MÚSICA PARA a IGUALDADE Biblioteca Violeta
MÚSICA PARA A IGUALDADE Biblioteca violeta Proxecto da ANPA O BURGO Conservatorio Culleredo Subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade Ano 2020 2 ©Transversal Género e Igualdad Antigüedade Safo de Mitilene o Safo de Lesbos (610 a.c.-580 a.c.) Safo é unha das grandes da lírica greca, de feito o seu nome forma parte de “os nove poetas” dignos de estudo crítico segundo os historiadores helenísticos. Poetisa innovadora, non só na métrica (desenvolvendo a denominada “estrofa sáfica”) senón na temática cunha poesía feminina que desterrou todo o considerado “varonil”; a guerra, a loita, a rudeza non teñen cabida nos seus versos. Adaptou cancións populares e compuxo himnos relacionados coa vida cotiá pero a maior relevancia adquírea na súa poesía intimista, profunda e envolta nunha gran sensualidade. Platón denominouna “a décima musa” pero a pesar diso pouco consérvase da súa obra, dado que o Papa Gregorio VII ordenou, en 1073, queimar os nove manuscritos que contiñan os seus poemas e himnos na Biblioteca de Alexandría, por consideralos inmorais. Por tanto só se conservan copias en papiros ou algunhas transcricións, entre elas o “Himno a Afrodita” rescatado por Dionisio de Halicarnaso que consideraba a Safo o mellor expoñente da lírica grega. Importante, tamén, foi a súa pegada na defensa da educación e autonomía das mulleres. Ao parecer fundou a denominada “Casa das servidoras das Musas”, un lugar ao que acudían mulleres novas a ser educadas, que non só se preparaban para o matrimonio senón que aprendían poesía, danza, música, confeccionaban grilandas. Na Escola de Safo non se celebraba tanto a maternidade como o Amor, achegar ás mulleres aos praceres do amor.
[Show full text]