A Guerra Civil Española Na Narrativa Infantil E Xuvenil
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Maqueta_Guerra_Civil:Maqueta_Teatro_infantil 1/7/14 13:18 Página 3 a guerra civil española na narrativa infantil e xuvenil Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou (USC) Pedro Lucas Domínguez (Biblioteca Fundación Caixa Galicia) Isabel Soto López (USC) XERAIS Maqueta_Guerra_Civil:Maqueta_Teatro_infantil 1/7/14 13:18 Página 4 Edición: Helena Pérez Maquetación: Pablo Gutiérrez Solla Produción: Antón Pérez © LIJMI (Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico»), Biblioteca Fundación Caixa Galicia © Ilustración de cuberta e interiores: José María Mesías Lema © para esta edición, Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2008 Dr. Marañón, 12. 36211 VIGO [email protected] ISBN: 978-84-9782-885-7 Depósito Legal: VG 833-2008 Impreso en Artes Gráficas Diumaró Camiño da Feira, 8 (Bembrive) 36313 Vigo Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola lei, que prohibe a reprodución, plaxio, distribución ou comunicación pública, en todo ou en parte, dunha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fi xada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización. Maqueta_Guerra_Civil:Maqueta_Teatro_infantil 1/7/14 13:18 Página 5 a guerra civil española na narrativa infantil e xuvenil Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou (USC) Pedro Lucas Domínguez (Biblioteca Fundación Caixa Galicia) Isabel Soto López (USC) Equipo redactor: Eulalia Agrelo – Francesca Blockeel Pedro C. Cerrillo – Jesús Díaz Armas Xabier Etxaniz Erle – José António Gomes Gemma Lluch – Manu Lopez Gaseni Lourdes Lorenzo – Nieves Martín Rogero Isabel Mociño – Marta Neira Rodríguez Mari Jose Olaziregi – Joan Portell Ana Margarida Ramos – Sara Reis da Silva Blanca-Ana Roig Rechou – Veljka Ruzicka Kenfel Isabel Soto – Mª Victoria Sotomayor Celia Vázquez García Maqueta_Guerra_Civil:Maqueta_Teatro_infantil 1/7/14 13:18 Página 6 Maqueta_Guerra_Civil:Maqueta_Teatro_infantil 1/7/14 13:19 Página 397 ÍNDICE Páx. Introdución . 7 1. La Guerra Civil y sus representaciones. Mari Jose Olaziregui . 13 2. Guerra Civil y posguerra en la narrativa escrita en castellano. Nieves Martín Rogero . 31 3. Històries de la guerra “incivil”. Joan Portell . 57 4. A Guerra Civil na narrativa infantil e xuvenil galega: unha temática incompleta. Blanca-Ana Roig Rechou . 69 5. Narrativa portuguesa e Guerra Civil espanhola: Algumas notas. José António Gomes, Ana Margarida Ramos, Sara Reis da Silva . 105 6. 1936ko gerra euskal haur eta gazte literaturan. Orbaindu gabeko zauria / Unha ferida sen cicatrizar. A Guerra Civil na LIX vasca. Xabier Etxaniz Erle e Manu Lopez Gaseni . 137 397 Maqueta_Guerra_Civil:Maqueta_Teatro_infantil 1/7/14 13:19 Página 398 A GUERRA C IVIL E SPAÑOLA NA NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL 7. Aproximación al estudio de la Guerra Civil española en la literatura infantil y juvenil alemana. Veljka Ruzicka Kenfel . 157 8. Aproximación ao estudo da Guerra Civil española na literatura infantil e xuvenil inglesa: eco distante desapaixonado. Celia Vázquez García . 171 9. Unha selección para a educación literaria . 183 10. Comentarios para a formación lectora . 193 10.1. A silenciosa subversión do universo feminino como consecuencia da Guerra Civil: A sombra descalza, de An Alfaya. Eulalia Agrelo e Isabel Mociño . 195 10.2. Una vaca amiga de los maquis. A propósito de Memorias de una vaca, de Bernardo Atxaga. Mari Jose Olaziregi . 207 10.3. Dues visions del conflicte: de la guerra i la postguerra. Negra nit, de Lolita Bosch i El centaure, de Jaume Cela. Gemma Lluch i Joan Portell . 217 10.4. Da literatura de adultos á literatura xuvenil a través da tradución: Vento ferido / Wounded Wind, de Carlos Casares. Lourdes Lorenzo . 225 10.5. Años difíciles, de Juan Farias: cuestión de perspectiva. Jesús Díaz Armas . 241 10.6. Literatura contra a desmemoria: unha lectura de Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz. Isabel Soto . 251 10.7. La mirada adolescente de Celia en la revolución, de Elena Fortún. Mª Victoria Sotomayor . 271 10.8. Recuperar a memoria: A teima de Xan, de Antonio García Teijeiro. Marta Neira Rodríguez . 285 10.9. La posguerra en el mundo rural: Noche de alacranes, de Alfredo Gómez Cerdá. Francesca Blockeel . 297 398 Maqueta_Guerra_Civil:Maqueta_Teatro_infantil 1/7/14 13:19 Página 399 ÍNDICE 10.10. Urtebete itsasargian Miren Agur Meaberen gazte eleberriaren azterketa / Análise da novela xuvenil de Miren Agur Meabe Urtebete itsasargian [Un ano no faro]. Manu Lopez Gaseni e Xabier Etxaniz Erle . 313 10.11. La realidad de la guerra: El fantasma anidó bajo el alero, de Emilio Pascual. Pedro C. Cerrillo . 325 10.12. Aproximación al estudio de la Guerra Civil española en Vier Spanische Jungen [Cuatro muchachos españoles], de Ruth Rewald. Veljka Ruzicka Kenfel . 