MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA 15707 Santiago De Compostela

Total Page:16

File Type:pdf, Size:1020Kb

MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA 15707 Santiago De Compostela C M Y CM MY CY CMY K monografias_03 7/12/06 13:56 Página 1 monografias_03 7/12/06 13:56 Página 2 2 Edita_ ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP) Rúa de Madrid 2 – 4, Polígono das Fontiñas VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA 15707 Santiago de Compostela Revisión linguística_ Pino Ramos, Sara López - Iglésias Samartim, Roberto Deseño e maquetación_ Krissola Diseño, S.L. Imprime_ ISBN_ 84-453-4327-0 Depósito legal_ monografias_03 7/12/06 13:56 Página 3 3 Ao noso pai, Guillermo Lago Lamela VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA monografias_03 7/12/06 13:56 Página 4 4 VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA monografias_03 7/12/06 13:56 Página 5 ÍNDICE 5 - LIMIAR 7 - 8 - PRESENTACIÓN 9 - 12 - CAPÍTULO 1: O sistema de partidos en Galicia: a coordinación electoral de elites e votantes 13 - 66 - 1.1 Introdución 13 - 16 - 1.2 Que é a coordinación electoral e por que ten lugar? 16 - 17 - 1.3 A inauguración da autonomía: as primeiras eleccións autonómicas como eleccións de rango secundario 17 - 28 - 1.4 Incerteza e descoordinación: as eleccións autonómicas dos anos oitenta como procesos de transición na coordinación 28 - 35 - 1.5 A cristalización dos procesos de coordinación: a desaparición de tódolos partidos non-viables 35 - 47 - 1.6 As eleccións de 2005: cambio de goberno pese á continuidade electoral 47 - 52 - 1.7 Quen son e como cambiaron os votantes dos partidos maioritarios nas eleccións autonómicas galegas? 52 - 55 POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA - 1.8 Está a coordinación, ou están as súas causas, detrás do aparentemente espectacular aumento da participación electoral en Galicia? 56- 66 monografias_03 7/12/06 13:56 Página 6 - CAPÍTULO 2: Vinte e cinco anos de Estatuto: converxencia financeira e diverxencia económica 67 - 92 - 2.1 Un crecemento económico substancial e profundas transformacións estruturais 67 - 69 - 2.2 Un ciclo económico en sincronía xa co resto de España 69 - 73 - 2.3 Unha renda familiar mellorada 73 - 74 - 2.4 Unha distribución da renda menos desigual 75 - 76 - 2.5 E, malia todo, Galicia non converxe e perde peso no conxunto de España 76 - 79 - 2.6 Unha Galicia discriminada? O marco financeiro: finanzas autonómicas, políticas rexionais e investimentos territorializados do Estado 80 - 84 6 - 2.7 Por que non imos máis rápido? Os factores de desenvolvemento económico 84 - 90 - 2.8 Suxestións para un futuro máis próspero 90 - 92 - CONCLUSIÓNS 93 - 96 - ANEXO: SIGLAS DOS PARTIDOS E DAS ORGANIZACIÓNS 97 - 100 - REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS 101 - 105 VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA monografias_03 7/12/06 13:56 Página 7 LIMIAR 7 Conforme avanzamos no proceso de descentralización política e financeira, o escenario para a vida pública faise máis plural e complexo. Esta pluralidade dálles a oportunidade aos diferentes territorios de se sentiren máis cómodos, exercendo un autogoberno que ten máis en conta as preferencias da cidadanía do que as solucións centralizadas. Neste sentido, o maior autogoberno leva de seu a nece- sidade de promover o debate público tamén na escala autonómica. A diferenza do que acontecía hai vinte e cinco anos, as discusións da cidadanía galega na rúa, nos medios de comunicación e no seu Parlamento teñen incidencia directa no seu benestar; somos os galegos e as galegas que definimos xa as políticas públicas que nos atinxen no campo do ensino, da sanidade, da vivenda e do medio rural. Ben é certo que existe unha lexislación básica estatal e que Galicia convive cooperativamente co resto de autonomías, limitando voluntariamente a súa liberda- de polo ben común, mais non hai dúbida de que os galegos e as galegas temos xa un amplo espa- zo de decisión propio, no cal podemos andar con máis ou menos tino. A Escola Galega de Aministración Pública, que dirixo, asume plenamente esta realidade e, dentro das súas posibilidades, quere promover os debates públicos que axuden á toma de decisións autónomas. A organización de xornadas e seminarios e a publicación de traballos son dúas canles preferentes para este labor, e nesta estratexia hai que