[Documento De Inicio Do Proceso De Avaliación Ambiental Estratéxica Do Concello De a Merca]
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
decembro 2009 elaborado por: [documento de inicio do proceso de avaliación ambiental estratéxica do concello de a merca] elaborado por: 1.obxectivos 2 1.1. obxectivos particulares do pxom 2 2. ámbito territorial 5 3. diagnose da situación actual 7 3.1. aspectos ambientais a integrar no proceso de programación 7 3.2. medio físico 7 3.3. medio socioeconómico 24 3.4. medio urbano (análise das infraestruturas e servizos) 25 4. descrición do planeamento 28 4.1. función do planeamento 28 4.2. marco normativo 28 4.3. alcance e contido 30 5. descrición dos procesos que se seguiran para a elaboración do plan 34 PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE A MERCA 1 DOCUMENTO DE INICIO DA AVALICIACIÓNAMBIENTAL ESTRATÉXICA 1. obxectivos (descrición dos obxectivos xerais e específicos que se pretenden acadar con este planeamento) O presente estudo constitúe o documento inicial requirido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe en conformidade coas disposicións contidas no artigo 18 da Lei 9/2006 do 28 de abril sobre a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente, para a elaboración dun documento de referencia que determinará o contido do Informe de Sostibilidade Ambiental integrante do Plan Xeral de Ordenación Municipal de A Merca. A Unión Europea estableceu os obxectivos ambientais da Avaliación Ambiental Estratéxica, na Directiva 2001/42/CE, do Parlamento Europeo e do Consello relativa a Avaliación Ambiental Estratéxica de plans e programas (AAE), a citada Lei 9/2006 é a transposición da Directiva comunitaria ao ordenamento xurídico español. Os pasos a seguir para a tramitación da AAE quedan reflectidos na Lei 9/2006 e teñen como obxectivo converter a AAE nun instrumento de prevención, integrando os aspectos ambientais na toma de decisións de plans e programas que poidan influír no medio ambiente, a consecución deste obxectivo só pode ser levado a cabo se a AAE se efectúa en paralelo á propia elaboración do plan ou programa. O Concello de A Merca como órgano promotor do Plan Xeral de Ordenación Municipal de A Merca emite o presente informe, como Documento Inicial da AAE deste Plan, que contén os parámetros básicos de cara á súa avaliación ambiental: obxectivos da planificación, diagnose da situación actual, unha descrición dos procesos que se seguirán para a elaboración do Plan Xeral e unha aproximación aos efectos ambientais previsibles. 1.1. obxectivos particulares do pxom O Plan debe dar resposta aos problemas xerais ou sectoriais, polo que en síntese, os obxectivos e solucións xerais de ordenación que se propoñen para o municipio de A Merca serán os seguintes: a) Adaptar o planeamento á Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas modificacións que nela introduciron a Lei 15/2004, de 29 de decembro, e a Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia. Se axusta así mesmo ao PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE A MERCA 2 DOCUMENTO DE INICIO DA AVALICIACIÓNAMBIENTAL ESTRATÉXICA Regulamento de planeamento aprobado por Real Decreto 2159/1978, de 23 de xuño (en diante RP), naquelas cuestións que non se opoñen ao disposto nas leis citadas. b) Grafar o novo vial AG 31 promovido pola Xunta de Galicia. c) Actualizar a cartografía. Axustar a delimitación da clasificación do solo ao parcelario e a realidade existente. d) En solo urbano Definir o solo urbano consolidado e non consolidado. Posibilitar a construción de vivendas de protección pública. Clasificar como solo urbano as zonas que cumpran cos requisitos legalmente necesarios. e) Reorganizar a situación urbanística. Consolidar os núcleos existentes mantendo o seu carácter rural. Controlar o crecemento para que se produza dunha forma ordenada. Definir os núcleos rurais e indicar as áreas de óptimo crecemento. Posibilitar a construción de vivendas unifamiliares de protección pública. Protexer a edificación tradicional e aqueles elementos de especial interese e calidade. Restrinxir a construción en áreas sinaladas con interese agrícola, paisaxístico ou natural. Posibilitar nos núcleos rurais os usos terciarios coma educacional, cultural, hostaleiros, servizos e oficinas. f) Revitalización e mellora de cascos antigos no interior dos núcleos posibilitando a redación de plans de reforma interior. g) Favorecer as comunicacións internas nos núcleos Ampliación de vías e ensanchamento de rúas en zonas non colmatadas pola edificación, mantendo a estrutura viaria das zonas consolidadas. Definir a rede viaria municipal que da acceso aos núcleos rurais. Potenciar e favorecer a edificación dentro dos propios núcleos e nas zonas máis próximas aos mesmos h) Defensa da natureza e paisaxe PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE A MERCA 3 DOCUMENTO DE INICIO DA AVALICIACIÓNAMBIENTAL ESTRATÉXICA Valoración do medio físico coa conservación de todos