Vista Previa
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
1 Acta da Xunta de Goberno correspondente á ordinaria do día 23 de outubro de 2015 No Pazo da Deputación Provincial de Ourense, o vinte e tres de outubro do ano dous mil quince, ás dez horas, reúnese a Xunta de Goberno da Deputación baixo a presidencia de don Rosendo Luis Fernández Fernández (vicepresidente 1º), en substitución do titular don José Manuel Baltar Blanco, presidente da mencionada Deputación -que como tal é da Xunta-, cos deputados don Jorge Pumar Tesouro, don Plácido Álvarez Dobaño, dona Montserrat Lama Nóvoa, don Pablo Pérez Pérez, don Manuel Doval Soto e dona Ana M.ª Villarino, os que constitúen a maioría absoluta da devandita xunta, co fin de celebrar sesión ordinaria en primeira convocatoria e tratar nela os asuntos que figuraban na orde do día. Non asiste á sesión o deputado provincial don Juan Anta Rodríguez. Asiste como interventor accidental, o xefe do Servizo de Intervención, don José Mosquera Casero, e dá fe do acto, o secretario xeral, don Francisco Cacharro Gosende. Unha vez aberta a sesión pola Presidencia á mencionada hora, e despois do correspondente estudo e deliberación, adoptáronse os seguintes acordos: 1.- ACTA DA SESIÓN ANTERIOR, ORDINARIA, DO DÍA 16 DE OUTUBRO DE 2015.- Unha vez examinada a acta da sesión ordinaria, que tivo lugar o día dezaseis de outubro de dous mil quince, a Xunta de Goberno da Deputación acordou, por unanimidade, a súa aprobación, sen observacións. 2.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE LAROUCO.- No Pleno con data 30 de xaneiro de 2015 acordouse aproba-lo expediente n.º 1/2015 de modificación das bases de execución do actual orzamento, figurando, con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01, unha subvención nominativa por importe de 14.000,00 euros, a favor do Concello de Larouco para arranxos de electricidade. Unha vez vista a solicitude formulada polo alcalde do mencionado concello, comprobado pola Sección de Subvencións que a dita solicitude cumpre co establecido na lexislación de subvencións e nas bases de execución dos orzamentos, e de conformidade coa proposta formulada, a Xunta de Goberno, por unanimidade, acorda a aprobación dunha subvención ó Concello de Larouco, nos seguintes termos: -Importe: 14.000,00 euros. -Obxecto: arranxos de electricidade. -Xustificación: a subvención xustificarase mediante a presentación de conta xustificativa simplificada, todo isto de conformidade co que dispoñen os artigos 30 e 31 da Lei xeral de 2 Acta da Xunta de Goberno correspondente á ordinaria do día 23 de outubro de 2015 subvencións e o artigo 75 do Regulamento da antedita lei, á que se lle unirán os orixinais das facturas ou dos correspondentes documentos de valor probatorio equivalente, debidamente aprobados polo órgano correspondente. Ó abeiro do establecido no artigo 31.2 da Lei xeral de subvencións, considerarase como gasto efectivamente realizado aquel cuxa obriga de pago fose contraída antes do vencemento do prazo de xustificación da subvención. En consecuencia, non será preciso acredita-la realización do pago na conta xustificativa. Non obstante o anterior, e no exercicio das súas facultades de control financeiro, a Intervención poderá realizar procedementos simplificados de control financeiro, consistentes en esixir, a partir do mes seguinte ó do pago da subvención, a acreditación do pago da totalidade dos gastos incluídos na conta xustificativa. O incumprimento desta obriga dará lugar á obriga de reintegro por parte do beneficiario, así como á imposición das sancións que procedan. -Prazo xustificación: ata o 15 de decembro de 2015. 3.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILAR DE SANTOS.- No Pleno con data 25 de setembro de 2015 acordouse aproba-lo expediente n.º 4/2015 de modificación das bases de execución do actual orzamento, figurando, con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01, unha subvención nominativa por importe de 12.000,00 euros, a favor do Concello de Vilar de Santos para adecuación dunha vía no polígono industrial. Unha vez vista a solicitude formulada polo alcalde do mencionado concello, comprobado pola Sección de Subvencións que a dita solicitude cumpre co establecido na lexislación de subvencións e nas bases de execución dos orzamentos, e de conformidade coa proposta formulada, a Xunta de Goberno, por unanimidade, acorda aprobar unha subvención ó Concello de Vilar de Santos, nos seguintes termos: -Importe: 12.000,00 euros. -Obxecto: adecuación dunha vía no polígono industrial. -Xustificación: a subvención xustificarase mediante a presentación de conta xustificativa simplificada, todo isto de conformidade co que dispoñen os artigos 30 e 31 da Lei xeral de subvencións e o artigo 75 do Regulamento da antedita lei, á que se lle unirán os orixinais das facturas ou dos correspondentes documentos de valor probatorio equivalente, debidamente aprobados polo órgano correspondente. 