localizar o libro que temos entre as mans. A obra de Ignacio e Santiago Lago Peñas tenta facer balance do cuarto de século de autonomía que levamos gozado os galegos e as galegas, centrando a súa atención e o seu discurso en dous proce- sos de natureza complementaria. Dunha parte, a evolución do sistema autonómico de partidos e as mudanzas nas escollas do electorado galego desde os primeiros anos oitenta ata as últimas eleccións POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA autonómicas de 2005. Doutra, a evolución macroeconómica da economía galega nese mesmo perí- odo e as causas que explican esa dinámica. Entendermos o acontecido nestes dous campos vainos permitir mellorar o futuro; e isto non é mera retórica, nun momento en que, impulsados pola mudanza de goberno e o proceso de reforma esta- tutaria, estamos a discutir a revisión dos obxectivos e instrumentos da política económica galega, da lexislación electoral e do financiamento de Galicia e dos seus concellos, entre outros asuntos públicos. monografias_03 7/12/06 13:56 Página 8 É posible, e mesmo probable, que quen ler este traballo non estea de acordo coa totalidade do expos- to ao longo do libro, mais diso se trata, de dar pulo ao debate público serio e rigoroso, baseado en cifras e investigacións alimentadas polas ferramentas da análise económica, sociolóxica e política. Se acadarmos ese obxectivo, sequera parcialmente, as persoas que estamos agora á fronte da EGAP estaremos satisfeitas. 8 VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA Antonio Izquierdo Escribano Director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) monografias_03 7/12/06 13:56 Página 9 PRESENTACIÓN 9 Para a maior parte dos observadores do proceso, a transición á democracia en España tiña que ir necesariamente da man da descentralización do poder político (Linz, 1985), e así foi. En poucos anos, o Estado das autonomías substituíu unha distribución territorial do poder moi centralizada por deza- sete comunidades autónomas (CC.AA.), cun nivel de competencias equiparable ao nivel intermedio de goberno dalgúns dos estados federais máis tradicionais. Certo é que existe unha lexislación básica do Estado que limita a autonomía das CC.AA. no exercicio das súas competencias (no eido sanitario ou educativo, entre outros), como tamén que a propia auto- nomía financeira polo que respecta aos ingresos é aínda relativamente baixa; porén, a realidade é que os orzamentos das CC.AA. para 2006 amosan que os recursos que manexan equivalen ao 14,1 % do PIB español e ao 34 % do gasto público total (IEF, 2006). Hai vinte e cinco anos a maior parte das comunidades autónomas aínda non existía xuridicamente -no ano 1980 a Xunta de Galicia aínda non existía como tal1 - e o seu gasto conxunto era desprezable en termos macroeconómicos. Poñámo-las cifras para o caso galego: o orzamento da Comunidade Autónoma galega para 2006 sitúase preto dos 10.000 millóns de euros, namentres o PIB galego é duns 50.000 millóns2; noutros termos, a Xunta de Galicia manexa hoxe recursos que equivalen a unha quinta parte do que produce a econo- mía galega. Nas mans das CC.AA. non só vai quedar un salientable volume de recursos financeiros, tamén van asumir unha ampla responsabilidade no deseño e na aplicación da política económica, e algunhas competencias reguladoras relevantes. Por outra banda, non é menos importante o profundo cambio institucional que lle atinxe ao poder político, pois hoxe cada comunidade autónoma ten o seu propio parlamento, elixido -coa excepción de Cataluña, que aínda non aprobou a súa lei electoral- de acordo coas regras electorais de que se POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA dotou cada unha delas, e dentro dos límites que marcan a Constitución e a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREX). O poder destes parlamentos e, por extensión, dos gobernos que se forman, tal e como está previsto nos estatutos de autonomía, é autónomo, non soberano; isto é, en poucas palabras, a decisión última sobre o reparto de competencias e recursos corresponde ao Estado e, por tanto, calquera cambio nos estatutos ten que ser aprobado polo poder lexislativo nacional. 1 O Real Decreto que aprobou o Réxime de Preautonomía para Galicia é de 16 de marzo de 1979 e o Estatuto de Autonomía entrou en vigor en 28 de abril de 1981. As primeiras eleccións ao Parlamento celebráronse en 20 de outubro, a sesión consti- tutiva do Parlamento tivo lugar en 19 de decembro e o primeiro goberno constituíuse en xaneiro de 1982. 