Mykes 19: 61-68. 2016 BASIDIOMYCOTA INTERESANTES DE VILAR DE OSSOS (VINHAIS, PORTUGAL) por M.L. CASTRO* CASTRO, M.L. 2016. Basidiomycota interesantes de Vilar de Ossos (Vinhais, Portugal). Mykes 19: 61-68. Resumo Descríbense 6 taxons pouco coñecidos no NW Ibérico pertencentes aos xéneros Cantharellus, Cortinarius, Entoloma, Inocybe, Ramaria e Tricholoma, dos cales catro son novas mencións para Portugal. Palabras clave: Portugal, Vinhais, Trás-os-Montes, Basidiomycota, Agaricales, Aphyllophorales. CASTRO, M.L. 2016. Basidiomycota interesting in Vilar de Ossos (Vinhais, Portugal). Mykes 19: 61-68. Summary We describe 6 hardly known taxons in the Iberian NW belonging to the genders Cantharellus, Cortinarius, Entoloma, Inocybe, Ramaria and Tricholoma, four of which are gathered for the first time in Portugal. Keywords: Portugal, Vinhais, Trás-os-Montes, Basidiomycota, Agaricales, Aphyllophorales. INTRODUCIÓN A recolla do material estudado foi feita na Freguesía de Vilar de Ossos (Vinhais, Portugal). Está situada ao norte do Concello, a 780-800 m sobre o nivel do mar, entre os 41o 52´ 49´´ e os 41o 53´ 33´´ de lonxitude e os 7o 2´ 21´´ e os 7o 2´ 11´´ de latitude, correspondentes aos puntos nos que se tomaron mostras, Zido e Vilar de Ossos, respectivamente. Desde o punto de vista climático caracterízase por longos e fríos * Laboratorio de Micoloxía. Facultade de Bioloxía. Campus As Lagoas-Marcosende. Universidade de Vigo. E-36310-Vigo. e-mail:
[email protected] 61 Mykes 19: 61-68. 2016 invernos e por veráns curtos e quentes. A temperatura media oscila arredor dos 4ºC no mes máis frío e 20ºC no máis quente. Ten pluviosidade elevada, con nevadas frecuentes entre decembro e marzo.