PROGRAMA CINEUROPA.Pdf
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
ALCALDE DE SANTIAGO: Ana Parga Miguel Ángel Varela Gerardo Conde Roa Ángela Pereira Paula G. Iglesias Luz Verde C0NCELLEIRO DE CULTURA RESPONSABLES DE SALAS: Ángel Currás Fernández GABINETE TÉCNICO TEATRO PRINCIPAL TEATRO PRINCIPAL: Montse Cillero DIRECTOR Deborah Esser Romero e Lucía Ferreiro Xesús Amado José Luis Losa García SALÓN TEATRO: RESPONSABLE DE PRENSA XERENTE CINEUROPA Belen Brandido Paula Roca Luz Guldrís Iglesias SEDE NOVACAIXAGALICIA CSM: ÁREA TÉCNICA DE PROXECCIÓNS: COORDINADOR SECCIÓN CINEMATOGRÁFICA Ana Salgado TÉCNICOS DE SUBTITULADO: GALEGA SOFTITULAR CGAC: Martin Pawley TÉCNICO DE PROXECTORES: Cristina Trigo COORDINACIÓN SECCIÓN DOCS: José Manuel Fuentes PERSOAL AUXILIAR: DOCUMENTOS: Especialista en visionados películas: Proxeccionistas Mike Farthing Emilio Baños Moisés González Responsable tráfico de películas: COORDINADOR SECCIÓN CONEXIÓN BOS Francisco Sánchez Francisco Balado AIRES: José Antonio Tenreiro Javier Porta TRADUCTORES GALEGO: José Manuel Budiño Boquela traductores COORDINACIÓN SECCIÓN DOC-MUSIC: PRESENTADOR DIRECTORES INVITADOS: Xavier Valiño TRADUCTOR INGLÉS: Moncho Lemos Fernando G. Iglesias AUDITORIO DE GALICIA: PERSOAL DE ATENCIÓN DE SALAS: DIRECTOR XERENTE RELACIÓNS PÚBLICAS: Heima Tours José Victor Carou Rosa Portela e Laura Pérez P&P azafatas GABINETE TÉCNICO AUDITORIO TÉCNICO ELABORACIÓN BASE DE DATOS: ASISTENCIA TÉCNICA: David Areán Pedro Lucas HumanPro Chus Busto MONTAXE DE GALAS: DESEÑO GRÁFICO: Miriam F. Louzao Kachet Maizcreativos Carlos Millán Silvia Modia EQUIPO ADMINISTRATIVO: Ángeles Otero Sandra Otero cineuropa.compostelacultura.org • www.compostelacultura.org Novembro é xa sinónimo de Cineuropa en Compostela. E é así porque desde hai 25 anos os composteláns sabemos que neste mes temos unha cita ineludible co mellor cinema do mundo, sabemos que en novembro poderemos gozar, sen saír da nosa cidade, deses títulos dos que escoitamos falar ao longo do ano porque brillaron en festivais internacionais como Berlín, Bos Aires, Cannes, Locarno, Venecia ou San Sebastián. E así, un ano máis, a nosa cidade vístese de cine e recibe, entre outros, os filmes máis controvertidos de Cannes, os aínda recentes León de Ouro de Venecia e Concha de Ouro de San Sebastián ou o Premio da Crítica de Berlín. E ao lado destes títulos e directores máis chamativos, a posibilidade de mergullarse nos máis de 140 filmes que Cineuropa trae da súa man neste 25 aniversario. En definitiva, o mellor do cinema latinoamericano, asiático e, por suposto, europeo. E como 25 anos non se cumpren todos os días, este ano o Festival vén cargado de agasallos para celebrar este aniversario: unha retrospectiva especial XXV Anos de Cineuropa onde poderemos ver algúns dos títulos máis importantes que pasaron polo festival; un concerto no que a música de Shostakovich, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia, fúndese coas imaxes de ‘A nova Babilonia’ no Auditorio de Galicia; e outro recital, co selo do gañador dun Oscar, Jorge Drexler, que poñerá, por un día, pausa á pantalla do Principal para ofrecernos a súa música e ao que lle entregaremos o Premio Cineuropa. O outro Premio Cineuropa deste ano será para unha actriz poderosa que pisou xa hai algúns anos o escenario do Principal, Aitana Sánchez-Gijón. Polo demais, como sempre contaremos coa Sección Oficial, Panorama Internacional, Cinefilias, Docs Cineuropa, Mundo Asia, Conexión Bos Aires, Panorama Audiovisual Galego, Maratón e O meu primeiro Cineuropa, o cine para os máis pequenos, ao que lle hai que engadir o Doc Music: Todo sobre Elvis, Ciclo Escola de Berlín, Foco Andrés Veiel, coloquios con varios directores, a celebración de diferentes mesas de debate e, como xa comentábamos, unha retrospectiva especial XXV Anos de Cineuropa. Cineuropa é, definitivamente, patrimonio cultural da nosa cidade. E como tal, celebramos esta nova edición e convidámolos a todos a que rebusquen no programa, elixan e se deixen levar pola maxia do cinema un ano máis. Ángel Currás Fernández Tenente de Alcalde Concelleiro de Cultura, Educación e Normalización Lingüística BENVIDOS/AS JOSÉ LUIS LOSA. DIRECTOR DE CINEUROPA. Un festival de cinema, competitivo ou con xurado popular, debe acoutar o seu espazo, as súas propostas de debate en torno á creación, as reflexións sobre as imaxes do presente e do futuro que vai decantando a través do seu programa. Debe, en definitiva, afinar a demarcación ética e artística que lle concirne e ser dunha fidelidade férrea a ese territorio. Só así se consolida e perdura. Non hai outra liña de continuidade que a de gañar o respecto dos que van habitar as salas durante case un mes. Unicamente baixo esa premisa é factible achegarse a un público crítico, non embrutecido pola polución da imaxe-lixo, e propoñerlle