aqueles espazos do municipio posuidores de valores naturais, ecolóxicos e paisaxísticos. Protección de tódalas áreas de montaña e de tódolos espazos forestais notables e das zonas de especial interese. i) Protección de leitos fluviais e regatos. Preservar de novas edificacións 20 m aos marxes dos leitos fluviais. Control de vertidos orgánicos aos mesmos. Grafar a zona de protección de 100 m dos leitos fluviais. Fora dos núcleos de poboación zona especialmente protexida. j) Conservación do Patrimonio Histórico, Artístico, Etnográfico e Cultural. Redacción dun catálogo no que se retire os núcleos, que se completa co de tódolos bens do municipio recollendo ermidas, petos, cruceiros, edificacións de interese, xacementos, etc. k) Racionalizar a explotación de recursos económicos do municipio coa cualificación de terreas e a racionalización das explotacións agrícolas ou gandeiras. l) Consolidar o solo industrial existente. PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE A MERCA 4 DOCUMENTO DE INICIO DA AVALICIACIÓNAMBIENTAL ESTRATÉXICA 2. ámbito territorial (delimitación dos ámbitos territoriais tanto de execución como de afectación do planeamento) O Concello de A Merca está situado ao sur de Galicia e tamén da provincia de Ourense, da que administrativamente forma parte. O Concello de A Merca forma parte da Comarca Terras de Celanova xunto cos concellos de: Celanova, Cartelle, Gomesende, Quintela de Leirado, Verea, A Bola, Pontedeva, Padrenda e Ramirás. Limita polo norte, co concello de Toen, Barbadas e San Cibrao, polo leste, co de Taboadela e Allariz; polo sur, co de A Bola; e polo oeste, cos concellos de Celanova e Cartelle. Cartelle A Merca Gomesende Pontedeva Ramirás Celanova Quintela A Bola de Leirado Verea Padrenda Figura 1. Situación do Concello de A Merca dentro da comarca Terras de Celanova A súa situación xeográfica é: latitude 42º 09´22 Norte e a lonxitude de 7º 50´55 Oeste; sendo a súa altitude media entre 335 e 550 metros sobre o nivel do mar. Convén ter presente, a efectos de identificación, que o código xeográfico de A Merca é o 32670 e do INE o 32068; e as follas do mapa topográfico nacional a escala 1/50000, nas que aparece debuxado, as números: 225-226 e, 263-264. O termo municipal de A Merca ten unha superficie de 50,9 Km2, inferior a media dos concellos de Galicia de 93,97 Km2, e dos da súa provincia de Ourense que é de 77,30 Km2. Conta entre os seus ríos co Arnoia e os seus afluentes menores. En canto as altitudes convén resaltar que a cota máxima localízase nos límites co concello de Allariz, nos Montes de Barracel (856 m). Segundo os datos facilitados polo IGE (Instituto Galego de Estatística) e o INE a pirámide de poboación de A Merca sería a resultante de representar a seguinte táboa cos datos do padrón PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE A MERCA 5 DOCUMENTO DE INICIO DA AVALICIACIÓNAMBIENTAL ESTRATÉXICA municipal de homes e mulleres en grupos quinquenais de idade. A pirámide poboacional representase no apartado 3.3. Total Homes Mulleres 0-4 41 20 21 5-9 32 17 15 10-14 49 22 27 15-19 51 24 27 20-24 103 53 50 25-29 148 93 55 30-34 135 73 62 35-39 137 77 60 40-44 116 63 53 45-49 123 65 58 50-54 126 70 56 55-59 147 65 82 60-64 179 88 91 65-69 167 76 91 70-74 190 88 102 75-79 188 72 116 80-84 153 53 100 85 e máis 183 63 120 Total 2268 1082 1186 Táboa 1. Poboación de A Merca segundo o padrón municipal do 2008. Datos facilitados polo IGE-INE PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE A MERCA 6 DOCUMENTO DE INICIO DA AVALICIACIÓNAMBIENTAL ESTRATÉXICA 3. diagnose da situación actual (presentación xenérica da situación en ausencia de planeamento) 3.1. aspectos ambientais a integrar no proceso de programación Dentro do proceso de AAE, a Directiva 2001/42 menciona unha serie de factores ambientais que teñen que ser obxecto de avaliación no proceso de elaboración de plans e programas con incidencia no medio ambiente. Os efectos a considerar sobre estes factores son secundarios, acumulativos, sinérxicos, a corto, medio e longo prazo, permanentes e temporais, positivos e negativos. Os aspectos a ter en conta son os seguintes: biodiversidade, poboación, saúde humana, fauna, flora, terra, auga, aire, factores climáticos, bens materiais, patrimonio cultural incluíndo o patrimonio arquitectónico e arqueolóxico, a paisaxe e a interrelación entre estes factores. Sen prexuízo de analizar outros posibles factores de acordo co proceso de avaliación ambiental que se inicia, exponse a continuación unha aproximación de carácter xeral á situación actual destes aspectos no concello de A Merca. Posteriormente no punto 4 descríbese o planeamento formulado, o marco normativo de aplicación, as alternativas baralladas e a opción seleccionada, as medidas incluídas no planeamento e a aproximación aos efectos ambientais previsibles polo desenrolo do PXOM. 3.2. medio físico No presente apartado defínense a moi grandes trazos as características físicas do municipio de A Merca.