Dossier Do Festival De Música Cidade De Lugo Cos
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus abril-xuño 2010 sábado 17 de abril de 2010 mércores 19 de maio de 2010 Aniversario Pergolesi Aniversario Chopin: a influencia do bel canto en Chopin ROMINA BASSO mezzosoprano MARÍA ESPADA soprano ORPUS LA RISONANZA KENNEDY MORETTI piano C FABIO BONIZZONI director Bellini, Donizetti, Rossini e Chopin Caldara, Bononcini, Durante, Domenico Scarlatti e Pergolesi Círculo das Artes, 20:30 Círculo das Arte, 20:30 venres 21 de maio de 2010 ANA DO luns 19 de abril de 2010 Sonatas de Bach M A música de cámara: o óboe e o trío de cordas CARLOS MÉNDEZ contrabaixo E S IRINA GRUIA violín FERNANDO LÓPEZ PAN clave ANNE SCHLOSSMACHER viola Fundación Caixa Galicia, 20:30 THOMAS PIEL violoncello VIII sábado 22 de maio de 2010 ESTHER VIÚDEZ óboe Istampitta, a danza na Idade Media Mozart, Britten, Webern e Dohnanyi EVO Fundación Caixa Galicia, 20:30 Círculo das Artes, 21:00 xoves 22 de abril de 2010 luns 24 de maio de 2010 Carnaval, Schumann e o piano romántico Membra Jesu Nostri de Buxtehude ANDREA LUCCHESINI piano CORO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO Schumann, Schubert, Scarlatti... CAPELA COMPOSTELANA UGO 2010 - XXX Conservatorio Prof. de Música, 20:30 L MIRO MOREIRA director martes 27 de abril de 2010 Igrexa de San Pedro, 20:30 Os ciclos de cancións de Britten (3) mércores 26 de maio de 2010 RONAN COLLETT barítono Himno para violas ROGER VIGNOLES piano ENSEMBLE PLUS IDADE IDADE DE Britten, Poulenc e Ives Runchak, Pereiro, Buide e Rosinskij C Conservatorio Prof. de Música, 20:30 Conservatorio Prof. de Música, 20:30 venres 30 de abril de 2010 xoves 27 de maio de 2010 Arias de ópera de Haendel A canción nórdica ANN HALLENBERG mezzosoprano KATARINA KARNÉUS mezzosoprano IL COMPLESSO BAROCCO JULIUS DRAKE piano ALAN CURTIS director Grieg, Sibelius e Rangström Círculo das Artes, 20:30 Círculo das Artes, 20:30 luns 3 de maio de 2010 sábado 29 de maio de 2010 Recercadas de Ortiz, a arte da improvisación Diálogos: entre jazz e popular, entre clásica e improvisación SANTI MIRÓN viola da gamba FESTIVAL DE MÚSICA FESTIVAL JÁZZICA MANUEL VILAS arpa de dúas ordes Círculo das Artes, 21:00 Fundación Caixa Galicia, 20:30 martes 1 de xuño de 2010 xoves 6 de maio de 2009 Do Barroco ao Clasicismo, de Haendel a Haydn Fantasy in blue: Purcell & Gershwin MARÍA JOSÉ MORENO soprano GUILLEMETTE LAURENS mezzosoprano ORQUESTRA DE CÁMARA FUOCO E CENERE DA SINFÓNICA DE GALICIA Círculo das Artes, 20:30 MASSIMO SPADANO director venres 7 de maio de 2010 Círculo das Artes, 20:30 A dúo: ópera, canción e oratorio ELENA DE LA MERCED soprano JOSEP MIQUEL RAMÓN barítono RUBÉN FERNÁNDEZ AGUIRRE piano sábado 8 de maio de 2010 Donizetti, Mendelssohn, Schumann... Hansel e Gretel (recomendado a partir 5 anos) Círculo das Artes, 20:30 PENTAFONÍA quinteto de ventos / SEISDEDOS títeres luns 10 de maio de 2010 Círculo das Artes. 18:00 O outro piano, o Makrokosmos de Crumb sábado 22 de maio de 2010 NICASIO GRADAILLE piano Kashmir rumbo a… Lugo (recomendado a partir 6 anos) Conservatorio Prof. de Música, 20:30 EVO Círculo das Artes. 18:00 mércores 12 de maio de 2010 O violoncello só, de Bach ao s. XX sábado 29 de maio de 2010 DAVID ETHÈVE violoncello A caixa de música (recomendado a partir 3 anos) Bach, Kodaly e Ligeti VIRAVOLTA títeres Fundación Caixa Galicia, 20:30 Círculo das Artes. 18:00 Entrada LIBRE ata completar O AFORO 1 FESTIVAL DE MÚSICA CIDADE DE LUGO 2010 - XXXVIII SEMANA DO CORPUS Trinta e oito anos de longa historia cumpre o decano dos festivais galegos de música clásica, este Festival de Música Cidade de Lugo tradicionalmente coñecido como Semana do Corpus que, convertido nun gran festival, cada ano que pasa é máis coñecido e respectado alén desta hospitalaria e aberta cidade. Case un mes e medio de música –dezaoito ORPUS C concertos e tres concertos familiares e para nenos– enche unha programación cuxas premisas básicas son a calidade e a variedade. Chopin, Schumann ou Pergolesi son algúns dos máis senlleiros compositores cuxas efemérides o mundo musical cele- ANA DO brará ao longo deste ano 2010 e aos que o noso festival prestará unha especial atención. Precisamente o Festival de M E Música Cidade de Lugo arranca cun concerto dedicado a Pergolesi e os seus contemporáneos protagonizado polo pres- S tixioso grupo italiano La Risonanza e o seu director Fabio Bonizzoni, que regresan á cidade tralo éxito acadado o pasado ano co oratorio de Haendel Il trionfo del Tempo e del Disinganno. Este concerto inaugural tamén suporá o VIII debut na cidade da magnífica mezzosoprano italiana Romina Basso. De gran acontecemento debe calificarse tamén a presentación no festival da mezzosoprano sueca Ann Hallenberg, do director norteamericano (italiano de adopción) Alan Curtis e da súa orquestra Il Complesso Barocco, para interpretar unha coidada, fermosísima e esixente selección de arias de ópera de Haendel nun