Dossier Do Festival De Música Cidade De Lugo Cos

Dossier Do Festival De Música Cidade De Lugo Cos

Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus abril-xuño 2010 sábado 17 de abril de 2010 mércores 19 de maio de 2010 Aniversario Pergolesi Aniversario Chopin: a influencia do bel canto en Chopin ROMINA BASSO mezzosoprano MARÍA ESPADA soprano ORPUS LA RISONANZA KENNEDY MORETTI piano C FABIO BONIZZONI director Bellini, Donizetti, Rossini e Chopin Caldara, Bononcini, Durante, Domenico Scarlatti e Pergolesi Círculo das Artes, 20:30 Círculo das Arte, 20:30 venres 21 de maio de 2010 ANA DO luns 19 de abril de 2010 Sonatas de Bach M A música de cámara: o óboe e o trío de cordas CARLOS MÉNDEZ contrabaixo E S IRINA GRUIA violín FERNANDO LÓPEZ PAN clave ANNE SCHLOSSMACHER viola Fundación Caixa Galicia, 20:30 THOMAS PIEL violoncello VIII sábado 22 de maio de 2010 ESTHER VIÚDEZ óboe Istampitta, a danza na Idade Media Mozart, Britten, Webern e Dohnanyi EVO Fundación Caixa Galicia, 20:30 Círculo das Artes, 21:00 xoves 22 de abril de 2010 luns 24 de maio de 2010 Carnaval, Schumann e o piano romántico Membra Jesu Nostri de Buxtehude ANDREA LUCCHESINI piano CORO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO Schumann, Schubert, Scarlatti... CAPELA COMPOSTELANA UGO 2010 - XXX Conservatorio Prof. de Música, 20:30 L MIRO MOREIRA director martes 27 de abril de 2010 Igrexa de San Pedro, 20:30 Os ciclos de cancións de Britten (3) mércores 26 de maio de 2010 RONAN COLLETT barítono Himno para violas ROGER VIGNOLES piano ENSEMBLE PLUS IDADE IDADE DE Britten, Poulenc e Ives Runchak, Pereiro, Buide e Rosinskij C Conservatorio Prof. de Música, 20:30 Conservatorio Prof. de Música, 20:30 venres 30 de abril de 2010 xoves 27 de maio de 2010 Arias de ópera de Haendel A canción nórdica ANN HALLENBERG mezzosoprano KATARINA KARNÉUS mezzosoprano IL COMPLESSO BAROCCO JULIUS DRAKE piano ALAN CURTIS director Grieg, Sibelius e Rangström Círculo das Artes, 20:30 Círculo das Artes, 20:30 luns 3 de maio de 2010 sábado 29 de maio de 2010 Recercadas de Ortiz, a arte da improvisación Diálogos: entre jazz e popular, entre clásica e improvisación SANTI MIRÓN viola da gamba FESTIVAL DE MÚSICA FESTIVAL JÁZZICA MANUEL VILAS arpa de dúas ordes Círculo das Artes, 21:00 Fundación Caixa Galicia, 20:30 martes 1 de xuño de 2010 xoves 6 de maio de 2009 Do Barroco ao Clasicismo, de Haendel a Haydn Fantasy in blue: Purcell & Gershwin MARÍA JOSÉ MORENO soprano GUILLEMETTE LAURENS mezzosoprano ORQUESTRA DE CÁMARA FUOCO E CENERE DA SINFÓNICA DE GALICIA Círculo das Artes, 20:30 MASSIMO SPADANO director venres 7 de maio de 2010 Círculo das Artes, 20:30 A dúo: ópera, canción e oratorio ELENA DE LA MERCED soprano JOSEP MIQUEL RAMÓN barítono RUBÉN FERNÁNDEZ AGUIRRE piano sábado 8 de maio de 2010 Donizetti, Mendelssohn, Schumann... Hansel e Gretel (recomendado a partir 5 anos) Círculo das Artes, 20:30 PENTAFONÍA quinteto de ventos / SEISDEDOS títeres luns 10 de maio de 2010 Círculo das Artes. 18:00 O outro piano, o Makrokosmos de Crumb sábado 22 de maio de 2010 NICASIO GRADAILLE piano Kashmir rumbo a… Lugo (recomendado a partir 6 anos) Conservatorio Prof. de Música, 20:30 EVO Círculo das Artes. 18:00 mércores 12 de maio de 2010 O violoncello só, de Bach ao s. XX sábado 29 de maio de 2010 DAVID ETHÈVE violoncello A caixa de música (recomendado a partir 3 anos) Bach, Kodaly e Ligeti VIRAVOLTA títeres Fundación Caixa Galicia, 20:30 Círculo das Artes. 18:00 Entrada LIBRE ata completar O AFORO 1 FESTIVAL DE MÚSICA CIDADE DE LUGO 2010 - XXXVIII SEMANA DO CORPUS Trinta e oito anos de longa historia cumpre o decano dos festivais galegos de música clásica, este Festival de Música Cidade de Lugo tradicionalmente coñecido como Semana do Corpus que, convertido nun gran festival, cada ano que pasa é máis coñecido e respectado alén desta hospitalaria e aberta cidade. Case un mes e medio de música ­­–dezaoito ORPUS C concertos e tres concertos familiares e para nenos– enche unha programación cuxas premisas básicas son a calidade e a variedade. Chopin, Schumann ou Pergolesi son algúns dos máis senlleiros compositores cuxas efemérides o mundo musical cele- ANA DO brará ao longo deste ano 2010 e aos que o noso festival prestará unha especial atención. Precisamente o Festival de M E Música Cidade de Lugo arranca cun concerto dedicado a Pergolesi e os seus contemporáneos protagonizado polo pres- S tixioso grupo italiano La Risonanza e o seu director Fabio Bonizzoni, que regresan á cidade tralo éxito acadado o pasado ano co oratorio de Haendel Il trionfo del Tempo e del Disinganno. Este concerto inaugural tamén suporá o VIII debut na cidade da magnífica mezzosoprano italiana Romina Basso. De gran acontecemento debe calificarse tamén a presentación no festival da mezzosoprano sueca Ann Hallenberg, do director norteamericano (italiano de adopción) Alan Curtis e da súa orquestra Il Complesso Barocco, para interpretar unha coidada, fermosísima e esixente selección de arias de ópera de Haendel nun concerto organizado en colaboración coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. O interese da ampla oferta lírica do festival está garantida pola calidade e reputación dos cantantes e a salientable variedade dos programas que inclúen ópera, música antiga, lied e canción, música sacra, musical, etc. Ademais das ditas Romina Basso e Ann Hallenberg, outras figuras do canto como as sopranos María José Moreno, Elena de la UGO 2010 - XXX L Merced e María Espada, as mezzosopranos Katerina Karnéus e Guillemette Laurens ou os barítonos Ronan Collett e Josep Miquel Ramón visitarán Lugo entre o 17 de abril e o 1 de xuño. Mostra da variedade da programación dedicada á lírica é o entretido concerto que protagonizarán Elena de la Merced, Josep Miquel Ramón e Rubén Fernández Aguirre no que a ópera, a canción e o oratorio serán os xéneros representados a través das composicións de Donizetti, Haydn, Martín y Soler, Mendelssohn e Schumann. Cúmprese no 2010 o bicentenario do nacemento de IDADE IDADE DE C Frédéric Chopin e lembraremos a este romántico compositor polaco cunha faciana pouco coñecida da súa obra, a da canción, nun concerto no que a soprano extremeña María Espada e o pianista de orixe brasileiro Kennedy Moretti afondan na relación e influencia entre as composicións de Chopin e as do triunvirato de autores belcantistas, Rossini, Bellini e Donizetti. Ademais, no que ao lied e a canción se refire, continuamos co proxecto iniciado hai dous anos sobre os ciclos de cancións do compositor inglés Benjamin Britten que conta coa enriquecedora e xenerosa colaboración dun reputado especialista, o pianista Roger Vignoles. Tras os concertos dos tenores Mark Padmore e Andrew Kennedy, este ano tócalle a vez a outro cantante inglés, o barítono Ronan Collett, que interpretará o entre outras obras o ciclo Tit for tat de Britten nun interesante programa que completan outras cancións do autor británico, do francés Francis FESTIVAL DE MÚSICA FESTIVAL Poulenc e o norteamericano Charles Ives. Tamén cómpre salientar o debut en Galicia da mezzosoprano sueca Katerina Karnéus que, acompañada ao piano por Julius Drake (outro vello coñecido do público lucense), dedicará ao seu con- certo a un repertorio que coñece á perfección, o da canción nórdica: ademais dos máis célebres compositores escan- dinavos, Grieg e Sibelius, o programa inclúe cancións do menos coñecido Ture Rangström. Probablemente boa parte dos afeccionados lucenses aínda lembren a magnífica impresión deixada por María José Moreno na edición do 2002 do festival. A soprano granadina será a encargada de clausurar o festival coa música de Haendel e Haydn nun concerto no que a música vocal comparte protagonismo coa música orquestral e sinfónica a cargo da Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia baixo a dirección de Massimo Spadano. Ao menos en tres dos concertos deste Festival de Música Cidade de Lugo 2010 apostamos polo diálogo entre diferen- tes xéneros, concepcións e visións musicais. Outra das citas imprescindibles do festival é o concerto dunha das gran- des mestras do canto na música antiga e barroca, a mezzosoprano francesa Guillemette Laurens, que na compaña de Fuoco e Cenere (agrupación francesa que tamén debuta en Galicia) ofrecerá un singular programa no que reunen a dous compositores tan especiais, e nunha primeira impresión tan afastados, coma Henry Purcell e George Gershwin. A agrupación Evo tamén ofrece as súas primeiras actuacións en Galicia co seu particular xeito de entender a música medieval, fundamentado en tradicións musicais vivas, tanto europeas como orientais ou norteafricanas. Jázzica é o nome do conxunto formado por músicos galegos que explora a infuencia da música popular nun programa no que a música clásica, a música galega e o jazz comparten protagonismo. Nas catro últimas edicións, o piano converteuse, coa presencia de recoñecidos e celebrados artistas como Nicolai Lugansky, Paul Lewis, Joanna McGregor ou Artur Pizarro, nunha das apostas máis sólidas dun festival que este ano presenta ao pianista italiano Andrea Lucchesini. Para o seu primeiro recital solista en Galicia, o pianista italiano seleccionou obras de Domenico Scarlatti, Schubert e Brahms antes de render homenaxe a Schumann no seu bicente- 2 nario interpretando o seu Carnaval. Un dos músicos galegos máis preocupados pola difusión da música contemporá- nea, Nicasio Gradaille, dedica o seu concerto ao Makrokosmos do compositor norteamericano George Crumb nun con- certo no que o piano, aínda que dende unha perspectiva moi diferente, volve ser protagonista. A oferta da música ORPUS C contemporánea do festival inclúe tamén a estrea mundial de tres obras dos compositores galegos Paulino Pereiro, Fernando Buide e Wladimir Rosinskij (músico ruso que reside hai quince anos na Coruña onde é membro da Sinfónica de Galicia): o concerto estará a cargo do Ensemble Plus, un conxunto de violas austríaco do que é membro o propio Rosinskij.

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    39 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us