Escavacións Arqueolóxicas No Castelo De Moeche
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
moeche.qxd 21/05/2004 18:56 Página 235 ESCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICAS NO CASTELO DE MOECHE Emilio Ramil González DESCRICIÓN DO CASTELO O Castelo presenta planta poligonal adaptada ao contraforte onde se localiza, cunha clara inclinación leste-oeste, ocupando unha superficie de 1.350 metros cadrados. Deféndese do contor- no mediante un foxo escavado na rocha, de 5 metros de ancho e 3 metros de altura, que vai dimi- nuíndo cara ao oeste; polo que sabemos, este foxo cumpría unha meirande lonxitude en orixe, xa que hai uns 32 anos reencheuse no seu sector NO. Rodearía, pois, todo o perímetro da construc- ción, mesmo o fronte da porta principal, no oeste. Entre o foxo e os muros exteriores discorre un paseo de circunvalación dende o que se accede ao baluarte a traveso de dúas poternas. Dende ese baluarte, de planta irregular que define a súa capacidade defensiva e o seu control do contor- no, accédese ao interior da edificación a traveso da Torre de Homenaxe, de planta cadrada e porta con reixa. Arredor do Patio de Armas central articúlanse as catro dependencias que conforman a edificación; nunha delas, situada no oeste, vemos unha escaleira helicoidal en cantería que sobe até o Paseo de Ronda, que discorre polas ameas superiores. Non se tiña, até as intervencións arqueolóxicas actuais, unha idea clara da funcionalidade concreta das diferentes habitacións, que se repartirían en dúas plantas en alzado, sendo tres no caso da Torre, que gaña en altura. Ás superiores habería que facerlles corresponder unha función nobre, como o denuncia nunha delas a presenza dunha cheminea de cantería imbuída no muro; para as res- tantes, as hipóteses eran moitas, mais non sería prudente ningunha especulación até finalizar o estudo histórico rigoroso que se está a realizar, froito dunha exhaustiva recollida de datos proce- dentes da derradeira intervención arqueolóxica. LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA: Coordenadas: -Latitude 43º 33´03´´ -Lonxitude 7º 59´30´´ moeche.qxd 21/05/2004 18:56 Página 236 236 CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios moeche.qxd 21/05/2004 18:56 Página 237 237 Escavacións arqueolóxicas no Castelo de Moeche moeche.qxd 21/05/2004 18:56 Página 238 238 CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios Cuadrículas quilométricas U.T.M.: X: 581, 550 m. Y: 4822, 450 m. ADMINISTRATIVA: Lugar: Castelo Parroquia: San Xurxo Concello: Moeche ACCESO: Estrada C-642 ( Viveiro-Ferrol), punto quilométrico 61. 600 m. ( Balocos) Estrada LC-103 ( Moeche-Somozas) Ramal do Campo do Foxo até o lugar de Castelo. CARTOGRAFÍA: 1: 50.000 do M.T.N., Folla 7 ( Cedeira) 1: 25.000 do M.T.N., Folla 7-IV ( Somozas) 1: 10.000 da C.O.T.O.P., Folla 7-33 FOTOGRAFIA AÉREA: Voo Xeral de España 1/ 18.000 C.E.C.A.F. ( Exército do Aire) -Pasada F H-7 nº 9 ( 15-7-1986) -Pasada E H-7 nº 11 ( 15-7-1986) -Pasada E H-7 nº 10 ( 15-7-1986) APUNTES HISTÓRICOS O Castelo de Moeche localízase na parroquia de San Xurxo, dominando o val, situado nunha elevación rochosa moi preto da igrexa parroquial. A documentación sobre este monumento histórico é moi pobre. Até o momento da inter- vención do ano 1991, todos os estudos realizados baséanse nos escasos datos achegados por Benito Vicetto, Montero y Aróstegui, Couceiro Freijomil e, sobre todo, nunha primeira obra xeral de Avelino Comerma e Batalla (1903), un traballo loábel pero que non resolve a insuficiencia de datos existentes nin resposta axeitadamente ás interrogantes que hai que formularse verbo de dife- rentes aspectos: data de construcción e posíbeis reformas ao longo do tempo, distribución e tipo- loxía de cubertas e pisos, funcionalidade das súas diferentes dependencias, etc. Hai que engadir o clarexamento dos acontecementos históricos que o tiveron como protagonista, principalmente no referente á súa hipotética destrucción durante o movemento irmandiño. Ata a data, investigadores contemporáneos, como Rafael Usero, Paz Varela Campos, Jesús Matesanz Vellas e Marcelino Abuín, seguen en xeral o discurso histórico adiantado por Comerma, moeche.qxd 21/05/2004 18:56 Página 239 239 Escavacións arqueolóxicas no Castelo de Moeche aínda que cada un dos autores mencionados profundan e achegan datos novidosos no referente á súa particular investigación. Debemos destacar o traballo realizado por Edward Cooper que reco- lle datos subministrados polo preito Tabara-Fonseca, e sobre todo a publicación de Ángel Rodríguez González baseada no citado preito. En síntese, a achega dos estudos históricos é moi limitada até a análise detallada do prei- to Tabara-Fonseca. Podemos resumir mencionando as dúas versións ás que fai referencia Cooper: a protesta de Pedro Padrón, procurador de Ferrol, contra Fernán Pérez de Andrade, e o posterior asalto dos irmandiños dirixidos por Roi Xordo, posterior ao ano 1432; ou ben o asalto realizado no ano 1431 contra Nuño Freire de Andrade. Evidentemente o asalto realízase anticipándose á revol- ta irmandiña do ano 1467 en toda Galicia, arrasando o Castelo. Finalizada a