concerto organizado en colaboración coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. O interese da ampla oferta lírica do festival está garantida pola calidade e reputación dos cantantes e a salientable variedade dos programas que inclúen ópera, música antiga, lied e canción, música sacra, musical, etc. Ademais das ditas Romina Basso e Ann Hallenberg, outras figuras do canto como as sopranos María José Moreno, Elena de la UGO 2010 - XXX L Merced e María Espada, as mezzosopranos Katerina Karnéus e Guillemette Laurens ou os barítonos Ronan Collett e Josep Miquel Ramón visitarán Lugo entre o 17 de abril e o 1 de xuño. Mostra da variedade da programación dedicada á lírica é o entretido concerto que protagonizarán Elena de la Merced, Josep Miquel Ramón e Rubén Fernández Aguirre no que a ópera, a canción e o oratorio serán os xéneros representados a través das composicións de Donizetti, Haydn, Martín y Soler, Mendelssohn e Schumann. Cúmprese no 2010 o bicentenario do nacemento de IDADE IDADE DE C Frédéric Chopin e lembraremos a este romántico compositor polaco cunha faciana pouco coñecida da súa obra, a da canción, nun concerto no que a soprano extremeña María Espada e o pianista de orixe brasileiro Kennedy Moretti afondan na relación e influencia entre as composicións de Chopin e as do triunvirato de autores belcantistas, Rossini, Bellini e Donizetti. Ademais, no que ao lied e a canción se refire, continuamos co proxecto iniciado hai dous anos sobre os ciclos de cancións do compositor inglés Benjamin Britten que conta coa enriquecedora e xenerosa colaboración dun reputado especialista, o pianista Roger Vignoles. Tras os concertos dos tenores Mark Padmore e Andrew Kennedy, este ano tócalle a vez a outro cantante inglés, o barítono Ronan Collett, que interpretará o entre outras obras o ciclo Tit for tat de Britten nun interesante programa que completan outras cancións do autor británico, do francés Francis FESTIVAL DE MÚSICA FESTIVAL Poulenc e o norteamericano Charles Ives. Tamén cómpre salientar o debut en Galicia da mezzosoprano sueca Katerina Karnéus que, acompañada ao piano por Julius Drake (outro vello coñecido do público lucense), dedicará ao seu con- certo a un repertorio que coñece á perfección, o da canción nórdica: ademais dos máis célebres compositores escan- dinavos, Grieg e Sibelius, o programa inclúe cancións do menos coñecido Ture Rangström. Probablemente boa parte dos afeccionados lucenses aínda lembren a magnífica impresión deixada por María José Moreno na edición do 2002 do festival. A soprano granadina será a encargada de clausurar o festival coa música de Haendel e Haydn nun concerto no que a música vocal comparte protagonismo coa música orquestral e sinfónica a cargo da Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia baixo a dirección de Massimo Spadano. Ao menos en tres dos concertos deste Festival de Música Cidade de Lugo 2010 apostamos polo diálogo entre diferen- tes xéneros, concepcións e visións musicais. Outra das citas imprescindibles do festival é o concerto dunha das gran- des mestras do canto na música antiga e barroca, a mezzosoprano francesa Guillemette Laurens, que na compaña de Fuoco e Cenere (agrupación francesa que tamén debuta en Galicia) ofrecerá un singular programa no que reunen a dous compositores tan especiais, e nunha primeira impresión tan afastados, coma Henry Purcell e George Gershwin. A agrupación Evo tamén ofrece as súas primeiras actuacións en Galicia co seu particular xeito de entender a música medieval, fundamentado en tradicións musicais vivas, tanto europeas como orientais ou norteafricanas. Jázzica é o nome do conxunto formado por músicos galegos que explora a infuencia da música popular nun programa no que a música clásica, a música galega e o jazz comparten protagonismo. Nas catro últimas edicións, o piano converteuse, coa presencia de recoñecidos e celebrados artistas como Nicolai Lugansky, Paul Lewis, Joanna McGregor ou Artur Pizarro, nunha das apostas máis sólidas dun festival que este ano presenta ao pianista italiano Andrea Lucchesini. Para o seu primeiro recital solista en Galicia, o pianista italiano seleccionou obras de Domenico Scarlatti, Schubert e Brahms antes de render homenaxe a Schumann no seu bicente- 2 nario interpretando o seu Carnaval. Un dos músicos galegos máis preocupados pola difusión da música contemporá- nea, Nicasio Gradaille, dedica o seu concerto ao Makrokosmos do compositor norteamericano George Crumb nun con- certo no que o piano, aínda que dende unha perspectiva moi diferente, volve ser protagonista. A oferta da música ORPUS C contemporánea do festival inclúe tamén a estrea mundial de tres obras dos compositores galegos Paulino Pereiro, Fernando Buide e Wladimir Rosinskij (músico ruso que reside hai quince anos na Coruña onde é membro da Sinfónica de Galicia): o concerto estará a cargo do Ensemble Plus, un conxunto de violas austríaco do que é membro o propio Rosinskij.