Abedín (Toubes, a Peroxa)
C Cabaces (Castrelo, San Xoán de Río).-- Podería ser o plural de "cabaz", sinónimo de "cabazo" (hórreo de vimbios). Cabaz tamén e un cesto dese mesmo material ou similar. Cabaleiros (San Martiño de Grou, Lobeira).-- É doado pensar que este topónimo estivese motivado por ser a residencia duns homes medievais coa condición social de cabaleiros, pero o máis probable é que faga referencia a unhas pedras "encabalgadas", é dicir, unhas a cabalo doutras, cuxo resultado sería o "cabaleiro". Tal disposición puidera ser unha estratificación caprichosa da natureza ou unha colocación á posta polo home, caso, por exemplo, de dolmens prehistóricos. E. Rivas atribúe a este topónimo e similares unha orixe metafórica asemellando a paisaxe á forma dun cabalo. A Cabalgada (Vilar de Ordelles, Esgos).-- Supoñemos que se referirá a algunha concreta cabalgada (tropa de xente a cabalo ou á súa acción de cabalgar) que sería moi sonada no seu tempo, pero da que nós non temos noticia. Cabana (O Barón, O Carballiño ║ O Barón, San Amaro)║ A Cabana (Pedrafita, A Teixeira║ Oseira, San Cristovo de Cea) ║ Cabanas (San Martiño de Berredo, A Bola)║ As Cabanas (parroq. de San Xoán de Río).-- Transparentes. De orixe gandeira ou pastoril. Lat. capanna. Cabanas de Abaixo, Cabanas de Ferro e Cabanas de Loureiro.-- Son 3 aldeas próximas e contiguas da parroq.de Faramontaos do Conc. da Merca. (V. Cabana) Cabanelas (Parroq. do Carballiño ║ Albán, Coles ║ Leirado, Quintela de Leirado).-- ‘Cabanela’ é o mesmo que ‘cabana’, pero cunha connotación diminutiva ou pexorativa. Correspóndese cos casteláns "Cabanillas". Do lat. capannellas. Cabeza de Manzaneda (Cova, A Pobra de Trives).-- A palabra "cabeza" (do lat.
[Show full text]