Memoria De Actividades 2017
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
MEMORIA DE ACTIVIDADES 2017 Asdifica Datos da entidade: Asociación de Discapacitados Físicos de Carballiño e Comarca Avda Julio Rodriguez Soto nº 37 1º andar 32500 O Carballiño CIF: G-32348401 Tlfno: 639 33 44 91 e-mail: [email protected] 2 INDICE 1-Introducción a. Historia da Asociación b. Finalidade e obxectivos c. Os socios 2-Recursos Humanos, Materiais e Económicos Programa de Educación Social Programa Actívate no Rural 3-Programas e actividades Servizo de Información e Asesoramento Servizo de Rehabilitación Programa de Sensibilación Social Programa de Eliminación de barreiras Programa de Ocio e tempo libre Búsqueda de financiamento Actividades e Reunións 4.Evaluación dos resultados obtidos 5.Actuacións previstas para o ano 2018 HISTORIA DA ASOCIACIÓN A asociación de Discapacitados Físicos de Carballiño e Comarca, créase en Febreiro do ano 2006 co fin de dar resposta á demanda do colectivo de persoas con discapacidade desta Comarca. Esta funciona correctamente ata o ano 2012 que empeza en decadencia. En Novembro do 2014 comeza con unha nova directiva que loita para que non se perda collendo soamente a parte social e en setembro do 2015 reabre as suas portas o público realizando xa actividades para os seus socios. O seu ámbito de actuación é comarcal, abarcando os concellos de Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea. 3 Está inscrita nos seguintes Rexistros: -Xunta de Galicia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza co nº 2006/009403-1 (OU). -Xunta de Galicia, Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, inscrita como Entidade Prestadora de Servizos Sociais co nº E-2046. -Xunta de Galicia, Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar, inscrita no censo de entidades de Acción Voluntaria de Galicia co nº O-513 -Rexistro de Asociación do Concello de Carballiño -Xunta de Galicia, Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia para realizar a actividade de recollida e transporte de residuos non perigosos de orixe industrial co nº OU-I- NP-XRT00009 -Xunta de Galicia, Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia para realizar actividades de recollida e transporte de residuos urbanos co nº SC-U-NP-XRT-00110 Ademais é membro das seguintes Federacións -Federación Provincial de Asociacións d Discapacitados Físicos de Ourense, DISCAFIS- COGAMI -Federación de Asociacións Socio Culturais de Carballiño. FINALIDADE E OBXECTIVOS A Finalidade da Asociación de Discapacitados Físicos de Carballiño e Comarca é mellora-la calidade de vida e lograr a plena integración das persoas con discapacidade, tanto no ámbito social como no laboral ainda que este último non está en función desde o 2014 Os obxectivos Xerais son os seguintes: -Promover o cambio social no referido o colectivo de persoas con discapacidade física. -Buscar os medios axeitados para evitar a marxinación social -Fomentar a integración laboral das persoas con discapacidade física -Fomentar a sensibilización social -Mellorar a calidade de vida bio-psico-social dos seus socios e das persoas con discapacidade en xeral. Os obxectivos anuais que nos plantexamos na asociación son os seguintes: -Aumentar o número de socios (tanto con discapacidade coma colaboradores) -Sumar usuarios nos servizos que prestamos -Aumentar o número de actividades promovidas dende cada servizo 4 -En definitiva, mellorar de xeito global o funcionamento da asociación. OS SOCIOS Nos anos anteriores chegaron a ser un total de 250 socios, sendo 84 deles persoas con discapacidade e 166 colaboradores. Hoxe estamos nun total de 38 socios dos cales 19 son con discapacidade, 16 colaboradores e 3 voluntarios. O rango de idades son entre 7 e os 87 anos. O número de socios (tanto con discapacidade como colaboradores) que participaron nalgunha das nosas actividades ou servizos foi de 21 RECURSOS HUMANOS, MATERIAIS E ECONÓMICOS A sede da Asociación de Discapacitados Físicos de O Carballiño e Comarca está ubicada no Centro Sociocomunitario pertenecente á Xunta de Galicia, que é a que corre cos gastos de mantenemento de luz e aluguer. A superficie coa que contamos componse dunha oficina de atención directa o público e con un salón de actos do citado centro para momentos esporádicos. Os recursos materiais cos que contamos son os seguintes: o 2 Ordenadores de mesa o 1 fotocopiadora multifunción canon o 3 radiadores o 2 Tlfnos móviles o 1 proxector o 1 Ordenador Portatil o 1 moble de arquivo largo e baixo o 2 armarios con estanterías o 2 mesas oficina o Material de oficina o Productos de limpeza(escoba, recolledor, cubo, fregona, etc,) o 15 cadeiras A relación dos recursos materiais da sala de Rehabilitación é a seguinte: - 1 camilla - 2 lámpadas infravermellos con pé - 1 colchoneta - 1 paralela - 1 espello de reeducación - 1 