Número 8 Novembro 2010 Boletín Oficial Da Plataforma Fisterra, Único
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Número 8 Novembro 2010 Boletín oficial da Plataforma Fisterra, Único Fin do Camiño ESPECIAL O RECUNCHO O BERRO DA RÚA Os Cruceiros de Apuntamentos sobre Fisterra Fisterra “O percorrido por este Cabo Fisterra é unha viaxe espiritual Este mes levamos a reservada en principio a deuses, cabo un percorrido polos e non aos homes”. Cando un se principais cruceiros do achega a Fisterra síntese impul- sado pola ansia de descubrir e noso Concello. Estas coñecer o lugar”. CÉSAR PORTELA obras de arte, de gran Desta volta é o prestixioso arquitecto galego valor histórico e simbó- quen aporta a súa visión sobre Fisterra cun lico, son desta volta as protagonistas dun especial do Recuncho. artigo onde fala da beleza, maxia e misterios Viaxaremos ó longo e ancho do noso territorio da nosa vila. Da súa man faremos unha viaxe na procura destas fermosas cruces de pedra espiritual polo Cabo, onde, segundo el nos que adoitan ficar en antigas revoltas de explica, o “tanxible” resulta insignificante se o camiños. Un estudo de Iván Fraga comparamos co “intanxible”. Páxina 2 Páxinas 6 e 7 COLABORACIÓN NOVA SECCIÓN A HEMEROTECA Páxinas 6 e 7 “Un camiño mestre e “A Xunta decidiu incluir o Concello de Fisterra amigo” Contamos desta volta cun colabo- no final da Ruta Xacobea” rador de excepción: Roberto X. Traba Velay, que tamén aportara Estreamos hemeroteca para rescatar de a súa visión sobre o Camiño, que antigos xornais, una serie de novas que non viviu en carnes propias e en varias deberiamos esquecer. Nesta ocasión, un ocasións. Páxina 5 artigo de La Voz do 29 de decembro de 1990. Páxina 3 ROBERTO TRABA Páxina 3 E ADEMAIS… O DIVINO E O PAGÁN Este mes recomendamos “A última primavera”………..….…..….páx. 3 Os Nerios A Fotodenuncia Miriam Velay………...…………….…...páx. 8 Juan G. Satti repasará Aqueles maravillosos anos algúns aspectos das ori- Juan Luis Estévez...............................páx. 8 xes nerias, os seus terri- Plataforma activa!.............................páx. 9 torios e a fundación da Unha fisterrana con antiga cidade de Dugium. 109 primaveras………………….……páx. 9 Páxina 4 Pasatempos O PROMONTORIUM NERIUM O Fistegrama e o Dameiro……...…...páx.10 1 O Berro da Rúa César Portela Fernández-Jardón (Pontevedra,1937) é un dos grandes da arquitectura española contemporánea. Doutor en Arquitectura e ex Catedrático de Proxectos Arquitectónicos na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, Portela foi galardoado con diferentes premios a nivel nacional e internacional polas súas diversas actuacións. Entre os seus proxectos máis destacados atopamos o edificio da estación de autobuses de Córdoba, a Domus-Casa do Home (A Coruña, 1995, en colaboración con Arata Isozaki), o Faro de Punta Nariga (Malpica, 1995), o Museo do Mar de Vigo (2002, con Aldo Rossi), ou o Cemiterio da Fin do Mundo (Fisterra, 2002, Premio Europeo de Construción da Cidade que lle outorgou a fundación belga Philipe Rotthier). Sen procurar un espazo de debate sobre a diversidade de opinións que xerou esta obra no entorno do Cabo, e sabendo que agora se atopa ante outro proxecto no mesmo lugar pero dunha dimensión maior se cabe; o Plan Director ou Proxecto do Cabo Fisterra, quixemos, dende a Plataforma Fisterra, Único Fin do Camiño, contactar con el para coñecer de primeira man cal é a visión de Fisterra que ten un profesional cando se enfronta a un reto de tal magnitude. Debido á importancia e transcendencia que supón para os CÉSAR PORTELA fisterráns este proxecto, sentimos curiosidade por saber como entende César a Fisterra, como a arquitecto percibe, como a coñece ou como se adentra na alma desta terra para levar a cabo esta tarefa. Estas son as súas palabras: Apuntamentos sobre Fisterra “somos outros despois de En arte tense asumido que non se pode aproximarnos á beleza, a verdade e describir unha obra mestra. Unha obra mestra aos misterios que o mundo garda déixase sentir, non é para explicar. Algo semellante ocorre en algúns lugares encanta- para si en lugares coma este” dos, coma O Cabo de Fisterra. De día é belo, fermoso, épico e sublime, de noite, ademais, é Vivir esta experiencia é impregnarse das enerxías misterioso e máxico. A sensación de soidade, sagradas do lugar, que propician novos espazos o contrapunto sonoro do mar, as cadencias e de liberdade, cansos da vulgaridade á que nos os ritmos que no tempo marcan o sol ou a lúa, somete o cotián. Fisterra, silencioso murmurio do tendo como telón de fondo a bóveda celeste mar, arrecendo a terra virxe e sal oceánica estrelada que se estende cara ao alén na liña convócanos ao orixe das cousas, ao “genius loci” do horizonte. Neste lugar temos a sensación deste lugar máxico, mítico e único. O percorrido de que o “tanxible” é insignificante se o com- por este cabo é como unha viaxe espiritual paramos