Documento De Inicio
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
CONCELLO DE LEIRO AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE LEIRO DOCUMENTO DE INICIO LEIRO, XANEIRO DE 2008 AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE LEIRO 1.- INTRODUCIÓN 1.1.- EQUIPO REDACTOR DA AVALIACIÓN AMBIENTAL 2.- OBXECTIVOS DO PXOM DO CONCELLO DE LEIRO 2.1.- OBXECTIVOS XENÉRICOS 2.2.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 3.- ÁMBITO TERRITORIAL: O CONCELLO DE LEIRO 4.- DIAGNOSES DA SITUACIÓN ACTUAL 4.1.- DESCRICIÓN DO CONTEXTO COMARCAL: A COMARCA DO RIBEIRO 4.2.- INTERPRETACIÓN DO TERRITORIO: O MEDIO FÍSICO E BIÓTICO 4.2.1.- XEOLOXÍA E XEOMORFOLOXÍA 4.2.2.- EDAFOLOXÍA E SOLOS 4.2.3.- CLIMATOLOXÍA 4.2.4.- HIDROLOXÍA E HIDROXEOLOXÍA 4.2.5- VEXETACIÓN E FAUNA NO CONCELLO DE LEIRO 4.3.- O HOME E O SEU MEDIO 4.3.1.- ECONOMÍA: EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN DE LEIRO 4.3.2- VALORES E RECURSOS DO MEDIO NATURAL 4.3.2.1- A PAISAXE DE LEIRO 4.3.2.2.- O RECURSO HIDROELÉCTRICO 4.3.2.3.- O POTENCIAL HIDROXEOLÓXICO: O TERMALISMO 4.3.2.4.- RECURSOS TURÍSTICOS E DE ATRACCIÓN RESIDENCIAL 4.3.2.5.- ESPAZOS NATURAIS 5.- DESCRICIÓN DO PLANEAMENTO 5.1.- MODELO TERRITORIAL PRETENDIDO 5.2.- PROPOSTAS DE SOLOS URBANIZABLES NO CONCELLO DE LEIRO. COMENTARIOS MEDIOAMBIENTAIS 5.3.- MARCO NORMATIVO 5.3.1.- LEXISLACIÓN URBANÍSTICA 5.3.2.- LEXISLACIÓN DE MEDIO AMBIENTE 5.4.- RESUMEN MEDIOAMBIENTAL DO PLANEAMENTO URBANÍSTICO NO CONCELLO DE LEIRO 5.5.- ALTERNATIVAS AO PXOM: O TERRITORIO E AS SÚAS ALTERNATIVAS DE USO 5.6.- POSIBLES IMPACTOS CAUSADOS POLA EXECUCIÓN DO PXOM 5.7.- MEDIDAS PREVENTIVAS E CORRECTORAS PROPOSTAS PARA A SÚA INCLUSIÓN NO PXOM DE LEIRO 5.8.- SOSTIBILIDADE DOS RECURSOS NATURAIS NOS ÁMBITOS PROPOSTOS NO PXOM DE LEIRO • CONSUMO DE ENERXÍA • RECURSOS HÍDRICOS E ENERXÉTICOS • SANEAMENTO • ABASTECEMENTO DE AUGA • XESTIÓN DE RESIDUOS SÓLIDOS 6.- DESCRICIÓN DOS PROCESOS NA ELABORACIÓN DO PLAN DOCUMENTO DE INICIO 1 AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE LEIRO 1.- INTRODUCIÓN O presente Documento constitúe o inicio do proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Leiro, conforme ao disposto no artigo 9.1 da Lei 9/2006, de 28 de abril. Se trata de realizar unha descrición sobre o contido, problemática e obxectivos do Plan Xeral. 1.1.- EQUIPO REDACTOR DO DOCUMENTO DE INICIO A redacción e elaboración do presente Documento de Inicio da Avaliación Ambiental Estratéxica (A.A.E) foi realizada polos seguintes técnicos titulados de CALDERON & ASOCIADOS INGENIERIA MEDIOAMBIENTAL S.L.: - Autores: José ManuO Calderón, Dr. Enxeñeiro de Montes Colexiado nº 679 Julio Calderón Carrero, Enxeñeiro Forestal Colexiado nº 4.986 - Colaborador: Javier Calderón Carrero, Licenciado A.D.E Este equipo redactor é colaborador da Empresa adxudicataria para a realización do P.X.O.M.: MONTEOLIVA ARQUITECTURA S.L., cuxo responsable é o Arquitecto Superior ÁNGEL LUIS MONTEOLIVA DÍAZ. 2.- OBXECTIVOS DO PLAN XERAL 2.1.- OBXECTIVOS XENÉRICOS Redáctase o PXOM coa finalidade de establecer unha ordenación territorial integrada, racional e coherente coas características físicas e estruturais do territorio, cos valores e potencialidades do medio así como co propio sistema de asentamento humano resultado dun proceso ancestral de ocupación. 2.2.