C M Y CM MY CY CMY K monografias_03 7/12/06 13:56 Página 1 monografias_03 7/12/06 13:56 Página 2 2 Edita_ ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP) Rúa de Madrid 2 – 4, Polígono das Fontiñas VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA 15707 Santiago de Compostela Revisión linguística_ Pino Ramos, Sara López - Iglésias Samartim, Roberto Deseño e maquetación_ Krissola Diseño, S.L. Imprime_ ISBN_ 84-453-4327-0 Depósito legal_ monografias_03 7/12/06 13:56 Página 3 3 Ao noso pai, Guillermo Lago Lamela VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA monografias_03 7/12/06 13:56 Página 4 4 VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA monografias_03 7/12/06 13:56 Página 5 ÍNDICE 5 - LIMIAR 7 - 8 - PRESENTACIÓN 9 - 12 - CAPÍTULO 1: O sistema de partidos en Galicia: a coordinación electoral de elites e votantes 13 - 66 - 1.1 Introdución 13 - 16 - 1.2 Que é a coordinación electoral e por que ten lugar? 16 - 17 - 1.3 A inauguración da autonomía: as primeiras eleccións autonómicas como eleccións de rango secundario 17 - 28 - 1.4 Incerteza e descoordinación: as eleccións autonómicas dos anos oitenta como procesos de transición na coordinación 28 - 35 - 1.5 A cristalización dos procesos de coordinación: a desaparición de tódolos partidos non-viables 35 - 47 - 1.6 As eleccións de 2005: cambio de goberno pese á continuidade electoral 47 - 52 - 1.7 Quen son e como cambiaron os votantes dos partidos maioritarios nas eleccións autonómicas galegas? 52 - 55 POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA - 1.8 Está a coordinación, ou están as súas causas, detrás do aparentemente espectacular aumento da participación electoral en Galicia? 56- 66 monografias_03 7/12/06 13:56 Página 6 - CAPÍTULO 2: Vinte e cinco anos de Estatuto: converxencia financeira e diverxencia económica 67 - 92 - 2.1 Un crecemento económico substancial e profundas transformacións estruturais 67 - 69 - 2.2 Un ciclo económico en sincronía xa co resto de España 69 - 73 - 2.3 Unha renda familiar mellorada 73 - 74 - 2.4 Unha distribución da renda menos desigual 75 - 76 - 2.5 E, malia todo, Galicia non converxe e perde peso no conxunto de España 76 - 79 - 2.6 Unha Galicia discriminada? O marco financeiro: finanzas autonómicas, políticas rexionais e investimentos territorializados do Estado 80 - 84 6 - 2.7 Por que non imos máis rápido? Os factores de desenvolvemento económico 84 - 90 - 2.8 Suxestións para un futuro máis próspero 90 - 92 - CONCLUSIÓNS 93 - 96 - ANEXO: SIGLAS DOS PARTIDOS E DAS ORGANIZACIÓNS 97 - 100 - REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS 101 - 105 VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA monografias_03 7/12/06 13:56 Página 7 LIMIAR 7 Conforme avanzamos no proceso de descentralización política e financeira, o escenario para a vida pública faise máis plural e complexo. Esta pluralidade dálles a oportunidade aos diferentes territorios de se sentiren máis cómodos, exercendo un autogoberno que ten máis en conta as preferencias da cidadanía do que as solucións centralizadas. Neste sentido, o maior autogoberno leva de seu a nece- sidade de promover o debate público tamén na escala autonómica. A diferenza do que acontecía hai vinte e cinco anos, as discusións da cidadanía galega na rúa, nos medios de comunicación e no seu Parlamento teñen incidencia directa no seu benestar; somos os galegos e as galegas que definimos xa as políticas públicas que nos atinxen no campo do ensino, da sanidade, da vivenda e do medio rural. Ben é certo que existe unha lexislación básica estatal e que Galicia convive cooperativamente co resto de autonomías, limitando voluntariamente a súa liberda- de polo ben común, mais non hai dúbida de que os galegos e as galegas temos xa un amplo espa- zo de decisión propio, no cal podemos andar con máis ou menos tino. A Escola Galega de Aministración Pública, que dirixo, asume plenamente esta realidade e, dentro das súas posibilidades, quere promover os debates públicos que axuden á toma de decisións autónomas. A organización de xornadas e seminarios e a publicación de traballos son dúas canles preferentes para este labor, e nesta estratexia hai que localizar o libro que temos entre as mans. A obra de Ignacio e Santiago Lago Peñas tenta facer balance do cuarto de século de autonomía que levamos gozado os galegos e as galegas, centrando a súa atención e o seu discurso en dous proce- sos de natureza complementaria. Dunha parte, a evolución do sistema autonómico de partidos e as mudanzas nas escollas do electorado galego desde os primeiros anos oitenta ata as últimas eleccións POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA autonómicas de 2005. Doutra, a evolución macroeconómica da economía galega nese mesmo perí- odo e as causas que explican esa dinámica. Entendermos o acontecido nestes dous campos vainos permitir mellorar o futuro; e isto non