2 Segundo a primeira estimación do Instituto Nacional de Estadística, o PIB de Galicia en 2005 foi de 45.780 millóns de euros (www.ine.es). Se o crecemento nominal en 2006 remata sendo semellante ao de 2005, o PIB galego para 2006 será duns 49.500 millóns. monografias_03 7/12/06 13:56 Página 10 Con todo, ámbolos dous eidos, o económico-financeiro e o político, non son independentes, senón que interaccionan nos dous sensos. A formación de sistemas ou subsistemas de partidos autonómi- cos, sobre todo cando contan con partidos nacionalistas ou rexionalistas decisivos para a gobernabi- lidade do país, ten contribuído a acelera-los procesos de descentralización política e fiscal, e convén destacar que as superacións do statu quo na distribución de recursos fiscais entre niveis territoriais no anos 1993, 1996 e 2001 tiveron lugar precisamente cando o goberno nacional estaba en minoría.
Recommended publications
  • Manual Galego De Língua E Estilo
    MANUAL GALEGO DE LÍNGUA E ESTILO MAURÍCIO CASTRO LOPES B E AT R I Z PERES BIEITES EDUARDO SANCHES MARAGOTO MANUAL GALEGO DE LÍNGUA E ESTILO GALIZA 2010 Agradecemos a valiosa ajuda de: Carlos Barros Gonçalves, Raul Bugalho, Ugio Caamanho, Iván Cuevas, José Ramom Flores das Seixas, Carlos Garrido, Nuno Gomes, Carlos Morais, Miguel Penas, Alexandre Fernandes, Valentim Rodrigues Fagim, Marta Rodríguez Álvarez, Paulo Rico, Bruno Ruival, Francesco Traficante, Xavier Vila Nova Segade “O galego ou é galego-português ou é galego-castelhano. Ou somos umha forma do sistema ocidental ou somos umha forma do sistema central. Nom há outra alternativa” Ricardo Carvalho Calero Abreviaturas utilizadas adj. adjetivo adv. advérbio arg. argot art. artigo bras. brasileirismo CD Complemento Direto Cfr. confronte CI Complemento Indireto conj. conjunçom etc. et cetera f. feminino gír. gíria ingl. inglês interj. interjeiçom lat. latim m. masculino n. b. nota bene, nota bem p. ex. por exemplo pág.(s) página (s) pl. plural pop. popular prep. preposiçom subst. substantivo tb. também vs. versus ÍNDICE GERAL Prefácio ..........................................................................................................................15 Índice ..............................................................................................................................19 1. Ortografia e estilo .......................................................................................................39 2. Morfossintaxe e estilo ..............................................................................................113
    [Show full text]
  • N° 217, Xoves, 11 De Novembro De 1993 , DIARIO OFICIAL DE GALICIA 7.367
    N° 217, Xoves, 11 de novembro de 1993 , DIARIO OFICIAL DE GALICIA 7.367 PARLAMENM DE GALICIA lista Obrero Español: 346.831. * Coalición Bloque Nacionalista Galego: 269.233. Resolución do 8 de novembro de 1993 pola * Coalición Esquerda Unida-TJnidade Galega: que se record,a ós deputados electos a data 44.902. de celebración da sesión constitutiva do Par- * Coalición Galega: 6.098. lamento de Galicia. * Agrupación Ruiz Mateos: 5.293. Coñecida a resolución da Xunta Electoral de Galicia * Os Verdes de Galicia: 4.682. do 3 de novembro de 1993 pola que se fan públicos * Alternativa Galega: 3.187. os resultados xerais e por circunscrición e a relación * Los Ecologistas: 2.987. de deputados proclamados electós nas eleccións 6 Par- * Coalición Plataforma Ciudadana Humanista: lamento de Galicia celebradas o día 17 de outubro de 2.508. 1993 (doc. número rexistro 60), esta presidencia, en * Assembleia do Povo Unido: 1.492. execución do disposto no artigo 5 do Decreto 198/1993, * Coalición por un Novo Partido Socialista: 503. do 23 de agosto,, de disolución do Parlamento de Gali- cia, e de convocatoria de eleccións (DOG 162, do 24 II de agosto de 1993), recórdállés os deputados electos que a sesión constitutiva do Parlamento de Galicia, ce- RESULTADOS POR CIRCUNSCRICIÓNS lebrarase o martes, día 16 de novembro de 1993, ás ELECTORAIS 11 horas, no pazo do Parlamento de Galicia, rúa do Ho- rreo sln, en Santiago de Compostela. 1. Pola provincia da Coruña. * Número de electores censados: 926.589. 0 que se publica para xeral coñecemento e para os * Número de votantes: 578.115.