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS O Plan Xeral de Leiro pretende consegui-los seguintes obxectivos específicos: • Logra-la SOSTIBILIDADE DO MEDIO RURAL, evitando a perda de poboación, fomentando a residencia nos asentamentos de orixe rural e a utilización do territorio conforme a uns valores produtivos de tipo agricopecuario. • Logra-la maior calidade de vida para os habitantes e residentes do Concello de Leiro. • Consegui-la conservación e mellora de cada lugar e en conxunto, das parroquias de Leiro como institucións básicas da convivencia. • Potenciar e mante-la multifuncionalidade e superposición dos usos do solo, ordenando de forma racional e harmónica • Os novos desenvolvementos propostos para o Concello de Leiro no PXOM. • Potenciar e crear novos usos e actividades de tipo industrial-empresarial e de servizos como alternativas viables neste territorio de Leiro fronte ao sector primario, creando un soporte físico onde teña lugar estas actividades. DOCUMENTO DE INICIO 2 AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE LEIRO • Conservar e establecer un réxime de protección axeitado nas zonas do territorio que presentan valores naturais especiais (Ribeiras do Avia), xa sexan ambientais ou paisaxísticos, así como os elementos que forman parte do patrimonio histórico e cultural do Concello. • Determina-lo conxunto de actuacións a realizar para mellora-las infraestruturas, servizos e dotacións que sustentan a actividade humana do Concello e contribúen en boa maneira a mellora-las condicións de vida e laborais, e fomentan a cohesión social do Concello de Leiro. 3.- ÁMBITO TERRITORIAL: O CONCELLO DE LEIRO O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Leiro ordena a totalidade do territorio municipal de Leiro, integrado na Comarca do Ribeiro O Concello de Leiro está situado no noroeste da provincia de Ourense, no extremo sur da Comunidade Autónoma de Galicia na posición xeográfica 42º 21´42´´ de latitude norte e 8º 07´12 de lonxitude oeste. Forma parte da comarca do Ribeiro xunto cos concellos de Avión, Arnoia, Cenlle, Carballeda de Avia, Beade, Melón, Ribadavia, Castrelo de Miño e Cortegada. Limita ao norte cos concellos de Boborás e O Carballiño, ao leste cos de Cenlle e San Amaro, ao oeste con Avión e polo sur con Carballeda de Avia e Beade. Abrangue unha superficie de 38,3 km² que acolle unha poboación de 1.893 habitantes (segundo datos do INE 2006) repartidos nas parroquias de Berán, Bieite, Gomariz, Lamas, Lebosende, Leiro, Orega, San Clodio e Serantes. Leiro é tamén o nome da súa capital municipal. As principais comunicacións establécense pola estrada autonómica OU-504 que atravesa o termo municipal en dirección meridiana polo extremo oeste e conecta con Ribadavia e O Carballiño; e á súa vez coa autovía A-52 (Ourense-Vigo), e a N- 541 (Ourense-Pontevedra). Da OU-504 parte a OU-205 que discorre paralela pola outra beira do río Avia. Desta parten as estradas provinciais OU-0301, OU-0306, OU-0307, OU-0413, OU-0414, que xunto a rede de estradas municipais vertebran o resto do territorio. DOCUMENTO DE INICIO 3 AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE LEIRO 4.- DIAGNOSES DA SITUACIÓN ACTUAL 4.1.