Toubes, a Peroxa).-- Nome De Posesor
A Abades (parroq. de Baltar).-- Hoxe non hai ningún lugar habitado con ese nome, só a parroquia. Abades, plural de abade, ven do lat. abbate e este do hebreo aba, "pai". Un abade, en sentido estrito, é o rexente dunha abadía, pero en Galicia popularizouse como sinónimo de crego e como sinal de respecto dise "señor abade" para referirse ó párroco. Abavides (lug. e parroq. de Trasmiras).-- A zona do río Limia, nos séculos X-XI, tivo moita presenza de poboación mozárabe, ben por estar nas vías de entrada destes colectivos cara terras do Norte, ben polas relacións tidas co mosteiro de Celanova. Houbo algún asentamento permanente do que quedarían vestixios na toponimia. Como este caso de Abavides, que se supón que é un antroponímico derivado do nome persoal Ibn Ábidis, que noutros lugares de España deu o resultado de Benavides. Igrexa de Abavides, topónimo de probable ascendencia mozárabe. Ábedes (lug. e parroq. de Verín).-- Toma o nome do río homónimo afluente do Támega. Estúdao E. Bascuas que o considera un hidrónimo con dúas posibles orixes, ambas indoeuropeas: a raíz *ab-, auga", ou a *aw-, "fluír". Abedín (Toubes, A Peroxa).-- Nome de posesor. É de supoñer que para a primeira designación deste sitio usaríase a expresión latina "villa Abbatini" que na linguaxe actual sería "a finca de Abbatino". Co tempo a 1ª palabra (probablemente "vila" -casa de campo-, pero que tamén podía ser outra de significado similar) deixou de usarse. E logo Abbatini, xenitivo do nominativo Abbatinus, foi evolucionando (cando os falantes perderon a noción do que estaban a dicir) ata dar o actual Abedín.
[Show full text]