    [Show full text]
  • Enriqueta Otero, Guerrilleira
    Facultade de Humanidades Traballo fin de grao Combativas e Guerrilleiras Resistencia e loita de mulleres na Galiza Autora: María Núñez Cobas Titora: Ana Cabana Iglesia Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural Xullo 2019 Traballo fin de grao presentado na Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural Facultade de Humanidades Traballo fin de grao Combativas e Guerrilleiras Resistencia e loita de mulleres na Galiza Autora: María Núñez Cobas Titora: Ana Cabana Iglesia Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural Xullo 2019 Traballo fin de grao presentado na Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural 1 Índice RESUMO...................................................................................................... 4 I. INTRODUCIÓN E METODOLOXÍA...................................................... 5 II. A GUERRILLA ANTIFRANQUISTA: OS DO MONTE E “OS DO LLANO”....................................................................................................... 8 III. MULLERES E GUERRILLA................................................................... 11 III.I Enriqueta Otero...................................................................... 15 III.II Consuelo Rodríguez López, Chelo........................................ 18 IV. MULLERES E GALICIA NOS ÚLTIMOS ANOS DA DITADURA, NA TRANSICIÓN E NA DEMOCRACIA..............................................
    [Show full text]
  • Área De Historia
    1 • LAS ÉLITES PARLAMENTARIAS DE GALICIA (1977-1996) DOCUMENTOS DE TRABAJO DEL INSTITUTO DE ESTUDIOS E DESENVOLEMENTO DE GALICIA (IDEGA) ÁREA DE HISTORIA “LAS ÉLITES PARLAMENTARIAS DE GALICIA (1977-1996)” Guillermo Márquez Cruz Profesor Titular de Ciencia Política y de la Administración Facultad de Ciencias Políticas y Sociales Universidad de Santiago de Compostela (Septiembre, 1997) 2 • LAS ÉLITES PARLAMENTARIAS DE GALICIA (1977-1996) LAS ÉLITES PARLAMENTARIAS DE GALICIA (1977-1996) • 3 INDICE INTRODUCCION.................................................................................................................................. 5 I. LAS DIMENSIONES DEL SISTEMA DE PARTIDOS Y LA DINAMICA DE LAS FORMACIONES POLITÍCAS. ........................................................................................................... 10 II.CONTINUIDAD Y RENOVACIÓN DE CANDIDATOS A CORTES GENERALES Y AL PARLAMENTO DE GALICIA. ..........................................................................................................19 2.1 Los candidatos a las Cortes Generales........................................................................................ 20 2.2 Los candidatos al Parlamento de Galicia. ................................................................................... 24 2.3 Los candidatos simultáneos a las Cortes Generales y al Parlamento de Galicia......................... 28 III. LA FORMACIÓN DE LA ÉLITE PARLAMENTARIA DE GALICIA...................................... 34 3.1 La continuidad y renovación en las Cortes Generales.
