Dossier Rock in Way.Pdf
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
9 e 10 de setembro Monte do Gozo, Santiago de Compostela THE OFFSPRING The Toy Dolls * Rinôçérôse Muchachito Bombo Infierno * Sôber * Delorean Tote King * Las Pelotas * Triángulo de Amor Bizarro Niño Y Pistola * The Blows * Igloo * Dirty Socks Los Chavales * Novedades Carminha * Riff Raff TeMazo Showcase (Juanito Broders, Furier, Malandrómeda) e moitos máis... 20 bandas internacionais, españolas e galegas 2 escenarios Zona de acampada gratuíta Actividades paralelas: cinema, talleres, aventura... Organiza: Zircozine Music Last Tour International Patrocina: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Turismo Xacobeo Estrella Galicia Gadis O festival Rock in Way Estrella Galicia fusiona dous conceptos en apariencia dispares: rock e Camiño, a música como parte do Camiño cara a Santiago, e Santiago como peregrinaxe musical dentro do propio Camiño. Trátase de consolidar a idea de que Galicia, destino de peregrinos, sumará agora unha ruta máis: a dos miles de persoas que verán no festival un motivo máis para chegar ata aquí. Aos milleiros de peregrinos que cada ano chegan a Galicia movidos polo Camiño de Santiago, sumaremos aqueles que, co Rock in Way Estrella Galicia, descubran en Galicia un lugar imprescindible no universo musical internacional. Rock in Way Estrella Galicia créase co obxectivo e a convicción de converterse nun dos festivais musicais máis importantes de España. Na súa primeira edición, ofrecerá unha programación musical á altura das citas máis destacadas, co obxectivo a curto prazo de consagrarse solidamente na axenda internacional. Ofrecerá tamén a oportunidade de aproveitar integramente a infraestrutura do Monte do Gozo cun festival con continuidade que esprema todas as súas cualidades como recinto para concertos. Nesta primeira edición, o festival contará con dous escenarios, un número aproximado de 20 bandas, cun cartel encabezado por The Offspring, unha ampla presencia de grupos internacionais, e un peso decisivo das bandas galegas. A programación irá máis aló do musical, con cinema, talleres de diversos tipos e unha atractiva oferta de actividades de ocio e aventura. The Offspring Enerxía, actitude e himnos inesquecibles cunha das bandas máis potentes do mundo The Offspring son Dexter Holland (voces, guitarra), Noodles (guitarra), Greg K (baixo) e Pete Parada (batería). A formación xorde cando, en 1984, Dexter e Greg, amigos da escola secundaria, deciden formar unha banda en Garden Grove, California. O disco Smash (1994) deulles a fama, o prestixio internacional e os seus primeiros grandes éxitos. Con Americana (1998) venderon 13 millóns de discos en todo o mundo. O seu último álbum, Rise and Fall, Rage and Grace (2008) demostra que seguen en forma e son unha das referencias do rock máis próximo ao punk dos 90 ata hoxe. The Offspring publicou oito álbums, realizou máis de mil concertos en todo o mundo e fabricou hits incombustibles como “Self Esteem”, “Come Out And Play (Keep´Em Separated)”, “The Kids Aren´t Alright”, “Hammerhead? Ou o recente “You´re Gonna Go Far, Kid”, entre moitos outros. O seu característico son e a súa vitalidade fan de The Offspring unha banda de culto con millóns de acérrimos seguidores. www.offspring.com The Toy Dolls O punk máis divertido dos 80 cuns clásicos que seguen a dar guerra The Toy Dolls é un dos grandes grupos británitos de punk rock dos 80. Michael “Olga” é o líder dun trío que demostrou que o punk podía ser unha cousa divertida e desenfadada. Desde o seu primeiro sinxelo, Tommy Kowey's Car ata o disco máis recente, titulado ironicamente Our Last Album? (2005), The Toy Dolls construíron unha carreira sólida a base de temas pegadizos e sen complexos. En 32 anos de traxectoria o trío fíxose cunha recua de admiradores en Europa, Estados Unidos e Xapón. Despois de visitar ducias de países nos últimos anos, en 2011 só farán dous concertos, e un deles será o de Rock in Way Estrella Galicia. Aquí farán bailar o público con cancións irreverentes de títulos tan ilustrativos como "Yul Brynner Was A Skinhead", "My Girlfriend's Dad's A Vicar" ou "James Bond Lives Down Our Street”. www.thetoydolls.com Rinôçérôse Rock, música electrónica e dance cítanse na música de Rinôçérôse. Os franceses Jean- Philippe Freu á guitarra e Patrice «Patou» Carrié ao baixo son os responsables deste proxecto no que a enerxía sonora de discos como Installation Sonore (1999), Schizophonia (2005) e Futurînô (2009) se traslada ao escenario de maneira espectular. Son psicólogos de profesión, e con temazos como “Le Mobilier”, “Bitch” e “Cubicle” poñen todas as túas neuronas a berrar e bailar. www.rinocerose.com Muchachito Bombo Infierno Muchachito iniciou a súa carreira tocando na rúa e pasando a gorra e, aínda que agora actúe nas mellores salas e festivais, mantén a frescura dos seus inicios. A banda formada por Jairo Perera, El Lere, Tito Carlos, Héctor Bellino e Josué García ofrece unha