revolta irmandiña o Castelo reconstrúese, como atestan testemuñas do preito Tabara-Fonseca. APUNTES ARQUEOLÓXICOS: ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA DO ANO 1991 O proxecto arquitectónico desenvolvido no ano 1991 de restauración do elemento pétreo, cantería e cachotería do Castelo de Moeche permitiu a realización previa dunha esca- vación arqueolóxica combinando a metodoloxía de traballo de escavación en área, que res- pectou os niveis habitacionais, e as sondaxes estratigráficas que permitían achegarnos tanto aos aspectos constructivos da edificación como ás fases de ocupación. A oportunidade da escavación arqueolóxica no Castelo, en conexión con outras tarefas de urxente realización como os traballos puntuais de consolidación, dado o deficiente estado de con- servación que presentaba nalgunhas zonas, obrigaron a realizar unha urxente primeira campaña. A intención, dado o volume de obra previsto, que se estendía a toda a construcción e mesmo ao seu contorno, situounos diante dunha ampla superficie que fixo necesaria a fixación de criterios de selección dos puntos concretos a escavar, en orde a facer posíbel combinar os intereses que propi- ciaban o proxecto de restauración centrado en estructuras internas e as zonas que, segundo criterio arqueolóxico, fixeron supoñer unha mais rendíbel recollida de materiais. O método a empregar tivo en conta estes dous enfoques, utilizando a escavación en área, que respecta os niveis habitacionais, e a de sondaxes estratigráficas que, acadando a rocha natural, permite unha axeitada lectura estratigráfica que globaliza os coñecementos sobre esta edificación, tanto nos aspectos constructivos como en posíbeis fases de ocupación. As sondaxes e as cuadrículas en área distribuíronse segundo unha cuadriculación cartesia- na na que un dos eixes levou orientación N-S. Cada un dos cadrados base cumpriu 16 metros cadrados, até un total a escavar de 320 metros cadrados. A planificación dos traballos, en relación cos fins propostos, cobrou as seguintes caracte- rísticas: moeche.qxd 21/05/2004 18:56 Página 240 240 CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios Patio con restos do torreón e canle. a- A selección das zonas para sondaxe estratigráfica estivo en función da inclusión dentro do cadrado base dalgunha estructura que permitiu o recoñecemento das súas cimentacións. Foron elixidas tendo en conta as preferencias expostas polo arquitecto responsábel do proxecto de restauración. b- Os cadrados de escavación en área repartíronse homoxeneamente por todo o recinto naquelas zonas dunha meirande potencia suposta. Nalgún caso foron limítrofes coas sondaxes estratigráficas co fin de facer máis doada calquera ampliación destes cando se fixo necesario. A recollida de material ergolóxico, para a súa agrupación, tratándose dun recinto habita- cional, tivo en conta as divisións das diversas dependencias, con acoutamentos que marcaron as concentracións significativas que axudan a clarexar a funcionalidade das estancias, un dos fins desta intervención arqueolóxica. A estratigrafía é moi uniforme ao longo do área escavada.Varían os niveis en potencia segundo a zona, por mor do desnivel da rocha na que se asenta a cimentación, xa que vai gañando en altura, en dirección N-S. Retirada a capa vexetal aparece a capa 1. Este primeiro nivel consiste nunha terra de revol- to mesturada con pedra miúda; a súa potencia varía entra 10-50 cms. É unha capa moi alterada ao longo dos anos, onde se mesturan materiais da época cos modernos. Nalgúns casos, nas zonas de menor potencia, o nivel 1 sitúase directamente sobre a rocha nai. Normalmente está sobre a capa moeche.qxd 21/05/2004 18:56 Página 241 241 Escavacións arqueolóxicas no Castelo de Moeche 2, consistindo este nivel nunha estructura horizontal (a base do que sería o piso do Castelo), cons- truída esta preparación do empedrado utilizando elementos pétreos xistosos sen traballar, coloca- dos de xeito absolutamente irregular. Hai zonas nas que a preparación do empedrado mesturouse coa derradeira fiada de cimentación dalgún muro. Os muros exhumados non teñen máis de tres fia- das e a súa cimentación está directamente sobre a rocha nai. En todas as catas saen derrubes procedentes dos muros do Castelo. Exhumáronse, como datos estructurais mais salientábeis, agás a preparación do empedrado: 1- A cimentación de dous grosos muros que fan esquina en ángulo; conservan tres fiadas de cachotería, cimentándose directamente sobre a rocha. O seu tamaño e aparencia recordan a cimentación dunha torre, anterior á actual construcción. A altura dos muros varía entre 20-50 cm. e o ancho é de 150 cm. Está construído en cachotería de lousa e xistos. 2- O pozo do Castelo. Atópase encostado á cara externa dun muro que separa unha das habitacións do Patio de Armas. Ten forma circular, pero moi irregular, cun diámetro medio de 140 cm. e unha profundidade de 9,90 m. Escavado na rocha, rematouse en cachotería, agás a derra- deira fiada construída con perpiaños de cantería,material utilizado para facer o peitoril do pozo. 3- Canle. Exhumouse parte dunha canle feita con pezas de cantería de diferente lonxitude.