Programa De Desenvolvemento Rural Do GDR-31
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
PROGRAMA LEADER DE GALICIA 2007-2013 GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL AASSOOCCIIAACCIIÓÓNN CCOOSSTTAA NNOORROOEESSTTEE ARES-CARIÑO-CEDEIRA-CERDIDO-FENE-FERROL-MAÑÓN MUGARDOS-NARÓN-NEDA-ORTIGUEIRA-VALDOVIÑO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR “ASOCIACIÓN COSTA NOROESTE” CONTIDO E ESTRUTURA Parte I. GDR. Nº páx. I. Datos identificativos. 1 1. Denominación e CIF. 2. Domicilio social. Teléfono, fax, correo electrónico. 3. Copia compulsada do DNI do representante legal. II. Personalidade xurídica. 4 1. Copia compulsada da acta constituínte. 2. Copia compulsada dos estatutos. 3. Inscrición no Rexistro de Asociacións dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. 4. Relación de asociados, con identificación do seu carácter público ou privado. Implantación no territorio e representatividade. (Anexo IB). Fichas de socios (Anexo IC). 5. Composición actual da xunta directiva ou órgano decisorio similar. Cargos, nomes e representación que ostenta cada compoñente. (Anexo ID). 6. Relación de entidades ás cales se lles denegou a súa integración, e daqueloutras que están pendentes de aceptación. (Anexo IE). 7. Informe sobre o grao de participación social na elaboración do programa. (Anexo IF). 8. Declaración de non estar incursa a asociación en ningunha das circunstancias referidas nos parágrafos 2º e 3º do artigo 10 da LSG. (Anexo IG). 9. Compromiso de uso da lingua galega na relación coa administración e na implementación do programa de desenvolvemento rural, de acordo co previsto no artigo 20.2.l. da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. (Anexo IH). III. Descrición (previsión) do equipo técnico e humano adscrito á xestión do programa. 20 1. Persoal adscrito á xestión do programa. Organigrama. Procedemento de contratación do equipo xestor. 2. Medios técnicos: local, medios informáticos. Parte II. Territorio. 23 Mapa territorial incluído no ámbito de actuación do GDR e no cal se vai aplicar o Programa de desenvolvemento rural. Parte III. Estratexia. 25 1. Análise da situación de partida do territorio. 2. Obxectivos xerais e instrumentais. 3. Estratexia proposta: -Actuacións por medidas. (Anexos IIA, IIB e IIC). -Tema aglutinante. -Exemplos de actuacións concretas no territorio. 4. Efectos esperados respecto da situación de partida: indicadores de resultado e de impacto. (Anexos IIIA, IIIB, IIIC, IIID e IIIE) 5. Complementariedade e coherencia con outros programas de desenvolvemento que se apliquen no territorio. Parte IV. Plan de cooperación con outros territorios. 228 -Plan de cooperación: contido. -(Anexo IID) Parte V. Normas para a xestión do programa. 236 I. Límites de axuda pública máxima (cuantitativos e porcentaxes) en función dos diferentes tipos de proxectos, dentro dos límites máximos definidos no réxime de axudas. II. Criterios para a selección e priorización de proxectos: baremo e regras para a asignación das porcentaxes de axuda pública. III. Mecanismos que garantan os principios de obxectividade, publicidade, imparcialidade e libre concorrencia, con especial referencia aos procesos de toma de decisións e aos procedementos de contratación. IV. O equipo xestor. V. Sede: referencia á sede do GDR. VI. Plan de difusión. Parte VI. Plan financeiro. 261 Previsión financeira por medidas e fontes financeiras. (Anexo IV). GDR ASOCIACIÓN COSTA NOROESTE PROGRAMA LEADER Parte I. GDR. I. Datos identificativos. II. Personalidade xurídica. III. Descrición (previsión) do equipo técnico e humano adscrito á xestión do programa. 1 GDR ASOCIACIÓN COSTA NOROESTE PROGRAMA LEADER Parte I. GDR. I. Datos identificativos. 1. Denominación e CIF. 2. Domicilio social. Teléfono, fax, correo electrónico. 3. Copia compulsada do DNI do representante legal. 2 GDR ASOCIACIÓN COSTA NOROESTE PROGRAMA LEADER PARTE I. GDR I. DATOS IDENTIFICATIVOS 1. Denominación: Asociación Costa Noroeste Código de Identificación Fiscal: G70179932 2. Domicilio social: en A Malata, s/n. Edificio de Usos Múltiples, baixo, C.P. 15405 , no concello de Ferrol. A Asociación contará, así mesmo, con outra oficina ubicada no concello de Ortigueira, co obxecto de facilitar as xestións e achegamento á poboación, así como posibilitar a dinamización en todo o territorio no que se actúa. - Teléfonos: 981 42 22 07 (Ortigueira), 981 33 33 98 (Ferrol) - Fax: 981 42 22 07 (Ortigueira), 981 37 30 62 (Ferrol) - Dirección de correo electrónico: [email protected] 3 GDR ASOCIACIÓN COSTA NOROESTE PROGRAMA LEADER Parte I. GDR. II. Personalidade xurídica. 1. Copia compulsada da acta constituínte. 2. Copia compulsada dos estatutos. 