<<

13 Xuño

AUDITORIO EXPOCoruña 21:00h. Entrada: 10euros

MOUSE ON MARS TUJIKO NORIKO PLANNINGTOROCK PETER BRODERICK

Venda de Entradas: www.caixagalicia.es Coruña: Fnac, Portobello Vigo: Discos Elepé

EXPOCoruña · Avda. da Universidade s/n www.expocoruna.com 13 Xuño

FARTO DE QUE HOXE A CALQUERA COUSA LLE CHAMEN ALTERNATIVO? Laboratorio é e será... Electrónica de vangarda, art rock, postpunk, ambient, math rock, non wave, rock progresivo, free jazz, shoegazing, pop experimental, IDM, , brain dance, minimalismo, electroacústica, música concreta... Máis de catro horas de música avanzada con algúns dos nomes máis importantes a nivel internacional do panorama máis alternativo e nun escenario de luxo: o auditorio de EXPOCoruña. Laboratorio supón a estrea musical deste espazo caracterizado pola súa acústica e o seu deseño flexible e innovador, unha homenaxe pra aqueles que buscan a maior calidade do son en directo.

MOUSE ON MARS

Mouse On Mars non necesita ningunha presentación. Son sen dúbida un dos nomes de cabeceira da electrónica máis innovadora, creativa, intelixen- te e persoal dos últimos 15 anos. Andi Toma e Jan Werner, sempre rein- ventándose a si mesmos con cada novo álbum, renovando a súa sonoridade e as dimensións desa exploración tímbrica que sempre caracterizou o seu traballo. Foron evolucionando o seu son paso a paso, sintetizando krau- trock, ambient, minimal, post rock, funk, free-jazz, música concreta, electropop... filtrando e experimentando con estes ingredientes ata converter o resultado nun novo xénero en si mesmo... Dende o seu inicial "Vulvaland" ata o seu último "Varcharz", a discogra- fía de Mouse On Mars está chea de traballos que xa son auténticos clási- cos da electrónica das dúas últimas décadas. Non debemos esquecer a súa faceta de produción para nomes tan importantes como , The Fall ou os membros de Kraftwerk ou as súas colaboracións co xenio da electró- nica Mathew Herbert. As súas datas cada vez son máis exclusivas e a dificultade de velos é cada vez maior, por iso non debes deixar pasar a oportunidade de velos por primeira vez en Galicia da man de LABORATORIO! www.myspace.com/mouseonmars TUJIKO NORIKO

Sen dúbida unha das máximas referencias en canto a música avanzada no país nipón. Con só 4 discos, Tujiko é considerada pola crítica como a Björk xaponesa e gravou para algún dos selos máis importan- tes de música experimental e vangarda como son Editions Mego ou FatCat. Unha oportunidade única de ver por primeira vez en Galicia a toda unha referencia que por suposto xa triunfou en festivais do talle de Sonar ou FIB.

O que dixo a prensa dela:"Ao contrario que Bjork, cuxos agudos fundeglacia- res rematan tiranizando as súas producións. A humilde voz de Noriko mestúra- se discretamente logrando unha total democracia sonora" (pitchfork media) "A experimentación pop de Tujiko chega a niveis de madureza aínda non alcan- zados" (XLR8R)

www.myspace.com/tujikonorikosolo PLANNINGTOROCK

Que pode ter en común unha música que se grava baixo nomes tan dispares como Karl Lagerfeld, Chicksonspeed Records, compilacións de Chloe/Ivan Smagghe, Hugo Boss, Merok Records ou a casa DFA (headquarter de artistas como LCD Soundsystem ou Hot Chip cos que xa compartiu escenario...)? Pois nin máis nin menos que Janine Rostron, a artista inglesa que traballa e vive en Berlín baixo o nome de Plannigtorock. Apunto de publicarse o seu segundo LP (presentará moitas das súas cancións, en exclusiva, para LABORATORIO), Janine vén de actuar en festivais como o SXSW de Austin, Sonar, Bestival, Airwaves en Islandia ou na mesmísima Tate Modern de Londres... O que dixo a prensa dela:"O ten todo, é única e soa como ningunha outra cousa...que saia este ano... o seu canto é puro, expresivo e cheo de alma" (pitchfork media) www.myspace.com/planningtorock PETER BRODERICK

Chega para presentar o seu delicado e belísimo novo álbum "Home" que editou nin máis nin menos toda unha institución como é Bela Union... Con só 22 anos este Danés afincado en Pórtland, é o enfant terrible do non- folk. A medio camiño entre Nick Drake, o post rock e a experimentación máis bucólica, unha banda sonora de Korosawa ou o primeiro Yann Tiersen. O que dixo a prensa del: "Un trobador que merece ter un oco dentro do caixón de xastre no que agora se atopa o folk e que, xunto con Bon Iver, representan a grande esperanza branca dos avezados compositores que non quedan na autocompracencia chorona na que o xénero cae moito máis do que quixésemos". (Playgroundmag)

www.myspace.com/peterbroderick

www.expocoruna.com