O Cebreiro-Portomarín»
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
12 Boletín das Ciencias EXPERIENCIAS DIDÁCTICAS ITINERARIO AMBIENTAL NO CAMIÑO FRANCÉS: «O CEBREIRO-PORTOMARÍN» GÓMEZ SEGADE, Pablo BAHILLO VARELA, Leopoldo MENDOZA RODRÍGUEZ, José Dptos Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química I.E.S.de Sar, SANTIAGO DE COMPOSTELA NIVEL EDUCATIVO DA ACTIVIDADE Esta saída é especialmente apta para o nivel de segundo ciclo da E.S.O. e neste caso foi programada especificamente cara ó alumnado matriculado nas ma- terias de Bioloxía e Xeoloxía, C. Medioambientais e da Saúde, e Física e Quí- mica de 4º curso da E.S.O. 1. INTRODUCCIÓN A rota francesa do “Camiño de Santiago” é considerada o Primeiro Itinera- rio Cultural Europeo polo Consello de Europa, entrando en España por Roncesvalles (Camiño Navarro) ou por Somport (Camiño Aragonés). Despois de atravesa-las Comunidades Autónomas de Aragón, Navarra, A Rioxa e Castela e León, chega a Galicia onde percorre os municipios de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino, antes da súa chegada a Santiago de Compostela. No percorrido que imos facer en tres xornadas vaise dende O Cebreiro (1.320 m de altitude), miradoiro excepcional na xeografía galega, para baixar despois ata Portomarín (370 m). A silueta dentada das serras do norte constrasta co relevo redondeado das que se estenden cara ó sur. Se volvémo-la vista, deixamos atrás o fértil Bierzo e o val do Valcarce. Cara Poñente, unha crista ben definida indícano-la dirección pola que seguirémo-lo Camiño ata afronta-lo vertixinoso descenso a Sarria. A partir deste punto a sucesión de aldeas é constante, ata tal punto que o viaxeiro perde a referencia, resultándolle difícil saber con exactitude en cal delas se atopa. A paisaxe está dominada dende aquí ata Santiago por impresionantes bosques atlánticos nos que poden apreciarse carballos centenarios por enriba dun terreo humedecido constantentemente por incontables regatos que discorren ladeiras abaixo. Nº 38 (Xuño 1999) Experiencias Didácticas 13 2. PERCORRIDO HISTÓRICO-CULTURAL E ASPECTOS NATURAIS MÁIS RELEVANTES F A aldea do Cebreiro foi un dos máis importantes fitos do Camiño de Santiago, chamado Zeberrium e mons Februarii nos documentos medievais. Hoxe é unha das poucas aldeas que aínda conserva as vivendas de orixe celta, as típicas pallozas que lle dan un aspecto semellante ó dos castros celtas. tauración no Pobo do Cebreiro. Cebreiro. Impacto das obras da autovía Foto 3.-Solo pouco evolucionado do Foto.4- Seto de xistos e bidos; detrás tipo ranker, sobre substrato de xistos de cascallos dunha canteira de xistos, preto debaixo dunha reboleira de Hospital FNunha das pallozas (fot. 1) está instalado un museo etnográfico que pode visitarse gratuitamente; outra serve de refuxio ós peregrinos de Santiago. No centro do pobo está o Santuario do Cebreiro e ó seu carón o Mesón de San Xiraldo de Aurillac, construído sobre os restos do antigo hospital de peregrinos. F(a 5 Km dende O Cebreiro). Despois da aldeíña de Liñares, contemplando fermosos panoramas das monta- ñas do Courel, sae pola esquerda unha estradiña, co sinal 14 Boletín das Ciencias de Seoane de Courel, que atravesa toda a serra do Courel ata Quiroga. F (a 6 Km dende O Cebreiro). En Hospital fundara a condesa dona Exilo, muller do conde Gatón, un hospital no s. IX, do que non queda resto ningún. O actual templo, de aspecto moi antigo, foi restaurado no 1963. Foto 5.- Acibros destacando entre os bidos Foto 6.- Impacto dun incendio nun val aínda sen follas estes últimos no mes de fluvial na típica sección en V, preto do febreiro, entre Hospital e o alto do Padornelo alto do Poio. Ó fondo a serra do Courel. F(a 9 Km dende O Cebreiro). A estrada discorre pola liña divisoria das dúas vertentes, cantábrica e atlántica, e ó pasar polo Padornelo, no alto do Poio (1337 m), acada a meirande altura do Camiño Francés. A igresa de San Xoán é do S. XV. Unha fermosa vista panorámica esténdese desde o alto. Foto 7.- Rebolos, bidos e acibros en primei Foto 8.- Panorámica da serra do Courel ó Sur ro plano; detrás, unha canteira de caliza á o camiño na baixada a Triacastela, con sinais dereita do descenso a Triacastela. o glaciarismo. Detrás dos bidos vese unha masa o rebolos (Quercus pyrenaica). F (a 19 Km dende O Cebreiro). En Fonfría existiu un hospital ata o ano 1830, onde os peregrinos recibían gra- tuitamente lume, sal e a auga da súa famosa fonte. F (a 25 Km dende O Cebreiro). Triacastela era o remate da undécima etapa do Camiño, de Vilafranca a Triacastela, segundo o Códice Calixtino. O primitivo po- Nº 38 (Xuño 1999) Experiencias Didácticas 15 boado medrou ás marxes da estrada, nun pequeno mais vizoso val preto do nacemento do río Oribio. É a cabeza do concello (pouco máis de 1.000 habitantes; 25 hab./ Km2). Sobre o nome de Triacastela téñense feito moitas hipóteses. Foto 9.