331 10.13. A Guerra Civil Espanhola através do olhar infantil – uma leitura de A Língua das Borboletas, de Manuel Rivas. Ana Margarida Ramos . 345 10.14. A Guerra Civil e o fascismo, a relixión e os valores morais de The Prime of Miss Brodie (La plenitud de la señorita Brodie) de Muriel Spark. Celia Vázquez García . 353 10.15. A Casa de Eulália, de Manuel Tiago: uma história entrelaçada na História. José António Gomes, Ana Margarida Ramos, Sara Reis da Silva . 373 10.16. A Criação do Mundo, de Miguel Torga: História, autobiografia e ficção. José António Gomes, Ana Margarida Ramos, Sara Reis da Silva . 387 11. Equipo redactor . 395 399 Maqueta_Guerra_Civil:Maqueta_Teatro_infantil 1/7/14 13:18 Página 7 introdución omo nas entregas anteriores, dadas a coñecer nesta mesma C serie, o presente volume encádrase dentro dos obxectivos da Rede temática “Las literaturas infantiles y juveniles del marco ibérico”, creada no ano 2004 co obxectivo de intercambiar experiencias e coñecementos entre docentes e investigadores do Esta- do español e de Portugal. Até o de agora esta Rede deu xa algúns pasos significativos na concreción das súas liñas de investigación, plasmadas en publicacións cuxa intención é sempre dar a coñecer nos ámbitos educativos, investigadores e sociais en xeral, os modos de coñecemento que nos ofrecen as literaturas infantís e xuvenís como espazos de creatividade, tolerancia e entendemento; presentar aproximacións teóricas e críticas, e incidir na importancia das diver- sas literaturas infantís e xuvenís ibéricas e no atractivo que poden presentar, de cara aos mediadores, a variedade e a diversidade de voces e temáticas que as integran. Neste caso, o tema de estudo eli- xido foi a Guerra Civil española na narrativa infantil e xuvenil. O volume ábrese cun traballo introdutorio de Mari Jose Olazire- gi no que a investigadora vasca repasa exhaustivamente o impacto e a presenza da Guerra Civil española tanto na literatura das últimas décadas como noutras manifestacións artísticas e culturais, ao tem- po que se refire á abundante bibliografía xerada polos teóricos da literatura e da cultura contemporáneas na que se recollen as dife- rentes posturas suscitadas na máis recente crítica literaria a favor ou en contra de restituír o pasado histórico. Neste sentido, salienta como as formulacións próximas ao Novo Historicismo, á Crítica 7 Maqueta_Guerra_Civil:Maqueta_Teatro_infantil 1/7/14 13:18 Página 8 A GUERRA C IVIL E SPAÑOLA NA NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL Poscolonial ou á Posmodernidade acolleron un marco teórico meto- dolóxico no que o debate arredor do pasado se converte en elemen- to central nos seus respectivos postulados críticos para abordar aspectos como a importancia do punto de vista da instancia narra- dora na presentación dun feito histórico, o cuestionamento dos límites entre Historia e Ficción ou o interese que suscita o concep- to de microhistoria, entre outros. A seguir, inclúese unha serie de estudos teóricos, historiográficos e descritivos realizados por investigadores dos respectivos ámbitos para cuxa realización preferiuse non estabelecer marcas e/ou límites temporais específicos, sendo en cada caso responsabilidade dos auto- res de cada un dos traballos. A nosa intención foi a de presentar un conxunto de estudos que respondesen aos presupostos e á metodo- loxía da literatura comparada, co propósito de atender a aspectos tales como o tratamento literario do tema, a súa repercursión críti- ca, os seus obxectivos ou as estratexias narrativas máis recorrentes. Trátase pois de reflexionar, entre outros puntos, en torno á función que o tema da Guerra Civil ten na literatura infantil e xuvenil, se é descrito como mero escenario narrativo ou como recreación ficcio- nal dun feito histórico, se o seu tratamento cumpre unha funciona- lidade ética, histórica, didáctica. Cinco destes estudos responden ao tratamento do tema da Gue- rra Civil española nas literaturas infantís e xuvenís castelá, catalá, galega, portuguesa e vasca. No caso da literatura en lingua castelá, Nieves Rogero salienta como a Guerra Civil non atopa un espazo de seu na narrativa até que remata o réxime político totalitario e desa - parecen as súas estratexias de censura. O novo período abre o cami- ño a narracións cun claro desexo de denuncia e, coa chegada do novo século, empréndese a revitalización do tema, unha tendencia acorde co ambiente político e cultural sensíbel á concienciación sobre o conflito e á recuperación da memoria histórica. Pola súa par- te, Joan Portell, actualizando o seu artigo arredor da contenda béli- ca española dado a coñecer na revista Faristol, pon de manifesto como, malia o tempo transcorrido desde a fin da Guerra Civil, o 8 Maqueta_Guerra_Civil:Maqueta_Teatro_infantil