    [Show full text]
  • Matar Por La Patria. Nacionalismo Radical Y Violencia Terrorista En España (1975-2016)
    Nación y nacionalismos en la España de las autonomías ISIDRO SEPÚLVEDA MUÑOZ (EDITOR ) Derecho Público CENTRO DE ESTUDIOS POLÍTICOS Y CONSTITUCIONALES NACIÓN Y NACIONALISMOS EN LA ESPAÑA DE LAS AUTONOMÍAS CONSEJO ASESOR DE LA COLECCIÓN DE DERECHO PÚBLICO Directora Yolanda Gómez Sánchez Catedrática de Derecho Constitucional de la Universidad Nacional de Educación a Distancia, Catedrática Jean Monnet, ad personam, de la Unión Europea Manuel Aragón Reyes, Catedrático de Derecho Constitucional de la Universidad Autónoma de Madrid. Enrique Arnaldo Alcubilla, Catedrático de Derecho Constitucional de la Universidad Rey Juan Carlos. Francisco Balaguer Callejón, Catedrático de Derecho Constitucional de la Universidad de Grana- da y Catedrático Jean Monnet, ad personam, de la UE. Andrés Betancor Rodríguez, Catedrático de Derecho Administrativo de la Universidad Pompeu Fabra de Barcelona. María José Ciáurriz Labiano, Catedrática de Derecho Eclesiástico del Estado de la UNED. Miguel Ángel Collado Yurrita, Catedrático de Derecho Financiero y Tributario y Rector de la Universidad de Castilla-La Mancha. Juan Damián Moreno, Catedrático de Derecho Procesal de la Universidad Autónoma de Madrid. Carlos Fernández de Casadevante Romani, Catedrático de Derecho Internacional Público de la Universidad Rey Juan Carlos de Madrid. Teresa Freixes Sanjuán, Catedrática de Derecho Constitucional de la Universidad Autónoma de Barcelona y Catedrática Jean Monnet, ad personam, de la UE. Eugeni Gay Montalvo, Abogado. José María Gil-Robles Gil-Delgado, Catedrático Jean Monnet, ad personam, de la UE y Presiden- te de la Fundación Jean Monnet pour l’Europe. Vicente Gimeno Sendra, Catedrático de Derecho Procesal de la UNED. Doctora Tania Groppi, Catedrática de Derecho Público de la Universidad de Siena.
    [Show full text]
  • Cad Lit. Comparadas 10/11 PP
    01_deslocaçoes n24-25_11.qxd 6/4/13 12:41 PM Page 69 O 'ludo- reintegracionismo' Carlos Quiroga galego: USC Respostas criativas à ameçaça de deslocação cultural Resumo: Palavras-chave: >> Neste trabalho procede-se à apresentação de algumas res- Galiza, postas criativas na Galiza à ameaça de deslocação cultural reintegracionismo, proveniente da prolongada irradiação do sistema estatal da relações galego- cultura em espanhol em que está inserida. Neste sentido, portuguesas, parte-se, em primeiro lugar, de um contexto sintético, surrealismo, humor abordado de uma perspetiva diacrónica, que esclarece as crítico circunstâncias políticas e sociais de tal irradiação, com ênfase final em acontecimentos recentes, e remetendo para fotografias e gravações de manifestações de rua. Em segundo lugar, explica-se a orientação de ênfase reinte- gracionista como resposta à deslocação cultural na Galiza e examina-se a sua história. Por último, mostram-se exem- plos de Ludo-reintegracionismo, objetivo central da aborda- gem, como prática literária e artística coletiva. De entre a produção de materiais diversos procedentes de interven- ções e paródias de eventos concretos, escolhem-se três casos que pretendem evidenciar a importância e o signifi- cado desta orientação aparentada com o Surrealismo, e, ao mesmo tempo, apontar como algumas “deslocações físi- cas” confrontam uma “deslocação cultural”, colocando-se numa 'cordialidade crítica', que nem por isso deixa de minar menos o poder e a força que sustentam as hegemo- nias. Os exemplos expostos são a campanha “Proposta Galiza 2001”, o “Dia da Toalha/ Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata”, e o “Movimento Ridiculista Galego” contra a plataforma espanholista Galicia Bilingüe (manifestação contra a língua galega no 8-2-2009).