- DESCRICIÓN DO CONTEXTO COMARCAL: A COMARCA DO RIBEIRO. INTRODUCIÓN A comarca do ribeiro localízase na parte meridional da Galicia interior, no curso medio do Río Miño, estando integrada na provincia de Ourense. Os 447,3 km² que ocupan estas terras do Ribeiro repártense entre os concellos de Leiro ,Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Melón e Ribadavia. As barreiras naturais e a súa situación meridional protexen o territorio de borrascas sudatlánticas e proporcionan un microclima de transición oceánico-mediterraneo. Nos vales desenvólvese a vida do Ribeiro, son as terras de labor onde se asenta a gran parte dos núcleos poboacionais. A rede fluvial vertébrase a partir do Miño, e incrementan o seu caudal o río Arnoia, e o río Avia. Sobre esta base territorial da Comarca do Ribeiro están actuando algúns procesos modernos que introduciron certas modificacións: - Forte declive demográfico que diminúe o potencial de pequenas unidades comarcais antigas, e está a despoboar moitos dos concellos actuais. - Cambios na accesibilidade debido ás novas vías de comunicación que favorecen o papel das cidades e as vilas máis importantes, ampliando a súa área de influencia e de relación. - Proceso de urbanización menos evolucionado que nas provincias occidentais, de aí que as distorsións introducidas na organización tradicional do territorio sexan menores, e que as comarcas rurais manteñan os seus límites tradicionais, sen que foran afectadas polos procesos de difusión residencial ou económica presentes noutras áreas. - A especialización económica dalgunhas comarcas reforzou a vinculación existente entre os seus concellos, debido á predominancia dos intereses comúns sobre os particulares. A conxunción destes factores sobre o territorio deu lugar a unha estrutura territorial na que se poden diferenciar tres áreas funcionais. A máis extensa é a occidental, que corresponde á área de influencia directa da capital. A ela pertencen sete comarcas, que son, agás da Comarca Urbana formada arredor da aglomeración de Ourense, as comarcas do Ribeiro, O Carballiño, Allariz-Maceda, Terra de Celanova, Terra de Caldelas, Baixa Limia e A Limia. DOCUMENTO DE INICIO 4 AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE LEIRO O sector oriental da provincia está máis desarticulado funcionalmente, e as súas catro comarcas estrutúranse en dúas pequenas áreas funcionais: ao norte, a que corresponde a área de influencia do Barco de Valdeorras (Comarca de Valdeorras e Terra de Trives), e ao sur, a área de influencia de Verín, que abarca a comarca do seu nome; entre as dúas queda a comarca de Viana, que tamén ten vinculacións con Valdeorras. Como referencia breve que máis adiante se ampliará, expóñense brevemente as principais comunicacións da comarca: Autovía Madrid Vigo (A-52) e a Estrada Nacional 120. Relacionando o val do Avia coa chá de Carballiño, citamos á estrada OU-210 que dende a Estrada Santiago-Carballiño-Ourense, recorre a marxe esquerda do río e segue ata o seu enlace coa N-120 en Ribadavia Por último completan as comunicacións tres Estradas locais e diversos camiños veciñais de distinta entidade enlazan os distintos núcleos poboacionais de Leiro. Tamén varias vías de natureza comarcal relacionan as capitais dos concellos do Ribeiro, articulando o espazo interior da comarca. 4.2.- DESCRICIÓN DO TERRITORIO: O MEDIO FÍSICO E BIÓTICO 4.2.1.- Xeoloxía e xeomorfoloxía A Comarca do Ribeiro encádrase no denominado Macizo Hespérico, constituído por materiais precámbricos e paleozoicos que sufriron unha intensa deformación durante a Orogenia Hercinica. A principal característica xeomorfolóxica que se aprecia no Concello de Leiro é a gradación altitudinal dende o fondo do val, no leste, ata os límites meridionais ao oeste.