ENSAYO HISTÓRICO SOBRE LA CULTURA GALLEGA © Herdeiros De Ramón Otero Pedrayo, 2020 © Consello Da Cultura Galega, 2020
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
ENSAYO HISTÓRICO SOBRE LA CULTURA GALLEGA © Herdeiros de Ramón Otero Pedrayo, 2020 © Consello da Cultura Galega, 2020 PRODUCIÓN Editorial Galaxia, S. A. EDICIÓN E NOTAS Xosé Antonio López Silva PREFACIO Ramón Villares DESEÑO E MAQUETACIÓN Hayat Husein ISBN 978-84-17802-16-5 DEPÓSITO LEGAL C 699-2020 IMPRIME Gráficas Lasa, S. L. O papel utilizado neste exemplar é reciclable, libre de cloro e obtido dunha xestión forestal sustentable dende o punto de vista do medio ambiente. Ramón Otero Pedrayo ENSAYO HISTÓRICO SOBRE LA CULTURA GALLEGA Edición e notas Xosé Antonio López Silva Prefacio Ramón Villares PREFACIO INTERPRETAR GALICIA A TRAVÉS DA CULTURA as páxinas iniciais dos seus Souvenirs d’enfance et de jeunesse, deixou sentenciado Ernest Renan —moi aprezado en Trasalba— que “nunca se N debe escribir máis que daquilo que se ama”, o que, dito en prosa máis axeitada ás necesidades do historiador, significa que non abonda con no- rear polo enteiro mundo, é preciso ter un acougo e unha Terra á que entender e coñecer e, por tanto, da que se pode falar desde a raíz. O que amaba Otero era Galicia e este Ensayo histórico sobre la cultura gallega (EH) é a expresión máis evidente do que el quería facer. O texto está concibido como un ensaio histórico, pero os seus contidos van alén desta definición, porque, como logo veremos, trátase dunha au- téntica interpretación do ser ou da “alma” de Galicia, ao modo do que fixera algúns anos antes o poeta saudosista Teixeira de Pascoaes co seu libro, “escrito en 15 dias”, Arte de Ser Português (1915). A paixón que anima a prosa do ensaio de Otero deriva dunha vontade de explicar a esencia da patria para que esta poida ser redimida non por un indivi- duo, senón polo pobo no seu conxunto, un “pobo en camiño”. Porque o libro está escrito nun tempo en que se ventaban algunhas mudanzas e moitas esperanzas sobre o porvir. O ensaio oteriano é, pois, algo máis do que un texto académico ou de ocasión. Trata de construír unha Ramón Otero Pedrayo explicación ou teoría de Galicia, co formato de ser un texto ordenado en modo temporal, destinado a lectores que, como Adrián Solovio, experimentaran a “descoberta de Galicia”. É unha reflexión intelectual que, ao tempo, constitúe un acto de amor a Galicia e á súa cultura, como suxería o mestre bretón. O recurso á historia non é casual, porque o seu cultivo foi unha das marcas de referencia da cultura galega desde os tempos do ro- mantismo. A historicidade, máis do que a etnicidade, comezou na obra de autores como Verea y Aguiar, reforzouse coa xeración de 1846 e foi finalmente adoptada como patrón interpretativo de Galicia por Murguía e a súa escola. Pero alén de entender Galicia, era preciso dispoñer de textos que servisen de guía, compendio ou manual para a formación escolar. Murguía foi pioneiro neste sentido co seu breve texto introdutorio La primera luz (1859), pero a aparición de máis libros con esta finalidade non se produce ata os anos 20 do século pasado, cando, tanto na emigración como na Galicia territorial, apa- recen algúns textos que, no ronsel da obra de Murguía, aspiran a converterse en manuais útiles para mestres e escolantes sensibles aos novos rumbos pedagóxicos, en boa parte inspirados polo nacionalis- mo das Irmandades da Fala ou polos aires chegados da emigración americana. Refírome a libros como o de Ramón Marcote, Compendio de Historia de Galicia (La Habana, 1924), e o de Ramón Villar Ponte, Historia sintética de Galicia (A Coruña, 1927). Dúas décadas máis tarde, este sería o cometido abordado por Vicente Risco co seu Manual de Historia de Galicia, definido explicitamente polo autor aínda menos que un manual: un “resumen” (Vigo, 1952). A obra máis ambiciosa ideoloxicamente e mellor presentada era a de Villar Ponte, pero en xeral todas teñen pouco alento literario, seguen as pautas narrativas da historia política máis tradicional e, por tanto, non son comparables a tantos manuais que se publicaron na Europa desde finais do século XIX, tal que o do francés Ernest Lavisse, Précis d’histoire de France, que o converteu en verdadeiro educador nacional da III República francesa (Nora, 1984). O exemplo de Lavisse foi seguido parcialmente 10 Ensayo histórico sobre la cultura gallega en España, grazas á influencia dos chamados “krausistas de cátedra”, como Rafael Altamira e o seu discípulo Deleito y Viñuela, catedrático da Universidade de Valencia, que traduciría en 1916 o manual do autor francés (Ruiz Torres, 2002: 74). Estas correntes historiográficas aparecen na Galicia dos anos 20 grazas á creación da Sección de Historia na Universidade de Santiago de Compostela e a chegada de profe- sores foráneos, como Ciriaco Pérez Bustamante, Carmelo Viñas Mey e, nomeadamente, o prehistoriador Luis Pericot, que orientou varios membros do Seminario de Estudos Galegos (SEG) na investigación arqueolóxica (Gracia, 2017: 81-112). Por esta