Real Academia Galega Rúa Tabernas, 11 Voces termando 15001 A Coruña da paisaxe galega Tlf. 981 207 308 Fax 981 216 467 ISBN 978-84-946005-3-1
[email protected] Discurso lido o día 14 de xaneiro www.academia.gal de 2017 no acto da súa recepción, pola ilustrísima señora dona Marilar Aleixandre e resposta da excelentísima señora dona Fina Casalderrey Voces termando da paisaxe galega O solemne acto académico no que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 14 de xaneiro de 2017 no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela. Edita Real Academia Galega ISBN: 978-84-946005-3-1 Depósito legal: C 2316-2016 © Marilar Aleixandre, 2017 © Fina Casalderrey, 2017 © Real Academia Galega, 2017 Maquetación e coordinación da edición Mazaira grafismo, sl Deseño da colección Grupo Revisión Deseño Impresión Alva Servicios Gráficos Voces termando da paisaxe galega A Coruña 2017 Discurso da ilustrísima señora dona Marilar Aleixandre Excelentísimo señor Presidente da Real Academia Galega, señoras e señores académicos, amigas e amigos: Dezaoito de agosto de 1936. O Pozo da Revolta, parroquia de Mogor, Ma- rín. Na luz borrallenta da madrugada un mariñeiro de dezasete anos prepara a súa barca. Xurdindo da brétema unha visión estarrecedora. A muller ía descalza e levaba o camisón manchado de sangue. Tamén as mans, e talvez por iso puido virlle á cabeza o día, había dous anos, no que o congro lle arrincara os dedos. Mais o sangue fluía do peito, dun ombro, a muller tiña todos os dedos nas mans que retorcía ansiosamente. Un encontro lembrado, setenta anos despois, polo seu curmán para o entre- vistador de Nomes e Voces, Andrés Domínguez Almansa: Auxilios, auxilios, auxilios! Era un chaval, era de noite e xa se sabía o..