As Parroquias De San Boulo, Cabalar E a Capela a Través
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Adrián Meizoso Calvo e Manuel A. Corbeira Barreiro. O Retorno nº 7 Páx. 17-47 AS PARROQUIAS DE SAN BOULO, CABALAR E A CAPELA A TRAVÉS DO CATASTRO DE ENSENADA Agosto 2013, A Capela Museo Etnográfico de A Capela. Revista o Retorno ÍNDICE Páx. 1. INTRODUCIÓN………………………………………………………….. 4 2. OBXECTIVOS……………………………………………………………. 5 3. METODOLOXÍA: O CATASTRO DE ENSENADA…………………… 6 4. CAAVEIRO E A CAPELA………………………………………………. 8 5. AS PARROQUIAS………………………………………………………… 12 FELIGRESÍA DE SANTIAGO DE A CAPELA FELIGRESÍA DE SAN BOULO DE CAAVEIRO FELIGRESÍA DE SANTA MARÍA DE CABALAR 6. CONCLUSIÓNS ………………………………………………….……….. 23 7. BIBLIOGRAFÍA…………………………………………………………… 24 8. ANEXOS ANEXO I. O INTERROGATORIO………………………………. 26 2 ANEXO II. RESPOSTAS DA FELIGRESÍA DE SANTIAGO DA CAPELA……………………………………………. 31 ANEXO III. RESPOSTAS DA FELIGRESÍA DE SAN BOULO DE CAAVEIRO…………………………………….… 49 ANEXO IV. RESPOSTAS DA FELIGRESIA DE SANTA MARÍA DE CABALAR…………………………………..… 62 3 1. INTRODUCIÓN Este traballo, como veremos a continuación, enmárcase nunha investigación coa que pretendemos traducir á grafía actual tódalas parroquias da Xurisdición de Caaveiro que aparecen no Catastro da Ensenada. Xunto co anterior, petendemos favorecer a accesivilidade ás fontes Históricas Documentais que forman parte da comarca, contribuindo á dixitalización do mesmo (pois pensamos que é fundamental para favorecer esa accesibilidade). Tamén queremos con isto, achegarnos á comoposición económica, política e social da sociedade na que vivían os nosos debanceiros a mediados do século XVIII, e ir, pouco a pouco, recuperando e poñendo en valor ese coñecemento. Animamos aos veciños e veciñas da Capela en particular e da Comarca do Eume en xeral, a que busquen entre os apelidos dos seus familiares que puidesen aparecer neste traballo (nos Anexos), os muiños, batáns e nomes dos lugares. En definitiva, animamos a todos/as a participar deste proceso de reconstrución da historia coletiva. 4 2. OBXECTIVOS OBXECTIVO XERAL: - Traducir á grafía actual os documentos orixinais1 das Respostas Xerais do Catastro da Ensenada referidos ó actual Concello da Capela (Santa María de Cabalar, San Boulo de Caaveiro e Santiago da Capela). OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: - Contribuir á dixitalización e accesibilidade ao Patrimonio Histórico Documental da Comarca do Eume. - Achegarnos, a través do Catastro da Ensenada, ás diferentes relacións económicas, sociais e políticas que existían a mediados do século XVIII na Comarca do Eume. 1 Dixitalizados polo Ministerio de Educación Cultura e Deporte, PARES (Portal de Archivos Españoles). Dispoñible en http://pares.mcu.es/Catastro/servlets/ServletController. 5 3. METODOLOXÍA: O CATASTRO DE ENSENADA Pola propia natureza dos obxectivos de investigación, empregouse unha metodoloxía cualitativa, fundamentalmente a consulta de fontes secundarias dixitalizadas. Entre esas fontes, os documentos referidos ao Catastro de Ensenada, vertebran estas páxinas, polo que compre deterse a analizar a propia metodoloxía e orixe do Interrogatorio. Así mesmo, realizarase unha síntese das respostas máis destacadas a través de cadros que nos axuden a sintetizar a analizar a información. AS ORIXES DO CATASTRO DE ENSENADA A multiplicidade de impostos existentes na Coroa de Castela (e a dificultade de cobralos) no século XVII, foi recollido polos reformadores ilustrados da época, na busca dun imposto único, “a única contribución”, que sería a panacea fiscal de gobernantes e gobernados (GALLEGO e LÓPEZ: 1976). Así, baixo o reinado de Fernando VI polo Decreto do 10 de outubro de 1749, establécese a Única Contribución para a Coroa de Castela, coa excepción do País Vasco, Navarra e as illas Canarias. O seu promotor, Zenón de Somodevilla (Marqués de Ensenada), acabaría por darlle o nome a este catastro. A pesares de que esta reforma fiscal non se chegou a realizar por diversos motivos, para coñecer a renta real das persoas, lugares e provincias, precisaban facer previamente unha sorte de “averiguación universal de tódolos bens dos vasallos, sen excepción, tamén dos eclesiásticos e os nobres”2. O Catastro realizábase tanto por unidades familiares como institucionais. Se ben está composto por varios documentos (as 2 http://pares.mcu.es/Catastro/servlets/ServletController?accion=2&opcion=40 consultada o 10 de xullo de 2013 6 Respostas Xerais ao Interrogatorio, Libro de lo raíz, e o Libro de Veciños), aquí centrarémonos nas Respostas Xerais ao Interrogatorio. O PROCESO CATASTRAL No Real Decreto do 10 de outubro de 1749, xa se precisaban os detalles do proceso catastral. Creábase a Real Junta de Única Contribución, que era o equipo catastrador encargado de supervisar o proceso (1749-1753). Deste xeito, a audiencia estaba composta polo Intendente de cada provincia ou o Xuiz-Subdelegado na súa representación, acompañado dun asesor xurídico, escribano e demáis operarios que considerase necesarios. Así mesmo, eran chamados o alcalde pedáneo (cada parroquia tiña o seu), e dous ou máis peritos entre as persoas que millor coñecesen as terras, froitos, e todo o referente ao lugar en xeral. Tamén compoñía dita audiencia o cura párroco de cada lugar. Unha vez concretado o día, hora e lugar, daban comezo ao Interrogatorrio, recollendo o escribán as respostas literais dadas polos asistentes. Asinando as autoridades e testigos o documento, a excepción do cura párroco. O documento resultante son as Respostas Xerais ao Interrogatorio que son motivo deste traballo. 