Proxeccións De Poboación a Curto Prazo. 2018-2033 Resumo De Resultados 21/12/2018
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Proxeccións de poboación a curto prazo. 2018-2033 Resumo de resultados 21/12/2018 Índice Introdución .................................................................................................... 1 Variación da poboación ................................................................................ 1 Variables demográficas proxectadas ............................................................ 4 Indicadores de envellecemento proxectados ................................................ 6 Anexo ........................................................................................................... 8 Introdución A partir da información proporcionada polas proxeccións a curto prazo elaboradas cada dous anos polo Instituto Nacional de Estadística (INE), o IGE elabora a desagregación territorial das mesmas, ata o nivel de comarcas. Preséntanse neste momento os resultados obtidos para o período temporal 2018-2033,por sexo e grupos quinquenais de idade. Variación da poboación No caso de mantérense as tendencias demográficas actuais, Galicia presentaría un comportamento continuo de decrecemento poboacional no período 2018- 2033,que chegaría a acumular unha caída do 5,11%.Por provincias, serían as de Ourense e Lugo as que manifestarían diminucións máis acusadas, dun 9,02% e 8,23% respectivamente no período considerado, mentres que nas provincias de A Coruña e Pontevedra estas diminucións serían do 4,24% e 3,76% respectivamente. A diminución da poboación galega explicaríase maioritariamente polo saldo vexetativo negativo no período, que seguiría a tendencia observada nos últimos anos, cunha diferenza cada vez máis ampla entre nacementos e defuncións. Asi, se en 2018 o saldo vexetativo acadaría a cifra de -14.563 persoas, en 2032 proxéctase en -18.691. Cómpre salientar a diferente evolución de ambas variables: o número de nacementos continuará nunha senda descendente, mentres que o número de defuncións aumenta de forma continuada durante todo o período da proxección. 1 Porén, o saldo migratorio en Galicia presentaría signo positivo en todo o período da proxección, acadando o seu valor máximo no ano 2022, 9.014 persoas. Poboación residente no 1 de xaneiro de cada ano. Galicia e provincias Unidade: persoas, tanto por cento (%) Espazo 2018 2033 Taxa de variación Galicia 2.703.290 2.565.194 -5,11 - A Coruña 1.121.484 1.073.931 -4,24 - Lugo 331.507 304.240 -8,23 - Ourense 309.372 281.452 -9,02 - Pontevedra 940.927 905.571 -3,76 Fonte: INE. Proyecciones de población (descarga da táboa) Nota: os datos do ano 2017 constitúen o punto de partida para a elaboración das proxeccións e proceden das Cifras de poboación do INE para os ámbitos xeográficos de Galicia e provincias Por áreas (agrupación de comarcas), as que presentarían un maior decrecemento poboacional no período 2018-2033 serían as de Ourense sur cunha diminución do 17,26%, a de O Carballiño-O Ribeiro, cun decrecemento do 15,2%, e a Área da Costa da morte, cun descenso do 15,05%. Segundo estas estimacións, varias comarcas perderían en torno a unha cuarta parte da súa poboación nos próximos quince anos: Viana, Baixa Limia, Terra de Caldelas, Terra de Celanova, Ortegal, A Fonsagrada, Os Ancares, Terra de Soneira, Xallas, Terra de Trives, O Ribeiro, con decrecementos no período 2018- 2033 superiores ao 20%. Por outra parte, as únicas comarcas que non perden poboación no período considerado serían as de Santiago, cun incremento do 5,79%, e A Coruña, cun incremento do 1,89%. 2 Poboación residente no 1 de xaneiro de cada ano. Áreas xeográficas Unidade: persoas, tanto por cento (%) Espazo 2018 2033 Taxa de variación A Coruña suroriental 65.849 56.182 -14,68 Ferrol-Eume-Ortegal 189.925 171.007 -9,96 Área da Costa da morte 134.585 114.327 -15,05 A Barbanza-Noia 99.425 91.772 -7,70 Área da Coruña 436.494 439.450 0,68 Área de Santiago 195.207 201.193 3,07 Lugo sur 49.138 44.074 -10,31 Lugo oriental 38.035 33.413 -12,15 Lugo central 173.072 160.249 -7,41 A Mariña 71.262 66.505 -6,68 O Carballiño-O Ribeiro 42.442 35.991 -15,20 Ourense central 46.795 41.669 -10,95 Ourense sur 78.717 65.132 -17,26 Área de Ourense 141.418 138.660 -1,95 Pontevedra nororiental 66.629 59.645 -10,48 Pontevedra sur 108.696 99.815 -8,17 Caldas-O Salnés 143.949 140.105 -2,67 O Morrazo 81.494 75.041 -7,92 Área de Pontevedra 124.473 121.597 -2,31 Área de Vigo 415.686 409.368 -1,52 Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa) Nota: os datos do ano 2017 constitúen o punto de partida para a elaboración das proxeccións e proceden das Cifras de poboación do INE para os ámbitos xeográficos de Galicia e provincias 3 Variación da poboación residente entre 2018 e 2033. Comarcas Unidade: tanto por cento (%) Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa) Nota: os datos do ano 2017 constitúen o punto de partida para a elaboración das proxeccións e proceden das Cifras de poboación do INE para os ámbitos xeográficos de Galicia e provincias Variables demográficas proxectadas A poboación galega presenta valores negativos no seu saldo vexetativo, é dicir, un maior número de defuncións que de nacementos. Para o período de proxección considerado, 2018-2032, estímanse 234.004 nacementos e 495.756 defuncións en Galicia, o que daría lugar a un saldo vexetativo negativo de -123.658 persoas. Por áreas, todas elas presentarían un saldo vexetativo negativo no período de proxección. 