Declaración De Impacto Ambiental Formulada Pola
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL DE DATA 1 DE OUTUBRO DE 2004, RELATIVA AO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO- SAN CIBRAO (LU/00/63.0), NOS CONCELLOS DE XOVE, VIVEIRO E O VICEDO, (LUGO), PROMOVIDO POLA DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. ANTECEDENTES A Dirección Xeral de Obras Públicas, como órgano substantivo por razón da materia, na súa resolución do 3 de xuño de 2003, aprobou provisionalmente o estudo informativo e o estudo de impacto ambiental da V.A.C. Ferrol-Barreiros (conexión A-8), treito: O Barqueiro-San Cibrao, nos concellos de Xove, Viveiro e O Vicedo (Lugo). O citado estudo informativo ten como obxecto unir a Autovía do Cantábrico ao seu paso por Barreiros con Ferrol, para conseguir, deste modo, desconxestionar a N-642 entre San Cibrao e O Vicedo. No anexo I resúmese o contido do estudo informativo e no anexo II as medidas correctoras e protectoras propostas no estudo de impacto ambiental. Dado que o proxecto se encontra comprendido no grupo 6.a do anexo I da Lei 6/2001, de 8 de maio, de modificación do Real Decreto lexislativo 1302/1986, de 28 de xuño, de Avaliación de Impacto Ambiental, dentro do procedemento de aprobación substantiva sométese a trámite de avaliación de impacto ambiental. En cumprimento do establecido regulamentariamente, con data 1 de agosto de 2003 publícase no DOG nº 148 a Resolución do 24 de xullo de 2003 da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudo informativo e o estudo de impacto ambiental da V.A.C. Ferrol-Barreiros (conexión A-8), treito: O Barqueiro-San Cibrao. Someteuse tamén a información pública no concello de Cervo, xa que, aínda que o trazado non o afecta, o final do recorido proposto condicionará o trazado do tramo seguinte que si afectará a este concello. Durante este período foron presentadas alegacións por parte dos concellos de Cervo, Xove, O Vicedo e Viveiro, de diversos particulares, asociacións, comunidades de veciños e pola Universidade de Santiago de Compostela. Destas alegacións, unha gran parte referíanse ós subtreitos Covas-Viveiro Sur e Viveiro Sur-Celeiro que quedan fóra do ámbito desta DIA, do resto, as que teñen carácter ambiental, foron tidas en conta, no que procede, no condicionado da DIA. Con data 6 de agosto de 2004 ten entrada o expediente ambiental, remitido pola Dirección Xeral de Obras Públicas, no que se inclúen os certificados de exposición ao público do Servicio Provincial de Estradas de Lugo, da Dirección Xeral de Obras Públicas e dos Concellos de Xove, Viveiro, O Vicedo, Cervo, copia das alegacións presentadas e os informes dos citados concellos, da Demarcación de Costas do Estado en Galicia, das Direccións Xerais de Conservación da Natureza, Saúde Pública, Patrimonio Cultural e Recursos Mariños, de Augas de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo. Cumprimentada a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, como órgano ambiental e no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 14/2002, de 24 de xaneiro, modificado polo Decreto 333/2002, de 22 de novembro, formula aos sos efectos ambientais, a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do estudo informativo e estudo de impacto ambiental da V.A.C. Ferrol-Barreiros. Treito: O Barqueiro-San Cibrao, promovido pola Dirección Xeral de Obras Públicas. DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 1 de 16 DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL Examinada a documentación que constitúe o expediente, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que a alternativa proposta pola Dirección Xeral de Obras Públicas para o trazado da V.A.C. Ferrol-Barreiros (conexión A-8), para o treito entre O Barqueiro e San Cibrao é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudo de impacto ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente Declaración, prevalecerá o disposto nesta última. Ademais do obrigado cumprimento das citadas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano -a iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo-, poderá dictar aos sos efectos ambientais condicionados adicionais aos anteriores. As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor co obxecto de incorporar medidas que aporten unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnolóxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá esta solicitude, aportando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta Dirección Xeral. A) ÁMBITO DA DECLARACIÓN O trazado ámbito desta DIA para a V.A.C Ferrol-Barreiros, no treito O Barqueiro-San