Memoria De Actividades 2017

Memoria De Actividades 2017

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2017 Asdifica Datos da entidade: Asociación de Discapacitados Físicos de Carballiño e Comarca Avda Julio Rodriguez Soto nº 37 1º andar 32500 O Carballiño CIF: G-32348401 Tlfno: 639 33 44 91 e-mail: [email protected] 2 INDICE 1-Introducción a. Historia da Asociación b. Finalidade e obxectivos c. Os socios 2-Recursos Humanos, Materiais e Económicos Programa de Educación Social Programa Actívate no Rural 3-Programas e actividades Servizo de Información e Asesoramento Servizo de Rehabilitación Programa de Sensibilación Social Programa de Eliminación de barreiras Programa de Ocio e tempo libre Búsqueda de financiamento Actividades e Reunións 4.Evaluación dos resultados obtidos 5.Actuacións previstas para o ano 2018 HISTORIA DA ASOCIACIÓN A asociación de Discapacitados Físicos de Carballiño e Comarca, créase en Febreiro do ano 2006 co fin de dar resposta á demanda do colectivo de persoas con discapacidade desta Comarca. Esta funciona correctamente ata o ano 2012 que empeza en decadencia. En Novembro do 2014 comeza con unha nova directiva que loita para que non se perda collendo soamente a parte social e en setembro do 2015 reabre as suas portas o público realizando xa actividades para os seus socios. O seu ámbito de actuación é comarcal, abarcando os concellos de Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea. 3 Está inscrita nos seguintes Rexistros: -Xunta de Galicia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza co nº 2006/009403-1 (OU). -Xunta de Galicia, Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, inscrita como Entidade Prestadora de Servizos Sociais co nº E-2046. -Xunta de Galicia, Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar, inscrita no censo de entidades de Acción Voluntaria de Galicia co nº O-513 -Rexistro de Asociación do Concello de Carballiño -Xunta de Galicia, Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia para realizar a actividade de recollida e transporte de residuos non perigosos de orixe industrial co nº OU-I- NP-XRT00009 -Xunta de Galicia, Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia para realizar actividades de recollida e transporte de residuos urbanos co nº SC-U-NP-XRT-00110 Ademais é membro das seguintes Federacións -Federación Provincial de Asociacións d Discapacitados Físicos de Ourense, DISCAFIS- COGAMI -Federación de Asociacións Socio Culturais de Carballiño. FINALIDADE E OBXECTIVOS A Finalidade da Asociación de Discapacitados Físicos de Carballiño e Comarca é mellora-la calidade de vida e lograr a plena integración das persoas con discapacidade, tanto no ámbito social como no laboral ainda que este último non está en función desde o 2014 Os obxectivos Xerais son os seguintes: -Promover o cambio social no referido o colectivo de persoas con discapacidade física. -Buscar os medios axeitados para evitar a marxinación social -Fomentar a integración laboral das persoas con discapacidade física -Fomentar a sensibilización social -Mellorar a calidade de vida bio-psico-social dos seus socios e das persoas con discapacidade en xeral. Os obxectivos anuais que nos plantexamos na asociación son os seguintes: -Aumentar o número de socios (tanto con discapacidade coma colaboradores) -Sumar usuarios nos servizos que prestamos -Aumentar o número de actividades promovidas dende cada servizo 4 -En definitiva, mellorar de xeito global o funcionamento da asociación. OS SOCIOS Nos anos anteriores chegaron a ser un total de 250 socios, sendo 84 deles persoas con discapacidade e 166 colaboradores. Hoxe estamos nun total de 38 socios dos cales 19 son con discapacidade, 16 colaboradores e 3 voluntarios. O rango de idades son entre 7 e os 87 anos. O número de socios (tanto con discapacidade como colaboradores) que participaron nalgunha das nosas actividades ou servizos foi de 21 RECURSOS HUMANOS, MATERIAIS E ECONÓMICOS A sede da Asociación de Discapacitados Físicos de O Carballiño e Comarca está ubicada no Centro Sociocomunitario pertenecente á Xunta de Galicia, que é a que corre cos gastos de mantenemento de luz e aluguer. A superficie coa que contamos componse dunha oficina de atención directa o público e con un salón de actos do citado centro para momentos esporádicos. Os recursos materiais cos que contamos son os seguintes: o 2 Ordenadores de mesa o 1 fotocopiadora multifunción canon o 3 radiadores o 2 Tlfnos móviles o 1 proxector o 1 Ordenador Portatil o 1 moble de arquivo largo e baixo o 2 armarios con estanterías o 2 mesas oficina o Material de oficina o Productos de limpeza(escoba, recolledor, cubo, fregona, etc,) o 15 cadeiras A relación dos recursos materiais da sala de Rehabilitación é a seguinte: - 1 camilla - 2 lámpadas infravermellos con pé - 1 colchoneta - 1 paralela - 1 espello de reeducación - 1 biombo clínico de dous corpos - 1 escaleira con rampa - 