Lingua, Sociedade E Medios De Comunicación En Galicia LORENZO SUÁREZ, Anxo M
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
lingua, sociedade e medios de comunicación en galicia LORENZO SUÁREZ, Anxo M. Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia / Anxo M. Lorenzo Suárez, Fernando Ramallo, Håkan Casares Berg. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2008. — 300 p. ; 23 cm. — (Colección Base) D.L. C 4734-2008. — ISBN 978-84-96530-52-2 1. Medios de comunicación social-Galicia. 2. Sociolingüística- Galicia. I. Ramallo Fernández, Fernando. II. Casares Berg, Håkan. III. Consello da Cultura Galega © CONSELLO DA CULTURA GALEGA Pazo de Raxoi, 2º andar Praza do Obradoiro, s/n 15705 Santiago de Compostela Tel. 981 957202 Fax 981 957205 [email protected] Proxecto gráfico e deseño de cubertas MANUEL JANEIRO ISBN 978-84-96530-52-2 Depósito legal C 4734-2008 Realización Lúdica 7 lingua, sociedade e medios de comunicación en galicia Anxo M. Lorenzo Suárez Fernando Ramallo Håkan Casares Berg CONSELLO DA CULTURA GALEGA ÍNDICE PRESENTACIÓN . 9 I. INTRODUCIÓN . 11 II. MEDIOS DE COMUNICACIÓN E LINGUA GALEGA . 13 1 Percorrido histórico . 13 2 Os medios e a lingua galega na diáspora . 36 3 Medios de comunicación, política, sociolingüística e política lingüística en Galicia . 39 III. ESCENARIOS DA COMUNICACIÓN EN GALICIA . 55 1 Escenario legal e lexislativo . 55 2 Escenario institucional . 68 3 Outras iniciativas institucionais: universidades e Consello da Cultura Galega . 75 4 Actores sociais e grupos profesionais . 77 IV. A SOCIOLINGÜÍSTICA DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN . 85 1 Radio . 85 2 Televisión . 103 3 Prensa . 119 4 Medios electrónicos . 152 V. OPINIÓNS E VALORACIÓNS SOBRE A PRESENZA DA LINGUA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN . 157 VI. ANÁLISE LINGÜÍSTICA . 173 1 Introdución . 173 2 A lingua galega nos medios impresos . 174 3 O galego nos medios audiovisuais . 177 VII. LINGUA, MEDIOS E CIDADANÍA . 185 1 Metodoloxía . 185 2 Descrición da mostra . 187 3 Consumo de medios . 190 4 Actitudes perante o uso do galego nos medios . 211 5 Conclusión . 230 VIII. CONCLUSIÓNS . 231 IX. BIBLIOGRAFÍA . 245 X. ANEXOS . 255 1 Cuestionario Delphi . 257 2 Cuestionario da enquisa . 261 3 Táboas . 269 PRESENTACIÓN No ano 2000, o Consello da Cultura Galega decidiu abordar, por iniciativa da súa Sección de Lingua, un proxecto de avaliación das políticas lingüísticas galegas durante o período autonómico. Como é sabido, o Consello da Cultura Galega é unha institución oficial de rango estatutario. A súa creación vén contemplada no Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981; art. 32) e foi creado por Lei do Parlamento galego (Lei 8/1983). Esta lei outórgalle un carácter de orga- nismo consultivo e asesor, plenamente autónomo respecto dos poderes políticos e representativo dos diferentes sectores e institucións da cultura de Galicia. Entre as funcións do Consello atópanse as de «analizar cantas cuestións se refiran ó patrimonio cultural e fomentar a lingua e a cultura galegas», «investigar e valorar as necesidades culturais do pobo galego», «asesorar e consultar os poderes da Comunidade Autónoma» e mais «ele- var ós poderes da Comunidade Autónoma informes e propostas a favor da defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego» (Lei 8/1983, tít. II, art. 6). Nesta liña enmárcase o presente traballo. O proxecto en que se enmarca o estudo que presentamos recibiu, nunha primeira fase, financiamento da Comisión Europea e estivo dirixido conxuntamente por Henrique Monteagudo, que subscribe estas liñas limia- res, e o soidoso Xan Bouzada, recentemente finado. Aquela frutífera cola- boración produciu, ademais dunha gran cantidade de información deposi- tada hoxe no Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia e dos esbozos dunha serie de liñas de investigación para o futuro, tres volumes que foron editados co título xenérico de O proceso de normalización do idio- ma galego (1980-2000). O primeiro destes volumes, titulado Política lingüís- tica: análise e perspectivas, versa sobre as cuestións estruturais da glotopolí- tica galega, incluíndo unha análise da evolución orzamentaria e administrativa da Dirección Xeral de Política Lingüística, así como das prin- cipais políticas impulsadas pola Xunta de Galicia. O segundo volume está centrado na planificación lingüística no sistema educativo galego. O tercei- ro, Elaboración e difusión da lingua, analiza dende a perspectiva do corpus as cuestións relativas ao proceso de estandarización do idioma galego. 