Justificante de Presentación Datos del interesado:

NIF - 50964180K JORGE GUTIERREZ GONZALEZ

Dirección: Urbanización VEIGA DE ABAIXO, Bloque: 106

Pereiro de Aguiar, O 32792 (-España)

Teléfono de contacto: 671081532

Número de registro: 19013551775

Fecha y hora de presentación: 18/03/2019 15:15:00

Fecha y hora de registro: 18/03/2019 15:15:00

Tipo de registro: Entrada

Oficina de registro electrónico: REGISTRO ELECTRÓNICO

Organismo destinatario: Ayuntamiento de Pereiro de Aguiar, O

Asunto: MOCIÓN SOCIALISTA INCLUSIÓN PEREIRO DE AGUIAR NO BIC RIBERIA SACRA

Expone: o Grupo Municipal Socialista no Concello de Pereiro de Aguiar, e ao amparo do previsto no Regulamento de Organización Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta a seguinte moción

Solicita: Seu debate e votación polo vindeiro Pleno

Documentos anexados:

INCLUSIÓN PEREIRO NO BIC RIBEIRA SACRA - BIC RIBEIRA SACRA PEREIRO_GL.pdf (Huella digital: 8c293ae6a618d29cc4c2d210f9c606eba59f9bf3)

Alerta por SMS: No

Alerta por correo electrónico: No

El presente justificante tiene validez a efectos de presentación de la documentación. El inicio del cómputo de plazos para la Administración, en su caso, vendrá determinado por la fecha y hora de la entrada de su solicitud en el Registro del Organismo competente.

De acuerdo con el art. 31.2b de la Ley39/15, a los efectos del cómputo de plazo fijado en días hábiles, y en lo que se refiere al cumplimiento de plazos por los interesados, la presentación en un día inhábil se entenderá realizada en la primera hora del primer día hábil siguiente salvo que una norma permita expresamente la recepción en día inhábil.

De acuerdo con el Art. 28.7 de la Ley 39/15, el interesado de esta solicitud se responsabiliza de la veracidad de los documentos que presenta.

Página 1 de 1 Partido dos Socialistas de

MOCIÓN

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE PEREIRO DE AGUIAR PARA A INCLUSIÓN DO CONCELLO DE PEREIRO DE AGUIAR NO BIC RIBERIA SACRA.

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Pereiro de Aguiar a través do seus concelleiros Don César Grande Gómez e Don Jorge Gutiérrez González, e ao amparo do previsto no Regulamento de Organización Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta a seguinte moción, para o seu debate e votación polo Pleno. Grupo Municipal Socialista do EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Pereiro de Aguiar O Grupo socialista de Pereiro de Aguiar, , xunto a outros grupos no concello como do Pereiro, levan anos solicitando información sobre as alegacións presentadas e tramites realizados polo grupo de goberno do Partido Popular de Pereiro para a inclusión de distintos bens de interese cultural do municipio de Pereiro de Aguiar, no expediente incoado por Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, @de la Xunta de Galicia, para declarar a Ribeira Sacra ben de interese cultural, coa categoría de paisaxe cultural, e outros bens e manifestacións do patrimonio cultural material e inmaterial.

Así, ante a falta de absoluta de información aos grupos da oposición e de transparencia, presentáronse diversas propostas e mocións reclamando a inclusión do municipio de Pereiro de Aguiar, no expediente para declarar BIC da Ribeira Sacra tramitado pola Xunta de Galicia, e advertindo ao grupo de goberno dos prazos para a presentación das alegacións respecto diso.

Desta maneira, con data 8 de febreiro de 2018 publicouse no B.O.E. a Resolución do 21 de decembro de 2017, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se incoa expediente para declarar a Ribeira Sacra ben de interese cultural, coa categoría de paisaxe cultural, e outros bens e manifestacións do patrimonio cultural material e inmaterial relacionados, onde se abría un período de información pública de tres meses, a contar desde o día seguinte ao da publicación, co fin de presentar alegacións ou información que puidese ser relevante para a resolución do citado expediente, non constando, a presentación por parte do Concello de Pereiro de Aguiar, de ningunha alegación ao expediente incoado.

Finalmente 28 de febreiro de 2019, publicouse no B.O.E. o Decreto 166/2018, do 27 de decembro, polo que se declara ben de interese cultural (BIC) a Ribeira Sacra coa categoría de paisaxe cultural, e publícanse os bens incluídos, os cales abarcan parte do territorio dun total de 22 concellos das provincias de Lugo e Ourense (Carballedo, , Chantada, , , Nogueira de Ramuín, Pantón, , Paradela, Monforte de Lemos, , A Pobra do Brollón, , Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, San Xoán de Río, O Saviñao, Sober, Taboada, e ) en dúas zonas diferenciadas: a do BIC e a de amortiguamiento, e inclúe ademais unha serie de bens individuais.

Os bens que se relacionan coa paisaxe e que se inclúen na declaración distribúense en tres categorías. En primeiro lugar, están aqueles que gozan xa da máxima protección. Son un total de 70 bens de interese cultural entre inmobles (58), mobles (3) e manifestacións do patrimonio inmaterial (9). En segundo lugar, hai un total de 512 bens inmobles catalogados no ámbito da paisaxe cultural da Ribeira Sacra. Isto é dentro da zona BIC e de amortiguamiento do ben que se declara mediante o presente decreto. E, en terceiro lugar, inclúense un total de 634 bens inmobles de carácter sacro catalogados no conxunto do territorio da Ribeira Sacra. Isto é, as igrexas, capelas, ermidas etc., existentes no conxunto dos 22 concellos representados desde o límite da zona de amortiguación ao límite do concello.