Cibrao é o seguinte: - Subtreito O Barqueiro-Covas: Configúrao unha combinación das alternativas A4 e A2, definidas no documento “Estudio informativo e impacto ambiental da VAC Ferrol-Barreiros (conexión A-8). Treito: O Barqueiro-San Cibrao (Clave: LU/00/63.0). Abril 2003”, nunha lonxitude de 9,1 km. O trazado parte da beira esquerda do río Sor e o cruza aproveitando a ponte existente, así, entre os P.Q. 0+000-3+500, o trazado corresponde á alternativa A4, entre os P.Q. 3+500-5+100 establécese un treito de conexión entre as alternativas A4 e A2 e a partir do 5+100 adaptase á alternativa A2 ata o final deste subtreito. - Subtreitos Covas-Viveiro Sur e Viveiro Sur Celeiro: Pendentes de definición no planeamento urbanístico do Concello de Viveiro, polo que queda fora do ámbito desta DIA. - Subtreito Celeiro-Xove: Correspóndese coa alternativa D4, definida no documento “Estudio informativo e impacto ambiental da VAC Ferrol-Barreiros (conexión A-8). Treito: O Barqueiro-San Cibrao (Clave: LU/00/63.0). Abril 2003”, cunha lonxitude de 8,4 km. De acordo coa configuración reflictida no plano n° 2 “Propuesta de aprobación de estudio informativo. Tramo: O Barqueiro-San Cibrao” recollido no “Documento de aprobación. Estudio informativo e impacto ambiental da VAC Ferrol-Barreiros (conexión A-8). Treito: O Barqueiro-San Cibrao (Clave: LU/00/63.0). Xullo 2004”. DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDO INFORMATIVO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA V.A.C. FERROL-BARREIROS (CONEXIÓN A-8), TREITO: O BARQUEIRO-SAN CIBRAO. PROMOTOR: DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS. CLAVE: 2004/0221. 2 de 16 B) CONDICIÓNS GENERALES B.1) FASE DE REDACCIÓN DO PROXECTO CONSTRUCTIVO 1. Co obxecto de cumprir o estipulado no punto 8 do artigo 4º da Lei 7/1997, de 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, deberá adaptarse o estudio acústico á traza definitiva. Definiranse con detalle as medidas correctoras a implantar naqueles puntos nos que, segundo o estudio acústico, se superen os límites establecidos tanto na citada lei como, no caso de que dispoñan delas, nas ordenanzas municipais dos concellos afectados, que garantan o cumprimento dos anteditos límites. O estudo de impacto acústico realizarase en base ao establecido no Decreto 150/1999, de 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica. 2. Localizaranse as zonas destinadas a instalacións auxiliares, amoreamentos de materiais, almacenamento de residuos, etcétera, así como das vías auxiliares, utilizando para a súa elección os criterios indicados no estudio de impacto ambiental. 3. Deseñarase un sistema de recollida, condución e decantación das augas procedentes da zona de instalacións auxiliares, de lavado de camións e maquinaria e dos formigonados. 4. Evitarase modificar as zonas de escorrega para non influír nos ecosistemas naturais augas abaixo da infraestructura. Neste senso, deberanse colocar tantos pasos de auga como valgadas teña o terreo, e dimensionaranse axeitadamente para evitar o efecto presa en epocas de máxima precipitación. Esta medida será utilizada como paso pola pequena fauna, polo que os ditos pasos deseñaranse co ancho suficiente e de xeito que non se xeren saltos ou desniveis entre as súas embocaduras e os terreos circundantes. Ademais, debe ser considerado como paso bidireccional da fauna, polo tanto estará desprovisto de estructuras de caída vertical que impidan o retorno, prevendo que tódalas especies que caian poidan sair. 5. No caso de existencia de sobrantes procedentes dos movementos de terra localizaranse as zonas de depósito destes. Para a elección destas zonas utilizaranse os criterios indicados no estudio de impacto ambiental, tendo en conta que, no caso de que existan no contorno ocos procedentes de actividades extractivas abandonadas ou de movementos de terras, primara o seu uso fronte a outras zonas, sempre que sexa técnica e económicamente viable e non se atopen naturalizados e integrados no contorno. 6. Procurarase que a configuración final dos noiros sexa o máis tendida posible, e evitaranse as formas angulosas e rectilíneas, co fin de maximizar a integración paisaxística da actuación no contorno. 7. Redactarase un proxecto de integración paisaxística no que se desenvolvan detatalladamente as labores de restauración vexetal e integración paisaxisticas descritas, dun xeito moi xeral, no estudio de impacto ambiental, así neste proxecto definiranse os traballos segundo sexa a zona a revexetar (noiros de desmonte e terraplén, enlaces, beiras dos cauces fluviais afectados, instalacións e vieiros auxiliares, etcétera).