mensaxe optimista a base de ritmos cálidos nos que habitan ventos, percusións, teclados e guitarras rumberas. Desde 2004 o Bombo Infierno está en órbita, xirando cos discos Vamos que nos vamos (2005), que incluía a festiva “Ojalá no te hubiera conocido nunca”, Visto lo visto (2007) e o recente Idas y vueltas (2010), gravado entre Barcelona e Jerez. www.muchachitobomboinfierno.com Sôber Sôber é un dos nomes propios do rock e o metal alternativos en España. Sôber significa sobrio, e a sobriedade é unha das características máis notables do grupo, combinando a potencia musical coa melodía vocal, ademas da súa característica e orixinal posta en escena. Despois da morte do batería Alberto Madrid e cinco anos de proxectos paralelos, a banda volveu á actividade en 2010. O novo batería, Manu Reyes, uniuse a Carlos Escobedo, Jorge Escobedo e Antonio Bernardini para gravar o disco Superbia (2011), co que esperan reeditar o éxito de Paradÿsso (2002) e Reddo (2004). www.soberweb.com Delorean A música de Delorean pínchana os djs máis reputados de todo o mundo. Dez anos despois de formarse en Zarauz, a banda guipuzcoana acadou a fama internacional co ep Ayrton Senna (2009) e sobre todo co álbum Subiza (2010), un disco escollido entre os mellores do ano pasado por varias publicacións de música independente. A súa é música de baile que cobra todo o sentido en directos espectaculares. Atópanse no seu momento máis doce, resultado dunha carreira coherente e en constante evolución. www.myspace.com/delorean Tote King O rapeiro Tote King é hoxe por hoxe un dos valores máis seguros do rap español. Desde que en 2002 debutou no disco Tu madre es una foca, compartido co seu irmán Shotta, cada novo álbum é un paso adiante nunha carreira de fondo na que sempre está en cabeza. Con letras mordaces e moita capacidade para polemizar e crear controversia, as súas rimas van afiándose e chegan disco tras disco a un público máis amplo. Así o demostra o tema “Redes sociales”, do seu último disco, El lado oscuro de Gandhi (2010). www.toterreno.com Las Pelotas Las Pelotas é un dos grupos de rock máis coñecidos e respectados de Arxentina. Naceu a finais dos 80 logo da disolución dos clásicos Sumo. Doce discos e importantes éxitos despois, a banda sobreviviu a cambios de formación e incluso á morte dun dos seus compoñentes, Alejandro Sokol, para manterse como unha proposta coherente con enorme prestixio no outro lado do charco. O seu último disco, Despierta (2009) mestura con espontaneidade e emoción temas rock, reggae e cancións intimistas. www.laspelotaspage.com Triángulo de Amor Bizarro Sonidos shoegaze, punk, pop, distorsión máxima, ecos de tantos grupos e ao mesmo tempo, únicos. En 2007 sorprenderon cambiando desde Galicia o rumbo do pop peninsular cun son compacto e letras costumistas, místicas, relixiosas, irónicas e directas á vez. O seu álbum de debut convertiuse nun clásico, un trallazo que parecía difícil de superar ata que en 2010 editaron Año Santo. Eloxiados por público e crítica, Triángulo de Amor Bizarro contan xa cunha lexión de fans que alcanza o delirio coa tormenta sonora dos seus concertos. www.myspace.com/trianguloamorbizarro Niño y Pistola Niño Y Pistola eran un grupo pop de clara influencia británica. Letras en inglés, un son acústico emparentado co Liverpool dos 60, xogos vocais e cancións de tres minutos foron os ingredientes básicos dos seus discos Como un maldito guisante (2006) e Culebra (2008), cos que se converteron na esperanza do pop feito en Galicia. Pero en 2010 decidiron retorcer o seu camiño inventándose un álter ego estadounidense, Arthur & The Writers, para presentar un novo disco que bebe do folk e do rock californiano para engadir novos ingredientes á súa poción musical. www.ypistola.com The Blows A banda viguesa sorprendeu en 2007 co seu álbum de debut, Upskirt (2008), no que recollían influencias da new wave que os emparentaban con Franz Ferdinand. Agora presentan en directo o seu esperado segundo disco, Ejército de fantasmas (2011), no que se achegan á electrónica cun son máis escuro. “Mujeres que corren con lobos” é o single de presentación dun disco producido entre Vigo, Madrid e Londres. www.myspace.com/theblows Igloo Contundente. Así é o son de Igloo, un grupo galego que se sae das fronteiras máis estreitas do indie español. No disco Igloo (2005) e o ep Una luz de estío glacial (2006) asentaron o seu son, ao que deron unha volta en La transición de fase (2009), co que conseguen críticas eloxiosas, actuacións en salas e festivais, premios e o apoio incondicional dun grupo cada vez máis numeroso de seguidores. Para superar ese listón, en 2011 lanzan Infinito 3, o seu traballo máis persoal, no que cambian o brillo de antano por un son máis escuro. www.myspace.com/iglooeskimos Dirty Socks Sen editar aínda ningún disco físico, o boca a boca e o MySpace convertéronos nunha das grandes promesas da música independente galega, cunha proposta que mestura de influencias post-punk e de sons actuais.