ) Discina (Fr.) Fr. (1849 ) Gyromitra Fr. (1849 ) Helvellaceae Fr. (1822 ) Helvella L. (1753 ) Morchellaceae Rchb. (1834 ) Disciotis Boud. (1885 ) Mitrophora Lév. (1846 ) Morchella Dill. ex Pers. (1794 ) Verpa Sw. (1814 ) Pezizaceae Dumort. (1829 ) 17 Mykes 14: 13-38. 2011 Pachyella Boud. (1907 ) Peziza Fr. (1822 ) Plicaria Fuckel (1870 ) Sarcosphaera Auersw. (1869 ) Pyronemataceae Corda (1842 ) Aleuria Fuckel (1870 ) Anthracobia Boud. (1885 ) Byssonectria P.Karst. (1881 ) Cheilymenia Boud. (1885 ) Geopora Harkn . (1885 ) Geopyxis (Pers.) Sacc. (1889 ) Humaria Fuckel (1870 ) Hydnocystis Tul. et C.Tul. (1845 ) Melastiza Boud. (1885 ) Otidea (Pers.) Bonord. (1851 ) Pustularia Fuckel (1870 ) Pyronema Carus (1835 ) Scutellinia (Cooke) Lambotte (1887 ) Smardaea Svrček (1969 ) Tarzetta (Cooke) Lambotte (1888 ) Trichophaeopsis Korf et Erb (1972 ) Rhizinaceae Bonord. (1851 ) Rhizina Fr. (1815 ) Sarcoscyphaceae Le Gal ex Eckblad (1968 ) Sarcoscypha (Fr.) Boud. (1885 ) Sarcosomataceae Kobayasi (1937 ) Plectania Fuckel (1870 ) Urnula Fr. (1849 ) Tuberaceae Dumort. (1822 ) Tuber P.Micheli ex F.H.Wigg. (1780 ) Sordariomycetes O.E.Erikss. et Winka (1997 ) Chaetosphaeriales Huhndorf, A.N.Mill. et F.A.Fernández (2004 ) Chaetosphaeriaceae Réblová, M.E.Barr et Samuels (1999 ) Chaetosphaeria Tul. et C.Tul. (1863 ) Coronophorales Nannf (1932 ) Bertiaceae Smyk (1981 ) Bertia De Not. (1844 ) Chaetosphaerellaceae Huhndorf, A.N.Mill. et F.A.Fernández