Grial : Revista Galega De Cultura. Núm. 88, 1985
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
abril maio xunio Tomo XXIII-19 8 5 CRIAL C. RODRÍGUEZ FER: A literatura como coñecemento. GUMERSINDO O tema aá morte en Rosalía de PLACER: Castro. E. LORENZO Tradición e modernidade na BALEIRÓN: obra poética de Iglesia Alvariño. XOSÉ M. SALGADO: O devalar poético de X. L. Mén- dez Ferrín. CARMEN BLANCO: Sobre o comporramento litera- á rio da muller. X. LANDE1RA Os manuscritos de cinco poe- YRAGO: mas de García Lorca. LISTA DE NOVEDADES 1985 EDITORIAL GALAXIA Ptas. BIBLIOTECA BÁSICA DA CULTURA GALEGA A GALICIA MARIÑEIRA/¿/x/bLabarta 325 QUEIXUMES DOS PINOS/Eduardo Pondal 400 O PORCO DE PÉ/ Vicente Risco 375 A ESMORGA/Eduardo Blanco Amor 350 DOS ARQUIVOS DO TRASNO/Rafael Dieste 275 XEOGRAFIA/A Pérez Albertf (no prelo) ENSAIO E INVESTIGACIÓN LOURESES. ANTROPOLOXIA DUNHA PARRO- QUIA GALEGA/ Manuel Mandianes 780 A REVELACIÓN DE DEUS REALIZACIÓN DO HOME/A Torres Queiruga (no prelo) GALLAECIA SKANDINAVICA/V7ce/?fe Almazán (no prelo) ROSALÍA DE CASTRO NA ESPAÑA DO SECU- LO X\X/Catherine Davies (no prelo) CULTURA POPULAR "QUE COUSA É COUSA..." LIBRO DAS ADIVINAS/ASCO Martín (no prelo) O BAILE EN GALICIA/Juan J. Linares (no prelo). COLECCIÓN LITERARIA OS BIOSBARDOS/£tí. Blanco Amor 360 XENTE AO LONXE/£</. Blanco Amor 890 XOGUETES PARA UN TEMPO PROHIBÍ- . OO/Car/os Casares 550 OS DOUSDESEMPRE/Casre/ao 750 OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORAR- SEICastelao 490 MEMORIAS DUNHA TEHRA/Xosé M" Castro- viejo 550 MERLIN E FAMILIA/ÁVaro Cunqueiro 580 O INCERTO SEÑOR DON HAMLETA4/varo Cun- queiro ....... 500 MITTELEUROPA/V/ce/?fe Risco.. 950 O ACOMODADOR E OUTRAS NARRACIÓNS/ Marcial Suárez 780 ROSALÍA, teatro//?. Otero Pedrayo (no prelo).... y REVISTA GALEGA DE CULTURA Director periodista: Xosé Landelra Yrago. Correctores: Ramón Pl- ñeiro López e Francisco Fernández del Riego. Consello de Redac- ción: R. Carballo Calero - D. García Sabell • C. Fernández de la Vega - M. Dónega Rozas - Camilo G. Suárez Llanos • Basilio Losada CRIAL Castro - Ricardo García Suárez. REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN: EDITORIAL GALAXIA - Reconquista, 1 - VIGO Imprime: «A. G. Galicia. S. A.» - Segovia, 15 - VIGO / Dep. Legal: VG 99-1963 SUMARIO Páxinas ENSAIOS A literatura como coñecemento, por CLAUDIO RODRÍGUEZ FER il35 O tema da morte en Rosalía de Castro, por ¡Fr. GUMERSIN- DO PLACER 146 Tradición e modernidade na obra poética en gaiego de Aqui- lino Iglesia Alvariño, por EUSEBIO LORENZO BAT.TOR6N ... 161 O devalar poético de X. L. Méndez Ferrín, ,por XOSÉ MA- NUEL SIALGADO 171 Sobre o comportamento literario da muller (o caso Margari- ta Ledo Andión), por CARMEN BLANCO 179 ESCOLMA Ezra Pound e un Canto pisano, por RAMIRO FQNTE 193 Vemos fuxir, por LUZ POZO GARZA 203 A boca violeta, por CLAUDIO RODRÍGUEZ FER 204 PENEIRA DOS DÍAS O mirandés e os demais romances peninsulares, por MANEL CELSO MATALOBOS 205 Bób Dylan: Un librepensador de Minnesota, por VICENTE ARAGUAS 210 Unha antoloxia de poesía galega e portuguesa, por XESÚS GONZÁLEZ GÓMEZ 213 "Os nonnatos" de Eduardo Blanco Amor, por CLARA TO- RRES MARTÍNEZ 217 Eimer, Ider e Sober: topónimos, por NICANDRO ARES 221 A lóxica organizativa de un calendario, por XOSÉ ANTONIO FERNANDEZ DE ROTA E MONTER 224 Os manuscritos (autógrafos e apógrafos) de cinco poemas gálegos de Federico García horca, por XOSÉ LAiNDEIRA YRAGO 229 Onomástica galega: "Pazo" e "Pazo", por FROILÁN LÓPEZ . 