    [Show full text]
  • Os Bancos Tamén
    -------------------·Q~;j[.].]fg.tiJ!id·i1#.~fü~t.iANO XV• 4 DE MARZO· 1993 I••••• • ••• __.. ••- -••m•••• ... ·1o--------------------N!! 559 • (150 PTA. SEN SUPLEMENTO) 500 PTA. Os excesivos gastos eleitorais propician ·a corrupción política A representación galega perde o~~'-'4. peso outravolta Os bancos tamén vot ~~ ,r en Unión-Fenosa ~ ftf<:."' r' O grupo Central-Hispano, co ~h~ '1 \· ~~n \f~? apoio do Instituto Nacional de Industria (INI), ven de privar ao PP e PSOE teñen uns gastos recoñecidos anuais en Galiza -á marxe de procesos grupo Pastor da presidéncia da Unión Fenosa, que ocupaba co­ eleitorais- superiores aos cen millóns de pesetas cada. Os custos das enormes máquinas mo compensación da fusión e traslado a Madrid no ano 1982. partidárias dan un papel sobranceiro aos bancos na democrácia, Ainda que a empresa di que o relevo do coruñés Julián Trinca­ através da polítir de concesión de créditos. do por José Maria Amusátegui é unha sustitución solicitada, o re­ cámbio sa presidéncia interpré­ tase como limiar dunha nova fu­ sión, xustificada pala reordena­ ción do sector, na que a matriz fundacional galega ficase plena­ mente irrecoñecibel. (páxina 7) Nov.o caderno~··:,~:: ~ ' : con esté numero Todo o que vostede queria saber sobre os meios de comunicación e estes nunca lle dixeron Os meios de comunicación son xa un acompañante inevitábel das nosas vidas. Pero algúns sucesos como a guerra do Gol­ fo, conflitos locais ... comezaron a prod~cir a sospeita dos cida­ dáns. E o momento de coñecer as regras, os proprietários e o funcionamento destas opulentas fábricas de información. ·. ""' N-0-V-I-D-A-D-E- galaxia Até agora condenouse ao político que recebia cartas pero non a quen llos daba A corrupción comeza na precariedade dos partidos ante o poder de bancos e empresarios# • ALFONSO EIRE-MANUEL VEIGA O Tribunal de Cantas de Galiza comezará a controlar as finanzas do partidos a partir do próximo proceso eleitoral.
    [Show full text]
  • Xubileo Nacionalista
    -A-No_x_v-1.-2-9-DE_x_u_LL-o-.-19_9_3----------......¡•ANr•l•](k•IffJBd•i1VttHM • ..,.... ________N2-s-so-.-so_o_P-TA-(-1s-o-sE_N_s_u_PL_E_M-EN_T_O) PP e PSOE desaparecen de cena durante a festa nacional galega Xubileo nacionalista O nacionalismo bateu a marca de manifestantes e xuntou en distintos pontos de Compostela dezaseis mil persoas, senda a mobilización do BNG a máis concorrida con quince mil asistentes. Na Quintana anunciouse a candidatura de Beiras á presidéncia da Xunta, e este anunciou a disposición da frente a asumir responsabilidades de governo. 1 Alfredo Froiz: 0s PP e PSOE, ensumidos nos actos do Diado Apóstol, ignoran a festa nacional de Galiza. hiper franceses estann·os a colonizar' Hai que regular o comércio co­ mo fan os cataláns e os france­ ses. Eu son conscente de que provoco paro, pero tamén xene­ ro emprego e os benefícios fican aquí. Non se pode dicer o mes­ mo dos grandes hipermerca­ dos", sinala Maxin Alfredo Froiz, proprietário de Distribuciones Froiz empresa que conta con 4 7 tendas próprias e·n toda Galiza, tres almacéns de alimentación e duas liñas de franquícia que su­ poñen outras 50 tendas. (Páxina 9) Carlos Marques: 1 Portugal está a perder soberania política' "''"":--~ ·_., ~ Lider da Unión Democrática de Portugal, Carlos Marques foi candidato á presidéncia nas últi­ mas eleicións portuguesas e é un dos políticos portugueses que máis está a visitar Galiza nos últimos tempos. No 25 de Xullo estivo convidado polo BNG na celebracion do Día da Pátria. Con el abordamos tanto a situa­ ción portuguesa como as rela­ cións bilaterais Galiza-Portugal.
    [Show full text]