Ad Limina E As Peregrinacións S.A
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
REVISTA DE INVESTIGACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO ad limina E AS PEREGRINACIÓNS S.A. DE XESTIÓN DO PLAN XACOBEO Volume I. N.º 1. Ano 2010 Santiago de Compostela ISSN: 2171-620X REVISTA DE INVESTIGACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO ad limina E AS PEREGRINACIÓNS S.A. DE XESTIÓN DO PLAN XACOBEO Volume I. Ano 2010 Santiago de Compostela ISSN 2171-620X AD LIMINA Revista de investigación do Camiño de Santiago e as peregrinacións Revista anual publicada pola S. A. de Xestión do Plan Xacobeo AD Limina é unha revista científica aberta aos estudos do Camiño de San- tiago e, por extensión, a todo o fenómeno das peregrinacións. Posúe unha clara vocación interdisciplinar e internacional que lle permite dirixirse a un amplo espectro de investigadores de calquera nacionalidade. Ademais do for- mato en papel, no que todos os contidos serán publicados en castelán, inglés e galego, a revista contará proximamente cunha versión electrónica á que se accederá a través da páxina www.xacobeo.org. AD Limina naceu no ano 2010 editada por S. A. de Xestión do Plan Xacobeo. Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo (Presidente); Roberto Varela Fariña (Conselleiro de Cultura e Turismo); Antonio Fernández-Campa García-Bernardo (Secretario Xeral da Consellería de Cultura e Turismo); María del Carmen Pardo López (Secretaria Xeral para o Turismo); José Manuel Rey Pichel (Director Xeral de Patrimonio Cultural); Francisco López Rodríguez (Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura); Ignacio Santos Cidrás (Director-Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo). Directora Rosa Vázquez Santos (Investigadora Isidro Parga Pondal, S. A. de Xestión do Plan Xacobeo) Consello de Redacción Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago da Xunta de Galicia. Presidente: Paolo Caucci von Saucken (Università degli Studi di Perugia, Italia). Vocais: Humberto Baquero Moreno (Universidade Portucalense Infante D. Henrique, Portugal); Manuel Castiñeiras (Museu Nacional d’Art de Catalunya, España); Klaus Herbers (Universität Erlangen-Nürnberg, Alemaña); Fernando López Alsina (Universidade de Santiago de Compostela, España); Adeline Rucquoi (Centre de Recherches Historiques, CNRS-EHESS, Francia); Robert Plötz (Niederrheinisches Museum für Volkskunde und Kulturgeschichte e V. Kevelaer, Alemaña). Consello Científico Mercedes Brea (Universidade de Santiago de Compostela, España); Wendy Childs (University of Leeds, Reino Unido); José Antonio Corriente Córdoba (Universidad Pública de Navarra, España); Jose Manuel Díaz de Bustamante (Universidade de Santiago de Compostela, España); Josefina Gómez Mendoza (Universidad Autónoma de Madrid, España); Domingo González Lopo (Universidade de Santiago de Compostela, España); George Greenia (College of William and Mary, Virginia, Estados Unidos); Jan van Herwaarden (Erasmus Universiteit Rotterdam, Países Baixos); Humbert Jacomet (Conservateur du Patrimoine, Conservation Régionale des M.H. d’Auvergne, Francia); Gabor Klaniczay (Central European University of Budapest, Hungría); Arlindo de Magalhaes Ribeiro da Cunha (Universidade Católica Portuguesa, Portugal); Antonio Martínez Cortizas (Universidade de Santiago de Compostela, España); Juan Monterroso Montero (Universidade de Santiago de Compostela, España); Antón Pombo Rodríguez (España); Alison Stones (University of Pittsburg, Estados Unidos); Francisco Singul Lorenzo (S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, España); José Suárez Otero (S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, España); Miguel Taín Guzmán (Universidade de Santiago de Compostela, España); Domenico Vetere (Università degli Studi di Lecce, Italia); Guadalupe Vargas (Universidad de Veracruz, México); Carlos Villanueva (Universidade de Santiago de Compostela, España). REDACCIÓN AD LIMINA Revista de investigación do Camiño de Santiago e as peregrinacións S. A. de Xestión do Plan Xacobeo Avda. Fernando de Casas Novoa, 38 15707 - Santiago de Compostela Tfno. (+34) 981 555 772 Fax: (+34) 981 557 373 Correo electrónico: [email protected] © S. A. de Xestión do Plan Xacobeo “As afirmacións e opinións expresadas en cada artigo son responsabilidade exclusiva dos seus autores, polo que a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo non se fai responsable da súa veracidade. A responsabilidade sobre as imaxes publicadas e os seus correspondentes dereitos de reprodución atinxe exclusivamente aos autores dos traballos” ISSN: 2171-620X Depósito legal: C 1179-2010 EDITORIAL O 31 de decembro do 2009 abriuse solemnemente a Porta Santa da Catedral de Santiago dando así inicio a un novo Ano Santo. O grande interese espertado por este acontecemento amosa unha vez máis a importancia, o renacemento e o florecemento, en todos os campos, da peregrinación