é mera retórica, nun momento en que, impulsados pola mudanza de goberno e o proceso de reforma esta- tutaria, estamos a discutir a revisión dos obxectivos e instrumentos da política económica galega, da lexislación electoral e do financiamento de Galicia e dos seus concellos, entre outros asuntos públicos. monografias_03 7/12/06 13:56 Página 8 É posible, e mesmo probable, que quen ler este traballo non estea de acordo coa totalidade do expos- to ao longo do libro, mais diso se trata, de dar pulo ao debate público serio e rigoroso, baseado en cifras e investigacións alimentadas polas ferramentas da análise económica, sociolóxica e política. Se acadarmos ese obxectivo, sequera parcialmente, as persoas que estamos agora á fronte da EGAP estaremos satisfeitas. 8 VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA Antonio Izquierdo Escribano Director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) monografias_03 7/12/06 13:56 Página 9 PRESENTACIÓN 9 Para a maior parte dos observadores do proceso, a transición á democracia en España tiña que ir necesariamente da man da descentralización do poder político (Linz, 1985), e así foi. En poucos anos, o Estado das autonomías substituíu unha distribución territorial do poder moi centralizada por deza- sete comunidades autónomas (CC.AA.), cun nivel de competencias equiparable ao nivel intermedio de goberno dalgúns dos estados federais máis tradicionais. Certo é que existe unha lexislación básica do Estado que limita a autonomía das CC.AA. no exercicio das súas competencias (no eido sanitario ou educativo, entre outros), como tamén que a propia auto- nomía financeira polo que respecta aos ingresos é aínda relativamente baixa; porén, a realidade é que os orzamentos das CC.AA. para 2006 amosan que os recursos que manexan equivalen ao 14,1 % do PIB español e ao 34 % do gasto público total (IEF, 2006). Hai vinte e cinco anos a maior parte das comunidades autónomas aínda non existía xuridicamente -no ano 1980 a Xunta de Galicia aínda non existía como tal1 - e o seu gasto conxunto era desprezable en termos macroeconómicos. Poñámo-las cifras para o caso galego: o orzamento da Comunidade Autónoma galega para 2006 sitúase preto dos 10.000 millóns de euros, namentres o PIB galego é duns 50.000 millóns2; noutros termos, a Xunta de Galicia manexa hoxe recursos que equivalen a unha quinta parte do que produce a econo- mía galega. Nas mans das CC.AA. non só vai quedar un salientable volume de recursos financeiros, tamén van asumir unha ampla responsabilidade no deseño e na aplicación da política económica, e algunhas competencias reguladoras relevantes. Por outra banda, non é menos importante o profundo cambio institucional que lle atinxe ao poder político, pois hoxe cada comunidade autónoma ten o seu propio parlamento, elixido -coa excepción de Cataluña, que aínda non aprobou a súa lei electoral- de acordo coas regras electorais de que se POLÍTICAS E ECONÓMICAS EN GALICIA: MUDANZAS VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA dotou cada unha delas, e dentro dos límites que marcan a Constitución e a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREX). O poder destes parlamentos e, por extensión, dos gobernos que se forman, tal e como está previsto nos estatutos de autonomía, é autónomo, non soberano; isto é, en poucas palabras, a decisión última sobre o reparto de competencias e recursos corresponde ao Estado e, por tanto, calquera cambio nos estatutos ten que ser aprobado polo poder lexislativo nacional. 1 O Real Decreto que aprobou o Réxime de Preautonomía para Galicia é de 16 de marzo de 1979 e o Estatuto de Autonomía entrou en vigor en 28 de abril de 1981. As primeiras eleccións ao Parlamento celebráronse en 20 de outubro, a sesión consti- tutiva do Parlamento tivo lugar en 19 de decembro e o primeiro goberno constituíuse en xaneiro de 1982. 2 Segundo a primeira estimación do Instituto Nacional de Estadística, o PIB de Galicia en 2005 foi de 45.780 millóns de euros (www.ine.es). Se o crecemento nominal en 2006 remata sendo semellante ao de 2005, o PIB galego para 2006 será duns 49.500 millóns. monografias_03 7/12/06 13:56 Página 10 Con todo, ámbolos dous eidos, o económico-financeiro e o político, non son independentes, senón que interaccionan nos dous sensos. A formación de sistemas ou subsistemas de partidos autonómi- cos, sobre todo cando contan con partidos nacionalistas ou rexionalistas decisivos para a gobernabi- lidade do país, ten contribuído a acelera-los procesos de descentralización política e fiscal, e convén destacar que as superacións do statu quo na distribución de recursos fiscais entre niveis territoriais no anos 1993, 1996 e 2001 tiveron lugar precisamente cando o goberno nacional estaba en minoría.
Details
-
File Typepdf
-
Upload Time-
-
Content LanguagesEnglish
-
Upload UserAnonymous/Not logged-in
-
File Pages110 Page
-
File Size-