02Seguemento Do Impacto Do Covid-19 Nos Indicadores Da Economía Ourensá
02SEGUEMENTO DO IMPACTO DO COVID-19 NOS INDICADORES DA ECONOMÍA OURENSÁ IMPACTO DA CRISE COVID-19 NO DESEMPREGO DAS COMARCAS E CONCELLOS DA PROVINCIA DE OURENSE SEGUIMIENTO DO IMPACTO DO COVID19 NOS INDICADORES DA ECONOMÍA OURENSÁ IMPACTO DA CRISE COVID-19 NO DESEMPREGO DAS COMARCAS E CONCELLOS DA PROVINCIA DE OURENSE O impacto da crise do COVID-19 deixase notar nas cifras de desempregados inscritos nas oficiñas de emprego da meirande das Comarcas de Ourensás, presentando solo una delas una evolución positiva en comparación coa cifra de febreiro deste mesmo ano: a da Baixa Limia que ve como descende o seu desemprego un 3,8 % (cun descenso de 6,4 % en comparación co mesmo mes do ano anterior). Ademais de A Baixa Limia outras tres comarcas presentan unha evolución positiva respecto marzo de 2019: A Limia (-3,13%), Allariz.Maceda (-3,77%) e O Ribeiro (-2,18%). (Indicador 1) Por sectores 5 das 12 Comarcas da provincia presentan unha evolución mensual positiva do desemprego no sector primario: A Limia (-4,46%); Baixa Limia (-17,65%); Ourense (-6,20%); Terras de Celanova (-7,46%) e Viana (-12,5%)e noutras dúas: Terras de Caldelas e de Trives o número de desempregado neste sector coinciden co do ano anterior. (Indicador 2) Ademais de no sector primario, a Comarca da Baixa Limia presenta unha evolución intermensual positiva no número de desempregados do sector da construción, servizos e de desempregados sen empresa anterior, e a de Terras de Celanova no sector industrial (Indicador 2) Os Concellos de Bande e Vilariño de Conso ven como diminúe o seu desemprego, en termos comparativos co mes de febreiro de este mesmo ano por riba de dous díxitos: un -15,28% e un -14,29%.
[Show full text]