co “intanxible”, co que sentimos. reservada en principio a deuses, e non aos Aquí radica a maxia deste lugar, acentuada homes. pola constante presenza do invisible. Segundo Cando un se achega a Fisterra síntese impulsado percorremos e atravesamos o seu territorio, pola ansia de descubrir e coñecer o lugar. Un este atravésanos a nós e fainos sentir que xa lugar situado no máis alá. I é a proximidade a ese non somos os mesmos. De feito, somos máis alá o que nos proporciona esa estraña outros despois de aproximarnos á beleza, a sensación. O seguimento e a contemplación do verdade e aos misterios que o mundo garda Sol dende o amencer ao solpor neste lugar é para si en lugares coma este. como unha extraordinaria viaxe a través dos sentidos, que comeza cunha sorpresa e remata cun feitizo, que nos produce o medo de que o sol caia polo abismo trala liña do horizonte e que nos arrastre tamén a nós. Nese instante eterno contés a respiración e o resplandor do sol converte o territorio en poesía. Dicía Uxío Novoneyra do Caurel: “eiquí síntese ben o pouco que é un home…”. Ben se podería dicir de Fisterra tamén. O CEMITERIO DA FIN DO MUNDO Obra do arquitecto galego César Portela. 2 Plataforma Fisterra, Único Fin do Camiño Número 8, novembro 2010 Hemeroteca 29 de decembro de 1990│ Juan G. Satti Estreamos este mes unha sección que se encargará de sacar dos arquivos, vellos anacos de xornal que a día de hoxe constitúen verdadeiras probas de que ata non fai moito, ninguén dubidaba de que Fisterra fora a Fin do Camiño. Nesta nova de La Voz de Galicia de principios dos noventa podemos ver que no tramo xacobeo aprobado ata a Fin do Mundo pola Xunta inclúe somentes o Concello de Fisterra coma final da Ruta. Curiosamente, ninguna outra vila aparece precedida dun guión. Este mes recomendamos… A últim a primavera (Charles Dance, 2004) Fotografía: Peter Biziou A Plataforma, Fisterra Único Fin do Camiño Reparto : Judi Dench, Maggie Smith, Natascha quere agradecer a Felipe Senén a súa McElhone, Daniel Brühl, Miriam Margolyes, colaboración nesta sección. Grazas a súa David Warner, Toby Jones, Jack Callow, Clive aportación, e asesoramento en canto a Russell Produtora: Scala Productions filmes que reúnen estas características e Xénero: Drama que os fan obxecto de interese para nós. Cornualles, 1936: A pesares dos grandes acontecementos históricos que están a piques de desenrolarse en Europa, Cornualles mantense coma un recuncho do mundo ó abrigo do paso do tempo e dos avatares do exterior. O descubrimento dun náufrago, un violinista de Cracovia, botado pola borda dun buque que se dirixía á América dende o continente europeo, trastoca a súa vida e tamén perturba a tranquila existencia dos habitantes desta comunidade. Con este filme queremos achegarnos ás similitudes culturais i existenciais dos Fisterras Atlánticos; neste caso con Cornualles. A esta recomendación seguirán outras en sucesivos meses, co desexo de establecer fíos condutores con esta zona xeográfica que aporta tantos rasgos en común coa nosa Fisterra. 3 O divino e o pagán Os Nerios JUAN G. SATTI Estrabón dounos unha descrición xeral das polos romanos. Polo tanto, non é de estrañar que os costas atlánticas do Imperio Romano na súa Nerios no século V a. C, integráranse nun territorio obra "Geografía". No tomo terceiro dos 17 que a onde compartían crenzas cos habitan- compoñen refírese á Península Ibérica e da tes ligures (como a deidade solar Lug asimilado na nomes das tribos establecidas na antiga mitoloxía celta) da poboación lacustre de Petronia o Gallaecia, lugar onde nunca estivo. A tribo máis Petrónica, que segundo a lenda foi somerxida por un importante que nos sinala é a dos Artabri ou cataclismo e onde os nerios fundarían Dugium. O Arotrebae, formado do modelo dos Cantabri e filólogo Edelmiro Bascuas no seu "Estudios de asentados en Ardobriga. Despois séguenlle os hidronimia paleoeuropea gallega" (Verba, 2002) Briganti, os Neri, os Celtici Supertamarici e os desenrola os derivados hidronímicos de algunhas Celtici Praestamarici. O xenérico Celtici, podería raíces indoeuropeas, unha delas é a raíz WEG W- provir da raíz "kels", "keltos" que significa "lanza", "húmido, mollado", presente en "wet” e “water" do "guerreiro" ou tamén pode ser que estea inglés, “wak” do holandés ou en el latín “humor”: conectado co Latín "celetus" de orixe humidade, líquido. E a súa evolución semántica para indoeuropeo que significa "rápido". Briganti o caso que nos ocupa sería: ÚGWIO >ÚG W -IO > significa "excelso, moi alto". Esta tribo tiña o seu ÚGIO > UGIU e a súa latinización D’UGIUM > enclave en Brigantium que legou o seu nome á DUGIUM, lugar de auga, anegado. En algunhas actual Comarca de Bergantiños. Máis ó Sur, calicatas feitas por Esmoris Recamán nos arredores entorno ó Cabo Fisterra atopábanse os Neri cuio da citania de Duio, acháronse hachas de sílex, nome significa "forza, grandeza".