É importante sinalar, que para a aprobación da declaración do BIC Riberia Sacra, tivéronse en conta, ademais dos informes favorables da Real Academia de Belas Artes e do Consello da Cultura Galega, as 23 alegacións dos 29 recibidos, nun proceso para mellorar e completar o expediente en aspectos significativos relativos á toponimia ou ao patrimonio. Incluíronse de maneira adicional diversos

[email protected] 1 w w w .pereirodeaguiar.psoe.es Partido dos Socialistas de Galicia

MOCIÓN

elementos da arquitectura e patrimonio non incluidos inicialmente. Entre todos os bens incluídos no BIC Ribeira Sacra, compróbase que non existen ningún no municipio de Pereiro de Aguiar . Aínda que o noso concello leve anos formando, e mesmo presidindo 7 anos a Mancomunidade de municipios da Ribeira Sacra integrada polos concellos de Castro Caldelas, Esgos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, A Teixeira, Xunqueira de Espadañedo, Maceda e A Peroxa, e estivese historicamente e xeograficamente incluída sempre na comarca da Ribeira Sacra.

Grupo Municipal Así por exemplo, queda fora do BIC Ribeira Sacra, bens de Pereiro bens cunha valor cultural Socialista do incalculable e catalogados históricamente como parte integrante da Ribeira Sacra, como a Igrexa e Pereiro de Aguiar Casa Rectoral de Covas ou a Igrexa barroca de Santa María de Melias, o outros como os Pazos de Bouza e Casdemiro, lugar de nacemento do Padre Feijoo.

Que bens dun municipio sexa declarado Ben de Interese cultural, ten moitas vantaxes, dado que é a distinción máxima que se lle outorga a un ben a nivel nacional, sendo bens con un alto contido simbólico merecedores dunha protección especial para conservalos no tempo. Así por exemplo, devanditos bens son protexidos e conservados especialmente, recibindo importante axudas comunitarias, estatais ou autonómicas para o devandito fin, tamén, a súa repercusión nacional e internacional e de imaxe, achegaría un maior prestixio, desenvolvemento turístico e captación de novos investimentos, o por exemplo un incremento das investigacións universitarias e científicas dos bens e patrimonio protexidos, para un maior coñecemento, difusión e protección dos mesmos.

Por outro lado tamén de acordo coa lei 16/1985 de 25 de xuño, teñen una serie de beneficios no ámbito tributario, pois ten unha serie de beneficios fiscais pois no imposto sobre a renda das persoas físicas aplicase unha dedución do 15% do importe dos gastos ou investimentos realizados sobre os bens de interese cultural en actuacións de protección do patrimonio histórico e un 15% de dedución no imposto de sociedades. Aparte tamén é relevante destacar novamente, que por ter esa consideración ten axudas por parte das administracións destinadas a protección e conservación de ditos bens.

Así, o Decreto 166/2018, do 27 de decembro, que declara como BIC a Ribeira Sacra, incluíu entre outros, os bens dos concellos ourensáns que limitan xeográficamente co noso como Esgos, Nogueira de Ramuín e A Peroxa, ou moi próximos como Parada de Sil, Xunqueira de Espadañedo, Castro Caldelas, Montederramo, e a Teixeira. Todos estes concellos agora este mes de abril (días 4 e 5), por exemplo, poderán ir a reunión do Consello de Patrimonio Histórico (Órgano oficial no que están representados o Goberno central e as comunidades autónomas e que se encarga de aprobar as propostas que España presenta cada ano ante a Unesco) e que se vai a celebrar no concello veciño de Nogueira de Ramuín, co fin de impulsar que a Ribeira Sacra sexa nomeada este ano Reserva da Biosfera pola Unesco e potenciar así a candidatura desta paisaxe natural para ser nomeada Patrimonio da Humanidade. Novamente, os concellos que están incluídos nesta nova proposta de Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra en Ourense son Castro Caldelas, Nogueira de Ramuín, Para de Sil, A Peroxa e A Teixeira, e novamente Pereiro de Aguiar está fora , polo que non podemos optar as oportunidades ambientais, culturais e socioeconómicas que nos daría esa distinción, o que suporía mais turismo, e investimentos, e polo tanto unha mellora importante na economía do noso municipio,. creación de traballo, riqueza, no vas oportunidades, e polo tanto unha mellora da vida dos nosos veciñ@s.

Por todo iso, o Grupo Socialista presenta para a súa aprobación polo Pleno do Concello, a seguinte:

[email protected] 2 w w w .pereirodeaguiar.psoe.es Partido dos Socialistas de Galicia

MOCIÓN

PROPOSTA DE ACORDO

Pola que se establecen os seguintes acordos:

PRIMEIRO .- O Concello de Pereiro de Aguiar solicitará a inclusión do noso concello, e fará os trámites e estudos necesarios e legais para que bens de interese cultural do municipio do Pereiro de Aguiar sexan catalogado como BIC, igual que o resto dos concellos que están na Mancomunidade de Grupo Municipal Concellos da Ribeira Sacra de Ourense Socialista do Pereiro de Aguiar SEGUNDO.- O Concello de Pereiro de Aguiar, dará traslado urxentemente do presente acordo, á Xunta de Galicia e ao Goberno de España.

O Pereiro de Aguiar, 18 de marzo de 2019

Os Concelleiros do Grupo Municipal Socialista

Fdo: César Grande Gómez Fdo: Jorge Gutiérrez González

[email protected] 3 w w w .pereirodeaguiar.psoe.es