Acta Pleno 9-2020, 23-12-2020
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Moi Leal e Excelentísimo Concello de Carral (A Coruña) Campo da Feira, n° 1 // C.P.: 15175// Tel.: 981670002 Fax: 981 6722 82// C.LF.: P-1502100 I Páxina web: www.carral.es / Sede electrónica: http://sede.carral.es / Correo electrónico: [email protected] ACTA DA SESIÓN DO PLENO DO CONCELLO DE CARRAL (A CORUÑA) Nº 9/2020, EXTRAORDINARIA, REALIZADA O MÉRCORES 23 DE DECEMBRO DE 2020 . ASISTENTES Presidente: Sr. Alcalde FRANCISCO JAVIER GESTAL POSE (AdV) Concelleiros/as: Grupo municipal da AdV de Carral SUSANA GUIMAREY GARCÍA FRANCISCO JAVIER BELLO HERMIDA RUBÉN ANTONIO CAAMAÑO RODRÍGUEZ MARÍA MERCEDES CARIDAD LÓPEZ Grupo municipal do PP JOSE LUIS FERNANDEZ MOURIÑO DAVID FERNÁNDEZ BALSEIRO MARGARITA RAMILO VARELA CARLOS BARBEITO REY Grupo municipal do PSdeG-PSOE PABLO COUTO LOPEZ JESUS JAVIER CETINA MOCHALES (Incorpórase ás 12:16 horas) Interventora do Concello NOEMI GONZALEZ MATO Secretario do Concello: DIEGO GARCIA DOVAL Francisco Javier Gestal Pose (FECHA: 03/02/2021 10:34:00) NON ASISTEN LUCÍA VÁZQUEZ MOURIÑO (PSdeG-PSOE) FLORINDA DUARTE GERPE (Non adscrita) [A solicitude do señor Alcalde, tamén está presente na sesión a técnica de Administración xeral do Concello, Dª Sonia Campos Ares] HORA DE INICIO: 12:04 HORA DE REMATE: 13:30 No Salón de Plenos do Concello, sendo as 12:04 do mércores 23 de decembro de 2020, tras convocatoria efectuada polo señor Alcalde, mediante decreto do 17 de decembro de 2020, no que se indica que “(...)Logo de ver o escrito con data de ”decembro de 2020” (presentado no rexistro xeral do Concello o 02 de decembro de 2020, nº de rexistro de entrada 1.935) , subscrito polos/as catro señores/as concelleiros/as do grupo municipal do PP e pola señora concelleira non adscrita, polo que solicitan a convocatoria dunha 1 FIRMADO POR Diego García Doval (FECHA: 02/02/2021 17:38:00) , Versión imprimible CVD: jbpBRmNfDpy/LUynxEMx Verificable en la Sede Electrónica del Organismo. Moi Leal e Excelentísimo Concello de Carral (A Coruña) Campo da Feira, n° 1 // C.P.: 15175// Tel.: 981670002 Fax: 981 6722 82// C.LF.: P-1502100 I Páxina web: www.carral.es / Sede electrónica: http://sede.carral.es / Correo electrónico: [email protected] sesión extraordinaria do Pleno do Concello de Carral, para tratar os asuntos que indican en tal escrito. Logo de ver o establecido no texto vixente do artigo 46.2..a) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL en adiante), segundo o cal “(…) Asimismo, el Pleno celebra sesión extraordinaria cuando así lo decida el Presidente o lo solicite la cuarta parte, al menos, del número legal de miembros de la Corporación, sin que ningún concejal pueda solicitar más de tres anualmente. En este último caso, la celebración del mismo no podrá demorarse por más de quince días hábiles desde que fuera solicitada, no pudiendo incorporarse el asunto al orden del día de un Pleno ordinario o de otro extraordinario con más asuntos si no lo autorizan expresamente los solicitantes de la convocatoria. (...)”.(…)”, reúnense en sesión 9/2020, extraordinaria, e en primeira convocatoria, os señores/as corporativos/as expresados/as con anterioridade, procedéndose a abrir o acto, unha vez comprobada polo Secretario a existencia do quórum necesario para a válida constitución do órgano, para deliberar, no seu caso, e adoptar os correspondentes acordos sobre asuntos incluídos na seguinte ORDE DO DÍA 1.- ESTADO DE CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN DOS PLANS DE OBRAS E SERVICIOS DA DIPUTACIÓN POS 2.018 2.019 E 2.020 2.-ESTADO DE CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN DO CONVENIO COA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUCTURAS E MOBILIDADE 3.-ESTADO DE CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN DO CONVENIO COA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL PARA A CONSTRUCCIÓN DUN CENTRO DE MAIORES. 4.-ESTADO DE CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN DO CONVENIO COA DIPUTACIÓN PARA A MELLORA DE SEGURIDADE VIAL NA N-550 5.-ESTADO DE PLIEGOS DE CONTRATACIÓN DE AXUDA NO FOGAR 6.-ESTADO DE AXUDA NO FOGAR (nº de beneficiarios de Dependencia e Libre Concurrencia) 7.-ESTADO DE PLIEGOS DA CONTRATACIÓN DE LIMPIEZA VIARIA E XARDINERÍA. 8.-ESTADO DE CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN DAS OBRAS DO IDAE E NOVAS SOLICITUDES. 9.-ESTADO DO CONVENIO CON EMALCSA PARA A XESTIÓN DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO Francisco Javier Gestal Pose (FECHA: 03/02/2021 10:34:00) 10.-ESTADO DAS RELACIÓNS DA EMPRESA ASESOWEB CON CONCELLO DE CARRAL 11.-ESTADO DO PLAN REACTIVA DA DIPUTACIÓN. _______________________________________________________________________________________ O señor Alcalde manifesta que a concelleira non adscritaexcusou a súa inasistencia por motivos persoais e o señor Couto López (PSdeG-PSOE) explica que, do seu grupo, a señora Vázquez Mouriño non poderá asistir á sesión por atoparse nunha reunión en Santiago 1.