Dossier BOLBORETA
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
BOLBORETA BOLBORETA é un grupo de música soleada e mestiza, que vos transportará ó seu universo colorido e ultra rítmico. Creado en 2013 por Lydia BOTANA, o grupo xa ten percorrido varias estradas para presentar a súa música chea de enerxía construíndo unha ruta pola vida nómada pasando por BARCELONA, MADRID, A CORUÑA, PARÍS, BRETAGNE, EUSKADI, MALLORCA, CANARIAS, etc. ! BOLBORETA compartiu escenario con bandas e artistas como: GOGOL BORDELLO (New York), FLAVIA COHELLO (Brasil), LA PEGATINA(Barcelona), LES HURLEMENTS DE LEO (Francia), DUBIOZA KOLEKTIV (Bosnia), DEBOUT SUR LE ZINC (France), DESORDEN PÚBLICO (Venezuela) DIPLOMÁTICOS DE MONTE ALTO (Galiza)… O grupo traballou colaborando con Gambeat (Manu Chao/ La Ventura) na realización dun directo explosivo! A descubrir … ! ! QUE É ? ! ! ! ! ! ! Bolboreta é un proxecto musical creado por Lydia Botana, multinstrumentista de Fonteculler (A Coruña), no que se fusionan distintos xéneros musicais con letras que falan do mundo que nos rodea, das inxustizas e das utopías da sociedade. Non vos fiedes da apariencia anxelical desta pequena bomba galega, a líder do grupo, conseguiu facerse un oco na escena alternativa amosando as súas ganas e a súa enerxía desbordante cunha actitude positiva e un sorriso contaxioso. ! Concerto nas Fetas de Bayonne 2016 POR QUE BOLBORETA ? Bolboreta é unha metáfora da vida cotidiana, do mundo que nos rodea e da Metamorfose, nome do primeiro album EP 2015. Este verme pode transformarse nunha maxestosa bolboreta que voa, mirando as cousas dende unha perspectiva diferente, durante unha vida curta pero intensa, sen soltala idea de que todo é posible! ! !Con Eugene e Pdrito de GOGOL BORDELLO ! E DE QUE FALA ? Os textos en galego, en castelán, en italiano, en inglés e en francés falan do repecto pola terra e da capacidade das persoas para superalos obstáculos da vida, de espertala conciencia a ese cambio necesario, do optimismo como motor de vida sorríndolle ás cousas boas que nos suceden. ! QUE TIPO DE MÚSICA ? Os concertos de Bolboreta son un cocktail de vitaminas de música mestiza, unha mistura de diferentes xéneros musicais coma o reggae, a música latina, o rock, a rumba, o punk, o jungle, o pop, o ska, a cumbia... Tamén versionando cancións tradicionais galegas coma « Túa nai é meiga » ou o reggae de Bob Marley pasando pola Patchanka de Mano Negra. A FORMACIÓN DO GRUPO ? Para este proxecto, Bolboreta ofrece diferentes formatos de espectáculo : CONCERTO ELÉCTRICO : Batería, Guitarra eléctrica, Baixo, Piano, Acordeón e Guitarra acústica. CONCERTO ACÚSTICO : Percusións, Ukulele baixo, Acordeón e Guitarra acústica. Isto vai depender das características do escenario, das expectativas dos organizadores e das necesidades técnicas dispoñibles. DISCOGRAFÍA ? “METAMORFOSE” (2015) EP auto-producido composto de 5 cancións, acompañada por varios músicos de grupos coma Gogol Bordello, Dios ke te crew ou Canteca de Macao así coma o single “Nunca choveu” con Xurxo Souto (Diplomáticos de Monte Alto/ Os Tres Trebóns) producido con Gambeat (baixista de Manu Chao, Les French Lovers, Hellscrack, Mano Negra, Radio Bemba) e David Bourguignon (Radio Bemba). “LO PEOR DE LA RUMBA” compilado de música xunto a Manu Chao, Amparo Sánchez & Bongo Botrako, La Pegatina, Che Sudaka, Tonino Carotone, Green Valley... “LA ROCKOLA” : Volume 5 e 7 representando Galiza nestes dous compilados de artista de todo o mundo que cantan por un mundo millor. Actualmente na preparación do seu Album LP que sairá á luz durante o 2017 ! ! ! ! EN INTERNET ? Web : http://lydiabotana.com/bolboreta Facebook : https://www.facebook.com/bolboretamusic/ ! LIVE BAYONNE (Francia) https://youtu.be/WrLt6l_uEr8 ! NUNCA CHOVEU PACIENCIA VIDEOCLIPS https://youtu.be/D-9oQI6O-TQ https://youtu.be/-0LCQVTly1c (con Xurxo Souto a voz de (con Gambeat / Manu Chao La Diplomáticos de Monte Alto) Ventura) ! PRESENTACIÓN DO GRUPO TEASER https://youtu.be/kDcyRdRGU5s.