Paula Godinho Oír O Galo Cantar Dúas Veces
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Paula Godinho Oír o galo cantar dúas veces Identificacións locais, culturas das marxes e construción de nacións na fronteira entre Portugal e Galicia 2008 Índice Agradecementos………………………………………………………………………. 5 Introdución 1. culturas das marxes: un problema………………………………………………. 11 2. «Nada que declarar»: unha viaxe acompañada da antropoloxía polas fronteiras. 19 3. Cuestións de escala: dos fragmentos, do todo, das redes 40 4. Camiños para un problema 49 Parte I: Oír o galo cantar dúas veces: fronteiras e hábitos das marxes nun tempo longo 55 1. In finibus situs: o local, o rexional e o nacional 59 2. As nacións na fronteira: da little community á comunidade imaxinada 84 3. Hábitos das marxes: momentos, economías e sociabilidades 104 3.1. A fronteira é tan extensa, que se pasaba por calquera parte: contrabando e centralidade estatal 112 3.2. Espazo liminar, tempo de marxe 121 4. Do desvanecemento da fronteira á recomunitarización: estratexias patrimonializantes 126 Parte II: A fronteira a trazo fino: o Tratado de Límites entre Portugal e España de 1864 139 1. A obsesión pola fixación: da miopía dos estados premodernos ao recoñecemento dos límites da nación 141 2. Racionalidades e discursos de centro 145 3. As nacións mapéanse e recoñécense 151 4. O Tratado de Límites de 1864 na fronteira entre o norte de Portugal e Galicia 155 4.1. Os antecedentes: constitución da comisión, diverxencias, disidencias, intereses 157 4.2. Quen di “presente”? 163 4.2.1. A métis, ou como volver potábel a cultura de centro 163 4.2.2. O discurso técnico: cartógrafos, enxeñeiros, militares 169 4.2.3. “Na tranquilidade do gabinete”: as lentes do Estado miope e a distancia do estranxeirado 171 4.3. Cuestións complexas 176 4.3.1. O Couto Mixto: da indistinción aos intereses prospectivos dos Estados 177 4.3.2. Os «pobos promiscuos»: a xemelgaridade contra a «Nación» 188 4.3.3. Outros límites conflitivos 192 4.4. Outro 29 de Setembro: a aprobación do texto do Tratado 199 4.5. Resistencias de rutina 204 5. Racionalidades e prácticas: os Estados-nación, o local e os tempos de transición 211 Parte III: Memoria e contrahexemonía: dous casos excepcionais 219 1. Etnografía e subteorización do acontecemento 221 2. Festa de Santiago e traxedia en Vilarelho da Raia, 1939 225 3. Maquis na fronteira: os acontecementos de 1946 en Cambedo da Raia 237 3.1. Dez anos decisivos (1936-1946): entre a guerra civil e a «paz incivil» 238 3.2. Na marxe: fronteiras, comunidades de intercoñecemento e situacións de crise 246 3.3. Cambedo da Raia, unha aldea mistiga 248 3.4. Maquis na marxe norte trasmontana e galega 249 3.5. O «grupo do Juan» ou a «partida do Demétrio» 252 3.6. O acoso final 262 3.7. Bandidos versus guerrilleiros: contradicións e memorias 267 4. Da contrahexemonía á edificación dunha memoria hexemónica da resistencia 276 Dando voltas ao atallo - Remate con sabor a Antonio Machado 280 Fontes escritas, bibliografía e páxinas web consultadas 291 Mapa e fotos Agradecementos Os antropólogos aprenden frecuentemente nun lugar para contar noutro e manteñen débedas infinitas cos que lles deron un lar temporal. O campo é sobre todo un conxunto de relacións que non tiñamos antes e que tecemos. Enlázannos, prolónganse e a partir delas construímos saber. Como lembra Michel Agier, ese saber dos antropólogos fala de relacións e nace delas. De moitas