243 LIBROS, por Antonio Capelán Rey, Xesús González Gómez, Vicente Araguas e S. Lorenzana 245 O REGÓ DA CULTURA 256 Tomo XXIII • N.° 88 • abril - maio - xunio, 1985 E N S A I O S A LITERATURA COMO COÑECEMENTO Aínda que parece ilusorio pretender teorizar con rigor so- bre un fenómeno tan impreciso como o literario, resulta ta- mén inevitálbel que os que nos dedicamos a el reflexionemos sdbre o mesmo. E pese a que o noso ponto de vista carece de perspectiva distanciadora, ¡beneficiase da privilexiada posi- ción de quen fala desde a propia experiencia e coñece por dentro itodos os momentos que se suceden no proceso: orixe, creación, xeelaiboración, leitura, crítica, publicación, etc. 'Esta tentativa autorreflexivá, presente en moitos dos meus poe- mas, aparece tamén nos limiaTes dos meus libros de versos e xustamente as ideas formuladas ou esbozadas nos mesmos son as que tratarei de explicar e desenvolver aquí. Agora ben: cada escritor concibe a literatura ao seu xeito. Por este motivo, seguindo os postulados de algúns, nabería que concluir que as obras que fan outros non son, estrita^ mente, literatura. Se aplicamos como criterio xeral calquera concepción particular, obteríamos como resultado que son moi poucos os autores que realmente a cultivan: por exem- plo, poderla admitirse que fan versos, mesmo que fan poemas, pero non que fan poesía. Eu, por suposto, non quero erixir o meu criterio en norma para xuzgar a ninguén que non sexa eu mesmo. Limitareime pois a falar da miña concepción da literatura como se se tra- tase duwha autopoética, non dumha poética xera'l. A ESENCIA IWJ COÑECEMENTO LITERARIO Friedrich tNietzsche decía que a verdade é de orixe poético. Os que despois de tantos milenios de verdades efímeras suce- déndose altivas no pensamento humano eremos que ningun- 3ra proposición xeral é válida —nen siquera esta—, saibemos que nada se sabe. Pero tamén sabemos que existe unlia ver- dade de orixe .poético ou, polo menos, uniia ilusión poética de cofiecemento: esa ilusión que apreciamos ao ler a poetas co- mo Holderlüi, Novalis, LeQpardi, Poe, Blake, Colerid'ge, Woor- dswortti, Browning, Hopkins, Nerval, Baudelaire, Verlaine, .Rimbaud, Lautreamont, Mallarmé, Whitman, 'Emily Dickin- 135 son ou Rosalía, por poner sámente exemplos ocidentais do século XIX. Claro está que, na literatura, o coñeoimento é uniha difí- cilmente explicáíbel combinación de paixón e pensamento, co- mo pode apreciarse xa na poesía metafísica inglesa do século XVII. Según T. S. Eliot, bon eoñecedor da mesma, un pen- samento era para Donne un'ha experencia, posto que modi- ficaiba a súa sensibilidade. ¡Ademáis, esta aprehensión senso- rial directa do pensamento da que ten falado Eliot, está contida tamén na reflexión de moitos outros escritores con- temporáneos, como Miguel de Unamuno, que tina como má- xima pensar o sentimento e sentir o pensamento. José Ángel Valente sentenciou de forma lapidaria esta áctitude: "Habito con paixón o 'pensamento". O coñecemento acadado por vía literaria é, desde logo, di- ferente ao acedado por medios científicos e filosóficos, pero non sabemos aínda en que consiste tal especificidade. De fei- to, moitos autores pretendidamente científicos e filosóficos teñen valorado e aproveitado enormemente ¡contribucións li- terarias nos seus procesos de investigación: abonda lembrar casos