4 Nacementos, defuncións, saldo vexetativo e saldo migratorio proxectados para o período 2018-2032. Galicia e áreas xeográficas Unidade: persoas Saldo Saldo Espazo Nacementos Defuncións vexetativo migratorio Galicia 234.004 495.756 -261.756 123.658 A Coruña suroriental 4.573 14.107 -9.534 -131 Ferrol-Eume-Ortegal 13.244 38.948 -25.704 6.786 Área da Costa da 8.176 28.208 -20.034 -225 morte A Barbanza-Noia 9.422 18.515 -9.093 1.438 Área da Coruña 36.354 71.473 -35.122 38.078 Área de Santiago 26.195 30.420 -4.224 10.213 Lugo sur 3.703 13.460 -9.754 4.690 Lugo oriental 2.822 9.671 -6.852 2.228 Lugo central 14.915 35.102 -20.190 7.365 A Mariña 6.733 14.659 -7.930 3.170 O Carballiño-O 2.666 10.351 -7.682 1.232 Ribeiro Ourense central 3.440 11.170 -7.727 2.604 Ourense sur 4.157 19.982 -15.820 2.236 Área de Ourense 11.781 26.620 -14.839 12.082 Pontevedra 5.006 13.698 -8.695 1.710 nororiental Pontevedra sur 11.310 17.902 -6.591 -2.290 Caldas-O Salnés 12.942 25.362 -12.419 8.573 O Morrazo 6.603 12.137 -5.536 -916 Área de Pontevedra 10.911 19.429 -8.517 5.644 Área de Vigo 39.051 64.545 -25.495 19.175 Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa) Nos próximos anos prevese un aumento do índice sintético de fecundidade en Galicia, que pasaría de 1,13 en 2018 a 1,23 fillos por muller en 2032. 5 Índice sintético de fecundidade proxectado. Galicia e provincias Espazo 2018 2032 Galicia 1,13 1,23 - A Coruña 1,12 1,21 - Lugo 1,12 1,36 - Ourense 1,03 1,14 - Pontevedra 1,16 1,23 Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa) Indicadores de envellecemento proxectados A idade media da poboación de Galicia sitúase nos 47,02 anos. O seu valor increméntase ano tras ano e espérase que en 2033 se sitúe nos 50,59. Idade media. Galicia e provincias Unidade: anos Espazo 2018 2033 Galicia 47,02 50,59 - A Coruña 46,71 50,31 - Lugo 49,67 51,78 - Ourense 50,50 53,23 - Pontevedra 45,30 49,70 Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa) A partir da información por grupos de idade pódense obter indicadores proxectados como, por exemplo, o índice de envellecemento (relación entre a poboación de 65 e máis anos con respecto á poboación menor de 20 anos) que, de seguir as tendencias actuais, reflectiría un maior envellecemento de zonas xa envellecidas na actualidade. 6 Índice de envellecemento. Galicia e áreas xeográficas Unidade: tanto por cento (%) Espazo 2018 2033 Galicia 156,4 225,5 A Coruña suroriental 204,6 295,0 Ferrol-Eume-Ortegal 182,4 268,6 Área da Costa da morte 216,6 352,9 A Barbanza-Noia 145,0 212,3 Área da Coruña 132,9 203,2 Área de Santiago 117,7 158,3 Lugo sur 323,8 317,3 Lugo oriental 341,5 311,9 Lugo central 181,0 236,7 A Mariña 187,6 220,4 O Carballiño-O Ribeiro 329,3 358,9 Ourense central 259,0 320,6 Ourense sur 380,4 445,8 Área de Ourense 160,7 235,3 Pontevedra nororiental 222,0 281,8 Pontevedra sur 135,8 197,5 Caldas-O Salnés 126,5 200,6 O Morrazo 113,7 217,7 Área de Pontevedra 119,8 202,8 Área de Vigo 118,7 197,6 Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa) Outro indicador que se inclúe nesta publicación é o índice de sobreenvellecemento (proporción de poboación de 85 e máis anos con respecto á poboación de 65 ou máis anos); en todas as áreas, agás nas situadas na provincia de Lugo e en Ourense central, estímase que se produza un incremento desta variable nos próximos quince anos, chegando a situarse preto do 25% no 2033 nas áreas de O Carballiño-O Ribeiro e Ourense sur. 7 Índice de sobreenvellecemento. Galicia e áreas xeográficas Unidade: tanto por cento (%) Espazo 2018 2033 Galicia 18,1 19,1 A Coruña suroriental 20,1 21,1 Ferrol-Eume-Ortegal 17,4 18,9 Área da Costa da morte 17,4 21,6 A Barbanza-Noia 16,7 19,1 Área da Coruña 16,0 17,1 Área de Santiago 17,1 17,9 Lugo sur 24,9 22,7 Lugo oriental 23,2 22,3 Lugo central 21,2 19,3 A Mariña 19,1 18,2 O Carballiño-O Ribeiro 21,2 24,8 Ourense central 22,9 22,3 Ourense sur 21,2 24,0 Área de Ourense 19,8 20,8 Pontevedra nororiental 21,7 22,5 Pontevedra sur 17,5 18,4 Caldas-O Salnés 16,6 19,6 O Morrazo 14,1 15,4 Área de Pontevedra 17,8 18,6 Área de Vigo 15,2 17,4 Fonte: IGE.