7 4. CAAVEIRO E A CAPELA Compre facer unha pequena referencia ás divisións Administrativas na comarca en 1752. Por aquel entón, existían aínda en Galicia sete provincias representadas no escudo da Comunidade Autónoma polas sete cruces: A Coruña, Betanzos, Santiago, Ourense, Tui, Mondoñedo e Lugo. As parroquias que actualmente compoñen o Concello da Capela, atopábanse na provincia de Betanzos. Á súa vez, esta provincia subdividíase en Xurisdicións, entre as que se atopaba a de Caaveiro. Mapa Administrativo Provincial da Coroa de Castela (1752) Fonte: PARES (Portal de Archivos Españoles) Por aquel entón, esta división administrativa, compúñase de dazaseis parroquias que podemos ver a continuación na seguinte Táboa. 8 Táboa das Parroquias pertencentes á Xurisdición de Caaveiro en 1752 Parroquias de Caaveiro Concello Actual Santa Mariña de Taboada Monfero San Xurxo de Queixeiro Monfero Santa María de Ribadeume As Pontes de García Rodríguez* San Xoán do Seixo As Pontes de García Rodríguez* San Pedro da Faeira As Pontes de García Rodríguez* San Martín de Goente As Pontes de García Rodríguez* San Pedro do Eume As Pontes de García Rodríguez* Santiago de Bermui As Pontes de García Rodríguez*3 Santa María de Cabalar A Capela San Boulo de Caaveiro A Capela Santiago da Capela A Capela San Vicente de Regoela Cabanas Santa Eulalia de Soaserra Cabanas Santa Cruz do Salto Cabanas * Estas parroquias pertencían ó Concello da Capela ata a escisión de 1983. Parroquias motivo deste traballo. 9 San Andrés de Cabanas Cabanas Santo Estabo de Eirines Cabanas Coto de San Xulián de Belelle Fene Fonte: Elaboración propia a partir de datos do PARES (Portal de Archivos Españoles) Como podemos ver, a xurisdición do mosteiro, aínda na época de maior decadencia, seguía a ocupar unha extensión moi importante. Este traballo, constitúese coma un primeiro paso (coas parroquias do actual Concello da Capela), nun camiño no que queremos traducir e analizar tódalas parroquias desta Xurisdición. Cremos que canto maior sexa a foto que poidamos sacar, máis ricas e interesantes serán as comparacións e análises que se poidan facer. É por iso, que este traballo non pretendemos que remate aquí, se non ir continuando nesta liña de investigación histórica na comarca do Eume. Debuxo da Parroquia da Capela Debuxo da Parroquia de Cabalar do Catastro de Ensenada do Catastro de Ensenada Debuxo da Parroquia de San Boulo do Catastro de Ensenada 10 Xurisdición de Caaveiro en 1752 Fonte: Elaboración propia a partir de datos do PARES (Portal de Archivos Españoles) 11 5. AS PARROQUIAS Antes de continuar, cómpre sinalar algúns aspectos. Posto que non somos lingüistas nin filólogos, é posible que existan erros na tradución á grafía actual. Esta tradución, realizouse tentando de reproducir ao máximo o escrito nos papeis das Respostas Xerais. Deste xeito, aparecen entre paréntese os números das páxinas ou mesmo sinalado o cambio de páxina (mediante dúas barras en diagonal). Tamén, tentamos respetar a ortografía orixinal, sen entrar a analizar aspectos como a toponimia ou o idioma de escrituta (o español), liñas de investigación para futuros traballos. Ante a dúbida (por difícil lectura, incomprensión ou deterioro dos papeis), decidimos sinalar as palabras ou letras que non se entendesen ben en gris, realizando propostas nalgúns casos de posibles vocablos (pero sen poder chegar a afirmar con rotundidade unha resposta definitiva). O feito de que o Xuíz Subdelegado da Real Única Contribución nas parroquias de Cabalar e San Boulo fose Vicente de Saura, e na da Capela fose Bernardino Antonio Barros, cos seus respectivos escribáns, dificulta por momentos a comparación e lectura dos documentos. Quizáis este sexa un dos sesgos máis difíciles de controlar, pois cada un de nós, aínda respostando ás mesmas preguntas, amosamos capacidades de síntese, descripción, linguaxe, etc. distintas. No Anexo I, podemos ver as preguntas xerais do interrogatorio que se aplicou a tódalas localidades por igual. Do mesmo xeito, nos Anexos II, III e IV, adxúntanse tódalas respostas a estas preguntas nas parroquias de Santiago da Capela, San Boulo de Caaveiro,