Plantilla Revista Galego
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Edita: COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo. Índice Consejo de Dirección: Directora: Rosa M. Pías Salgado Coordinadora: Purificación Salvador Rebolo Maquetación: Enrique Sanmartín Redactores de sección: 3 Juan Antonio García O Artigo 3 José Manuel Ramil José Luis Vázquez 7 O Noticiero 4 Luis Fernández Trinidad Enrique Sanmartín 9 Ana Varela Deportes 8 Jose Rodiño Roberto Camba 10 11 Manuel Paz Carteleira Francisco Gullón Ricardo Lamazares Recuncho Literario 12 12 Nieves Gayoso Antonio Fernández Ana Cristina Piñeiro Poesía 13 13 Manuel Rosón Óscar Vigo 13 Jose Luis López Enlaces de interese 13 José Carlos Vázquez Luis Alberto García Ramón Veiga Miguel Regueiro Arturo Fojón Francisco J. Solana Gustavo Latorre Manuel Álvarez José Manuel Ulla Juan Antonio Jiménez Ana Novo Colaboración Externa: José Ángel Vázquez Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas con Revista mensual gratuíta realizada grandesen el Progr discapacidadesama de Formación Ocupacional para personas con Revista mensual gratuíta realizadadiscapacidad enCOGAMI el físicaProgr - amagr CRD-FINGOIav ementede Formación afectadas. Ocupacional para personas con discapacidadCOGAMI física - gr CRD-FINGOIavemente afectadas. COGAMI - CRD-FINGOI 3 ARTIGO A inserción laboral das persoas con discapacidade a través de COGAMI mantense estable por primeira vez desde o comezo da crise O Servizo de Intermediación Laboral da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) rexistrou unha contratación de 1.789 persoas con discapacidade dentro da comunidade galega. Desde que iniciou a crise, é durante este ano 2013 cando rexistramos uns datos de insercións máis estables comparándoos cos anos anteriores. Se aínda en 2013 existe unha baixa dun 2% na contratación, esta cifra está moi por debaixo do 20% que se estivo dando durante estes anos anteriores. A continuación, se amosa unha táboa coas insercións laborais realizadas en cada unha das sete oficinas que ten abertas COGAMI nas principais cidades. CIDADES XAN FEB MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT TOT AL SANTIAGO 22 20 26 27 19 35 45 20 60 32 306 A CORUÑA 39 23 14 31 22 37 35 28 45 34 308 FERROL 23 11 13 21 21 12 24 17 27 29 198 LUGO 22 22 11 31 18 13 26 5 27 18 193 OURENSE 25 8 16 14 11 18 38 7 42 31 210 PONTEVEDRA 25 29 16 15 16 20 28 15 43 24 231 VIGO 45 31 18 20 35 26 47 33 31 57 343 TOTAL 2013 201 144 114 159 142 161 243 125 275 225 1.789 Durante este período de 2013, incorporáronse como novos demandantes de emprego 1.411 persoas, co que incrementa o número de persoas inscritas na base de datos que manexa COGAMI ata 26.309 persoas. Estes novos demandantes de emprego acceden a esta bolsa normalmente tras concertar unha entrevista de orientación laboral cos e coas profesionais que forman parte do SIL. Durante 2013 realizáronse 2.358 entrevistas de orientación, accións que serven para coñecer o perfil, intereses, capacidades e formación que ten a persoa que por primeira vez chega a este servizo, co fin de poder facilitarlle o acceso á incorporación laboral. A gran maioría destes novos usuarios chegan derivados do Servizo Público de Emprego, sendo outras vías de primeiro contacto as traballadoras sociais dos concellos, a través doutras entidades do terceiro sector, por familiares ou amizades que coñecen o SIL, etc. Un dos obxectivos do SIL é realizar visitas a empresas para presentarlles e ofrecerlles os seus servizos como axencia de colocación. Realizáronse este ano 527 visitas a empresas galegas e 140 visitas a entidades. Destas xuntanzas mantidas, captáronse 1.117 ofertas de traballo. Ante esta situación laboral inestable, é preciso estar ao día nos últimos adiantos. Isto é o que se pretende dende o SIL, que aposta polo Videocurriculum como carta de presentación das persoas que forman parte da bolsa de emprego e que vai permitir que o empresariado poida apreciar as capacidades das persoas, como se desenvolve cando se expresa, sendo esta unha información complementaria ao curriculum tradicional. Nieves Gayoso 4 NOTICIEIRO A Organización de Profesionais e Autónomos e a Obra Social "la Caixa" fomentarán a contratación de persoas en risco de exclusión O pasado 6 de novembro en Lugo, o Presidente da Organización de Profesionais e Autónomos (OPA) de Galicia, Antonio José Lage; o Director da área de negocio de "la Caixa" en Lugo, José Manuel López; en representación de COGAMI Lugo, José Luis Lolo, Carlos Rosón, como Director de Igaxes3 e en representación do Grupo Incorpora Galicia, asinaron un acordo que ten como obxectivo fomentar a integración laboral de persoas con especiais dificultades para acceder a un posto de traballo e promover accións de responsabilidade social empresarial no marco do programa de integración laboral da Obra Social “la Caixa”. Desde o ano 2006, a Obra Social "la Caixa" fomenta co programa Incorpora a inserción ao mundo laboral de colectivos desfavorecidos, como persoas con discapacidade, maiores de 45 anos, parados de longa duración, xuventude en situación de vulnerabilidade, inmigrantes e vítimas de violencia de xénero. Un dos