biombo clínico de dous corpos - 1 escaleira con rampa - 2 taburetes - 1 prato Boheler de 50 cm de diámetro - 1 bicicleta de exercicio - 1 equipo de electroterapia Myaction Med - 12 cintas Thera-band 5 Tamén contamos con un seguro de responsabilidade civil. Os recursos humanos e económicos que tivemos durante o ano 2017 foron os seguintes: Profesionais Financiación Duración Cuantía Destino Subvención directa 6 meses 1680.00 Clínica de 1 Fisioterapeuta do Excmo. Fisioterapia. Concello de O Carballiño PROGRAMAS E ACTIVIDADES Dende a Asociación de Discapacitados Físicos de Carballiño e Comarca trabállase en varias áreas da vida social, buscamos que as persoas con discapacidade poidan acceder a unha vida normalizada dentro do contexto social que engloba a tódolos grupos de poboación, que compoñen unha comunidade social. Actualmente e a través dos diferentes programas da Asociación préstanse unha serie de servicios, co obxectivo de modificar a situación actual das persoas con discapacidade, de cara á integración e normalización social dentro dun programa de achegamento da información ás persoas e tamén a todo o entorno social que as rodea. -SERVIZO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO A persoa encargada de levar a cabo este Programa da Asociación neste ano foi unha persoa voluntaria debido a falta de recursos humanos, que responde a todo tipo de cuestión que podan plantexarlle tanto persoas con discapacidade, familiares, amigos ou profesionais; socios e non socios, a través da Traballadora Social de Discafis-Cogami, Servizos Sociais do Concello de Carballiño e da Mancomunidade de Concellos de O Carballiño. Durante este ano levouse a cabo un rexistro de consultas, que a 31 de decembro sumou un total de 30 consultas as que foron a Discafis 3 e 1 a Servizos Sociais do Concello Dende setembro do 2017 comezouse a ter unha serie de entrevistas cos socios para poder actualizar a base de datos e mais para dar información persoal sobre as actividades da asociación e poder coñecer a situación real e actual dos nosos socios. A raíz de ditas entrevistas persoais, a voluntaria puido informar e orientar de primeira man sobre recursos e axudas para así poder mellorar a súa calidade de vida. Dende a asociación tamén asesoramos sobre os trámites para a consecución do certificado de discapacidade, a lei de dependencia, a tarxeta de aparcamento, a exención do imposto de circulación, as axudas individuais non periódicas, axudas técnicas, hoteis, casas rurais adaptadas, sobre as nosas actividades, etc. Outro tipo de información remitida dende esta Asociación sería a que se lle envía ós nosos socios sobre axudas, lexislación publicada, cursos, actividades, etc. 6 SERVIZO DE REHABILITACIÓN Fisioterapia: O seu principal obxectivo é o de potenciar o máximo as capacidades funcionáis da persoa con discapacidade física, para así conseguir que sexan o mais independentes posibles e de esta forma mellorar a súa calidade de vida. Este servizo fíxose nunha clínica privada por falta de espazo “clínica Luis M. Lopez Alonso” na que aproveitaron as sesións inviduais 10 socios e 12, un taller de movemento. SERVIZO DE EDUCACIÓN SOCIAL Durante o ano 2017 a través da federación DISCAFIS-COGAMI tivemos a nosa disposición unha educadora social durante 9 nove meses o que nos posibilitou a opción de realizar diferentes obradoiros como o de Habilidades Sociais , de vital importancia para mellorar a capacidade de relación dos/as nosos/as socios/as . Tamén realizamos pequenas sesións de ximnasia para o fortalecemento dos músculos algo que inflúe positivamente na súa mobilidade. Outro ámbito no que se Traballou foi na estimulación cognitiva a través da cal estimulando tanto a percepción, a memoria e os sentidos promovemos a autonomía personal dos nosos/as socios/as. PROGRAMA ACTÍVATE NO RURAL 7 Este programa foi posible gracias a Traballadora Social de Cogami Ourense. Este Programa estivo focalizado en mulleres con discapacidade do ámbito rural de Carballiño e Comarca . Desenvolveuse durante tres meses de Setembro a Novembro de 2017 onde o seu obxectivo fundamental foi o Empoderamento da muller rural con discapacidade. Para acadalo traballarónse diversos aspectos como: Motivación personal, Autoestima, Autocoñecemento, Actitude positiva, Traballo en equipo e Orientación laboral : Tipos de entrevista, como acudir a unha entrevista, como debo comunicarme verbal e non verbalmente. Outro ámbito de actuación foi a concienciación dos dereitos das mulleres con discapacidade como dereitos humanos. 8 PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN SOCIAL O dar a coñecer os programas e actividades da Asociación, así como necesidades, demandas e expectativas do colectivo de persoas con discapacidade, é unha das preocupacións desta entidade. PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DE BARREIRAS