3. Inscrición no Rexistro de Asociacións dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. 4. Relación de asociados, con identificación do seu carácter público ou privado. Implantación no territorio e representatividade. (Anexo IB). Fichas de socios (Anexo IC). 5. Composición actual da xunta directiva ou órgano decisorio similar. Cargos, nomes e representación que ostenta cada compoñente. (Anexo ID). 6. Relación de entidades ás cales se lles denegou a súa integración, e daqueloutras que están pendentes de aceptación. (Anexo IE). 7. Informe sobre o grao de participación social na elaboración do programa. (Anexo IF). 8. Declaración de non estar incursa a asociación en ningunha das circunstancias referidas nos parágrafos 2º e 3º do artigo 10 da LSG. (Anexo IG). 9. Compromiso de uso da lingua galega na relación coa administración e na implementación do programa de desenvolvemento rural, de acordo co previsto no artigo 20.2.l. da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. (Anexo IH). 4 GDR ASOCIACIÓN COSTA NOROESTE PROGRAMA LEADER II. PERSONALIDADE XURÍDICA “A asociación rexerase polo artigo 22 da Constitución, pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, polo Real Decreto 1497/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento do rexistro nacional de asociacións e das súas relacións cos restantes rexistros de asociacións, por estes estatutos e polo regulamento de réxime interno que, de ser o caso, se aprobe, así como polos acordos validamente adoptados na asemblea xeral e órganos directivos dentro da esfera da súa respectiva competencia.” (Art. 2 dos Estatutos da Asociación Costa Noroeste) A. Órganos de goberno e representación Artigo 11 dos Estatutos: Órganos da asociación “Os órganos colexiados da asociación son, como mínimo, a asemblea xeral e a xunta directiva. Os órganos unipersoais son, como mínimo, o presidente, o vicepresidente, o secretario e o tesoureiro. Os titulares destes órganos son elixidos pola xunta directiva de entre os seus membros, por un período de dous anos e poden ser reelixidos ata un máximo de oito anos consecutivos.” 1. Presidente/a da Asociación 2. Xunta Directiva 3. Asamblea Xeral: Mesa Institucional: Concellos de Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Cerdido, Cariño, Ortigueira e Mañón; Universidade da Coruña. Mesa de Dinamización Sociocomunitaria. Mesa do sector agroforestal Mesa empresarial e do emprego. Mesa do benestar social. Mesa do turismo e a hostelería. 5 GDR ASOCIACIÓN COSTA NOROESTE PROGRAMA LEADER B. Equipo de xestión: 1. 1 Xerente 2. 2 Técnicos Licenciados 3. 2 Administrativos C. Órganos consultivos e de asesoramiento: 1. Consellos Asesores Mesas Sectoriales Réxime legal: “A asociación rexerase polo artigo 22 da Constitución, pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, polo Real Decreto 1497/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento do rexistro nacional de asociacións e das súas relacións cos restantes rexistros de asociacións, por estes estatutos e polo regulamento de réxime interno que, de ser o caso, se aprobe, así como polos acordos validamente adoptados na asemblea xeral e órganos directivos dentro da esfera da súa respectiva competencia.” Domicilio: “A asociación fixa o domicilio social en A Malata, s/n. Edif. de Usos Múltiples, baixo, C.P. 15405 , no concello de Ferrol. A Asociación contará, asimesmo, con outra oficina ubicada no concello de Ortigueira, co obxecto de facilitar as xestións e achegamento á poboación, así como posibilitar a dinamización en todo o territorio no que se actúa.” Ámbito de actuación : “A asociación terá como ámbito de actuación preferente o dos concellos de Ares, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira e Valdoviño, na provincia de A Coruña, sen prexuízo de que poida estenderse por necesidades operativas dos seus programas e actividades.” Fins e actividades: “1.- A asociación constitúese coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación, para acadar os seguintes fins: 6 GDR ASOCIACIÓN COSTA NOROESTE PROGRAMA LEADER a) Vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos e constituír un foro de debate continuo sobre os problemas da zona, prestando especial atención aos mozos, ás mulleres, á protección do ambiente e á creación de emprego. b) Sensibilizar as administracións locais, autonómica e estatal, así como as institucións comunitarias europeas, canalizando as demandas da poboación do territorio, co obxecto de optimizar o aproveitamento dos recursos endóxenos da zona de cara ao seu desenvolvemento harmónico e integral. c) Ser centro receptor e distribuidor de toda a información relativa ao desenvolvemento socioeconómico do medio rural, tanto a nivel nacional coma internacional, centrándose esta labor principalmente