- ESTADO DE CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN DOS PLANS DE OBRAS E SERVICIOS DA DIPUTACIÓN POS 2.018 2.019 E 2.020 O señor Alcalde explica que, das catro obras do POS+2018, están feitas a do Monumento aos Mártires, a do Pavillón do Espiño e a das rúas de Paleo, e en canto á da Ponte do río Brexa, indica que o proxecto estaba mal feito, pois carecía de estudo xeotécnico, que houbo que facer, e engade que haberá que solicitar novos permisos e a autorización da Deputación para executar a obra. 2 FIRMADO POR Diego García Doval (FECHA: 02/02/2021 17:38:00) , Versión imprimible CVD: jbpBRmNfDpy/LUynxEMx Verificable en la Sede Electrónica del Organismo. Moi Leal e Excelentísimo Concello de Carral (A Coruña) Campo da Feira, n° 1 // C.P.: 15175// Tel.: 981670002 Fax: 981 6722 82// C.LF.: P-1502100 I Páxina web: www.carral.es / Sede electrónica: http://sede.carral.es / Correo electrónico: [email protected] En canto ás obras do POS+2019 explica que están executadas as obras referentes a viais de Carral, Beira, Paleo e San Vicente, e que a de Lamagal-Sandiás está a executarse. Engade que as obras correspondentes ao POS+2020 (acceso á área recreativa da Brexa, pavillón, muro e aparcadoiro en Bacelo e Novo saneamento en san Vicente) xa están licitadas e ou adxudicadas ou en vías de adxudicación. O señor Fernández Mouriño (grupo municipal do PP) opina en relación coa obra da ponte da Brexa (POS+2018) que o xeotécnico non leva tanto tempo solicitalo, e manifesta que non entende por que a obra non está executada todavía. Pregunta por que a obra de Lamagal está sen facer se xa foi executada. Por outra banda, coida que as obras de 2020 están en prazo, mais reitera a súa opinión de que as outras debían estar xa executadas. O señor Couto López (grupo municipal do PSdeG-PSOE) explica que a diferenza con outros modificados da obra da Ponte do río Brexa é que xa está adxudicado o contrato, sobre un proxecto básico que non se pode executar, e que por iso o expediente que esixe a Lei de Contratos do Sector público é moi complexo e con trámites longos e tediosos, e hai que pedir autorización á Deputación. Explica que está xa encargada a redacción do proxecto modificado, e que haberá que solicitar un novo permiso a Augas de Galicia pola maior profundidade da cimentación requirida. Reitera que o problema vén de ter adxudicado o contrato cun proxecto básico. En canto á obra de Lamagal-sandiás, explica que está prácticamente executada, mais hai unha pista no proxecto do goberno anterior que desemboca nun vial de servizo, o que, na súa opinión, non ten moito sentido. Indica que na Deputación se considera a súa substitución unha modificación de trazado, mais que no Concello os técnicos opinan que é unha modificación do obxecto do contrato, polo que se vai executar en canto mellore o tempo. 2.-ESTADO DE CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN DO CONVENIO COA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUCTURAS E MOBILIDADE O señor Alcalde explica que, en canto á senda peonil da N-550 Tabeaio-Carral, houbo unha serie de problemas, porque Augas de Galicia esixiu a modificación da ponte do río e a solicitude dun novo permiso. Engade que, polas inclemencias do tempo, non se puido aínda rematar a execución da obra contratada, e Francisco Javier Gestal Pose (FECHA: 03/02/2021 10:34:00) fíxose un acopio do material necesario para o pintado, que é o único pendente de executar. O señor Fernández Mouriño confirma que viu que a obra se está a facer, e recoñece que ás veces xorden problemas. Lembra que o prazo de execución remataba a mediados de decembro, e pregunta se está solucionada a cuestión. O señor Couto López explica que se reuniu coa Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas para comentar os problemas do convenio e solicitar unha prórroga para o ano que vén como dixeran, mais ao final indicaron que non podían comprometerse a facelo. O permiso de Augas da Galicia chegou en agosto e o contrato da obra licitouse en tempo e forma. Explica, en relación coa partida correspondente ao “slurry”, que se estende con pá, e que a superficie non pode estar nin húmida, polo que a Axencia Galega de Infraestruturas permitiu o seu acopio. Ademais, explica que Augas de Galicia esixiu unha ponte e o proxectista calculouna de 9 metros en lugar de 11. Conclúe que “foi todo un pouco follón” mais que se arranxou no pouco tempo de que se dispuxo. O señor Fernández Mouriño pregunta se xa está certificada a obra e non se vai perder a axuda, ao que o señor Couto López resposta confirmándollo. 3 FIRMADO POR Diego García Doval (FECHA: 02/02/2021 17:38:00) , Versión imprimible CVD: jbpBRmNfDpy/LUynxEMx Verificable en la Sede Electrónica del Organismo. Moi Leal e Excelentísimo Concello de Carral (A Coruña) Campo da Feira, n° 1 // C.P.: 15175// Tel.: 981670002 Fax: 981 6722 82// C.LF.: P-1502100 I Páxina web: www.carral.es / Sede electrónica: http://sede.carral.es / Correo electrónico: [email protected] 3.-ESTADO DE CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN DO CONVENIO COA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL PARA A CONSTRUCCIÓN DUN CENTRO DE MAIORES.