vontades se fixo este libro, aínda que me caiba responder polos seus erros e omisións. Resultando dunha investigación demorada, aínda que descontinua, suxeita aos ritmos da vida académica e ás interrupcións lectivas, algunhas serán as faltas nestes agradecementos, que xamais recubrirán a calidade e cantidade do que se recibiu. Estoulle profundamente recoñecida ao pobo das aldeas de Mandín, Oímbra, Rabal, Vilarelho de Cota, Cambedo da Raia, Vilarelho da Raia, Soutelinho da Raia e Lamadarcos, na fronteira entre Chaves e Verín. Saliento a Carlos Silva, antigo presidente do Centro Social, Cultural e Deportivo de Vilarelho da Raia, que me dispensou os seus arquivos persoais e foi un importante apoio no campo; Francisco Pérez (Xico de Mandín), onde na súa taberna fixen unha significativa recolla, entre un vaso de Couto Mixto e música de gaitas; Laurinda Calvão, entusiasta raiota na diáspora; Elói e Silvina Feijó, Aurora Gonçalves, Ilda Pinho e Glória Valença, queridos amigos con quen moito compartín en Cambedo da Raia, gardando unha memoria dorida de Manuel Bárcia e Manuela Álvarez; Teresa de Jesus Silva, Teresa da Conceição, Laurinda Baptista Peixoto, Matilde Pereira Amorim, Maria de Lurdes Calvão e João Lopes Filipe foron fundamentais durante as estadías en Vilarelho, onde a miña maior gratitude é debida a Aida Amorim. En Rabal, agradezo a Ramona Salgado, Amador Ribeiro e Ramón Astorga Fernández. O Pe. Camilo Gómez Prieto, coa súa xovialidade e simpatía, facilitou longamente a miña pesquisa nos arquivos de Oímbra. Agradezo todo o apoio e os documentos cedidos por parte dos presidentes das Juntas de Freguesias de Lamadarcos, David Salgueiro Fernandes, e de Soutelinho da Raia, Álvaro Alves Ferreira, ben como ás familias de ambos. Paquita Fernández Núñez, Ana Colmenero, Deolinda Augusto Barroso, Esperanza González, Lola Pérez González, Florinda Barbosa Pinheiro – con todas estas mulleres, en gostosas conversas ou entre memorias de tempos tremendos e sufridos, puiden reconstituír modos de vida e procesos sociais, rutinas e momentos de crise nesta parcela da raia. Permanecín no departamento de Historia Contemporánea e das Américas da Universidade de Santiago de Compostela como investigadora e profesora convidada en 2003, acollida por Xosé Manoel Núñez Seixas e Lourenzo Fernández Prieto, a quen debo innúmeras suxestións bibliográficas, varios materiais postos á disposición, discusións, contactos e múltiples coidados coa miña loxística. Estendo a miña gratitude ás respectivas familias, cuxa tenrura tornou inesquecíbeis e proveitosos os meses pasados en Santiago. A amizade de Ana Cabana, do campus de Lugo da USC, xa cimentada en Lisboa, tería que xuntarse á de Mar Lliñares e José Carlos Bermejo, á de Miguel Cabo Villaverde, á de Eduardo Rico Boquete, á de Rubén Lois e á de Elias Torres, da USC, cuxas obras e atencións me foron ofrecidas. En Ourense, quedei debedora do decano da Universidade, Xosé Manuel Cid, que me acolleu en 2006, cuxa atención e coñecementos me permitiron concluír esta investigación e ter condicións agradábeis para a escrita, entre Santiago, Ourense, a fronteira e Carnota, onde agradezo o esforzo de Maribel e Chisco Fernández Naval para conseguir unha casa. Aos meus moi queridos amigos Luís Martínez-Risco e David Cortón, con quen discutín e aprendín entre a máis saborosa comensalidade, xúntanse as respectivas familias, Ana Sotelo, Mayuca e os Amigos da República. A Xosé Carlos