2 taburetes - 1 prato Boheler de 50 cm de diámetro - 1 bicicleta de exercicio - 1 equipo de electroterapia Myaction Med - 12 cintas Thera-band 5 Tamén contamos con un seguro de responsabilidade civil. Os recursos humanos e económicos que tivemos durante o ano 2017 foron os seguintes: Profesionais Financiación Duración Cuantía Destino Subvención directa 6 meses 1680.00 Clínica de 1 Fisioterapeuta do Excmo. Fisioterapia. Concello de O Carballiño PROGRAMAS E ACTIVIDADES Dende a Asociación de Discapacitados Físicos de Carballiño e Comarca trabállase en varias áreas da vida social, buscamos que as persoas con discapacidade poidan acceder a unha vida normalizada dentro do contexto social que engloba a tódolos grupos de poboación, que compoñen unha comunidade social. Actualmente e a través dos diferentes programas da Asociación préstanse unha serie de servicios, co obxectivo de modificar a situación actual das persoas con discapacidade, de cara á integración e normalización social dentro dun programa de achegamento da información ás persoas e tamén a todo o entorno social que as rodea. -SERVIZO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO A persoa encargada de levar a cabo este Programa da Asociación neste ano foi unha persoa voluntaria debido a falta de recursos humanos, que responde a todo tipo de cuestión que podan plantexarlle tanto persoas con discapacidade, familiares, amigos ou profesionais; socios e non socios, a través da Traballadora Social de Discafis-Cogami, Servizos Sociais do Concello de Carballiño e da Mancomunidade de Concellos de O Carballiño. Durante este ano levouse a cabo un rexistro de consultas, que a 31 de decembro sumou un total de 30 consultas as que foron a Discafis 3 e 1 a Servizos Sociais do Concello Dende setembro do 2017 comezouse a ter unha serie de entrevistas cos socios para poder actualizar a base de datos e mais para dar información persoal sobre as actividades da asociación e poder coñecer a situación real e actual dos nosos socios. A raíz de ditas entrevistas persoais, a voluntaria puido informar e orientar de primeira man sobre recursos e axudas para así poder mellorar a súa calidade de vida. Dende a asociación tamén asesoramos sobre os trámites para a consecución do certificado de discapacidade, a lei de dependencia, a tarxeta de aparcamento, a exención do imposto de circulación, as axudas individuais non periódicas, axudas técnicas, hoteis, casas rurais adaptadas, sobre as nosas actividades, etc. Outro tipo de información remitida dende esta Asociación sería a que se lle envía ós nosos socios sobre axudas, lexislación publicada, cursos, actividades, etc. 6 SERVIZO DE REHABILITACIÓN Fisioterapia: O seu principal obxectivo é o de potenciar o máximo as capacidades funcionáis da persoa con discapacidade física, para así conseguir que sexan o mais independentes posibles e de esta forma mellorar a súa calidade de vida. Este servizo fíxose nunha clínica privada por falta de espazo “clínica Luis M. Lopez Alonso” na que aproveitaron as sesións inviduais 10 socios e 12, un taller de movemento. SERVIZO DE EDUCACIÓN SOCIAL Durante o ano 2017 a través da federación DISCAFIS-COGAMI tivemos a nosa disposición unha educadora social durante 9 nove meses o que nos posibilitou a opción de realizar diferentes obradoiros como o de Habilidades Sociais , de vital importancia para mellorar a capacidade de relación dos/as nosos/as socios/as . Tamén realizamos pequenas sesións de ximnasia para o fortalecemento dos músculos algo que inflúe positivamente na súa mobilidade. Outro ámbito no que se Traballou foi na estimulación cognitiva a través da cal estimulando tanto a percepción, a memoria e os sentidos promovemos a autonomía personal dos nosos/as socios/as. PROGRAMA ACTÍVATE NO RURAL 7 Este programa foi posible gracias a Traballadora Social de Cogami Ourense. Este Programa estivo focalizado en mulleres con discapacidade do ámbito rural de Carballiño e Comarca . Desenvolveuse durante tres meses de Setembro a Novembro de 2017 onde o seu obxectivo fundamental foi o Empoderamento da muller rural con discapacidade. Para acadalo traballarónse diversos aspectos como: Motivación personal, Autoestima, Autocoñecemento, Actitude positiva, Traballo en equipo e Orientación laboral : Tipos de entrevista, como acudir a unha entrevista, como debo comunicarme verbal e non verbalmente. Outro ámbito de actuación foi a concienciación dos dereitos das mulleres con discapacidade como dereitos humanos. 8 PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN SOCIAL O dar a coñecer os programas e actividades da Asociación, así como necesidades, demandas e expectativas do colectivo de persoas con discapacidade, é unha das preocupacións desta entidade. PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DE BARREIRAS

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    14 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us