Toubes, a Peroxa
D Dacón (Amarante, Maside).-- Antrotopónimo motivado polo xentilicio Dacus ou Dacianus, "natural da Dacia". Un "daciano" que ben puido ser un "compañeiro de viaxe" dos visigodos. Dadín (lug. e parroq. do Irixo).-- Podería ser un antrotopónimo referido a un posesor chamado Datinus, xenitivo latino Datini. Damil (lug. e parroq. de Xinzo de Limia).-- Outro posesor, chamado esta vez Damirus. Xenitivo Damiri. Delás (Araúxo, Lobios).-- De Danillanes, xenitivo do nome persoal Danilla. A Derramada (Carballeda, Piñor).-- O sentido orixinal de "derramar" é "des-ramar", espolar, quitar as ramas ou polas. Aquí está en participio e tanto se pode referir a unha árbore soa como a unha plantación enteira. A Derrasa (San Xoán de Moreiras, O Pereiro de Aguiar).-- Segundo E. Rivas é unha forma estereotipada dun "Camiño da Rasa", sendo A Rasa unha aldea do Concello veciño de Nogueira de Ramuín. Desteriz (parroq. de Padrenda).-- Nome procedente dun posesor chamado Destericus. A través do xenitivo latino dese nome: Desterici. Deva.-- Segunda parte do topónimo Pontedeva (parroquia e concello) e determinante de Aldea de Deva, Freáns de Deva e Xinzo de Deva, todos da parroquia e concello mencionado. É o nome do río que pasa por eses lugares, pero é unha palabra celta que significa "deusa" ou, quizaves, sexa o nome propio dunha delas, considerando ó río coma unha divindade. Hai outro río en Pontevedra con ese mesmo nome e varios máis no norte de España. Devesa (Osoño, Vilardevós) ║ A Devesa (Mourillós, Celanova ║ Río Caldo, Lobios ║ A Corna, Piñor) ║ As Devesas (lug. da parroq. e Conc. de Pontedeva).-- Palabra do léxico común (Terreo acoutado e con árbores destinado a pastos ou leña), do lat.
[Show full text]