- Nos arredores de Triacastela o camiño Foto10.- O río Oribio separa o albergue de rodéase de carballos e castiñeiros centenarios Triacastela dunha fermosa carballeira Foto 11.- Comezo da subida a San Xil dende Foto12.- Val de Oribio. Uso de chopos e Triacastela, no val de Oribio. bidos para parcelar cultivos, diante dunha carballeira. Foto 13.- Estratificación en altura de diferentes Foto14.- Explotación de xistos para placas comunidades vexetais na costa de San Xil: no alto de San Xil. carballeira, bidos e monte baixo de uces. Hai quen o fai vir de “Tres Castros”, ou de “Tira Castela”, camiño cara a Castela. Pénsase tamén que procede dos tres castelos que se erguían nas tres monta- ñas que o rodean: Oribio, Meda e Caldeirón. Estas tres fortalezas, consonte as lendas, foron destruídas polos nor- mandos, ós que derrotou o conde Galo Sánchez. Final- mente, hai que engadir que tres reis pararon aquí: os Reis Católicos na noite do 15 de setembro do 1486, Carlos I o 16 Boletín das Ciencias 22 de abril do 1520 e Felipe II o 16 de maio de 1554. Na torre da igrexa de San Verísimo, igrexa de orixe románica con reformas do s. XVIII, pódese ver unha fornicela e os tres castelos nun relevo do 1790. Saíndo xa de Triacastela cara a Samos, vese a rentes da estrada o Monu- mento ó Peregrino, seica o primeiro que se construíu. Dende Triacastela seguire- mos o antigo Camiño de Santiago ascendendo a costa de San Xil de Carballo para chegar ó alto de Riocabo (870 m), onde nos desviamos ó mosteiro de Samos. Foto 15.- Diversificación de cultivo nunha panorá- Foto 16.- Monte baixo, bidos e xistos plegados no mica dende o alto de Riocabo: sivicultura, pradería e alto de Riocabo. Á esquerda, un colmear en ringleira. unha colmea á dereita. Foto 17.- Cultivo de bidos en ringleiras, no alto de Foto 18.- Foxo do mosteiro de San Xulián de Samos, Riocabo. recordando o seu antigo carácter de fortaleza. F (a 35 Km dende O Cebreiro). No pequeno pobo que se formou ó redor do mosteiro de Samos, atópase a cabeza deste concello (máis de 3.000 habitantes; 21,1 hab./Km2), ocupando as últimas estribacións da cordilleira Cantábrica, antes de chegar á veiga de Sarria. O nome de Samos aparece nos documentos latinos antigos coa forma de Samanos, de orixe incerta, anque hai quen sostén que podería ter relación coa illa grega deste nome. O mosteiro de San Xulián de Samos fundouse no s. VI por San Martiño Dumiense, sendo reconstruído por San Fructuoso no ano 655 polo bispo de Lugo Ermefredo segundo di unha inscrición dese ano, incrustada nos muros do claustro Nº 38 (Xuño 1999) Experiencias Didácticas 17 da portería. Alfonso II o Casto, o fundador de Compostela, antes de ser proclama- do rei, cando fuxía dos seus adversarios políticos, refuxiouse en Samos. Unha vez coroado, concedeu ó mosteiro o territorio comprendido en media milla de radio. No ano 960 xa estaban os benedictinos, chegando a posuír duascentas vilas e cincocentos lugares con xurisdicción civil e militar sobre elas. No s. XVI foi reconstruído, incor- porándose a San Bieito O Real de Valladolid. Abandonado cando a desamortiza- ción, foi de novo ocupado polos benedictinos en 1880. Despois dun incendio no 1951 rematouse a reconstrucción no 1960. Foto20.- Mosteiro de Samos: Claustro Grande do s. XVII. con 54 m. de lado e tres de plantas considérase o meirande claustro monástico de España. No centro Foto 19.- Fachada barroca do mosteiro. a efixie de D. Benito Xermo Feijoo, considerado o home máis culto da España do s. XVIII. F (a 48 Km dende O Cebreiro). Sarria é unha vila histórica e monumental, cabe- za do concello e do Partido Xudicial (duns 13.000 habitantes; 68,2 hab./Km2). Identifícase territorialmente coa veiga de Sarria e as serras que a separan polo Oeste da conca do Miño. Entre elas sobresaen os cumes do Páramo (876 m) e Rebordelo (630 m). Anque a principal producción é a gandeira e os seus derivados, ten tamén unha puxante industrialización, cementos, mármores, mobles e augas minerais principalmente. A visita de Sarria pode comezar na parte máis alta da vila, onde se atopa o Campo da Feira. Érguense alí os restos da antiga fortaleza construída polos señores de Sarria e Lemos na primeira metade do s. XIII. Destruída polos Irmandiños foi reconstruída no s. XV por Pedro Osorio e seguiu en poder das casas de Lemos e Sarria ata que, abandonada, foi mercada por un particular quen a adicou a casa de recreo conservando só un dos catro antigos torreóns (a actual torre de 14 m de altura). O Camiño de Santiago segue agora, a partir de Sarria, a estrada C-535 de Becerreá a Ventas de Narón, atravesando á saída o barrio de San Lázaro, onde estaba o principal hospital de peregrinos da vila do que non queda outra lembranza co nome do barrio e unha capeliña.