3 Acta da Xunta de Goberno correspondente á ordinaria do día 23 de outubro de 2015 Ó abeiro do establecido no artigo 31.2 da Lei xeral de subvencións, considerarase como gasto efectivamente realizado aquel cuxa obriga de pago fose contraída antes do vencemento do prazo de xustificación da subvención. En consecuencia, non será preciso acredita-la realización do pago na conta xustificativa. Non obstante o anterior, e no exercicio das súas facultades de control financeiro, a Intervención poderá realizar procedementos simplificados de control financeiro, consistentes en esixir, a partir do mes seguinte ó do pago da subvención, a acreditación do pago da totalidade dos gastos incluídos na conta xustificativa. O incumprimento desta obriga dará lugar á obriga de reintegro por parte do beneficiario, así como á imposición das sancións que procedan. -Prazo xustificación: ata o 15 de xaneiro de 2016. 4.- RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS 2015.- Unha vez finalizado o prazo de alegacións á resolución provisional de data 17 de setembro de 2015, do concurso público para a concesión de subvencións a concellos e mancomunidades de municipios para a organización de actividades físico deportivas 2015 (sen se presentar ningunha), cuxas bases e convocatoria foron aprobadas pola Xunta de Goberno na sesión que tivo lugar o 30 de xaneiro de 2015 e publicadas no BOP n.º 34, do 11 de febreiro de 2015), vista a proposta de resolución formulada pola Comisión de Valoración con data 20 de outubro de 2015, e de conformidade coa proposta favorable da Presidencia, a Xunta de Goberno, por unanimidade, adopta o seguinte acordo: 1º.- Cualificación inicial da documentación administrativa presentada: a) Admitir a renuncia da seguinte solicitude de subvención inicialmente admitida a trámite: CARTELLE P3202100 XXII TORNEO DE FUTBOL SALA H E XX CARREIRA POPULAR b) Non admitir a trámite a seguinte solicitude por non emendar a documentación que lle foi requirida, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria. VIANA DO BOLO P3208700I ESCOLA DEPORTIVA DE VERÁN 4 Acta da Xunta de Goberno correspondente á ordinaria do día 23 de outubro de 2015 c) Non admitir a trámite as seguintes solicitudes por non presentar os orzamentos de gastos para cada un dos proxectos presentados, non sendo documentación emendable, toda vez que se trata dun elemento indispensable para poder proceder á valoración das solicitudes presentadas. MELON P3204700C CAMPIONATO DE PETANCA MELON P3204700C VII ANDAINA POPULAR MELON P3204700C ANDAINA CAMIÑO FRANCES POR TRAMOS MELON P3204700C ACTIVIDADE UTILIZACION DE BIOSALUDABLES MELON P3204700C AEROBIC 2º.- Excluír da valoración as solicitudes que se indican a continuación, polos motivos que se sinalan : SOLICITANTE ACTIVIDADE SOLICITADA MOTIVO EXCLUSIÓN OU NON VALORACIÓN XIMNASIA DE MANTEMENTO EN COA DOCUMENTACIÓN PRESENTADA CONCELLO DE LAROUCO LAROUCO IMPOSIBLE REALIZAR VALORACIÓN DO ESTUDO DO EXPEDIENTE DEDÚCESE CASTRELO DE MIÑO CAMPIONATO DE REMO QUE NON É NIN PROGRAMA NIN EVENTO. SON VARIOS EVENTOS A GUDIÑA CAMPAMENTOS URBANOS E DE VERÁN ACTIVIDADE QUE NON TEN ENCAIXE NA CONVOCATORIA A MERCA CONTRATACIÓN MONITOR DEPORTIVO NON TEN ENCAIXE NA CONVOCATORIA NOGUEIRA DE RAMUÍN ANDAINA SAN XOÁN NON TEN ENCAIXE NA CONVOCATORIA. TRÁTASE DE ACTIVIDADE GASTRONÓMICA O CARBALLIÑO DIA DA BICI E TORNEO MEMORIAL FUXI IMPOSIBLE VALORACIÓN. NON ACHEGAN ORZAMENTOS BALTAR CAMPIONATOS IMPOSIBLE VALORACIÓN 3º.- Concederlles, conforme coa valoración efectuada, as subvencións, polos importes que se indican, ás seguintes solicitudes: PROPOSTA CONCELLO EVENTO OU PROGRAMA SOLICITADOS SUBVENCIÓN € A GUDIÑA XOGOS POPULARES E PARQUE INFANTIL 405 A GUDIÑA MARATON FUTBOL SALA 211 A GUDIÑA DIA DA BICI 182 5 Acta da Xunta de Goberno correspondente á ordinaria do día 23 de outubro de 2015 A MERCA ANDAINA POPULAR 397 A MERCA CARREIRA POPULAR 516 A PEROXA ACTIVIDADES FÍSICAS PARA PERSOAS MAIORES 1.046 A POBRA DE TRIVES ANDAINA E BTT 436 A POBRA DE TRIVES ACERCATE AO SKI 721 A RÚA XXIII CAMPUS BALONCESTO WAYNE BRABENDER 0 A RÚA IV RUTA BTT JABALIES 0 A RÚA ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 1.837 A RÚA XI CAMPUS FUTBOL 1.163 A TEIXEIRA ANDAINA POPULAR 241 A TEIXEIRA IOGA PARA ADULTOS 360 A VEIGA ENTRE LOBOS E ESTRELAS 221 A VEIGA ACTIVIDADE FISICA PARA ENVELLECEMENTO ACTIVO 815 ALLARIZ XXVI TRIATLON VIAL DE ALLARIZ 867 ALLARIZ XVIII ANDAINA VILA DE ALLARIZ 1.330 A ARNOIA CAMPUS DE FUTBOL SALA-CONCELLO DA ARNOIA 2015 185 A ARNOIA 8000 VARAS RACHAPERNAS DE ARNOIA 478 AVIÓN OCIO E DEPORTES EN AVIÓN 622 BALTAR VI ANDAINA POPULAR DO CONCELLO DE BALTAR 245 BANDE CAMPIONATO DE PESCA E PERCORRIDO DE CAZA 747 BANDE XXII MARCHA CICLOTURISTA 702 BANDE VIII ANDAINA POPULAR 722 BAÑOS DE