compostelá. No contexto deste espazo simbólico e real, e logo dunha longa xestación –comprometida e madura– xorde, coma se dun vigoroso froito de nova estación se tratase, unha revista de estudos xacobeos que escolle por nome Ad Limina, indicando claramente unha dirección e unha meta; mellor dito unha dirección e varias metas, xa que quere investigar, estudar, profundar, coñecer e facer coñecer, non só Santiago e o seu Camiño, senón o complexo e articulado mundo da civilización das peregrinacións. Confórmase, xa que logo, seguindo á historiografía máis recente, que cada vez máis insiste na esencial unidade e complementariedade das peregrinacións maiores, pano de fondo no que, con modalidades ás veces distintas e ás veces concordantes, se moveu a gran comunidade dos peregrinos. A nova revista nace do empeño intelectual e moral que asumiu a Xunta de Galicia hai xa moitos anos, cando quixo contribuír ao desenvolvemento das peregrinacións compostelás non só no sector turístico e económico, senón tamén no cultural e científico. O primeiro paso deuno en 1992 ao favorecer a creación dun Comité internacional de expertos do Camiño de Santiago que, nos anos seguintes, se había converter no promotor de importantes congresos, encontros de estudos, exposicións e publicacións de carácter internacional. Hoxe, ben entrado o século XXI, a este Comité confíaselle a dirección científica da revista, coa finalidade de dotalo dun instrumento forte e eficaz, capaz de soster e promover a investigación xacobea no mundo. O Camiño de Santiago xerou un rico patrimonio histórico e intensificou os lazos de Galicia con Europa, propiciando a creación dun lugar de encontro, estudo e debate sobre o seu pasado, presente e futuro. Deste xeito a revista Ad Limina quere ser un espazo aberto aos estudos xacobeos e, por extensión, a todo o ámbito de coñecemento das peregrinacións, cunha clara vocación interdisciplinar e internacional. En consecuencia a temática da revista versará sobre dous eixes: Santiago e a civilización da peregrinación en xeral. Propiciaranse xa que logo os estudos que tradicionalmente tiveron cabida na maior parte das publicacións xacobeas e nos principais congresos celebrados ata o de agora, nomeadamente as investigacións sobre historia, arte, iconografía, literatura odepórica, liturxia ou xeografía, tentando reforzar campos menos frecuentados coma a medicina, a lingüística, a lexislación, etc. É dicir, a través da difusión e cobertura dos diversos campos enunciados, a revista Ad Limina tentará fomentar a investigación xacobea no maior número de áreas posible, cunha especial sensibilidade cara ás novas liñas de investigación. Xunta aos obxectivos expostos queremos declarar o noso compromiso coa calidade e excelencia investigadoras. Para isto a revista Ad Limina respectará e seguirá todas as normas fixadas polos organismos científicos competentes para asegurar o rigor e mérito dos traballos publicados, contando coa colaboración dun Consello Científico que reúne os principais expertos na temática proposta. Ademais a revista acatará e adoptará as normas internacionais para a valoración e indexación das publicacións científicas co fin de corresponder a un ulterior control de calidade. Farase cargo, xa que logo, da dirección científica da revista oComité internacional de expertos do Camiño de Santiago que se converte no seu Consello de Redacción, en canto que o vasto e articulado Consello científico alimentará Ad limina coas súas ponderadas achegas e actuará como órgano consultivo. A coordinación e dirección executiva da revista confíaselle a Rosa Vázquez, investigadora da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, cunha longa traxectoria no eido dos estudos xacobeos que ofrece garantía de seriedade e eficacia. Un empeño e un compromiso que na época madura do renacemento das peregrinacións obrigan á ampla comunidade científica que se reuniu arredor da revista, e que seguirá a crecer con todas as contribucións, a un camiño serio e rigoroso, un camiño claro que ten unha meta e unha dirección e que, estou seguro, con estas premisas ha dar bos froitos. Paolo Caucci von Saucken Presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago ÍNDICE ARTIGOS Manuel A. Castiñeiras González Compostela, Bari e Xerusalén: tras as pegadas dunha cultura figurativa nos camiños de peregrinación –17– Bernd Nicolai e Klaus Rheidt Novas investigacións sobre a historia da construción da catedral de Santiago de Compostela –53– Benedetto Vetere Europa Mediterránea: Peregrinos e guerreiros, peregrinos guerreiros –81– Marco Piccat Montañas e peregrinos nos camiños de Santiago –111– Santiago López Martínez-Morás Ferragut, defensor de Nájera –129– Carlo Pulsoni Notas sobre algúns nomes de pobos no Veneranda dies –151– Rosa M. Cacheda Barreiro e Karina Ruíz Cuevas De Valencia a Querétaro. A devoción xacobea a través dunha estampa de Vicente Capilla Gil –161– Xosé M. Sánchez