VAL DO DUBRA – A CORUÑA PLAN COMPLEMENTARIO DO PLAN UNICO DE CONCELLOS "POS+ 2019" PROXECTO DE: ACONDICIONAMENTO PARCELA MUNICIPAL NA BRAÑA DOS ALLOS E OUTRO AUTOR: Pablo Blanco Ferreiro Enxeñeiro de Camiños, C. e P. Col. Nº.: 22.992 DATA: XANEIRO DE 2019 POLÍGONO DEL TAMBRE - VÍA LA CIERVA Nº 15 15890 - SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono:(981)57 07 70 - Fax:(981) 57 01 11 ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO, S.A. e-mail:
[email protected] Ref: 03VD19004 MEMORIA ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. MEMORIA PROXECTO DE: ACONDICIONAMENTO PARCELA MUNICIPAL NA BRAÑA DOS ALLOS E OUTRO (VAL DO DUBRA - A CORUÑA) I.- ANTECEDENTES Redáctase o presente Proxecto a petición do Excmo. Concello de VAL DO DUBRA, coa finalidade de presentar ante A Excma. Deputación Provincial da Coruña, ó obxecto de solicitar a súa inclusión no PLAN COMPLEMENTARIO DO PLAN UNICO DE CONCELLOS "POS+ 2019". II.- DESCRICIÓN DAS OBRAS E XUSTIFICACIÓN DA SOLUCIÓN ADOPTADA 1.- ACONDICIONAMENTO PARCELA MUNICIPAL NA BRAÑA DOS ALLOS.- Nunha superficie total de 10.650 m² preténdese o acondicionamento da parcela municipal mediante o despexe e desbroce previo e a creación dun sendeiro de 270 m con 2,5 m de ancho e dun area de 80 m² formados por 15 cm de zahorra estabilizada con cemento confinada lateralmente con dous rolizos de madeira de pino e asentada sobre 35 cm de material seleccionado. Así mesmo, tamén se contempla a mellora do camiño principal de 355 m de longo e 3 m de ancho con 12 cm de zahorra estabilizada, previa limpeza de gabias, e a colocación dunha pasarela de madeira de 2x2 m na conexión do camiño co sendeiro.