eixos desta iniciativa é poñer ao servizo do tecido empresarial un programa de responsabilidade social corporativa e favorecer a integración laboral. A Organización de Profesionais e Autónomos de Galicia colaborará con Incorpora mediante o fomento da contratación e formación de persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos e a través da organización de accioóns e actividades concretas no ámbito da responsabilidade social empresarial. Pola súa parte, Incorpora prestará información e asesoramento especializado a esta asociación de empresarios sobre subvencións e axudas á contratación e á creación de emprego para persoas con especiais dificultades de inserción. Pese á crise, Incorpora facilitou 20 postos de traballo na provincia de Lugo entre xaneiro e xuño deste ano, grazas ao compromiso de 19 empresas lucenses neste proxecto de responsabilidade social corporativa. COGAMI, Feafes Galicia, Igaxes3 e Cruz Vermella Lugo son as entidades sociais encargadas de desenvolver Incorpora na provincia. Apoio aos autónomos Ser autónomo no século XXI é complexo. Están suxeitos a moita competitividade e á necesidade constante de modernizarse. Por iso, en OPA lévase a cabo un constante proceso de renovación que permita funcionar acorde aos novos retos que se presentan. E, o que é máis importante, impulsa a mobilizar aos autónomos e a ofrecerlles un servizo completo e eficaz. O seu día a día oriéntase a cubrir as necesidades e preferencias de cada un dos seus asociados, así como a facerse eco das súas demandas e reivindicacións para trasladaras aos lexisladores para que poidan mellorar a situación do colectivo. Aválanlles moitos anos de experiencia, e tamén, a confianza dos seus socios que son conscientes da importancia do asociacionismo para o sector. Desde OPA, considérase fundamental que o autónomo conte con esta conciencia de colectivo, esencial para reivindicar os dereitos sociais, económicos e xurídicos que necesitan. Neste sentido, a intensa actividade da organización serviu para trasladar á Administración a importancia económica e social dos profesionais por conta propia, obtendo xa o recoñecemento dalgunhas propostas plantexadas en material fiscal, tributaria, de seguridade social e emprego. Manuel Paz 5 NOTICIEIRO Huellas solidarias, terapia con animais A fundación Solidariedade Carrefour, en colaboración coa Fundación Bocalán, lidera unha iniciativa da cal beneficiaranse máis de trescentos nenos/as e cuxo obxectivo é mellorar a súa calidade de vida. Para iso, empréganse terapias nas cales interveñen animais, concretamente cans de asistencia, ademais de utilizar outros programas. Para o financiamento deste proxecto puxéronse á venda, en toda España, perritos de peluche nos hipermercados e supermercados Carrefour o que permitiu recaudar 178.912 euros. Do mesmo xeito, a fundación Bocalán recibiu un total de once cans de asistencia adiestrados para facilitar a autonomía e calidade de vida de nenos que padecen enfermidades raras. Estes cachorros foron acollidos por traballadores de Carrefour, durante unha tempada nos seus fogares, antes de ser entregados a once familias, previamente seleccionadas pola Federación Española de Enfermidades Raras (Feder) en función das súas necesidades. Estes cans fomentan a comunicación e motivación dos nenos, facilitan a súa aceptación do medio e melloran a súa integración na sociedade. Así mesmo, realizan pequenas accións que serven de axuda a persoas con algún tipo de discapacidad: recoller cousas do chan; apagar ou acender luces; abrir e pechar caixóns; tocar unha campanilla; entre outras. Para rematar, indicar que este proxecto favoreceu a programación de terapias individuais, destinadas a nenos con autismo, e grupales cuxos beneficiarios son nenos/as con outros tipos de discapacidad. As terapias de carácter grupal, pola súa banda, foron desenvolvidas en colexios de educación especial e en centros terapéuticos e educativos, e dirixíronse a nenos que padecen síndrome de Down. Cabo indicar que a eficacia de ambas iniciativas foi contrastada mediante diversas investigacións e o seu efecto é moi especial. Antonio Fernández Televisión accesible para persoas con discapacidade visual Sae ao mercado a primeira televisión para persoas con discapacidade visual severa. Este modelo “Smart Vise” de Panasonic, dispón de funcións específicas como a guía de voz, síntese de voz de alta calidade que verbaliza o contido dos principais menús de navegación do televisor. Co “Smart Vise” as persoas sen resto visual funcional poderán coñecer na canle que se atopan, que se emite no Carlos Vázquez mesmo, cal é a programación prevista, e ata programar unha grabación desde a EPG (Guía Electrónica de Programación). Esta gama de televisores aínda non pode ser considerada como completamente accesible para as persoas con discapacidade visual, pero supón un avance en canto a mellóras de accesibilidade. Con este proxecto dase un paso moi importante no que se refire á accesibilidade da TV Digital, ao ser a primeira vez que sae ao mercado un televisor con síntese de voz incorporada desde a orixe. Para levar ha cabo este proxecto contouse co asesoramento da Fundación ONCE.