un pacto honesto, exento de paternalismos e de falsas poses de elitismo ou avant- garde que pronto envellecen. Un festival de cinema débelle poder mirar ao espectador aos ollos e suxerirlle un proceso de vivencia en común, unha participación activa nesa aventura que supón explorar na ramaxe dos creadores con coraxe: dos que miran lonxe, cara á abstracción, e dos cineastas entomólogos da realidade. Así se cimentou este foro de gozo e de paixón polo cinema que pode ser Cineuropa, como unha ágora, ou un último val que entre todos/as construímos no medio dunha paisaxe exterior, un páramo, artisticamente reducido a cinsas. Agora que se cumpren vinte e cinco anos do nacemento deste val do cinema, cabe máis que nunca repensarmos o camiño andado, convivido xa con varias xeracións de espectadores activos que madurarían nas súas idades e nos seus gustos, da mesma forma que o cinema que nos interesa, o que propón risco e epifanía, é un continuo work in progress que non permite quedar varado. O cinema e a vida baséanse no movemento. No Principal, e no resto de salas anexionadas a este festival, flúen as historias e as existencias de autores e espectadores que non queren permanecer quietos. Máis ca nunca, en tempos difíciles coma estes, non parece a quietude a mellor solución. Por iso as imaxes en torno ás cales xira a viaxe desta XXV edición de Cineuropa levan a sinatura de aventureiros ou visionarios do cambio, da superación das convencións: Bela Tarr, Shion Sono, Bruno Dumont, Bertrand Bonello, Aki Kaurismaki, Aleksandr Sokurov, Valérie Donzelli, os irmáns Dardenne, Isaki LaCuesta, Jerzy Skolimovsky, Hirokazu Kore-Eda ou Monte Hellman, entre outros, parecen boa compañía para un itinerario, unha estrada asfaltada sobre chan libérrimo, que nos afaste da turba. Neles concéntranse as miradas dos que hoxe perseguen un cinema e un mundo revivificado. Cando Cineuropa naceu, e creo que isto dá unha medida das transformacións das imaxes e da Historia, aínda existía o Muro de Berlín. Este ano ofrecemos un ciclo de notable interese sobre a chamada “Escola de Berlín”, os cineastas mozos que saíron de entre os cascallos do novo milagre alemán reunificado. Os muros que nos cercan hoxe non son físicos. O que nos esmaga é a hexemonía da cultura-lixo envasada ao baleiro. Por iso debemos movernos, perdernos nos xardíns que nos brindan os autores destas 150 historias que conforman Cineuropa en 2011. Ao longo destas XXV edicións, e malia esa apoloxía do movemento perpetuo, houbo sólidas claves de bóveda que nos permitiron non parar: o Concello de Santiago, a súa concellaría de Cultura e mais o Consorcio da Cidade de Santiago, que nos sosteñen fielmente. O público, cuxas células se renovaron por completo unhas cinco veces, pero que segue sendo o motor crítico desta viaxe. Cineuropa non sería o que é sen o seu equipo. Quero salientar, moi especialmente, a paixón e mais a profesionalidade que pon desde o comezo, na sala de máquinas, Luz Guldrís, con quen comparto as alegrías e os incendios por apagar no día a día de Cineuropa. Inimaxinable que toda esta engrenaxe fluíse sen ela. E noutra orde de cousas, se queren que alguén lles conte de verdade de que vai a película, e todo o que cambiou nestes 25 anos, o mellor é que suban á sala de proxeccións e llo pregunten a Moisés González, o home que viu demasiado. Xa sei que a continuidade dunha boa nova non é noticia. Pero esta maduración de Cineuropa como parte dun proxecto cultural cívico, ese ambiente de tensión ilusionada que pervive entre os que lle inxectan vida, merece se mo permiten o meu titular: Nunca haberá palabras para agradecerlles tanta nobre complicidade. I 10 VENDA DE LOCALIDADES Localidades á venda no teléfono 902434443 Venda de localidades na internet www.novagaliciabanco.es Horario do despacho de billetes: A partir das 15:00h no Teatro Principal, No Salón Teatro unha hora antes da proxección As proxeccións que se realicen na Sede Novacaixagalicia C.S.M. (Rúa do Vilar, 19) e no CGAC son de entrada libre ata completar aforo As galas dos premios Cineuropa e a entrada do concerto da Real Filharmonía de Galicia son de entrada gratuita previa recollida da localidade na billeteira do Teatro Principal PREZO DA ENTRADA: 3 euros PREZO DO ABONO PARA 10 PELÍCULAS: 20 euros PREZO PARA O MARATÓN: 5 euros PREZO DO PROGRAMA: 1 euro Este calendario está sometido a posibles cambios, consultade a carteleira diaria www.compostelacultura.org cineuropa.compostelacultura.org I 11 DO 9 DE NOVEMBRO AO 2 DE DECEMBRO DE 2011 MÉRCORES 09 VENRES 11 TEATRO PRINCIPAL TEATRO PRINCIPAL 20:30 Gala de Inauguración. Acto de entrega do Premio 17:30 NOVIAS - MADRINAS - 15 AÑOS Cineuropa a Aitana Sánchez-Gijón Diego Levy e Pablo Levy Proxección OVIEDO EXPRESS 18:30 IBIZA OCCIDENTE Gonzalo Suárez Günter Schwaiger 20:00 MEDIANERAS XOVES 10 Gustavo Taretto 22:15