razón, é moi relevante a aparición desta obra de Otero Pedrayo, que posúe un verdadeiro élan interpretativo do percurso histórico de Galicia, aínda que careza da vocación de ser un manual escolar. A obra representa, pois, unha novidade no panorama historio- gráfico galego e, desde logo, un punto culminante na traxectoria in- telectual de Ramón Otero Pedrayo, ao consagrar o seu autor, alén de anovador xeógrafo e audaz romancista, como un verdadeiro intérprete da historia de Galicia e unha figura de referencia no sistema cultural galego. Aínda que a obra publicada de Otero comezara realmente a ser relevante só a partir do ano 1928 (Os camiños da vida, Paisajes y problemas geográficos de Galicia, Pelerinaxes e Arredor de si), á altu- ra de 1930 xa se convertera no gran líder do galeguismo político e cultural (RAG e SEG), fora capaz de escribir varias “novelas longas”, mantiña unha presenza regular, como autor de artigos de opinión, nas revistas e xornais galegos (Nós, A Nosa Terra, El Pueblo Gallego, Vida Gallega, Céltiga, entre moitas outras cabeceiras), e mesmo foi recoñecido como tal por algúns dos seus pares, desde os irmandiños da Coruña ata Castelao e Vicente Risco. Desde Berlín escribíalle Risco en xuño de 1930 para lle dicir que “non tes máis remedio que seres a nosa cabeza e asumir a xefatura dos verdadeiros, pra exercela con autoridade e forza”. Unha homenaxe tributada en Ourense naquela mesma altura foi a mellor expresión deste recoñecemento, que foi crecendo progresivamente ata 1936, coa súa elección como deputa- 11 Ramón Otero Pedrayo do nas Cortes constituíntes de 1931, a presidencia da Asociación de Escritores Galegos e, finalmente, a presidencia do SEG, para a que foi escollido en 1936, poucos meses antes do golpe militar. O Ensayo histórico confirmou claramente a condición de Otero como un intelectual, esa figura tan común na cultura europea de entre- guerras, que ao noso autor non sempre se lle recoñeceu, como advirte un dos seus máis precoces analistas (Baliñas, 1978). Como intelec- tual, malia non militar en ningún sistema ou “metódica” filosófica, foi capaz de debullar a historia enteira de Galicia á luz dun pensamento que conectaba coas grandes correntes intelectuais europeas, desde a “contrailustración alemá” do século XVIII ata o romantismo de inspi- ración francesa e a “revolución conservadora” dos primeiros decenios do século XX (Patterson, 2008; Villares, 2018). Trátase dunha obra que, máis que de historia, se ocupa dunha filosofía da historia aplica- da á interpretación de Galicia como unha realidade cultural e “célula de universalidade”, como logo se recollería nos principios básicos do Partido Galeguista fundado en Nadal de 1931. Alén da dimensión in- telectual, o Ensayo histórico achega, como en Arredor de si (AS, 1930) ou en Morte e resurrección (MR, 1931) e, desde logo, en moitos dos seus artigos de revista e xornal, os fundamentos ideolóxicos necesarios para articular a acción política do nacionalismo galego e a definición de Galicia como un suxeito nacional desde unha perspectiva católi- ca e conservadora, definida como “tradicionalista” dentro do espazo ideolóxico do galeguismo dos anos 20 e 30 (Beramendi, 2007: 524 e ss.). En realidade, era un historiador e militante galeguista que “orga- nizaba o pretérito como quen escribe política retrospectiva” (Baliñas, 1978: 40). Neste sentido, as obras oterianas escritas arredor do ano 1930 son textos de doutrina política executadas en diversos rexistros literarios, asumindo no seo da cultura galega un proceso moi común en Europa desde os tempos do romantismo, no que escritores, artis- tas e historiadores trataron de construír as historias nacionais dos seus pobos a través dunha reconstrución literaria do seu pasado como a investigación máis recente sobre as formas de “escribir historia” 12 Ensayo histórico sobre la cultura gallega está poñendo de relevo en varias historiografías nacionais europeas (Berger, 2015). Neste proceso de imaxinar e representar a nación e de ser capaces de proxectala cara ao exterior, algúns autores converté- ronse en “escritores nacionais”, dotados de grande influencia e poder simbólico na república das letras (Thiesse, 2019). No noso caso, Otero Pedrayo forma parte, con Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Daniel Castelao, da nómina de escritores nacionais de Galicia. Pero este ensaio oteriano non naceu isolado. Escrito na segunda metade de 1930, un verdadeiro annus mirabilis para a xeración Nós, e nomeadamente para Otero Pedrayo, o Ensayo histórico forma parte dun pequeno monllo de obras decisivas para a cultura galega con- temporánea. No ano 1930 saen a lume o romance oteriano Arredor de si e o ensaio El problema político de Galicia, de Vicente Risco, na colección galega da Compañía Iberoamericana de Publicaciones (CIAP). Tamén naquel ano conclúen en Madrid os traballos da es- merada edición do álbum Nós de Castelao —aínda que os deseños daten de 1918— promovida por un grupo de amigos de Pontevedra agavillados por Sánchez Cantón e Filgueira Valverde.