10 Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia O volume que agora temos nas mans completa as publicacións daquel proxecto. Cando este foi concibido, os medios de comunicación foron concibidos como un obxecto de estudo central para a avaliación do proceso de extensión de usos do galego. Os directores do proxecto deci- diron abordar unha investigación específica do sector, tendo en conta tanto o esforzo que a Xunta de Galicia leva investido no sector como o efecto evidente que os medios teñen na conciencia lingüística do público, no cultivo da lingua e na fixación e difusión dunha modalidade lingüísti- ca de referencia. Os resultados pretenden introducir claridade e racionalidade nun espazo que foi tradicionalmente considerado da maior importancia e notablemente controvertido para a promoción do galego, e así foi enten- dido tanto polos sectores máis comprometidos coa lingua e os responsa- bles políticos como polos editores e os profesionais dos medios. No deba- te arredor deste asunto adoitan manexarse argumentos legais, pragmáticos, económicos e identitarios, orientados a lexitimar ou denun- ciar unha situación analizada, en moitas ocasións dende perspectivas moi prexuizosas e escasamente fundamentadas. O presente volume, que non ten por que constituír unha avaliación definitiva, pero que en todo caso foi concibido e realizado con pretensións de rigor e de obxectividade (compatibles, naturalmente, cun circio compro- miso coa lingua do país), segue a estratexia xeral do proxecto de presentar fontes secundarias conxuntamente con investigacións orixinais. Dende a perspectiva dos que o concibimos e do quipo que o realizou, quíxose subli- ñar a importancia dos desexos, expectativas e opinións do público galego, destinatario e consumidor dos medios de comunicación de masas. Estamos convencidos de que o presente contributo se tornará nunha referencia obrigada para os estudosos da problemática da lingua galega nos medios de comunicación. Pero, sobre todo, o que aspiramos é a que ofreza elementos de reflexión sólidos e argumentos sensatos, ben fundamentados, a prol dun incremento da presenza do idioma galego nos medios de comunicación en Galicia, na convicción de que esta é moito menor do que a cidadanía desexa, require e está disposta a aceptar. Henrique Monteagudo I. INTRODUCIÓN Este traballo ten como obxecto de estudo a presenza da lin- gua galega nos medios de comunicación de Galicia e da diáspora galega nunha dobre aproximación diacrónica e sincrónica. Desde a perspectiva diacrónica analizamos a evolución do uso do galego nos medios no período temporal 1975-2007, etapa na cal asistimos ao asentamento e consolidación plena da autonomía en Galicia. E desde a perspectiva sincrónica, o relevante é coñecer cales son as opinións dos grupos mediáticos e da cidadanía ante o eventual aumento ou diminución da presenza da lingua galega nas transmi- sións dos medios de comunicación galegos. A realización desta investigación parte dunha serie de con- sideracións básicas. A chegada da etapa autonómica supuxo, por primeira vez na historia de Galicia, o inicio dunha oportunidade para avanzar nos procesos de recoñecemento institucional e social da lingua galega, logo dun período especialmente adverso no cal coincidiron un réxime político franquista pouco proclive ás linguas e culturas propias, e a aceleración do proceso de abandono do gale- go polo castelán que xa comezara a xestarse no primeiro terzo do século XIX. A recuperación da democracia a partir de 1975 e o desen- volvemento do marco autonómico en Galicia desde 1980 modifi- caron substancialmente o nivel de información e de formación da cidadanía. De feito, as resistencias sociais a un avance dos procesos de normalización da lingua galega fóronse diluíndo de forma cre- cente na poboación e na sociedade civil galega a medida que avan- zou o seu prestixio e o nivel de coñecemento e competencia dos cidadáns de Galicia na lingua galega. Os medios de comunicación foron considerados unha das pezas clave deste proceso de recuperación, dado o impacto social e a crecente influencia dos contidos vehiculados polos media. En concreto, a creación en 1985 da Compañía da Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) supuxo un punto de inflexión na imaxe pública e 12 Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia na difusión social da lingua galega que, a partir dese momento, con- taba cunha plataforma audiovisual coa que chegar aos fogares gale- gos. En cambio, constátase que o avance do uso da lingua galega nos medios de comunicación escritos segue sendo máis lento por mor de factores lingüísticos, sociais e ideolóxicos diversos que cóm- pre facer explícitos e analizar en profundidade a súa natureza. Outro dos aspectos centrais á hora de dispoñer de todos os elementos de análise é a historia, evolución e posicionamento dos grupos empresariais que estiveron e están detrás dos diferentes medios. A súa posición poucas veces se acomodou aos obxectivos de recuperación do idioma galego e, moitas veces, esta orientouse máis ben cara a un obxectivo de maximización de rendementos mediante o recurso a figuras e produtos mediáticos do mercado comunicacional en castelán. Ao