tan dispares como os de Marx e Engels, de Lenin, de Freud, de Heidegger ou de Jakobson. En efeito, a valoración que ffan Karl Marx e Friedrich Engels do realismo decimonónico europeo é inequívoca neste sentido, anegando o último a anteponer as aportacións da novelística de Balzac as dos especialistas para coñecer o pe- ríodo histórico retratado polo narrador francés: "Agrupa uniha historia completa da sóciedade francesa, da que eu, mesmo ñas particularidades económicas {por exemplo, a re- distribución da propiedade real e persoal Üespois da revolu- ción francesa), aprendín máis que de todos os historiadores, economistas e estadistas profesionais desate período xuntos". 'Pola súa banda, un discípulo de Marx e Engels, Vladimir Ilich Ulianov, Lenin, ten falado no mesmo sentido das nove- las de Tolstoi: "OU N. Tolstoi deuse a coñecer como un grande escritor da época da servidume. Nunha serie de obras xeniais que escribíu durante a súa carreira literaria de máis de me- dio século, piaitou sobre todo a antiiga Rusia de antes da re- volución que permaneceu, mesmo destpois de 18&1, nun estado .de semi-servidume, a ¡Rusia aldeana, a Rusia do terratenente .e o campesino. Ao describir ese período histórico da vida rusa, Tolstoi soupo iprantexar nos seus escritos tan grande número de problemas inmensos, soupo acadar tan enorme poder ar- tístico, que as súas obras ocuparon un posto de primeira liña .na literatura internacional. A época preparatoria da revolu- .ción nun ipaís oprimido polos mantedores da servidume, apa- receu, gracias á pintura xenial de ToLstoi, como un paso adiante no desenvolvimento artístico da ihumanidade eoteira". 136 Sigmund Freud, que tratou en moi numerosas ocasións de fenómenos literarios, parece encontrar ñas novelas de Dos- toievski .tanto ou máis coñecemento da psique 'humana que nos tratados de psiquiatría. Tal interés cognoscitivo pode apreciarse no seu estudo do parricidio, así como nos macamos eloxios que dedica ao autor ruso: "Ten o seu posto pouco detrás de Shakespeare. Os irmáns Karamazov é a novela máis acabada que se escribíu xamais e o episodio do agrande inqui- sidor é un'ha das cuines da literatura mundial". - Martin Heidegger, analizou a poesía de Holderlin e de Rilke á luz do existeiicialismo filosófico, clhegando a decir que toda a teoría que el despregara por vía especulativa estaba contida nos versos destes autores. Heidegger deixou moi claro que a poesía podía conter o mesmo ¡coñecemento que a filo- sofía, aínda que formulado Idoutra maneara. Mesmo, recoñe- ceu explícitamente que o dominio metafisleo desde o que Rilke escribirá as súas obras maiores non era siquera accesí- bel á filosofía do momento: "Non estamos preparados para interpretar as Elexías e os Sonetos, pois. o dominio desde o que falan non foi aínda suficentemente pensado desde a esen- cia da metafísica na súa constitución e unidade metafísica. Pensalo é algo que sigue sendo difícil por dúas razóns. En¡ primeiro lugar, porque a poesía de Rilke queda detrás da de Holderlin no camino da 'historia do ser ,por rango e situación. Logo porque apenas coñecemos a esencia da metafísica e non estamos versados no decir do ser. Non somente non estamos preparados para unlxa interpretación das Elexías e os Sone- tos, senón que non temos dereito a interprétalos porque o dominio esencial do diálogo entre o poetizar e o pensar só pode averiguarse, acadarse e meditarse paseniño.