Betazos/Pontedeume 13/05/2016
Betazos/Pontedeume 13/05/2016 NOTAS SOBRE OS ANDRADE Mª LUZ RÍOS RODRÍGUEZ I. AS ORIXES. S. XII-XIII -1ª mención en 1160: Bermudo Fortúnez, miles de Andrade. -Membros da baixa nobreza, vasalos dos Traba (Froilaz, Ovéquiz, Gómez) que son o maior poder nobiliar, auténticos “comes Galliciae”, que dominan as terras e condados de Pruzos, Bezoucos (Bisaquis), Trasancos, Trastamara, Sarria, Montenegro. A relación vasalática dos Andrade se continuará a ata a extinción da familia Traba a fins do s. XIII (último representante Rodrigo Gómez). -Pequeno dominio con bens e vasalos en san Martiño de Andrade (berce da liñaxe), Pontedeume, Cabanas, Monfero, Vilarmaior, Montenegro. Relacións de mutuo beneficio ( pactos) cos mosteiros de Cabeiro, Monfero e Bergondo. Despois encomendeiros, defendendo en teoría aos mosteiros, pero usurpando tamén moitas das súas rendas e vasalos ( por ex: no s. XIII, Fernán Pérez de Andrade I (1230-ca1260/1270), encomendeiro de Monfero). -Van enriquecéndose grazas a concesión de beneficios por parte dos seus señores (Traba) e sobre todo de préstamos/ pactos e encomendas dos mosteiros, así como grazas a matrimonios vantaxosos: bens mais seguros, patrimoniais, si hai herdeiros. -No s. XIII a monarquía reasegura o seu poder fronte a nobreza cas fundacións/ cartas poboas das vilas de Ferrol, Pontedeume, Vilalba , As Pontes. II. O CAMBIO SOCIOPOLÍTICO. s. XIV A.- 1ª ½ XIV: os Andrade á sombra dos Castro. -- No reino, últimos monarcas da dinastía afonsina ou borgoñona: Afonso XI e Pedro I. -- Na Galicia, os mais grandes señores son agora os Castro, que son tamén os novos señores dos Andrade (Pedro Fernández de Castro, o da guerra, (+Algeciras, 1342) señor de Monforte de Lemos e Sarria, e seu fillo, Fernán Ruiz de Castro, toda a lealdade de España,( +Bayonne, 1377), III conde de Lemos, Trastamara e Sarria.
[Show full text]