Sierra, tanto mentres era director do Museo de Ribadavia, como despois na Consellería de Cultura, son debedora dun intenso intercambio de coñecementos e de toda a atención que prestou a esta investigación. Estoulle profundamente agradecida a Jorge Crespo polo incentivo que me fixo proseguir con esta investigación. Alén de discusións, en que tamén participaron outros investigadores do Centro de Estudos de Etnologia Portuguesa, foi debido ao seu saber, que sempre me afixen a percorrer, e porque aceptou dar no meu lugar unha materia, que puiden acceder ao segundo período de licenza sabática en 2006. Ao Departamento de Antropologia debo a concesión de dúas dispensas sabáticas e agradezo o interese dos meus colegas João Leal, Susana Pereira Bastos, José Gabriel Pereira Bastos, Maria Cardeira da Silva, Cláudia Sousa, Amélia Frazão Moreira, Margarida Fernandes, Catarina Alves Costa, Clara Saraiva e Jill Dias (falecida en 2008), ben como o apoio e o cariño de Teresa Teixeira. Inês Fonseca, Sónia Almeida, Sónia Ferreira, Dulce Simões, Tiago de Matos Silva, Eduarda Rovisco e Paulo Jablonski foron interlocutores privilexiados para un conxunto de discusións, que se estenderon aos novos investigadores Francisco Liz, Filipa Piecho, Manuel Teles Grilo, Manuel Pereira, Eduardo Araújo, Filipe Pires, André Pires e Francisco Leitão, que se namoraron da fronteira galaico-portuguesa. Estoulle tamén agradecida aos meus alumnos da disciplina de Antropologia e Fronteiras, no ámbito do mestrado de Antropologia, Poder e Identidades, pola reflexión conxunta e profundidade do coñecemento que proporcionaron. Agradezo igualmente aos meus colegas Juan Pan-Montojo (UAM), John Thompson (Montana State University), Jordi Canal (EHESS), Fabienne Wateau (CNRS), Bruno Lefebvre e o grupo Lestamp (U. Nantes), José Maria Valcuende del Rio (U. Sevilla), Hastings Donnan (Queen’s University Belfast), Anders Gustavsson (U. Oslo), William Kavanagh (U. Comillas), Angel Rodríguez Gallardo (U. Vigo), José Maria Cardesin (U. da Coruña) e Albert Moncussí (U. Valencia) a partilla de coñecementos e o intercambio de libros e experiencias. A Pepa Cucó, amiga coa que co seu saber puiden contar en múltiples conversas, agradezo o acollemento dado na súa casa e na Universidade de Valencia. Entre coloquios, congresos, viaxes e banquetes, Xerardo Pereiro (UTAD) ensinoume a deseñar unha etnografía desta fronteira, que ben coñece. A Fundação para a Ciência e a Tecnologia, no ámbito do III Quadro Comunitário de Apoio, co-participado polo Fondo Social Europeo, concedeume unha primeira bolsa de licenza sabática de tres meses que permitiu realizar unha parte do traballo de campo e da investigación bibliográfica en Galicia en 2003, sobre todo a través do vínculo á Universidade de Santiago de Compostela. Unha segunda bolsa de licenza sabática da FCT, agora desenvolvida no campus de Ourense da Universidade de Vigo, no 2006, permitiume concluír a escrita deste texto, que circunstancias diversas parecían querer adiar por demasiado tempo. No Arquivo Histórico-Diplomático do Ministério dos Negócios Estrangeiros saliento a simpatía entendida da directora, Isabel Fevereiro, ben como o apoio de Isabel Coelho, no que corresponde á cartografía. No Arquivo Nacional da Torre do Tombo, na Biblioteca Nacional, nos Arquivos Distritais de Bragança e de Vila Real e na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, resalto o coidado dos respectivos funcionarios.